Mostrando entradas con la etiqueta megalítico. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta megalítico. Mostrar todas las entradas

martes, 4 de junio de 2019

lunes, 25 de marzo de 2019

Atopados os petroglifos da Picaraña, Ponteareas.

Comezar esta entrada dicindo, que o posible re-descubrimento destes petroglifos, foi algo totalmente casual, pois fai anos no pasado, si tentara buscalos e non atopara nada, pero desta vez parece que a simple sorte estivo comigo, pero quen o intenta e non desespera, sempre terá súa recompensa.

No libro de Mariano Piñeiro Groba e Claudio González Pérez, Historia de Puenteareas publicado no ano 1983, pero que ten estudos do primeiro, antigo párroco da parroquia de Angoares, de inicios do século XX, fala que na Picaraña cando menos antes de seus escritos, existían petroglifos. Escribiu que o último que sabia deles, e que seu estado era moi gastados, polo que nin el mesmo foi capaz de voltar atopalos.

O que máis me chamou a atención, e que se atopen en pedras situadas no propio merendeiro de Chan das Carballas, o máis coñecido e transitado. Non sei se mirei eu esas dúas pedras,ou elas a min, o certo é que foi casual que fora xustamente a primeira a ollar por ollar e rapidamente identificara case a primeira tres coviñas.

Nesta primeira pedra, esas tres coviñas son moi claras e definidas, logo pode ser que existan outras menos marcadas, pois a pedra atopase moi gastada.
Na outra pedra, inda máis gastada e erosionada, foi onde me chamou despois da primeira para ir ollala, o que non contaba e que semella polo menos ter unha dezaseis coviñas moi gastadas sobre a superficie da laxe granítica, e ate algunhas que puideron estar unidas por canles. A pedra ten unha orientación cara o oeste, polo que na caída do sol, pódese ver a perfección marcados os surcos.
Inda e moi cedo para sacar conclusións, pero semellan moi antigos e estar vinculados a rituais a caída do sol, recordando que a Picaraña e un monte moi místico e espiritual, así como enerxético. Súa romaría cristianizada, pero sen ter ningún santo atribuído, inda se fai o 1 de maio, día propio da festividade celta do Beltaine, onde se subía os montes para festexar a chegada do verán.
Por último antes de mostrar o vídeo resumo, dicir que nas outras pedras dos redores, en principios non atopouse nada, pero todas, incluídas a das coviñas, atópanse en estado erosionado, gastadas e afectadas en pequena medida por cantaría tradicional antiga, pois recordar que atopanse entre dous castros e un posterior castelo.

miércoles, 4 de julio de 2018

Megalitos na Terra de Querquenia (A Baixa Limia)

MENHIR DO ALTO DO VIEIRO

Comezamos este pequeno camiño, acompañado por miña namorada Tania Bouzas, máis Xosé Manuel Barbosa e Ro, editores do blogue DTS (Desperta de teu sono), neste peculiar lugar, no linde das Terras da Querquenia. 
Como ben di seu nome, Alto do Vieiro, é un paso de montana ancestral a case 800 metros de altitude, por onde construíronse vías de forma ininterrompidas. Se levantarase o asfalto e pavimentos da estrada actual (OU-540), e posible atopar restos dun camiño real, un medieval, unha calzada romana e como non, unha primaria que se perde nos tempos.
Xusto e neste punto, é onde en tempos galaicos puideron facer fronteira dúas tribos, os Querquenis (actual Baixa Limia) e os Coelernos (Terras de Celanova), e que millor forma que marcar territorio que cun grande monólito, un menhir. Inda que aclarar que este monumento que se atopa inda a día de hoxe o pe da estrada, de seguro que é máis antigo o tempo dos antigos Querquenis da idade de Ferro e Bronce. No seu entorno existen mámoas, polo que o menhir de seguro tivo seu orixe e significado neses tempos prehistóricos e megalíticos, marca que inda non sabemos ben seu signifícao en tan importante paso. 

ANTA CASOLA DO FOXO

Lonxe xa das terras de Bande, os pes da pedregosa Serra do Xurés/Gerês, a día de hoxe bañadas polo artificial encoro de Salas, nos atopamos de novo co posible legado de outra ruta que baixaba das montanas cara os vales en tempos prehistóricos, a proba, unha moi destruída liña de mámoas e antas que no seu tempo estarían o pe dese suposto camiño.
E muito mal fixo ese actual encoro o patrimonio megalítico da zona, posto que parte del atópanse a día de hoxe asolados baixo as augas deste. Outros foron reconstruídos sen muito xeito fora de seu emprazamento orixinal, mentres que outras salváronse en extremis, como neste caso, a fermosa anta da Casola do Foxo.
Dicir que seu nome, ven derivado que no seu entorno, construído moi posterior (milenios), existe un antigo foxo do lobo. Mesmo así este para nada resta beleza e maxía a esta anta, que para min e das máis fermosas da Galiza, pero para gustos cores.

MÁMOA DE MUNIXEITO

Moi preto da Casola, en liña case recta xa camiño dos montes do Xurés/Gerès, nun entorno que parece un pasaxe entre as terras dos vivos e deuses, temos tamén outro monumento funerario megalítico, pero neste caso se trata dunha mámoa o estar a súa estructura inda tapada, a mámoa de Munixeito.
Sobre o terro inda se pode observar a perfección o túmulo que sobresae sobre o terreo, con a parte alta das pedras da cámara o ar no punto alto. Incrible a paisaxe dende este túmulo cara o sur.



A CASIÑA DA MOURA

Esta anta con fermoso nome, inda que a día de hoxe pareza impoñente o lado do dique do encoro de Salas, seu destino e pasado foi moi diferente. Dicir, que esta reconstruída fora de seu emprazamento orixinal, o cal esta baixo as augas do encoro.
Impoñente pero fora de lugar, tal vez esa e súa historia. Engadir que por norma xeral, as portas das cámaras das antas soen estar orientadas o este, o sol nacente, e este monumento o estar reconstruído, esta parcialmente o contrario, sen ningunha orientación realmente, unha mágoa.

MÁMOA DE PORTELA DE PITÔES

Noutro porto ou porta (portela) de montana, noutro linde, neste caso fronteira internacional a día de hoxe, atopamos o último monumento megalítico da ruta. Voltamos a ver unha mámoa, a cal sobre ela, puxeron un marco moderno que fai de fronteira entre a Galiza e Portugal.
Outro exemplo que estes bens patrimoniais prehistóricos, sempre foron aproveitados para marcar lindes ou pasos, signo que esas vías son inda transitadas dende os primeiros homes e mulleres. O fin, tamén vendo estes exemplos, podemos dicir que tamén somos animais de costumes, e sempre deixamos pegada no tempo, ate o próximo camiño!

jueves, 26 de octubre de 2017

Galiza destruida, lumes, patrimonio ferido e carballos en forma de esperanza

Mes de outubro negro, mes de bagoas e reflexión para o futuro. Nestes tres vídeos podemos ver o resumo deste triste comezo do outono.

Neste primeiro video, podemos ver o resultado e estado dunha das vítimas das brutais vagas de lumes forestais deste mes, o Castro de Troña. Era visto vir, anos rodeado de eucaliptos, cunha sería invasión dentro do poboado de mimosas, só era caer a chispa para que sucedera.
Pola contra, o lume o limpar parte da mimosa, voltou dar a luz partes do poboado case desaparecidas dende os 90, e triste que esto volta saír a luz despois dunha desgraza.

Cambiando de luga, situámonos agora nas terras da Serra do Faro, entre Chantada (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra). Seguindo o “camiño do inverno” nas lombas do monte da Cabeza, há unha pequena necrópole megalítica, a cal o visitamos levamos esta sorpresa.
Dicir que xa tratamos este tema e informamos, e que neste momento xa actuouse e esta declarado en patrimonio o dano causado.

Voltando o Condado, veremos un berro de esperanza a triste situación provocada por anos de mala xestión e intereses nos nosos montes, ou máis ben hortas forestais. Unha vitoria da natureza, a milagre natural da nosa terra ante o devastador terror da fecundación do eucalipto, máis vale un vídeo que mil palabras, agora, reflexionar sobre o futuro.

viernes, 22 de septiembre de 2017

Petroglifos en Ponteareas I Parte

Intentando seguir pondo en valor e coñecemento, estes restos patrimoniais prehistóricos de arte o ar libre, imos amosar a riqueza que noso concello ten neste campo arqueolóxico, posto que é algo que e pouco coñecido nas nosas terras.

Comezaremos cos últimos publicados e visitados, os da zona do Monte Aberto, comezando cos coñecidos de Padróns (Padróns), no linde de esta parroquia con Ribadetea. Polo de agora coñecemos dúas pedras, unha con círculos concéntricos aliñados o norte en dúas liñas, e outra cunha coviña solta que descoñecemos súa cronoloxía. Pensamos mesmo así, que a zona esta pouco explorada e debe haber muitos máis.
Moi cerca e tamén en Padróns, se atopan os do Charco, que temos constancia polo menos en catro pedras de círculos concéntricos e coviñas.

Sen saír da mesma zona, pero do lado de Ribadetea nos atopamos co coñecido como petroglifo do Monte Aberto, unha pedra con coviñas e talladuras indeterminadas neste momento, polo seu mal estado de conservación.

Sen saír dos lindes de Padróns, nos imos agora o punto máis alto do concello, e cando dicimos o punto máis alto, e o máis alto, pois estas coviñas se atopan na pedra do cumio a 743 m sobre o nivel do mar, no linde xa con Mos. Este tipo de petroglifos, en cumios e en formas de coviñas ou pequenos lagares ou pías, orientados sempre o oeste, e dicir a posta do sol, pode ter un significado ritual solar, pois o sol nestas sociedades tan antigas soia ser a divindade suprema. Dende el há unhas fermosas vistas a ría de Vigo e illas Cies.

Para que vexades que este fenómeno do Galleiro non e inusual, e se da en  grande parte da terra galaica cando menos, imos por outro exemplo, pero agora no cumio doutro monte coñecido no concello, o Monte Landín, a 459 m de altitude na parroquia de Pías.
O igual que o do Galleiro, tratase dunha serie de coviñas e pías de pequeno tamaño nunha pedra preto do cumio, orientado o oeste (posta de sol) cunha grande vista sobre o val do Tea. Dicir que este monte esta por un lado sobre o castro de Troña, e polo outro (Mondariz) sobre o castelo do Sobroso. Esta pedra se atopa en perigo polo avance dun grande viñedo.

Outros petroglifos que se deron a coñecer fai menos dun ano, foron os da Carreira tamén na parroquia de Pías. Atópanse o outro lado do Tea dos do Monte Aberto, e teñen a mesma temática base, círculos concéntricos e coviñas, polo que creemos que os fixeran os mesmos individuos ou clan. Pese o auxe que tiveron o seu descubrimento, neste momento se atopan de monte.

Pero se falamos de petroglifos no concello de Ponteareas, non podemos esquecer da zona reina con máis abundancia no lado oriental, os pes dos Montes da Paradanta, nas parroquias de Guillade e Cumiar. Fai uns seis anos, andando pola zona do Pedroso, que ten petroglifos, atopamos de forma casual estes despois que un lume deixara unhas pedras a vista. Se repite o patrón xeral do concello e todo o val do Tea, coviñas dispersas e círculos concéntricos, pero desta vez tamén aparece unha cruz cristianizadora cristián. Que saibamos están sen declarar, pero agora ben seguro que estarán cubertos polo monte raso o igual que o resto que há na zona, na parroquia de Guillade.

Por último imos con outro tipo de petroglifos muitos máis modernos que teñen como función a cristianización do pagán ou marcar lindes territoriais, as cruces. Neste caso nos situamos na parroquia de Cristiñade, no coñecido como “Penedo da Sartén”, no linde co concello de Salceda de Caselas. A curiosa forma do penedo cunha grande pía nun extremo fai voar a imaxinación a parecerse con unha sartén, nel tamén se atopa un petroglifo en forma de cruz, que claramente marca o linde nese alto entre os concellos de Ponteareas e Salceda.
Como vedes dentro dos lindes de noso concello de Ponteareas, temos unha grandísima riqueza e variedade dentro do patrimonio de arte rupestre, pero por desgraza des-valorado e marxinado. Aquí só vai a primeira parte pois temos bastante máis, esperemos que vos gustase e fixese algún tipo de exame de consciencia, polo seu estado e o pouco valor que dáselle.