Mostrando entradas con la etiqueta Noite dos Tempos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Noite dos Tempos. Mostrar todas las entradas

domingo, 17 de noviembre de 2019

VI Magusto Celta de Pitôes das Júnias

Así foi o concorrido VI Magusto Celta de Pitôes das Júnias. Dende aquí agradecer fortemente e de corazón a participación da durbeda Suria (Paula Bas), Aíne (Silvia Sancho), Katuro Barbosa, Guillermo Baños e os amigos de Desperta de teu sono, a Lúcia Araujo e a Junta de Freguesia de Pitôes, os Gaiteiros de Lobeira, e tamén os muitos fotógrafos como Rui  Barbosa, Mercedes Vázquez e Manuel Cunha. En xeral a tod@s os asistentes que participásedes nesta noite máxica de fin do ciclo invernal!

BAUTISMO CELTA GALAICO

QUEIMA DO SOL E FIN DO VERÁN

RITUAL PROTECTOR DA ADUSSBERTA

TROULA!

jueves, 15 de noviembre de 2018

V Magusto Celta de Pitôes das Júnias, resumo

V Magusto Celta de Pitôes das Júnias, onde actuei como Kadroloico Meigo do Tea entre outros. Realizaronse 94 bautizos celtas, pregón e musica amenizada polos Gaiteiros de Lobeira, a queima do Sol e ritual protector da Addusberta coa queimada, sendo un dos magustos populares máis tradicionais e millor conservados, agradecer e por en valor o grande traballo dos organizadores e colaboradores, en especial a Katuro Barbosa, Lucía Jorge, Ro Palomera e Tania Bouzas.

martes, 16 de octubre de 2018

martes, 21 de agosto de 2018

Actuación Meigo do Tea na Festa do Ouro de Margaride de Lor, incrible!

Un ano máis, ben sendo un pracer e orgullo facer parte da Festa do Ouro, na pequena aldea de Margaride de Lor (Quiroga). Entre amigos e amigas, o trato e hospitalidade e difícil de expresar por aquí, pero se pode dicir case que actuamos na casa.

Este ano, xunto a Tania, o durbede Xavier o Kallaico, o gaiteiro Eloi das Freirias, o guerreiro do clan do Lor, Macía e case que a aldeia enteira e outros amigos, realizamos nada menos que un bauticeiro, o do pequeno Mateo, outro colectivo no novo clan dos Pallots, e cinco vodas con seu ritual e procesión a Poza Sagrada.

A parte, para rematar estreamos novo ritual da Adusberta protectora, desta vez o “das tres forzas”, implorando e facendo ofrenda a Auga, Lume e o Ar dos antigos deuses, rematando co conxuro tradicional.

En festividades así, e moi doado actuar, así que por todo e un ano máis, GRAZAS MARGARIDE! VIVA A FESTA DO OURO!












viernes, 29 de junio de 2018

Ancestral e máxico Solsticio e San Xoán no Castrolandín, Cuntis

O solticio de verán, conmemorado pola humanidade dende o inicio dos tempos, onde o pai Sol esta no seu punto máis alto, e da pe a noite máis curta do ano. Era o símbolo da chegada do bo tempo e verán, da fartura, dos días longos e do comercio e guerra.

Moi celebrado na nosa Terra dende os tempos remotos, sempre tivo os ritos desta celebración un toque ancestral e noso, que se perde nos tempos, que sorprende e namora os visitantes de fora.
Muita tradición inda garda esta noite meiga, a fogueira e fachos as 12 da noite a cal há que saltar tres veces para espantar o “meigallo” e demos do inverno das frías noites, saltar sete veces as ondas da mar, augurio dun mar máis calmo e abundante, coller as coñecidas e florecidas herbas do San Xoán, que tan boas son para o home e a muller, cear as famosas sardiñas... e até as veces segundo a zona, saír os mozos a roubar carros ou portais das “rapazas solteiras” da parroquia, para logo deixalos o mencer na porta da igrexa, parecendo todo un rito de iniciación na mocidade ante súa comunidade...

Co tempo e o “novo mundo cosmopolita”, parte deste legado antigo, foise perdendo ou transformando, muitos deles en macro-festas en praias, pero inda non fai muitas décadas, o lugar onde se celebraba o solsticio ou san Xoán, seguían sendo os mesmos de fai máis de 2000 anos, como en certos castros por todo o pais, como o monte da Peneda (Redondela-Soutomaior) e súa festividade dos maios.

Neste San Xoán ou solsticio do 2018, na noite do 23 de xuño, grazas a Eloi dos Freiría e a Maika, eu e Tania coñecemos unha desas festividades que che fan viaxar no tempo, pero a tempo real, pois non é ningunha recreación histórica, simplemente e unha comunidade que grazas o colectivo Terra Termarum, recuperou súa festividade do pasado e volta a celebrala como a recordan, o que ben sendo un auténtico eslavón galaico no tempo, onde por suposto, o lugar sigue sendo o lugar orixinal, o castro de Castrolandín, no concello de Cuntis.
Recordade que nun antigo castro galaico fai máis de 2000 anos, esta sería unha das súas festividades máis importantes seu calendario, o que tamén celebrarían con lume, banquete, ritos de valentía e danzas. E iso e o que se ve na actualidade en Castrolandín, tal vez os festeiros mudaron de vestimenta e aparenza, pero o sentimento e o mesmo.
Non faltan as sardiñas, os bolos preñados de chourizo, o viño e a cervexa, pero todo de forma tranquila e moderada, en un ambente moi familiar, onde de fondo soan músicas tradicionais da terra e danzas celtas.

Pero o que máis nos sorprendeu nesta festa-ritual, foi o rito das setas piñas, que foi o maior punto de trance histórico da noite. O redor do circular parapeto do castro, están espetadas pequenas ramas de piñeiro en circulo, cada unha con sete piñas (recordade o simbolismo dos números tres e sete no mundo céltico) as cales cada persoa do rito colectivo, cunha antorcha prendida na grande fogueira principal, ten que plantar lume nunha piña para ter un bo augurio e espantar seu meigallo, un auténtico espectáculo, poder ver case centros de antorchas prendidas o redor da fogueira central.
Despois deste viaxe no tempo entre lume e persoas, pouco a pouco a festa foi tranquilizándose e un par de horas despois, entre o son de algunha gaita, pouco a pouco amigos e familia de forma moi tranquila, abandona o lugar.
Tamén nomear o grande traballo da organización, posto que a zona arqueolóxica a tiñan con balizas, as cales retiraron o final da festa, o cal quedou sen un só anaco de lixo, posto que o pouco que quedaba, a propia organización a limpou.

Para os amantes destas festividades de forma ancestral, da tranquilidade e o sentir da Terra, vos recomendo este solsticio no Castrolandín, o cal debe ser un espectáculo tamén velo dende a distanza co anel de lume. Saudar dende aquí a Eloi dos Freirías e Maika, e dar as grazas por darnos a coñecer esta xoia da nosa cultura e folclore. 

lunes, 28 de agosto de 2017

Fotos actuacións en agosto, que prosiga a maxía por esta terra!

Algunhas fotos deste mes de agosto nas festas da Prehistoria en Mos, e a do Ouro en Margaride de Lor, Quiroga. Unha mágoa non contar co fotos da actuación na Feira Castrexa de Fornelos de Montes así como algunhas máis menores.

Dende o Meigo do Tea (Jhonathan Zúñiga e Tania Bouzas) agradecer a amig@s e compañerir@s por contar con nos e poder compartir e participar nestas incribles festividades e evento, foi un pracer e orgullo facer de chaman, durbede ou meigo xunto vosa. Unha aperta grande a cariñosa a tod@s e que os deuses vos garden!

(Pronto subiremos vídeos!)