domingo, 27 de enero de 2019

Anteriores, Os clans do Suído que podían facer a choiva.

Vídeo realizado fai uns anos, nas Serras do Suído, onde se contaba de certos clans, que subindo a un lugar secreto do monte, e movendo unhas pedras en círculo, atraían as nubes facendo que chovera.

jueves, 24 de enero de 2019

O RAPOSO GALAICO, LEMBRANZA DUNHA VIDA

Vello e enfermo, tirado sobre un feixe de palla e unha humildes peles, agonizaba en silenzo vendo para un lume que tiña na fronte del. Era unha mañá moi cedo, as súas mans tremían apoiadas nunha profunda ferida sángrante no seu ventre. O redor del, dous xovenes corpos tirados no chan mortos, mentres os corvos cantaban fora da ruinosa vivenda daquel esquecido castro, presaxio dun grande banquete.

Miraba fixamente entre o son da morte corvida aquel pousado lume, e un recordo, en forma de visión comezou a pasar por diante de súa vista nos últimos intres de vida.

Mirábase de neno, correndo con seus catro irmáns, dos cales era o menor, polas verdes pradarías que rodeaban o castro de Troña, tirándolle pedras a outros nenos, e de repente o son de súa mae, un son cariñoso e cheo de saudades chamando por eles. Tamén recordaba de adolescente, na primeira cacearía, que cazara un porco bravo el só, toda unha fazaña recoñecida no seu poboado.

Por ser o máis pequeno dos irmáns, non puido herdar nin iniciarse como guerreiro, polo que como muitos xovenes galaicos desherdados, decidiu marchar de Troña para buscar seu propio camiño e honra, e podía sentir inda aquela triste despedida de súa mae, aquel último abrazo que púñalle a pel de galiña e os ollos con bagoas, “onde estarás agora, miña maiciña”.

Pouco despois, xuntouse con outros tres xovenes, e xuntos buscáronse a vida a aventura e rapiña, e así pouco a pouco, sumáronse máis desherdados, os cales, por súa astucia e ferocidade pronto o elixiron seu líder. Entraban nos poboados, e roubaban os cabalos para logo marcalos co seu símbolo en propiedade deles, aquelas primeiras marcas a lume sen practica, aquela deformada serpe tentado imitar o estandarte de Troña que o vira nacer.
Era tal súa destreza, que pronto o alcumarían “A Raposa”, tivo a visión inda naquel lume, doutro lume onde entre brincarías e risas cos seus irmáns de pillaxe, festexaban e bebían polas honras conseguidas. Unha autentica banda que pronto correría a terra galaica enteira, dende a terra dos Ártabros ate a dos Bracaros, silenciosos, rápidos e audaces como as raposas.

Pero tamén se acordaba de algunhas penas, como cando perseguidos polos guerreiros Bracaros, perdendo muitos amigos, tiveron que refuxiarse un duro inverno enteiro na inhóspita Serra da Estrela en terras dos Lusitanos. Sorpresa levara, cando na súa discreta volta, centos de xovenes o buscaban para unirse a el, súa fama xa era grande.

Sentíase tan forte como un rei, polo que decidiu emprender o que el pensaba que sería a campaña de súa vida, con máis de catrocentos guerreiros e guerreiras, saquear a terra do pobo dos Vettóns. De sorpresa e desprevidos, caeron sobre eles como demos nunha noite, tanto que achegáronse o grande poboado de Ulaca, onde seu caudillo, Ebiartolo, os esperaba porta a fora cun exercito superior, pero a astucia do “Raposo”, foi tal que os venceron en loita aberta de forma humillante, polo que Ulaca tivo que pagar unha grande riqueza para que estes marcharan de súas terras, “¡que grande gloria que os deuses concedéronme!”, recordaba soltando un forzado sorriso.


Tamén en ese tempo de esplendor, mirou o que sería o amor único de súa vida, Euma, aquela fermosa xoven e feroz guerreira Ártabra, de longos cabelos vermellos, sentía seu calor, súa esencia e cariño, a podía ver e inda amar. Froito dela, nacería seu único fillo, Ukel, seu raposiño, eran tempos felices e nostálxicos. Pero cando regresaban a terra galaica cheos de botín e vitorias, chegou a dolorosa traizón, o que como un espasmo non puido frear dicir “traidor, que os deuses che castiguen traidor!, o mesmo que súa faciana reflexaba profundo odio, unha espiña cravada que parecía eterna. Un moi achegado, o traizoaría e fixo que un grande continxente de caudillos Vettóns caeran sobre eles as portas da terra galaica, fuxindo moi poucos e perdendo seu botín, e o pior de todo, seu amor. Foi nun pequeno castro dos Querquenos, onde chegou mal ferida, e morreu entre penas e dor. Dor, que se fixo inesquecible o ter que deixar naquel pequeno poboado seu raposiño, por non poder darlle unha vida millor, “a vida errante non é para unha crianza”, pensaba o tempo que a saudade facíalle caer bagoas por seu rostro vendo aquel lume, “Miña Euma e meu raposiño, nunca vos voltarei ver”.

Pero os deuses inda tíñanlle preparado algo grande para esta raposa, a cal nunca se imaxinaria. Un afamado rei púnico, chamado Aníbal Barca, estaba reunindo mercenarios para unha grande campaña na outra punta da Iberia. Cuns trinta guerreiros, acudiron o encontro. Nunca vira nada igual nin en soños, un campamento xigantesco, guerreiros de todas as tribos, pobos e razas, bestas xigantes que nin se imaxinaba da súa existenza a non ser en contos, un novo mundo se abría os seus ollos. Cando chegou o lugar do campamento onde se concentraban outros galaicos, ástures e lusitanos, o entrar cos seus guerreiros, todos quedaron observando, ata que comezaron a bater nas súas caetras e berrar, “Raposo! Raposo! Raposo!”, foi o momento da súa vida que tal vez máis grande se sentiu.
Partiron co seu novo grande líder daquel campamento en terras quentes do Mediterráneo, ían a campaña de guerra xamais realizada, nada menos que a conquistar o país das Aguías de Bronce, Roma. Tiveran que cruzar con aquelas grandes bestas en pleno inverno unhas xigantes montañas, o cal lembraba aquel duro tempo agochados na Serra da Estrela. O pisar pe en terra de Roma, venceron un xigante exercito de romanos coa grande astucia e estratexia de Aníbal, “que tempos aqueles! Que tempos aqueles! Podiamos haber conquistado o mundo enteiro! murmuraba apertando os dentes véndose naquel lume cheo de sangue tras a luita.
O sol quentaba ben aquelas ricas terras, que saqueaban e desfrutaban das vitorias, tiña trinta e seis primaveras por aquel tempo, era libre, feliz e tiña ambición, xa case non recordaba súas penas. Pero o tempo foi pasando, e a chama de seu líder foise apagando o non haber atacado a tempo a grande cidade de Roma, tanto que comezou a decadencia, e anos despois, en terra hostil, xa non sabían nin quen eran.


A derrota os perseguía, a vellez chegaba e sentíase canso, sentía morriña de súa terra, sentía que a vida escapábaselle lonxe dela, polo que decidiu voltar. Un longo camiño, con máis penas que gloria, pobre e buscándose a vida, pero xa non era un rapaz. Agora sentiase coitado e só, toda aquela forza esfumaráselle, e estando un tempo en terra dos Vacceos, xunto a vellez a enfermidade o invadía. Polo que decidiu voltar o val que o vira nacer para deixar este mundo.

Cando chegou, como un vello mendigo, ninguén o coñecía nin coñecía a ninguén, polo que retirouse a un abandoado castro nun monte solitario, dende onde podía ver o val enteiro.
Foi alí, onde o camiño da vida volteóuselle de volta, como se dunha lección tratarase dos deuses, esa mesma noite, dous xovenes salteadores, os que se recordaba a si mesmo con seu tempo, asaltaron o castro onde se atopaba esperado a morte. Vello, pero inda veterán na luita, deulle morte a ambos, pero causáronlle a ferida polo que agora se atopaba moribundo tirado e recordando a vida, a historia de súa vida, a do Raposo de Troña.

Tal vez foran enviados polo propio deus Bândua para vir buscarme, a Compaña peta na miña porta, o paxaro da morte esta aquí, morrerei só, ninguén festexara miña morte, emocionouse. Xa sen forzas e moi canso, ate a dor da ferida, das feridas da vida cesaran, e viu de novo algo, como unha grande sombra achegarse, o tempo que sentía un novo son, que ía máis dentro de súa cabeza, son de caetras de guerra petando! Escoitaba, con voces claras e fortes que berraban “Raposo! Raposo! Raposo!”, mentres sentía unha agradable nova forza e felicidade que o invadía de pes a cabeza, “todo guerreiro morre polo ferro ou lume, polo ferro ou lume...” Coas súas últimas forzas da vida estirouse e colleu un pau ardendo do lume, o mirou só un intre e puido ver nas chama o rostro de súa mae, de Euma, seu raposiño e todos aqueles que xa non estaban e o quixeron, o que fixo que unha grande felicidade o invadira, xa non estaba só, realmente entendeu que nunca o estivera, agarrou forte cunha man súa vella espada de antenas e deixou caer o lume sobre as peles e palla que o rodeaban, “un guerreiro morre polo ferro ou polo lume”.

martes, 15 de enero de 2019

Ascenso o Cornón (2188 m) e seu entorno en pleno xaneiro do 2019


Comezar dicindo que era un cumio o cal, eu persoalmente tiña muitas gañas, pois familia miña vive nesas terras de Laciana (León) e me falaban desta montaña, polo que por fin puiden desfrutalo e vivilo en primeira persoa, magoa que non me puideran acompañar.

O Cornón cos seus 2188 metros, tratase do maior cumio das escarpadas montañas da Laciana, dentro da parte occidental da Cordilleira Cantábrica.

Partimos nesta aventura dende a localidade de Lumajo/LLumaxo, no municipio de Villablino, onde esta sinalizado seu ascenso, cunha distanza total duns 16 km. Dicir que pese a falta de choiva e neve, polo intenso frío este pico atopábase inda con bastante neve, e máis, con esta practicamente conxelada, polo que sen crampóns seu ascenso sería muito máis complicado e perigoso.

Arrancamos e primeiro cruzamos o alto Valle de la Mozarra, con vistas fermosas cara o Muxivén (2027 m), unha mole de pedra e neve que a medida que nos aproximamos a el, semalla crecer. 
Muxivén
Comezo da ruta dende Llumaxo/Lumajo
Despois chegamos o fermoso refuxio de Las Brañas Viejas de Navariego, moi acondicionado e acolledor. Seguimos ascendendo e a ruta nos fai pasar entre os picos de La Regada (1954 m) e o Aspía (1972 m), os cales tamén teñen forma de cornos moi escarpados.
Refuxío de Las Brañas Viejas de Navariego
Pico La Regada
Chegamos así o Collado de los Picos (1848 m), onde temos unha panorámica espectacular do Cornón e seu pequeno macizo ate o Pena Furada (1928 m). Dende aquí xa abunda os neveiros, coa neve xeada e dura que case nin marca a pegada.
O fondo o Cornón e seu entorno.
E neste tramo, nunha pequena subida dun neveiro, onde podemos ver as fermosiñas pegadas dun oso pardo, e no meu caso en dous meses, xa van dúas coas do pasado mes de decembro no Pena Rubia (Ancares).
Pegadas de oso.
Seguindo o ascenso, antes nos atopase o tramo tal vez máis complicado da ruta, a subida dunha longa canaleta ou canalón cuberta pola neve e xeo, moi esvaradiza, polo que para non expoñernos a un compromiso, poñemos nosos crampóns e comezamos seu ascenso, escoitando no contacto das puntas de ferro co xeo, un son como se estiveramos pisando cristais. No final desta, chegamos a unha portilla a cal nos mostra as primeiras incribles panorámicas e vistas do entorno, nos atopamos a 2063 metros, e xa se mostra o Macizo das Ubiñas o este, pasando por Peña Ortiz, pero cara o norte, o cantábrico como soe pasar, nos contempla totalmente nubroso, polo que só observamos parte dos belos vales de Somido e Narcea, xa en terra Astúr.
Ascenso pola caneleta ou canalón.
Vista dende a portilla cara o Macizo das Ubiñas.
Agora xa só queda o último ataque a cumio, o cal é o que maior desnivel ten, moi escarpado, entre pequenos neveiros e senda pouco visible pedregosa, que nos deixa no cumio, cumio que facía escasos 20 minuto mirabamos dous montañeiros que subiran pola vertente ástur.

Así chegamos o solitario e pequeno cumio do Cornón, cun vento polar pero que non nubra a incrible fermosa panorámica nun día de xaneiro soleado e fermoso. Dende Trevinca ate Os Ancares, do Teleno os Aquilanos pasando polo Gistredo e Serra de Degaña, as serras ástures dende a Serratina ou Somiedo, ate as Ubiñas e o fondo destas, lonxe como fantasmas aparecidos nun mar de bruma, sacan cabeza os maiores picos de Picos de Europa. Tamén podemos ver fermosos e profundos vales como o de Sosas ou o do Puerto de Somiedo, un mundo os nosos pes.
Cumio do Cornón
Vista cara Degaña e Leitariegos.
 Vista cara o Muxivén e Babia.
Vista cara Somiedo e as Ubiñas e Fontáns
Valle de Las Sosas e o fondo o Gistredo.
O descenso o facemos con coidado, cruzándonos na baixada cun veterán montañeiro coruñés que  subía en solitario dende o Puerto de Somiedo. E desta maneira remata esta pequena pero intensa aventura invernal, a cal inda nos mostra pese a falta de precipitacións, unha cordilleira que se resiste a perder seu manto branco, conservando así súa rudeza, fortaleza e beleza en estado puro.

Xaneiro de 2019, Montañeiros Malucos.