domingo, 17 de noviembre de 2019

VI Magusto Celta de Pitôes das Júnias

Así foi o concorrido VI Magusto Celta de Pitôes das Júnias. Dende aquí agradecer fortemente e de corazón a participación da durbeda Suria (Paula Bas), Aíne (Silvia Sancho), Katuro Barbosa, Guillermo Baños e os amigos de Desperta de teu sono, a Lúcia Araujo e a Junta de Freguesia de Pitôes, os Gaiteiros de Lobeira, e tamén os muitos fotógrafos como Rui  Barbosa, Mercedes Vázquez e Manuel Cunha. En xeral a tod@s os asistentes que participásedes nesta noite máxica de fin do ciclo invernal!

BAUTISMO CELTA GALAICO

QUEIMA DO SOL E FIN DO VERÁN

RITUAL PROTECTOR DA ADUSSBERTA

TROULA!

Andaina 4º xuntanza entre Mós e Ponteareas na Serra do Galleiro

Por cuarto ano consecutivo, veciños de Mós e Ponteareas nos xuntamos de novo na nosa Terra en común, a Serra do Galleiro.

En irmandade visitamos xuntos o noso punto de unión que nos xuntou a primeira vez, a mámoa do Salgueirón. Tamén as novas escavacións no Castelo de Mós, o foxo do lobo que se atopa moi pretiño da fortificación, as Varandas e o  ascenso o cumio do monte Castelo.