Mostrando entradas con la etiqueta Senderismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Senderismo. Mostrar todas las entradas

domingo, 17 de noviembre de 2019

Andaina 4º xuntanza entre Mós e Ponteareas na Serra do Galleiro

Por cuarto ano consecutivo, veciños de Mós e Ponteareas nos xuntamos de novo na nosa Terra en común, a Serra do Galleiro.

En irmandade visitamos xuntos o noso punto de unión que nos xuntou a primeira vez, a mámoa do Salgueirón. Tamén as novas escavacións no Castelo de Mós, o foxo do lobo que se atopa moi pretiño da fortificación, as Varandas e o  ascenso o cumio do monte Castelo.

martes, 9 de julio de 2019

MONTAÑAS GALAICAS, SUBIDA A PENA RUBIA (1822 m), O PEQUENO CERVINO GALEGO.


Desta vez fago o ascenso a un cumio moi simbólico na montaña galega, no último grande cumio da parte sur da Serra dos Ancares, o Pena Rubia. Seu abrupto cumio, se levanta de forma imperante sobre a serra cos seus 1822 metros, dando unha imaxe, iso si, en muito menor tamaño, que a muitos nos recorda o emblemático monte Cervino, nos Alpes.

Non e a primeira vez que volto o lugar, xa antes no inverno o intentara subir dúas veces só, pero ambas por diferentes factores (neve moi branda, néboas cerradas, sendeiros cerrados, falta de orientación a cumio...) tivera que deixalo. Desta vez, xa en verán, o volto a intentar pola mesma ruta elexida no inverno, dende a aldea de Deva, pasando polo refuxio de Brego e Golada de Valongo, unha ruta un pouco máis longa que a habitual empregada para este cumio, que anda nos 14 km, mentres que esta variante, anda nos 16 km.

As 10 da mañá arranco da pequena aldea de Deva, a terceira vez neste ano, polo que xa me é ben coñecida. Antes de coller o camiño o fondo desta, há unha cancela para o gando, a cal se pode abrir, pero recordar cerrala despois.

O camiño e amplo e cómodo, comeza a subir moderadamente cara a Campa de Brego sobre as fragas val do río homónimo. O outro lado do val, o alto podemos observar xa o cumio do Pena Rubía, con forma de corno monolítico, reinando sobre os montes do redor. No inverno polas néboas, non puidera ver esta estampa.
Despois duns 40 minutos no camiño, comezo a ver o fondo a verde Campa de Brego e seu refuxio, rodeade de altas montañas secundarias, impoñendose o Tres Bispos (1792 m). No lugar me atopo cun burro con montura, e gando vacún pastando, e o pouco aparece un veciño de Deva, Segundo de Deva. Temos unha pequena conversa moi amable e enriquecedora sobre o lugar, o cal borda de auga e verdor, que riqueza. Deixo atrás a Segundo e o val de Brego, e me introduzo nunha fraga pola cal se sube a Golada ou Collado de Valongo.

Fai un día soleado, a medida que collo altura comeza a soprar un vento fresco moi levadeiro, o que non me gosta son as nubes que comezan a vir dende o nordeste, pois neste día había ameaza de tormenta pola tarde.

Chego a Golada de Valongo,a 1609 metros, tras unha subida que se leva moi ben. Aquí se abre a paisaxe e xa se poden ver o outro lado, tras unha valla para o gando, os verdes vales do Bierzo. Dende este punto, tamén se ve grande parte dos cumios maiores dos Ancares, o primeiro e inminente, o Tres Bispos, como así o lonxe, outras serras do noroeste como os Aquilanos, A Lastra, O Teleno e mesmo Trevinca, e o norte, os primeiros cumios da Cordilleira Cantábrica máis occidental.

Agora toca subir o próximo Alto das Becerreiras (1699 m), no cal a paisaxe inda se abre máis sobre un chan de pastizal verde, onde pasta outro rabaño de vacas en altura. Dende este punto, temos unha primeira grande panorámica do Pena Rubía e seu pequeno macizo, así como case da totalidade da propia Serra dos Ancares. Tras o Pena Rubia, tamén comeza a verse as formas da fermosa Serra do Courel, así como o oeste o fin das verdes montañas e vales, o val do Miño e a chaira de Lugo.

Tal vez este tramos que me espera, sexa o máis complexo, non por dificultade técnica, senón porque practicamente non há sendeiro, pero aproveitando a boa visibilidade para orientarse, e que a vexetación, de carrascos na maioría, se atopa baixa (tamén inflúe que nesta época o gando esta na alta montaña), descendemos o Golada de Cardiadelos sen muitos problemas.

Aquí é onde se une este roteiro co que soe ser máis habitual, que sube directo dende a Campa de Brego, pero vendo o estado da ruta, acho ultimamente tampouco suben muitos montañeiros. Agora toca subir a última montaña antes da propia Pena Rubia, Penas de Verdía (1762 m), a cal no seu camiño antes ascendemos outros altos menores. Neste punto, fora onde dera a volta a última vez no inverno, posto que o sendeiro desaparecía por completo pola alta vexetación que chega a cintura, desta vez a situación é similar, pero o día despexado e boa visibilidade da propia Pena Rubia na fronte, a situación muda.

No alto das Penas de Vendía, temos tal vez as mellores vistas sobre a Serra dos Ancares desa zona, dende onde tamén vemos máis abaixo, cun chan moi verde pero seco, a Lagoa de Forrón. Comezan a aparecer algúns fitos para marcar o bo camiño, eu mesmo monto algún máis para orientarse, pois neste tramo a vexetación faise máis prado con pedregais, máis o estilo da Cordilleira Cantabria. Ate se queres como alternativa, se poden ir trepando de forma sinxela algúns riscos por fora do carreiro. Na pequena baixada antes de chegar a elevación de Pena Rubia, o este temos unha fermosa panorámica sobre o val berciano de Teixeira.
Neste momento teño ante min o pedregoso e impoñente cumio da Pena Rubia, o este, unha profunda caída libre duns 600 metros case inaccesible, polo que o camiño o alto faise virando a cara oeste, onde temos dúas opcións. A máis doada, seguir virando o oeste por onde se accede o cumio por un forte desnivel pero sen complicación, ou seguir a cresta de pedra sobre o vacío, máis exposta. Eu con espírito aventureiro collo esta última cunha subida máis alpina, non e difícil, pero compre ter muita precaución.
O fin de dita cresta, no seu punto máis alto, chegase o cumio da Pena Rubia, a 1822 metros, cumio moi pequeno sen punto xeodésico. Non se pode describir a ledicia e felicidade dun cando chega a un cumio, despois dun duro esforzo deportivo e adversidades que poden surxir na marcha, pero a sensación se contaxia coa beleza do entorno. Como se de unha advertencia para espertar e voltar a realidade do lugar inhóspito e salvaxe que nos atopamos, há unha placa de lembranza a un montañeiro caído neste monte, DEP.


Cunha ampla panorámica, vexo o lonxe, sobre un risco, cinco rebecos que me observan, mágoa non levar a cámara de vídeo comigo. Aquí vos deixo as fotos do cumio, para que vexades o esplendor de dita montaña.
Agora toca xantar e logo descender polo mesmo camiño, seguen entrando nubes dende o nordeste pero semella que non haberá tormenta, o día segue sendo caloroso pero con esa brisa tan agradable da montaña, polo que aproveitarei para desfrutar de vagar da paisaxe e entorno no descenso.

Chegado de novo a aldea de Deva, volto topar con Segundo, e temos outra pequena conversa, coa cal remata esta aventura. Que todos os días nos montes poidan ser como este, nos vemos nas montañas e nos sendeiros!

jueves, 16 de mayo de 2019

Ruta da Costa do Vicedo e Illa Coelleira (PR-G 156)

Nos achegamos as terras máis setentrionais da Península Ibérica, moi preto do cabo de Estaca de Bares. Nos atopamos en terras da mariña lucense, onde realizamos a ruta da Costa do Vicedo e Illa Coelleira, un fermoso roteiro que sería de dez, sen ser por varias detalles que contaremos o final.

Este sendeiro arranca do mesmo porto da vila do Vicedo, e nos levara pola ribeira da costa ate a praia de Area Longa ou San Román percorrendo uns 13 km, pasando polo miradoiro de Illa Coelleira e paisaxes moi exóticos, dende as praias chamadas do “Caribe galego” a outras que contrastan, pois ter máis similitude con terras de Irlanda.
Arrancamos do porto do Vicedo e o pouco pasamos polas fermosísimas praias do chamado “Caribe Galego”, onde destaca a pequena Praia do Caolín, con claras augas e translucidas coa area, na fronte vemos a península de Estaca de Bares e o cabo, punto máis setentrional da Iberia. Case os pes da praia, tamén se poden observar as ruínas dunha antiga fabrica de salazón.

Seguimos camiñando nos primeiros quilómetros, sempre tendo a costa moi preto bordeando o Monte da Atalaia, onde temos unha das poucas subidas algo longas, o camiño é sempre unha ancha pista de terra. Pese estar case en liña de costa, a mar case non se ve pola cantidade de montes de eucaliptos, que chegan mesmo a beira dos acantilados, de vez en cando se ve algún “oasis” entre a masa forestal, onde vemos incribles paisaxes.
Seguimos camiñando nos primeiros quilómetros, sempre tendo a costa moi preto bordeando o Monte da Atalaia, onde temos unha das poucas subidas algo longas. Pese estar case en liña de costa, a mar case non se ve pola cantidade de montes de eucaliptos, que chegan mesmo a beira dos acantilados, de vez en cando se ve algún “oasis” entre a masa forestal, onde vemos incribles paisaxes.

O pouco chegamos a outra bela praia, a de Xilloi, a cal ten un paseo onde temos unha fonte, importante para esta camiñada en verán, pois é a única en ruta. Deixamos atrás esta praia e nos voltamos a somerxer nos montes de eucaliptos, pero pouco a pouco nos pegamos máis a liña de costa, de maneira que comezamos a ver o lonxe a impoñente Illa Coelleira.
Este tramo ate a Illa, a parte do valor paisaxístico, e moi importante pola riqueza da súa fauna voadora, e morada e ruta de paso de muitas especies de aves, as cales algunhas se deixan ver. A parte das gaivotas e pequenos paxaros, puidemos ver un pagalo parasito, ave escura mariña de grande tamaño.

Entretidos por ver aves, chagamos o miradoiro de Illa Coelleira, onde podemos vela nun día tan aberto e despexado con todo seu esplendor. Esta illa ten unha rica historia, tivo un mosteiro medieval que fora atacado polos normandos (vikingos), logo este chegou a estar mandado pola Orden Templaria, posiblemente para vixiar a importante ruta marítima e portos da zona, e quen sabe, ate tal vez para algo máis. Xa no pasado máis recente, se construíu o faro e ate segundo veciños da zona, aproveitando que a illa ten auga doce en abundanza, se plantaban cae na súa totalidade patacas e trigo.

Neste miradoiro, nos atopamos un pouco máis adiante na metade do camiño de ida, polo que é un bo punto para tomar un descanso e relaxarse, beber e comer algo desfrutando da paisaxe e súas aves mariñas.
Retomamos marcha cara San Román, para meternos noutra fraga de eucaliptos, agora temos por diante un tramo máis poboado, onde por zonas camiñas por estradas pouco transitadas e aldeas, tal vez a parte máis monótona da ruta.

Pasando o miradoiro da abrupta e acantilada praia de Tixoso, a cal ten unha vertixinosa visión dende arriba, chegamos as aldeas de Moreiras e Vilela. Ollo aquí a ruta esta moi mal sinalizada e algúns pasos cerrados, polo que aconsellamos seguir pola pequena estrada contigua a estrada comarcal C-642.

Pasado a zona de casas, cruzamos a estrada comarcal en entrados de novo nun camiño de terra que xa nos levara en nun quilometro a Praia de Area Longa ou San Román. 
Ante nos temos a última grande e xeitosa paisaxe da ruta, pois a praia de San Román semella sacado dun conto ou película paradisíaca. Abrupta e suave a vez, insólita e transitada o mesmo tempo, con esta fermosa paisaxe de fondo, despois de 13 quilómetros, decidimos xantar un menú sendeirista/montañeiro, destes que cortas sobre o pan coa navalla o rico embutido e queixo, non há deuses que o paguen.


Agora toca a volta de novo andando, a ruta e doada pero se a fas desta maneira, son aproximadamente un 25 km, polo que é importante ter unha forma media para realizala con tranquilidade sen contratempos, pois o fin se queres desfrutala e vivila, son unhas 7 horas.
Dicir, que esta ruta é de 10, pero por mor da cantidade de quilómetros metidos en montes de eucaliptos, que tapan toda paisaxe, a parte que muitos tramos, polo paso de maquinaria para as talas forestais atópanse en mal estado, lamentos e desfeitos, unha mágoa pois o lugar o vale todo, mesmo así quen vai, queda abraiado pola beleza.

Tipo de ruta: Lineal

Lonxitude: 13 km (ida e volta uns 25 km)

Dificultade: Media (pola distanza)

Valoración: Paisaxística e natural.

Puntuación: 8,5 (inda que a 
ruta sería de 10, ler arriba)