Moi próxima a vila histórica de Ribadavia, se atopa
a parroquia de Francelos, sobre o val inmediato do río Miño. Saíndo de súas
rúas estreitas e prazas, camiño do Miño, se atopa a capela de San Xes
Francelos, a cal se engloba no campo do arte prerromano, pero no lugar, se pode
ver que seu orixe vai muito atrás.
Pese que foi moi modificada co avance da historia,
se pode ver na fachada o abrigo dun atrio, na porta un arco de ferradura, inda
que esta teña o arco arriba tapiado. Tamén no muro do lado direito, unha pedra
que foi alí posta cun decorado entrelazado, o que claramente nos fai pensar nun
orixe en tempo dos xermanos na Gallaecia.
Non se pode saber se ese templo primario estaba nese
lugar emprazo ou nos seus redores, pero si parece evidente que foi construído
en tempo dos suevos ou visigodos, e que eses restos perviviron no tempo e no
lugar. Temos datos posteriores, aparecendo en documentos do mosteiro de
Celanova e bispado de Tui no século IX, da existenza dun mosteiro onde se
denotan restos de arquitectura prerromana, moi similares a arte chamada “asturiana
ou ramirense”, moi reflexada nas columnas onde se apoian o arco.
Deste período máis medieval, destacan dous relevos a
cada lado da porta principal onde aparecen un personaxe aureado montado nun
asno cun ramo, que e recibido por outros a pe con túnicas tamén con ramos, o
que recorda a chegada de Xesús a Xerusalén.
Co paso dos séculos, cando menos o tempo seguiu activo co nome de Santa María, inda que o mosteiro pasou a Celanova. Chega os nosos días moi remodelada, cunha estrutura inda moi tradicional, e co nome de San Xes de Francelos.
Entorno e paroquia de Francelos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario