Mostrando entradas con la etiqueta publicacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta publicacións. Mostrar todas las entradas

lunes, 25 de marzo de 2019

Cantos Castelos quedan en pé na provincia de Pontevedra?

Torre do homenaxe do Castelo de Soutomaior, baluarte do famoso Pedro Madruga. No seu tempo din que foi a torre máis alta da terra galaica

Os castelos ou fortalezas, foron o símbolo dun tempo da nosa historia convulso, violento e de clases, o estandarte da clase aristócrata ante o pobo non privilexiado, e inestabilidade política e relixiosa. En resumo, falar de castelos e falar de medievo, guerra e poder.
A simple vista, un castelo polo xeral non deixa de ser un recinto fortificado nun lugar de difícil acceso, controlador e vixiador dun terreo amplo, o cal estaba guarnecido. Pero a historia fixo deles muito máis, eran lugares onde se cobraban impostos, onde se forxaban armas e comercializaba, onde seus moradores viviron historias de amor, enganos, asedios, revoltas, traizóns...
Os galegos medievais, en algúns pareceres non eran tan diferentes de nos, as guerras do minifundismo e marcos, ven de lonxe, e por esta causa que nosa terra era a que maior densidade de castelos tiña da Península, e posiblemente da Europa. No violento século XV, as loitas feudais internas galegas, fixo que se construirán mesmo castelos practicamente o lado doutros, como o caso do Castelo de Soutomaior e o do Monte da Peneda, ou o do Sobroso coa Fortaleza da Picaraña, pero onde fican todos eses castelos desaparecidos?
Tal vez a primeira grande ola de destrución de castelos galegos, foron as Revoltas Irmandiñas do século XV, onde o pobo e baixa nobreza galega sublevouse a alta aristocracia e clero, e destruíu parcial e totalmente, case a totalidade de castelos da provincia. Pouco despois, coa “toma e doma do reino da Galiza”, os reis católicos fixeron pola forza abandonar e demoler en algúns casos, todos aqueles castelos que non foran os principais controladores dun territorio e tiveran un numero mínimo de vasalos.
Así remataba o medievo, e chegaba o tempo dos pazos, a nova clase emerxente, a burguesía, comezou a vivir en cómodos pazos, cousa copiou a nobreza, polo que os castelos superviventes foron paulatinamente abandoados, e ate algúns como a Torre de Tebra, convertidos en pazo. Outros, caso dos fronteirizos ou vixiadores da mar, foron reformados e transformados en fortalezas modernas, por exemplo, As Covas de Dona Urraca en Salvaterra de Miño, que controlaba a fronteira con Portugal.
Os últimos castelos medievais esquecidos, chegaron o século XX practicamente todos en ruínas, outros xa espoliadas súas pedras para novas contraccións nos seus redores, e doutros só quedaban lendas de “mouros”, como se foran soños que nunca existiran. Dicir que algúns, como o caso do Castelo de Cira en Silleda, se atopan en ruínas dentro de terreos privados, polo cal nin se poden visitar, esta é unha realidade que se ten moi calada.

Nesta lista, citase aqueles castelos e fortalezas que chegan en pe, ou parcialmente, en diferentes tipos de estado, sumando uns quince. Pero cada un garda unha historia diferente, vixiadores contra os vikingos, luitas contra o moro Almanzor, cañonazos contra os franceses ou testemuñas da maior revolta popular do seu tempo, os irmandiños.
Castelo de Cira, Silleda (Medieval)
Castelo da Lanzada, Sanxenxo (Medieval)
Castelo das Covas de Dona Urraca, Salvaterra (Medieval/Moderno)
Castelo da Santa Cruz, A Guarda (Moderno)
Castelo de Soutomaior, Soutomaior (Medieval)
Castelo do Sobroso, Mondariz (Medieval)
Castelo de San Sebastián, Vigo (Moderno)
Fortaleza do Monte do Castro, Vigo (Moderno)
Fortaleza de San Lourenzo de Goián, Tomiño (Moderno)
Monterral, Baiona (Medieval/Moderno)
Torre de Fornelos, Crecente (Medieval)
Torre de Guimarei, A Estrada (Medieval)
Torre de San Adurniño, Cambados (Medieval)
Torre de Tebra, Tomiño (Medieval/Moderna)
Torres do Oeste, Catoira (Medieval)
Publicado para Comarcas na Rede o 12 de marzo do 2019

jueves, 7 de marzo de 2019

Ribadetea quere recuperar as súas «Perriñas» tradicionais do Entroido

De seguro, grande parte das persoas maiores de trinta anos desta parroquia e das dos redores, recorda de neno saír as “perriñas” no entroido, pero o certo é que dende fai muitos anos, as “perriñas” desapareceron das rúas e camiños de Ribadetea. Jhonathan Zúñiga e Alex Álvarez, coa colaboración da AA.VV San Xurxo de Ribadetea, decidiron este ano facer unha pequena saída no domingo de entroido vestidos coa tradicional roupa vella de perriña e percorrer parte da aldea.
“A vestimenta tradicional da perriña consistía en por roupa vella, normalmente de persoas maiores recordando o auxe desta tradición fai muitas décadas atrás, cubrir a identidade cunha máscara, millor se é feita por un mesmo a antiga usanza, ou cando menos tapar o rostro cun pano da cabeza, e como non levar a “vara”, para aqueles que quixeran levantar as máscaras”, comenta Jhonathan Zúñiga.
O rito era similar o truco-trato, íase polas casas en grupo e pedíase “perriñaa, perriñaa”, e os que daban moedas ou de beber e comer, mostrábaselle a identidade, se estes sen dar nada tentaban quitarcha a máscara ou pano dábaselle coa vara. En tempos do franquismo, pola falta de moedas soia darse un ovo, pero o final sempre era o mesmo obxectivo, co xuntado facer unha “merendola” ou pequeno banquete colectivo. Nesta tradición saian saír nenos e rapaces, inda que no pasado tamén os acompañaban adultos igualmente vestidos.
En canto a súa antigüidade desta tradición, “recordar que perriña ven de “perra”, os antigos céntimos das pesetas, que circularon do século XIX os anos corenta”. A día de hoxe inda queda muita xente maior de entre 75 e 85 anos con boa memoria que viviron a festividade na súa esencia máis pura, polo que estase a tempo de recuperar, ate din que os máis enxeñosos facían súas máscaras con osos de animais.
“Para o ano que ben, esperamos traballar máis noso entroido popular e facer unha saída maior, para recuperar e por en valor esta tradición tan nosa que ven directa de nosos avós”, argumenta Jhonathan Zúñiga e engade, “pois non há nada máis tradicional no entroido galego que por unha máscara e roupas vellas, e por un día ser outro, desfrutando do día e da compañía da túa comunidade en complicidade”
Publicado para Comarcas na Rede:

jueves, 7 de febrero de 2019

O nome de Ponteareas significa «A Ponte do Ouro»?

Comezamos ano con algo que semella interesante e moi pouco coñecido, o significado do topónimo Ponteareas. Claramente a base do asunto, e a antiga Ponte dos Remedios que cruza o Río Tea, medieval de posible orixe romana, pero temos varias hipóteses sobre a mesma ponte. Descartemos totalmente o mito de Ponte Arenas, referido a “area” que non ten pes nin cabeza.
Popularmente, sóese referir o nome composto Ponte Areas ou a Ponte de Areas, e dicir da parroquia de Areas, parroquia que si e muito máis antiga ca propia Ponteareas, e que a propia ponte dos Remedios si estivo en súas terras. Certamente é evidente, pero que significa “Areas”? Para sabelo faremos unha pequena viaxe no tempo moi produtivo o período romano e suevo que vos vai sorprender.
Fai entorno uns 2.000 ou 1.600 anos, en tempo do Imperio Romano, as terras do val do Tea tiñan unha actividade económica moi diferente a que temos hoxe, pois no propio caudal do río existiron unha serie de minas ou explotacións auríferas, e dicir, extraíase ouro do río Tea. O sistema era doado, escavábanse unha serie de canles, coñecidos aquí popularmente como Cobas ou Covas, por esas canles se desviaba o curso fluvial do río cara unha zona embarcadoiro, onde o quitar a auga e quedaba o material pesado, como os seixos e as pepitas de ouro depositadas, a isto chamábase zona de explotación, e era onde os antigos mineiros desta terra removían entre os sedimentos para sacar o apreciado ouro.
Desta maneira, temos só no concello de Ponteareas, restos arqueolóxicos de sete minas deste tipo, A Croa, A Barxamoura, As Cobas da Ponte, As Cobas, As Covas de Moreira, A Moscadeira e a Ribeira, e unha serie de castros inmediatos a elas moi defensivos, pois gardaban nada máis e nada menos, que ouro dentro, onde vivían os mineiros, como o da Croa e o Monte do Castro das Searas. A parte disto en tempo romano, no val do Tea subía unha antiga e importante Vía romana ou calzada, da cal ata inicios do século pasado conservábanse miliarios entre Padróns e Ribadetea. Ata algúns investigadores din que que puidera tratarse da Vía XIX do itinerario de Antonino, pero sen entrar en polémicas, sabemos que si era importante, e situados no corazón desa serie de minas romanas, pode estar a orixe da primeira ponte dos Remedios.
Coa caída do imperio romano, e o fin da explotación das minas, chegan a nosas terras da antiga Gallaecia, a tribo xermana dos Suevos, os cales fundan o primeiro reino do occidente europeo no ano 411, disto xa temos falado nestes artigos. Pero non só iso, senón que os suevos foron os primeiros tamén en declararse como reino cristián católico, e isto e moi importante pois de forma “cristián” por así dicilo, dividiron seu territorio no chamado Parrochiale Suevo, e aquí vai estar a clave da nosa hipótese.
E en tempo do famoso bispo San Matiño de Dume, cando se fai esta división, e o reino se divide en trece dioceses, e estas así mesmo 172 parroquias, que viñan sendo os principais núcleos de cada bisbarra onde existía unha misa fixa, de aí, de 'párroco', parroquia. Así nos aparece, na diocese de Tui, a capital histórica desta terra, a parroquia de 'AUreas', que claramente ven de 'AUrum', e dicir, ouro en latín.
É máis que posible, que esa Aureas sexa a nosa Areas actual, parroquia moi antiga onde se atopaba grande parte das minas de ouro (de aí seu nome) que era a máis importante da marxe oeste do Tea, sendo a máis importante da marxe este, Angoares, que non sabemos seu nome por aquel entón, pero si sabemos que tivo unha vila romana e posteriormente un mosteiro no lugar da igrexa parroquial actual.
Se sabemos que Aureas ou Areas ven de ouro, que estaba totalmente vinculada ao propio Tea, pois recordar os restos da antiga igrexa da Fos se atopan na ribeira do río, e que a Ponte dos Remedios era coñecida como a Ponte de Areas, nos da por lóxica que o significado da mesma ben sendo 'A Ponte do Ouro'.
E unha riqueza que nos conte tanta historia un simple topónimo, que nos recorda noso pasado mineiro dos antigos habitantes do Tea, nosos antepasados que vivían na Croa ou no castro das Searas, que sen sabelo, déronlle nome a principal vila do Tea, Ponteareas. Non é fascinante?!
Publicado para o xornal Comarcas na Rede

martes, 16 de octubre de 2018

Coñeces O Condado-Paradanta? datos curiosos e peculiares.


DATOS XEOGRÁFICOS 
Maior Río------------ O Tea (50 Km, sen contar o Miño)
Maior río da Paradanta--------Río Deva (afluente do Miño)
Afluentes principais do Tea ----- Uma, Borbén e Xabriña
Outros---------------- O Ribadil
O río Tea, afluente do Miño, e o principal do Condado-Paradanta.

Cumio máis alto-------O Faro de Avión (1151 m)
No Condado----------- Chan de Rei (954 m, na Serra da Paradanta.
Principais Serras------ Faro de Avión, Serra do Suído (Bidueiros 943 m), A Paradanta, Montes de Fontefría (Montouto (949 m), Coto Eira (883 m), O Galleiro (743 m) e San Nomedio (694 m)
O cumio do Faro de Avión, e o máis alto sendo tamén o mesmo tempo, o segundo da provincia despois do monte do Faro.

Clima---------Oceánico húmedo, con tendenza a aridez estival. 
Temperatura media---------15 º
Precipitacións medias-------1500 mm anuais.
Espazo natural millor conservado-------Costas do Alén
As fragas das Costas do Alén, nome que ven vinculado o máis alá, son a xoia da coroa dos espazos naturais das dúas bisbarras, conservando biodiversidade de flora e fauna case únicas no país.

DATOS DEMOGRÁFICOS E HISTÓRICOS
Número de concellos-------9
Concello máis habitado------Ponteareas (22.895 Hab.)
Na Paradanta-----------------A Cañiza (5.233 Hab.)
Concello máis extenso-------Ponteareas (125,6 Km/2)
Na Paradanta---------------O Covelo (125,3 Km/2)
Menos extenso--------------Mondariz Balneario (240 Ha, o menor de todo o estado)
Total habitantes----------- 54.224 habitantes.
Total extensión------------ 674 Km/2
Densidade----------------- 80,4 Hab. por Km/2
Vista poboacional do val do Tea, con poboación moi espallada e concentrada en núcleos maiores.

Total parroquias----------107
Concello con máis parroquias---------Ponteareas (24)
Con menos-------------Mondariz Balneario (1)
Parroquia máis habitada------- Xinzo (1.245 Hab.)
Na Paradanta---------------Valeixe (907 Hab.)
Menos habitada------------Fofe (51 Hab.)
No Condado----------------Paredes (72 Hab.)
Con máis extensión------- Petán (22,87 Km/2)
No Condado---------------- Padróns (17,70 km/2)
Aldea a máis altura------- A Fraga (830 m, no Covelo)
No Condado--------------- Empiade (530 m, nas Neves)
Parroquia a máis altitude-------A Graña (780 m)
Maior superficie en uso------- Explotacións forestais (piñeiro e eucalipto)
Maiores usos agricolas-------- Viñedos
Gando maioritario------------- Vacún (solto) e avícola (granxas)
A pequena aldea de A Fraga, na parroquia de San Salvador de Prado (O Covelo), e a que se atopa a maior altitude na fronteira coa provincia de Ourense os pes do Faro de Avión.

HISTORIA TERRORIAL 
Tribo Galaica-------- Os Grovios 
Provincia romana e conventus-----------Conventus Bracarensis na provincia da Gallaecia
No reino Suevo-------------Diocese de Tui
Alta Idade Media----------Diocese de Tui
Baixa Idade Media--------Diocese de Tui, mosteiro de Melón e casas dos Soutomaior e Sarmiento.
Moderno e contemporáneo-------- Condado de Salvaterra e outros.
Maior romaria e peregrinación---- Nosa Señora da Franqueira.
O castro de Troña, castelo do Sobroso e petroglifos de Gargamala, son tal vez as pegadas millor conservadas de noso pasado.

miércoles, 16 de mayo de 2018

Castros que podemos visitar no sur da provincia para coñecer a cultura galaica


Comezar cunha pequena aclaración, tan simple como que os castros era unha forma de hábitat característico da idade do ferro, e foron construídos por grande parte da antiga Europa, sobre todo no espazo que ocupou a cultura celta. Polo tanto chamarlle os castros galegos coa definición “cultura castrexa”, e un grande erro, posto que nas nosas terras habitaba un pobo recoñecido os cales seu nome eran “os Galaicos”, os nosos ancestros, polo que tal vez a definición máis correcta. facéndolle honra a eles, sería “cultura dos castros galaicos”.
Coa chegada do bo tempo primaveiral, e co verán por diante, podemos facer unha pequena listas dos castros millor conservados e escavados, para a visita e comprensión da forma de vida dos antigos galaicos. Nas nosas terras dende o Morrazo, até o Baixo Miño pasando polo interior do Condado-Paradanta, habitou unha tribo galaica chamados os “Grovios”, os cales nos deixaron estas xoias arqueolóxicas que van dende tempos tan remotos como VIII a.C o V d. C.
Mencionaremos primeiro un moi coñecido, en terras do Tea no corazón do Condado, o Castro de Troña. Elevado sobre o val do Tea no concello de Ponteareas, este asentamento fortificado que de seguro controlaba unha importante ruta comercial, foi habitado un amplo período histórico, que vai dende o VII a.C o II d.C, e dicir uns 800 anos de historia ocupado. Grazas a isto, podemos observar nos seus vellos muros e vivendas reconstruídas, diferentes estilos de construcións que foron evolucionando o tempo que o facía a propia cultura galaica, dende o mais antigo, ate os barrios familiares máis innovadores dos castros. Tamén destaca o famoso petroglifo da serpe na acrópole ou croa.
A citania do monte Santa Tegra, ocupaba un impoñente monte sobre a desembocadura do pai dos ríos galegos, o Miño, no concello da Guardia, e non e só un símbolo dos castros galegos, senón de nosa cultura galaica e celta en si. Dicir que este castro, non sería unha simple aldea fortificada, senón unha auténtica cidade da época, a maior coñecida en terra galega con 20 Ha (20 campos de fútbol), onde puideron vivir preto de 5000 habitantes, os cales xa tiñan desaugues, prazas e rúas principais. Santa Tegra como citania, gozou dun grande esplendor entre dos séculos I a.C o II d.C, no proceso de romanización, posto que seu enclave estratéxico, controlando a entrada as Rías Baixas e a desembocadura do río Miño (por aquela navegable). Visitar este lugar, a parte das impresionantes vistas e paisaxes, e un auténtico viaxe no Tempo.
Outro castro que na liña costeira, era o O monte do Castro de Vigo, o único restaurado en parte no centro dunha grande cidade. Antigamente chamado Ferroso ou Terroso, era tal vez o máis importante da ría, o cal máis que un poboado tamén puido ser unha auténtica cidade galaica pero sen chegar o tamaño de Tegra, con desaugues e rúas principais. Comezou a habitarse tamén nun período antigo, entorno o VI a.C, durando seu esplendor ate o II d.C, tendo unha grande importanza marítima. A día de hoxe conta cun pequeno sector escavado e restaurado, formando parte dun grande parque botánico no corazón da cidade olívica, a cal non se pode entender sen o Monte do Castro.
Seguindo montes emblemáticos, citaremos agora o Monte Aloia, unha montana resáltante sobre a cidade de Tui que vixía o val do río Miño, na cal nunha de súas vertentes atopase o castro do Monte dos Cubos. Este xacemento, en grande parte escavado, de seguro era un vixiador o paso do Miño dende tempos inmemoriais, estando datado do II a.C o III d.C. Atopase dentro do Parque Natural do Monte Aloia, polo que na súa visita se pode aproveitar o día de forma moi produtiva.
Por último falaremos dun castro emprazado nun lugar fermoso e incrible, que mesmo parece facer barreira entre o noso mundo e o dos deuses. Situado no extremo occidental da península do Morrazo, coas illas Cies e Ons na súa fronte, asentase o Castro do Facho de Donón. Este espectacular emprazamento sobre a brava Costa da Vela, tivo varios moradores o longo da súa historia, pero tal vez o que máis pegada e legado deixou, foi a reconstrución dun novo castro-santuario no século III d.C sobre outro anterior, o cal e considerado o maior lugar de peregrinación pagán da Península Ibérica antiga, mostra delo son as 174 aras atopadas adicadas o deus local chamado “Bero Breus”, que recorda muito a “Breogán” (isto e anotación persoal). Son muitos os cales aseguran que existe unha maxia no lugar, onde se pode ver morrer o sol na mar coas illas de testemuñas. No castro pódese contemplar unhas 50 vivendas escavadas, reflexo de aquel esplendor que tivo o monte en tempos de antigos.
Outros castros que recentemente foron obxecto de escavacións e estudo, e esperemos que sigan adiante e podelos nomear en futuros artigos, son o Faro de Budiño (Salceda), A Cabeciña (Oia) ou o Monte Alegre (Moaña). Pola contra, outros que no seu día foron escavados, a día de hoxe atópanse en total abandono e marxinación, como o de Torroso (Mos) ou Altamira (As Neves). Esperamos que as institucións volten a valorar a súa importanza, posto que non há máis riqueza que aqueles que coñecen seu pasado, para poder coñecerse e valorarse así mesmos no presente.
Publicado para Comarcas na Rede o 11 de maio do 2018

miércoles, 3 de enero de 2018

Tui, antiga corte de reis e unha visión no fin do imperio romano e período xermano


Existen muitas vilas e cidades na terra galaica, no estado ou ata na Península Ibérica consideradas históricas, condais ou culturais, pero moi poucas na súa historia dentro de seus muros tiveran unha corte real, ou dúas cortes reais moi antigas fai 1400 anos atrás, neste caso Tui si pode presumir dela.
Repasemos os orixes da cidade que controlaba o paso do río Miño-sur, antes do ano 0 xa se cree que entre o Aloia e o Miño atoparíase o principal castro do tribo galaica dos Turonis, pertencentes a confederación tribal dos Grovios, que tería a capital nese mesmo castro. A día de hoxe non sabemos onde e o lugar no que se situaba este poboado, pode que debaixo da actual Tui, ou mesmo no Aloia ou nos seus redores. Coa chegada de Roma e a conquista, estes respetan a antiga organización tribal dos Grovios e constrúen xunto ese antigo castro (ou sobre del) Castellum Tude, a Tui romana.                                                                             

A esta nova cidade, unha das máis importantes da Gallaecia por controlar o paso do río Miño na vía romana XIX, atribúese como a outras a fundación heroica e mitolóxica dun heroe grego, Diomedes, fillo de Tideo (de onde di que ben o nome de Tui).
O tema, sabemos fora do escrito, que aparecen restos desa antiga Tui na zona de San Bartolomeu, onde incluso puido estar o foro e centro, dando a hipótese que se extendia do río Louro cara o outeiro onde se asenta a zona antiga, onde no alto puido perdurar un tempo o antigo castro capital dos Grovios e Turonios.                                                                                                                                    
Coas crises imperiais do baixo imperio romano, as guerras civís e a caída da economía o igual que a maioría das cidades da época, Tude (Tui) perdería poboación e fortificaríase por mor das guerras civís e as xa inminentes incursións dos pobos xermanos, trasladándose o centro de poder seguramente o outeiro onde se atopa a actual cidade, máis facil de defender e posiblemente sobre o antigo castro.

E a inicios do século V cando chega o pobo xermano dos Suevos a Gallaecia, e funda o primeiro reino medieval da Europa no ano 410-411 co rei Hermerico (recordar que Roma cae no 476). Cos suevos, non todo ía ser escuro e malo, e un exemplo e Tude, pois nese século se constitúe como diocese cristián, sendo unha das principais cidades do reino.
Recreación hipotética da bandeira sueva segundo a última descripción desta no século XV en Lugo.

Tamén engadir que non se puido librar por completo da violenza e hostilidades deste século, pois nos anos 445 e 446 estando reinando o segundo rei suevo, Reckila, outro pobo xermano coñecidos como os Vándalos, entran de sorpresa pola fos do Miño saqueando as terras de Turonio.                            Para resumir, o pai de Reckila, Hermerico (o primeiro rei suevo da Gallaecia), axudara as poucas forzas romanas existentes a expulsar da Hispania cara o norte de África a este belicoso pobo dos Vándalos, polo que ben seguro este ataque esporádico a Tui foi como vinganza e represalia do sucedido anos atrás, estando Reckila en Mérida. Foi rápido pero de seguro brutal, pois a día de hoxe a herdanza do nome “vándalo” non e casual, senón pola brutalidade deste pobo no pasado, e posible que terras do Baixo Miño, Louriña, O Condado e o Miño portugués arderan, e unha posible proba foi os restos atopados da vila romana de Angoares en Ponteareas, os cales datan deste período e pareceron totalmente carbonizados dun grande lume e destrución.         


Capital do reino con Reckimundo (459-463)

A mediados do século V, o reino dos entra nunha profunda crise e guerras internas, o ataque visigodo no ano 456 no cal mataron o enerxético rei Reckiario e saquearon a capital, Braga, deixa un reino orfo dun forte poder central, polo que entre os anos 457 e 463 o reino divídese en dous varias veces e até seis reis gobernan nese curto período.

E así que no ano 458 un nobre chamado Reckimundo rebelase o rei Remismundo, é se nomea rei da parte sur do reino e establece súa corte en Tude. Para a cidade este sería un tempo moi importante, pois até acuña moeda propia a cal duraría até un século despois. E posible que o rei Reckimundo construíse nas aforas as primeiras pedras do palacio rexio no lugar de Monterreal, en Pazos de Reis (para que vexades que os nomes dos lugares teñen seu sentido).

Para desgraza deste rei, Remismundo pese perder até a capital do norte, Lugo, reaparece con reforzos visigodos e reconquista o reino e volve centralizalo coa capital en Braga, deixando de ser Tude no ano 463 corte real.

Un ano despois a cousa inda foi a pior, pois no 464 prodúcese a revolta dos “aunonenses” nas terras de Tude contra o rei Remismundo. Non se sabe con certeza se foron os anteriores galaico-romanos donos das terras contra o poder centralizador de Remismundo, ou até partidarios do anterior rei Reckimundo, pero si sabemos que a resposta do rei non se fixo esperar, mandando un exercito dende Braga que acabou a revolta. Conta a lenda que un dos xovenes nobres suevos dese exercito era un tal Mondraco ou Mondrico, que para que vexades as voltas que da a historia, quedou nestas terras e foi o fundador de Mondariz. 

Corte real do rei visigodo Vitiza ou Witiza

Coa conquista dos Visigodos do reino suevo da Gallaecia no ano 586, este queda baixo os reis godos que tiñan súa corte en Toledo. Contase que Toledo era un alixo de víboras e perigaban nel a vida dos xovenes príncipes, polo que estes eran mandados a Tude para seren criados e educados alí, no lugar de Monterreal en Pazos de Reis, as aforas da cidade.

A finais do século VI o rei Égica manda a seu fillo, Vitiza, facerse cargo do antigo reino dos suevos da Gallaecia, polo que este volta restablecer a antiga corte de Tude. En torno o ano 700 Vitiza substitúe a seu pai como rei visigodo e reinaría até o 710, e polo menos durante un tempo, Tude pasa ser corte de todo o reino godo que se estendía dende o sur de Francia até o norte de Africa.

No primeiro período de Vitiza en Tude, sucede un feito importante segundo a crónica albeldense escrita muito despois no 881, pois xunto del tamén estaba o conde Favila, que posiblemente seria o antigo duque da Gallaecia. Segundo contan Vitiza e Favila discuten por un tema de amores (se di que Vitiza andaba coa muller de Favila) e o futuro rei godo mata a Favila dun bastonazo na cabeza. 
Rapidamente os achegados o finado escapan co fillo deste, un neno chamado Paio ou Pelayo a terras do norte, por mor de represalias contra el por parte de Vitiza. Ese neno no futuro sería o famoso Don Pelayo, que rebelase o poder conquistador dos musulmáns e pasa ser o caudillo ou pequeno rei da resistenza contra eles, co seu centro de poder en Cangas de Onís, Asturias, sendo posiblemente tamén fillo de Tui nacendo en esta. Dicir que a tradición xermana era por o nome do avó o fillo primoxénito, e sabedes que nome púxolle Pelayo o seu fillo? Favila, que reinaría dous anos en Cangas de Onís.

Unha posible visión de Tui en tempos dos suevos e visigodos

Por último imaxina como sería hipoteticamente a Tude ou Tui deste período antes da caída do reino visigodo e a chegada do poder musulmán. Posiblemente estaría emprazada no mesmo lugar actual, cun tempo relixioso destacado que sería o centro do poder da diocese e bispado. O outro lado do Miño, e posible que existira outro pequeno núcleo na zona de Valença controlando o paso a outra ribeira da vía XIX, e xunto ambas, o porto ribeireño. Nas aforas fora das murallas, no lugar de Monterreal en Pazos de Reis, o centro de poder político da zona, que controlaría o sur da provincia de Pontevedra e parte do norte de Portugal, sendo un referente no mundo desa época.

Por último entre a cidade e o a desembocadura do río Louro, parte das ruínas da antiga primeira cidade romana.
Posible plano da Tui romana, a cal se trasladaría en período suevo o antigo emprazamento castrexo de Campillum Tyde, máis facil de defender, onde se asenta a cidade actual.


miércoles, 6 de diciembre de 2017

O monte San Nomedio ou San Mamede, posible mítico Medulio?


Neste outono, muito se menciona o concello das Neves, pero por desgraza esas mencións son polos tristes e destrutivos lumes que devastaron súas terras e vidas. Pero agora, como se fora un toque de levantarlle a moral a eses danados lares veciños, porei meu gran de area recordando seu glorioso pasado, e tal vez un dos feitos que puido marcar máis mella non só nas terras do Condado, senón en toda a antiga Gallaecia e máis alá, pois nun de seus montes máis emblemáticos puido forxarse o mítico lema “denantes mortos que escravos”.
Situado xusto enriba do val do Miño, se levanta unha grande montana que chega os 694 m no seu cumio, como un brazo separado dos Montes da Paradanta, cun porte que impoñente no centro do concello das Neves, tratase do antigo monte de San Mamade, a día de hoxe coñecido como San Nomedio, que no seu cumio ten unha capela no nome do propio San Mamede.
Pero tal vez, esta maxestosa montana esconda algo máis no seu pasado remoto, pois non serei o primeiro nin o último que o poña na mesa, o mítico Monte Medulio, a última resistenza fera no ano 22 a.C dos galaicos contra Roma. Foi épico este mito pois no seu final, os galaicos atrincheirados no monte, famentos e acurralados, deciden matarse con “lume, ferro e veleno de teixo” antes de ser rendidos a Roma, inda que nas crónicas tamén nos falan da presenza de Ástures e Cántabros.
Segundo nos chegan os poucos datos romanos, este monte mítico foi a última resistenza, a cal defenderon miles de galaicos, que foron rodeados e cercados por un foxo de 15 millas o seu redor segundo os historiadores romanos Floro e Paulo Orosio. As lexións romanas as dirixían os cónsules Publio Carisio vido de terras lusitanas, e Caio Furnio, vido de terras da Tarraconense polo norte, que pouco a pouco foron reducindo o cerco, deixando os asediados nunha situación extrema. O parecer cando se ía iniciar a toma final por todos os frontes, os galaicos, nesa noite fan un grande festín e deciden suicidarse, morrendo así de forma heroica e libres antes que entregarse a escravos. No século V d.C o cronista galaico Paulo Orosio nos conta sobre a súa ubicación «minio flumini inminenten», e dicir, nas terras cércanas do río Miño. Isto fixo que muitos historiadores e investigadores situaran este monte en diferentes lugares da xeografía do noroeste peninsular, como en terras galegas o Courel, o Aloia, Cabeza de Meda, no macizo de San Mamede... até o historiador alemá de inicios do século XX, Adolf Schulten, o sitúa no monte Santa Tegra, pero tamén ten indicios dunha posible ubicación nos “montes cércanos a Meder”.
Curioso verdade, Meder-Medulio, o parecido do nome, e cal e o grande monte situado na zona, San Nomedio. Pero que pode ter San Nomedio para ser o emblemático Medulio, pois máis do que pensamos. Dicir que é unha montana soa, sobre o val do propio Miño como dicía Orosio, que no seu cumio tivo un castro e unha capela abdicada a San Mamede, santo que aparece muito en montes referidos o posible Medulio, e que ese xigante foxo que o rodeaba semellen os mesmos vales que rodean a montana. Curiosas tamén son súas lendas e folclore moi bélicos, pois contan que alí habitaron os mouros, neste caso de seguro refírese os pagáns galaicos, e que despois dunha grande luita esconderon súas armas en túneles baixo o monte, así como un grande boi de ouro.
Tamén e curioso o topónimo nos seus redores como «Batalláns», e o lugar da «Batalla», onde tamén se conta que os mouros luitaron nunha grande luita. Outro topónimo curioso do lado de Ribarteme e o da A Muradella, que nos fai pensar en muralla. Tamén debemos engadir as tradicións e romeiras dos redores, como a dos «mortos» en Ribarteme ou a do «medo» a capela de San Bartolomeu de Taboexa, pois todo nos fala de luitas moi antigas, morte e medo... medo e Medulio.
Non imos asegurar que San Nomedio ou San Mamede sexa este fascinante monte, nin muito menos, pero que seu folclore, situación e tradición nos fale que esa montana “algo tivo que pasar en tempos remotos”, case é innegable. Tampouco 'podemos dicir que na terra galaica só se producise unha resistenza heroica no monte Medulio, tal vez foi máis dun, cousa que tal vez nunca coñeceremos, o que fai deste mito algo inmortal e que todos os galegos e galaicos debemos sentirnos orgullosos.
Por último vos deixo con este poema sobre o Medulio que escribiu Ramón Cabanillas no ano 1917, chamado En pé!, o mesmo que dígolles os veciños habitantes das Neves e a nos mesmos, non deixemos asoballarnos de novo polas mafiosas políticas forestais e o conformismo, senón a historia repetirase ano tras ano e con ela a dor e as bagoas.
"O día do Medulio
con sangue quente e roxa
mercámo-lo dereito
á libre honrada chouza!"
Publicado para Comarcas na Rede o 16 de novembro do 2017