lunes, 22 de julio de 2019

Branco ou tinto? Viño ou aceite? Os lagares da antiga “Tabulela”, Taboexa (As Neves)


INTRODUCIÓN

Falar do Castro de Altamira, na parroquia de Taboexa (As Neves), o cal xa aparece no parrochiale suevo co nome de “Tabulela”, na diocese de Tui, e falar de covas e túneles, de mouras, do deus mercurio aparecido en forma de pequena estatua de bronce no lugar, de cerámica romana ben decorada, de petroglifos... É tan amplo o legado dese lugar protohistórico que agocha, que neste artigo simplemente falaremos dun dos seus enigmas que se plasma na rocha mai, seus curiosos lagares, os cales claramente semellan que foron utilizados para prensar algún tipo de froito. Neste artigo intentaremos saber por diferentes hipóteses de seu uso, así como intentar situalos no tempo, nun lugar cun amplo marco histórico.

Este emprazamento, se sitúa nas faldas do enigmático Monte San Mamede ou San Nomedio, o cal como xa temos escrito aquí, pola súa mitoloxía e folclore, a aparte de súa situación xeográfica e características, se relaciona co emblemático Monte Medulio.
Neses mesmos outeiros, nosos antepasados da Idade do Bronce (fai uns 4000/3000 anos) deixaron plasmados petroglifos, muitos aparecidos tras a vaga de lumes do 2017, a parte dun posible espazo no ritual (da fertilidade) no alto do monte do Mouro. Posteriormente, na idade do ferro, foi cando de seguro naceu o primeiro asentamento ou castro galaico no alto do Coto de Altamira, no cal tamén se poden ver petroglifos, que posiblemente pertenzan a etapa anterior.

Pero este poboado, tería seu grande esplendor en tempos posteriores a conquista romana, así o demostra súa grande riqueza en metalurxia e cerámica, que farían del un grande lugar comercial, pois recordar que o deus mercurio era protector dos camiños entre outras cousas, camiños e vías que deberían percorrer os antigos habitantes de “Tabulela” para levar súas mercadorías.
Sabemos que tras a caída de Roma e chegada dos Suevos, tivo que seguir desenrolando unha importante función, pois o aparecer no parrochiale Suevo entre as 17 parroquias que compuñan a diocese de Tui, isto nos mostra que de seguro puidera controlar os pasos e comercio na zona da Paradanta cara o Miño e Tea.

Posteriormente perdese parte da pista da parroquia durante o medievo, a poboación baixou dos coutos cara zonas máis fértiles, sufrindo o lugar unha forte cristianización, como mostra a propia capela de no propio castro abdicada a San Bartolomé, santo o cal tiña saneamentos cara o misticismo e máis alá, cousa que no lugar inda se nota vibrar coas súas lendas de túneles e mouros. 

OS LAGARES DE TABOEXA
Como expoñemos antes, o lugar conta cunha amplísima e rica historia, polo que aquí simplemente trataremos o posible orixe e función dos lagares.

Estes sitúanse nun alto entre o castro e o coto do Mouro, todo a moi pouca distanza entre si. Atópanse tallados sobre a propia pedra nai granítica, en forma case perfecta de lagar de prensa, os cales aproveitan un pequeno desnivel das pedras bases para rematar nos desaugues en dúas pías, unha para cada lagar.

A maior, que debe ter un diámetro de entorno 1,20 m, ten un desaugue maior, pero que remata nunha pía máis pequena cavada na mesma laxe. O outro lagar, de menor tamaño, entorno uns 90 cm, mostra claramente as marcas de cantería no interior, de como foi tallándose para rebaixar a pedra. Este remata nunha pía maior con máis caída, pero sobre outra laxe inferior pegada.
Cara o poñente, noutra pedra que se alza máis elevada e moi danada pola cantaría tradicional, podemos ver na súa superficie o que semellan un pequeno conxunto de petroglifos, onde se ve un ancho pero curto canle rematado nunha coviña, o que fai semellanza cun falo. Dirección o levante a poucos centímetros se pode ver outra coviña, así como a máis distanza, cara o poñente, de novo outra, ambas moi ben marcadas.

Descoñecemos se estes petroglifos son contemporáneos os lagares, ou posiblemente anteriores como os do seu entorno. Tamén súa función, inda que no lugar nos chega folclore e lendas de fertilidade sobre eses lagares, como ben nos informa e ten recollido o compañeiro Arístides Carrera, tendo súa lóxica pola forma de falo dos petroglifos descritos. Mesmo así, pensamos que tal vez eses ritos e folclore teñan máis que ver co inmediato e posible antigo santuario do Coto do Mouro, e chegaran a día de hoxe de forma deslocalizada. No futuro escribiremos sobre ese emprazamento. 
No lugar tamén se atopa tallada de forma muito máis tosca e posterior unha cruz, posiblemente coa función de cristianizar, pois non nos atopamos nunha zona de lindes.

QUE FUNCIÓN PUIDERON TER, VIÑO OU ACEITE?

Non é doado facer unha hipótese sobre súa función, pero comecemos co viño. O Val do Condado e do Tea, chega a día de hoxe nosa tradición vitícola, pois de sobra son coñecidos nosos viños do Condado.

Non se trata este dun caso illado, pois lagares rupestres destas características aparecen tamén noutros lugares da terra galega con tradición e riqueza en produción do viño, como en Monterrei ou no Ribeiro, vinculados o período romano. Isto o teñen ben investigado Luís Paadin e seu fillo Alejandro, os cales son autores do libro “Las Piedras que hacían vino”. Nas súas investigacións mencionan tamén posibles lagares en Valdeorras e na Ribeira Sacra, os cales algúns poden ir mesmo a Idade de Bronce.
Vendo estes estudos e hipóteses, como mencionabamos antes, coa nosa tradición vitícola no Condado, poderíase encaixar non só estes dous lagares de Taboexa, senón tamén o de Guillade (Ponteareas) no lugar da Encostada.

Este último, se atopa tamén nas cercanias dun castro, o Castromao, e a pouca distanza, tamén están os restos do mosteiro alto medieval de Santa Leocadea. Algúns cremos que Guillade pode vir de Villade, e dicir, que antes do mosteiro existise unha vila romana. Como vemos a situación e características son moi similares as de Taboaexa.
Largar da Encostada, Guillade

De ser de viño ambos lagares, súa función sería moi similar a forma tradicional de prensar, tradición que se perdería no pasado nas terras do Condado como noutras partes da Galiza.

Pola contra temos outra hipóteses forte, pois non é moi coñecido, pero tamén o Condado ten pasado reacionado coas oliveiras. E sabido que o sur das Rías Baixas, ate o tempo dos reis católicos que as mandaron cortar por comerciar con elas cos ingleses (inimigos dos reis católicos), florecían as oliveiras, tanto que inda existe o dito de que na cidade de Vigo, atopabase o maior bosque de oliveiras da península.
No que afecta as terras do Condado, recordar que temos recollido na Idade Media o toponimo da parroquia de Ulveira, a cal non sería pequena, pois despois dividiuse en catro parroquias.

Esas catro parroquias son San Lourenzo de Oliveira, Santiago de Oliveira, San Mateo de Oliveira e a desaparecida Santa Cruza de Oliveira, estando as tres primeiras no concello de Ponteareas e a última en Salvaterra de Miño. Estas terras de “Oliveira” atópanse moi preto das de Taboexa, e claramente seu nome deriva de ter abundancia de oliveiras, polo que tampouco sería de estrañar que tanto estes lagares como o de Guillade, puideran ter un uso para facer aceite, tan codiciado en tempos antigos como o viño.

Por último, tampouco se pode descartar que foran utilizados para o uso de macerar sidra, pero esta posibilidade semella ter menos peso, por ter menos tradición na zona que nos situamos, onde xa en tempos medievais bebíase viño de forma habitual, o contrario que no norte da terra galaica, que polo seu clima a propia igrexa elaboraba máis sidra.


POSIBLE CRONOLOXÍA

Non é doado con todo o exposto, e o amplo marco temporal do lugar situalos sequera nun período. Pola contra, no de Guillade, pese pensar que pertencería o mosteiro alto medieval de Santa Leocadea, os arqueólogos que fixeron a ficha de patrimonio, levaron a sorpresa que no interior do lagar había cerámica galaica, e dicir, do tempo do castro.

Tal vez os propios habitantes dos castros de Altamira e Castromao foran os autores dos lagares, tal vez e moi probable en tempos xa romanizados, e dicir baixo a influenza e control de Roma.

A outra hipótese, sumar un par de séculos e irnos os tempos suevos de Tabulela ou Santa Leocadea, cando menos entre os séculos VI e IX da nosa era, sendo desta vez explotados as ordes da igrexa cristián posiblemente. Estas son as dúas hipóteses que nos semellan persoalmente máis probables, sendo tan respectables e importantes unha como a outra. 

 Por último agradecer a colaboración e axuda nesta visita e estudo os compañeiros Arístides Carrera e Sebastián Merino, os cales a parte de veciños, comparten a mesma sensibilidade, gañas de coñecer e por en valor o noso patrimonio, grazas os dous. 



sábado, 13 de julio de 2019

Construíron o Castro de Troña sobre petroglifos?

OS PETROGLIFOS DE TROÑA

Troña para muitos non é un castro galaico calquera, Troña é un libro de historia de nosos ancestros que vai dende o século IV a.C o II d.C, polo que ten mostra de muitos estilos de construcións e a evolución arquitectónica no mundo dos castros galaicos. A parte das vivendas e murallas, Troña sacou a luz tamén un alxibe, unha posible ourivaría, muíños rotativos en grade cantidade, trísqueles labrados en pedra, e ate algunha posible estela...

Pero este xacemento da idade de Ferro agocha muito máis, é de coñecemento mediático o petroglifo da serpe, orientado o sol nacente nunha pedra perfectamente cortada e cun desaugue sobre ela, polo cal posiblemente poderían verter líquidos sobre dito petroglifo con forma serpentiforme de forma ritual.
Logo temos outras posibles dúas serpes entrelazadas, pero de máis pequeno tamaño na parte baixa suroeste do poboado, pero desta xa falaremos nun intre.

Estes petroglifos serpentiformes, que semellan un importante culto con relación os ofidios (serpes), todo sinala por ter a mesma orientación, formato e corte de pedra, que son contemporáneos cando menos do tempo intermedio de ocupación do xacemento, e dicir entre o II a.C e I d.C. Pero agora se vos contamos, que baixo o poboado poido existir unha grande estación de petroglifos anteriores, da época do bronce ou da arte rupestre galega.

Comezaremos cunha pedra non lonxe da serpe, que todo parece indicar que ten un grande morteiro ou pía cavado nela, pero xusto na mesma, xuntada co morteiro se ve como unha pequena canle de desaugue, muito menos cavada, con cando menos dúas pequenas coviñas a  cada lado da canle. A primeira vista pode parecer fácil a interpretación, que o morteiro tivera algún tipo de trebello apoiado na pedra, pero visitando o lugar co grande arqueólogo e amigo José Manuel Hidalgo Cuñarro, que escavou Troña na década dos 80, da unha nova visión a meus estudos persoais do lugar, posto que todo o que se ve nesa zona, son os cimentos das vivendas, e dicir, a superficie desa pedra no tempo do castro estaba a ras da terra. Todo muda con esta visión, é o que se atopou José Manuel cando escavou, as vivendas teñen metro e medio de cimentos, polo que era moi diferente o que vemos hoxe. Estando ese morteiro a nivel da superficie, é posible que esa canle e coviñas foran anteriores o castro, e posteriormente cavada a pedra para facer ese morteiro sobre o que puidera haber. 
Pero se isto último non semella claro, imos por outro exemplo millor, pois sen saír desa zona este da acrópole, noutra vivenda que esta a metade cavada, aparece na pedra nai nos cimentos desta, outro petroglifo con forma circular e liñas, cunha grande coviña central, algo similar a un petroglifo solar, segundo Hidalgo Cuñarro. Pero o máis incrible e que no tempo que construíron esa vivenda, o fixeron por enriba del, e dicir, a vivenda tiña debaixo dela unha pedra con petroglifos de tempo anteriores. Tampouco semella que fora algo tipo ritual, pois taparon o petroglifo un pouco de calquera maneira co solo da vivenda. A día de hoxe só se conserva deste petroglifo a coviña central, e moi deteriorada. Tamén se pode ver nesa pedra 2 coviñas moi gastadas dispersadas pola pedra. Na imaxe, se ve unha foto de fai anos, onde inda se miraba a perfección o petroglifo, e abaixo seu estado actual, onde se pode ver que practicamente desapareceu.
Saíndo agora da zona da acrópole, imos o lado oeste, onde nunha pedra de tamaño medio, Diego Cópena atopou tres coviñas ben marcadas e con bo tamaño. Estas tres, para o que ben sendo o castro, non significan nada, posto que se atopan nunha zona valeira e que non dan hipotese a facer ningunha función, polo que cremos que son do tempo dos petroglifos, do bronce, é posiblemente de carácter ritualístico o estar orientadas o oeste, e dicir, a posta de sol.

AS SERPES ENTRELAZADAS

Este curioso petroglifo semellan dúas serpes entrelazadas, e estivo desaparecido dende que o atopara nunha pequena intervención Xoaquín Lorenzo (Xocas) nos anos 50, e publicado por Cuevillas na mesma década, voltando aparecer fai uns meses.

As características son similares a da acrópole, unha pedra cortada orientada o sol nacente cos ofidios rematados en coviñas, polo que se debería tratar do mesmo tipo de culto. Atopase no que pode semellar unha antiga rúa do castro, pero é curioso, e que posiblemente en tempo posterior, os habitantes de Troña construirán sobre el unha vivenda de pequeno tamaño circular, que pode ser un alpendre, restando importanza a este.

A dereita deste, nunha pedra a ras do chan de pequeno tamaño, se pode ver o que poden ser de novo coviñas pero moi deterioradas, seguindo o mesmo patrón das anteriores mencionadas.

 CONCLUSIÓNS

Segundo o exposto, pode ter muita cavida que cando menos, Troña fora construída sobre un lugar onde anteriormente existían petroglifos, os cales os habitantes do poboado no seu tempo, non deron importanza e construíron sobre eles.
Despois, tallaron seus propios petroglifos como as citadas serpes, que semellan ter un significado de culto e ritual. Todo isto aumenta a sensibilidade que puído ter o ser humán con este emprazamente o longo dos séculos, pasando polo seu rico folclore de lendas pagáns ate a tradición cristián actual.

Para a construcción do poboado, usaron e cortaron con cantaría as propias pedras do outeiro onde se asenta, polo que a maior parte destes posibles petroglifos do bronce, desaparecían, quedando só algúns de forma dispersa e moi danados.

Estes petroglifos, onde abundan as coviñas, teñen semellanza coa da veciña Picaraña, simples, moi desgastados e alterados, o que pode falar da súa antigüidade dentro da arte rupestre galega.
Petroglifos da Picaraña

Por último dar as grazas a José Manuel Hidalgo Cuñarro e Diego Copena, polas súas aportacións para realizar este pequeno estudo hipotético en Troña. Nos vemos en futuros traballos.
 

martes, 9 de julio de 2019

MONTAÑAS GALAICAS, SUBIDA A PENA RUBIA (1822 m), O PEQUENO CERVINO GALEGO.


Desta vez fago o ascenso a un cumio moi simbólico na montaña galega, no último grande cumio da parte sur da Serra dos Ancares, o Pena Rubia. Seu abrupto cumio, se levanta de forma imperante sobre a serra cos seus 1822 metros, dando unha imaxe, iso si, en muito menor tamaño, que a muitos nos recorda o emblemático monte Cervino, nos Alpes.

Non e a primeira vez que volto o lugar, xa antes no inverno o intentara subir dúas veces só, pero ambas por diferentes factores (neve moi branda, néboas cerradas, sendeiros cerrados, falta de orientación a cumio...) tivera que deixalo. Desta vez, xa en verán, o volto a intentar pola mesma ruta elexida no inverno, dende a aldea de Deva, pasando polo refuxio de Brego e Golada de Valongo, unha ruta un pouco máis longa que a habitual empregada para este cumio, que anda nos 14 km, mentres que esta variante, anda nos 16 km.

As 10 da mañá arranco da pequena aldea de Deva, a terceira vez neste ano, polo que xa me é ben coñecida. Antes de coller o camiño o fondo desta, há unha cancela para o gando, a cal se pode abrir, pero recordar cerrala despois.

O camiño e amplo e cómodo, comeza a subir moderadamente cara a Campa de Brego sobre as fragas val do río homónimo. O outro lado do val, o alto podemos observar xa o cumio do Pena Rubía, con forma de corno monolítico, reinando sobre os montes do redor. No inverno polas néboas, non puidera ver esta estampa.
Despois duns 40 minutos no camiño, comezo a ver o fondo a verde Campa de Brego e seu refuxio, rodeade de altas montañas secundarias, impoñendose o Tres Bispos (1792 m). No lugar me atopo cun burro con montura, e gando vacún pastando, e o pouco aparece un veciño de Deva, Segundo de Deva. Temos unha pequena conversa moi amable e enriquecedora sobre o lugar, o cal borda de auga e verdor, que riqueza. Deixo atrás a Segundo e o val de Brego, e me introduzo nunha fraga pola cal se sube a Golada ou Collado de Valongo.

Fai un día soleado, a medida que collo altura comeza a soprar un vento fresco moi levadeiro, o que non me gosta son as nubes que comezan a vir dende o nordeste, pois neste día había ameaza de tormenta pola tarde.

Chego a Golada de Valongo,a 1609 metros, tras unha subida que se leva moi ben. Aquí se abre a paisaxe e xa se poden ver o outro lado, tras unha valla para o gando, os verdes vales do Bierzo. Dende este punto, tamén se ve grande parte dos cumios maiores dos Ancares, o primeiro e inminente, o Tres Bispos, como así o lonxe, outras serras do noroeste como os Aquilanos, A Lastra, O Teleno e mesmo Trevinca, e o norte, os primeiros cumios da Cordilleira Cantábrica máis occidental.

Agora toca subir o próximo Alto das Becerreiras (1699 m), no cal a paisaxe inda se abre máis sobre un chan de pastizal verde, onde pasta outro rabaño de vacas en altura. Dende este punto, temos unha primeira grande panorámica do Pena Rubía e seu pequeno macizo, así como case da totalidade da propia Serra dos Ancares. Tras o Pena Rubia, tamén comeza a verse as formas da fermosa Serra do Courel, así como o oeste o fin das verdes montañas e vales, o val do Miño e a chaira de Lugo.

Tal vez este tramos que me espera, sexa o máis complexo, non por dificultade técnica, senón porque practicamente non há sendeiro, pero aproveitando a boa visibilidade para orientarse, e que a vexetación, de carrascos na maioría, se atopa baixa (tamén inflúe que nesta época o gando esta na alta montaña), descendemos o Golada de Cardiadelos sen muitos problemas.

Aquí é onde se une este roteiro co que soe ser máis habitual, que sube directo dende a Campa de Brego, pero vendo o estado da ruta, acho ultimamente tampouco suben muitos montañeiros. Agora toca subir a última montaña antes da propia Pena Rubia, Penas de Verdía (1762 m), a cal no seu camiño antes ascendemos outros altos menores. Neste punto, fora onde dera a volta a última vez no inverno, posto que o sendeiro desaparecía por completo pola alta vexetación que chega a cintura, desta vez a situación é similar, pero o día despexado e boa visibilidade da propia Pena Rubia na fronte, a situación muda.

No alto das Penas de Vendía, temos tal vez as mellores vistas sobre a Serra dos Ancares desa zona, dende onde tamén vemos máis abaixo, cun chan moi verde pero seco, a Lagoa de Forrón. Comezan a aparecer algúns fitos para marcar o bo camiño, eu mesmo monto algún máis para orientarse, pois neste tramo a vexetación faise máis prado con pedregais, máis o estilo da Cordilleira Cantabria. Ate se queres como alternativa, se poden ir trepando de forma sinxela algúns riscos por fora do carreiro. Na pequena baixada antes de chegar a elevación de Pena Rubia, o este temos unha fermosa panorámica sobre o val berciano de Teixeira.
Neste momento teño ante min o pedregoso e impoñente cumio da Pena Rubia, o este, unha profunda caída libre duns 600 metros case inaccesible, polo que o camiño o alto faise virando a cara oeste, onde temos dúas opcións. A máis doada, seguir virando o oeste por onde se accede o cumio por un forte desnivel pero sen complicación, ou seguir a cresta de pedra sobre o vacío, máis exposta. Eu con espírito aventureiro collo esta última cunha subida máis alpina, non e difícil, pero compre ter muita precaución.
O fin de dita cresta, no seu punto máis alto, chegase o cumio da Pena Rubia, a 1822 metros, cumio moi pequeno sen punto xeodésico. Non se pode describir a ledicia e felicidade dun cando chega a un cumio, despois dun duro esforzo deportivo e adversidades que poden surxir na marcha, pero a sensación se contaxia coa beleza do entorno. Como se de unha advertencia para espertar e voltar a realidade do lugar inhóspito e salvaxe que nos atopamos, há unha placa de lembranza a un montañeiro caído neste monte, DEP.


Cunha ampla panorámica, vexo o lonxe, sobre un risco, cinco rebecos que me observan, mágoa non levar a cámara de vídeo comigo. Aquí vos deixo as fotos do cumio, para que vexades o esplendor de dita montaña.
Agora toca xantar e logo descender polo mesmo camiño, seguen entrando nubes dende o nordeste pero semella que non haberá tormenta, o día segue sendo caloroso pero con esa brisa tan agradable da montaña, polo que aproveitarei para desfrutar de vagar da paisaxe e entorno no descenso.

Chegado de novo a aldea de Deva, volto topar con Segundo, e temos outra pequena conversa, coa cal remata esta aventura. Que todos os días nos montes poidan ser como este, nos vemos nas montañas e nos sendeiros!