viernes, 27 de septiembre de 2019

A BATALLA DE MONTECUBEIRO, ANOS 774/783, GALAICOS CONTRA O REI SILO


Montecubeiro é un deses lugares da nosa terra cun riquísimo pasado e historia, pero a día de hoxe case esquecida de todo,  pero mesmo así garda curiosidades como que é a maior parroquia do noso país galego.

É de coñecido, que nesas corredoiras e camiños entre pequenos ríos e altos prados con  lombas verdes máis suaves, existiu unha importante camiño medieval. Montecubeiro, que noutro tempo escribíase separado, como di seu nome e se ve a distancia, ten forma de “cubo” alongado dominando os regos de seus redores, e dicir, un importante paso na paisaxe que domina seu entorno. Como legado deste antigo paso, quedan dous cruceiros polos montes coñecidos como “A Corredoira Vella”, topónimo que xa nos di muito, pois recordade que corredoira é un antigo camiño principal. Ese antigo camiño pasa xusto por enriba da actual parroquia, na cal tamén existiu un mosteiro medieval dos séculos XII-XIII.
Vista de Monte Cubeiro con súa forma de "cubo"

ANTECEDENTES A BATALLA

Viaxamos no tempo cara o último cuarto do século VIII, no xoven reino cristián do norte, asentado nas Terras da antiga Gallaecia pero co centro de poder na zona Ástur oriental, nunha monarquía electiva e non herdeira, pero na que só se podía elixir para o trono o entorno directo de sangue real, nomease rei a Silo, tras a morte do anterior soberano Aurelio.
 Silo traslada a capital e corte a Pravia, no centro de Asturies moi cerca do Mar Cantábrico, e mantén a paz en todo seu reinado con o poderoso Emirato de Cordoba en Al-Andalus, o cal gobernaba seu fundador, Alberramán I, mentres que o norte, no reino dos Francos, reinaba o tamén poderoso Carlomagno.

Nos case 10 anos de reinado de Silo, pódense considerar tranquilos, sen ser por un feito que sinalan as crónicas Rotense e Sebastianense, que nos falan dunha grande rebelión dos galegos do oeste directamente contra Silo.

Non sabemos ben o motivo de tal rebelión, as crónicas non nos falan de ningún líder, nobre ou bisbarra en concreto, senón o que semella o conxunto dos galegos da zona “lucense”. O ser inda unha monarquía electiva, tal vez o bando occidental do reino non quería a Silo, ou máis posiblemente, nun mundo que comezaba a ser feudal, os señores e nobres galegos querían máis poder ou tal vez  independenza sobre o poder central asturián da corte en Pravia.

Xa a mediados do mesmo século, co rei Fruela, tamén os galegos do occidente e os vascos no orientes, se rebelaran a corte de Asturies, polo que tal vez o ver en Silo un monarca pouco activo no campo bélico, decidiran voltar levantarse en revolta.
Estátua do rei Silo en Pravia.

O CAMIÑO A BATALLA DE MONTECUBEIRO

Non sabemos tampouco en que ano do reino de Silo foi a batalla, a que sería entre 774 o 783, pero podemos facer hipóteses noutros campos. Un deles foi o camiño empregado para ir dirección a única cidade real do reino por aqueles tempos, Lugo, que parece ser tamén o lugar de reunión das tropas galegas lucenses. Temos a antiga vía romana que ía de Lugo a Lugo de Llanera, no centro da actual Asturies, que despois pasou a ser a vía principal entre Lugo e Oviedo, e despois o propio camiño de Santiago primitivo. Este camiño ía pola Fonsagrada e despois se internaba en terras dos Oscos cara Oviedo, pasando nesa zona que imos estudar por Castroverde, non por Monte Cubeiro que atopase 10 km o norte desa ruta.

Pero recordar que por eses tempos, a capital inda non era Oviedo, senón Pravía, polo que Silo tendo o Cantábrico máis preto, puido elixir unha ruta máis cómoda para súas tropas e ir pola costa ata a desembocadura do río Eu, onde despois se segues polo seu val, te leva directamente a zona do paso de Monte Cubeiro, para logo descender de forma doada cara Castroverde camiño de Lugo, a parte que máis ou menos de Lugo a Monte Cubeiro habría unha xornada de camiño. E por esta causa, vendo a deslocalización de Monte Cubeiro na ruta clásica do camiño primitivo de Lugo a Oviedo, expoñemos a hipótese que que Silo utilizase esta ruta, a cal xa existía, para someter as tropas rebeldes.

Parece evidente, que as tropas dos galegos lucenses, organizaranse dende a propia cidade de Lugo. Dende alí estarían atentos o avance das tropas de Silo, para tentar frealos no paso de Monte Cubeiro, algo típico nas batallas dese tempo Alto Medieval. Dicir que na alta planicie da antiga Montecubeiro, inda existe o topónimo de A Corredoira Vella.
Posible ruta empregada por Silo cara Lugo, pasando por Montecubeiro.
A BATALLA

“ Post Aurelii feinem Silo successit in regnum, eo quod Adosindam Adefonsi principis filiam sortitus esset coniungem. Iste cum Ismahelites pacem habuit, Populos Gallecie contra se rebellantes in monte Cupeiro bello superabit et suo imperio subiugabit.
Reg.an.VIII et decimo uitam finibit era DCCCXXI.”

Tras súa morte, Silo tomou en matrimonio a filla de Alfonso chamada Adosinda, polo que fíxose co trono. Tivo paz cos Ismaelitas. Cando Galiza se rebelou, a venceu tras o combate no Monte Cubeiro e a someteu a seu imperio.

Crónica Rotense onde menciona a batalla de Montecubeiro.

Sobre a hipótese da batalla, temos unha serie de topónimos no lugar que nos poden axudar, como a Fonte Matahomes ou o Rego dos Ósos. De seguro a luita campal deuse no alto do monte, nunha pequena semi chaira onde a cada lado comezan os desniveles para chega a ela.
Panorámica da zona alta de Montecubeiro a día de hoxe.

Sabendo da vitoria das tropas de Silo, os galaicos terían que fuxir en desbandada cara a súa vertente do este, polas lombas abaixo cara Lugo, que foi onde se puido producir a grande matanza, de aí que nesa vertente aparezan os topónimos de Fonte Matahomes e Rego dos Ósos.

Non esquecer que por aqueles, había máis matanza cando un exercito rompia formación e fuxía de forma desorganizada, que na propia luita. Os fuxidos da luita, correrían costa abaixo, posiblemente sufrindo chuvia de frechas e cargas de cabalaria, a tal punto que deixaría a día de hoxe eses dous topónimos no lugar.

A vitoria de Silo debeu ser clara, pois nas crónicas non se fala de pactos nin nada polo estilo, só desta luita armada. E posible que os líderes galegos caerían mortos ou presos na luita, pois non se fala máis da rebelión nin da entrada en Lugo de Silo. Ata supomos, que cos superviventes tal vez se chegara a algún pacto co vencedor.
Posible hipótese da batalla.

Tamén existe outra versión da batalla, na cal di que esta comezou no lugar do Campo da Matanza, no outro paso de montaña non lonxe no actual concello de Baleira. Pero nos xa estudamos tamén esta posible luita, e cal relacionamos con unha emboscada ano 795 a un exercito andalusí que saqueara parte da Galiza, a cal nos parece máis correcta, pois nesta versión se dí que a matanza chegou dende ese lugar a Montecubeiro, algo moi improbable pois a crónica nos di claramente que a luita foi no lugar que tratamos desta vez. Para ver o estudo desa batalla, pomos aquí seu enlace.
Zona do Rego dos Ósos 

Con estes datos expostos, damos por terminada a primeira hipótese persoal desta batalla, pero a seguiremos estudando xunto con outros compañeir@s desa zona, os cales saudamos dende aquí e damos as grazas de corazón  polo aportado.

martes, 24 de septiembre de 2019

Vestigios del paso de Roma por Ponteareas

Fueron hallados en el entorno del Castro da Croa, en Ribadetea 

Este nuevo hallazgo de unos aficionados a la arqueología -que los acaba de donar al Museo de Ponteareas-, ratifica que los romanos dejaron su impronta en estas tierras del Condado. Se trata de diferentes restos encontrados 'accidentalmente' en las inmediaciones del  Castro da Croa, en Ribadetea: varios restos de 'tégulas' romanas, un elemento lítico,  y un trozo  de un 'dolium', que han pasado a formar parte de la historia de Ponteareas y que se podrán admirar en el Museo municipal junto a otros restos que se muestran en diferentes vitrinas  que evidencian la convivencia de las culturas romanas y 'castrexas'. Influencia de los romanos en la vida castreña: un 'togado' de la época galaico-romana, profusión de monedas aparecidas, heredadas de la cultura romana; restos de objetos de vidrio, un 'dolium' para transportar vino y aceite o tejados de paja, son algunos ejemplos de estas culturas. Así, el concelleiro de Cultura, Fernando Groba,  agradece que los restos encontrados hayan sido donados al Museo para que todo el mundo los pueda disfrutar, y felicita a estos  aficionados a la arqueología por este acto de responsabilidad y por contribuir a la protección de patrimonio histórico. 
    El Museo de Ponteareas abrirá de nuevo al público una vez finalizadas las obras de eficiencia energética del edificio de la Biblioteca-museo, y la reorganización de instalaciones para una visita más atractiva. Tambien se pondrn en marcha distintas iniciativas para acercar el mundo de la arqueología a los ponteareanos y vecinos en general, para promover el patrimonio histórico como parte de la identidad de un pueblo. 

ATLÁNTICO DIARIO

viernes, 13 de septiembre de 2019

viernes, 6 de septiembre de 2019