martes, 25 de agosto de 2020

A Batalla de Portela de Areas, ano 983, Vermudo de Galicia contra Ramiro de León.

 Nos atopamos nun período moi inestable politicamente e con muitos levantamentos por parte da nobreza, o cal temos que engadir o auxe do poder militar do Califato de Córdoba coa chegada o poder de Almanzor.

PRECEDENTES

Como adiantamos, estamos nun tempo difícil con poucos datos, polo que vou resumir as causas que derivaron neste conflito entre a nobreza galaica coa leonesa e castelá, no cal se enfrontaron dous monarcas co mesmo propósito.

Ramiro III

Era o rei por eses tempos de antes da batalla, era fillo de Sancho I o Craso que o mesmo tempo fora coroado rei tras a morte de seu irmá, Ordoño III. Como curiosidade dicir que Sancho I o Craso morrera envelenado no ano 966 no mosteiro de Castrelo de Miño, segundo a crónica Sampiro polo rebelde Gonzalo Menéndez, un membro alta nobreza galaica e conde da Portucalense, que tamén será coprotagonista nesta historia.

Entre a década do 970 e 980 sufriu as aceifas esnaquízantes de Almanzor, que arrasou cidades como Zamora ou Sepúlveda, a parte de incursións normandas (vikingas) nas costas galegas. Pero o seu punto de inflexión foi a grande derrota na batalla Roda ou Roa (posiblemente no sur de Burgos) no ano 981, onde xunto o conde de Castela, García Fernandez, e o rei de Pamplona, Sancho Garcés II, foron esnaquizados por o primeiro ministro do Califato de Cordoba, Almanzor, o azote de Deus.

Tal vez esta foi simplemente unha escusa, ou a gota que colmaba un vaso cheo de problemas que viñan do pasado, para que a alta nobreza galaica apoiada polo clero, con Gonzalo Menéndez a cabeza, se revelase contra Ramiro e nomearan rei en Compostela, a seu primo irmá Vermudo II, coa premisa de que o Ramiro era incapaz de defender o reino ante ameazas externas e pagáns, como os andalusís e normandos.

 

Vermudo II

Naceu cara o ano 953 (polo que era maior que seu primo Ramiro), era fillo do rei Ordoño III e Aragonta ou Guntroda, filla do conde galaico Paio González. Criouse e educouse en Santiago de Compostela, seu primeiro matrimonio foi con Velasquita, a cal se cree que era sobriña de Gonzalo Menéndez, polo que se observa seus lazos naturais coa terra galaica e súa alta aristocracia.
Foi alcumado o Gotoso, pois tiña o mal da gota.

 
Tras a sublevación contra Ramiro promovida por Menéndez, foi nomeado rei de Galicia o 15 de outubro do ano 982 en Santiago, apoiado e arroupado pola nobreza e clero local. Nos primeiros momentos da rebelión, esperando a resposta de Ramiro, se cree que residiu no sur galego e Portucalense (norte de Portugal), preto de súa man dereita e forte protector, Gonzalo Menéndez.

A BATALLA DE PORTELA DE AREAS

Desta batalla librada a comezos do ano 983 (non se sabe exactamente a época do ano), existen dúas versións sobre súa localización, as cales despois veremos.

 

Segundo as crónicas de Sampiro e Iriense, Ramiro xuntou unha forte hoste en León (seguro que con axuda de tropas de Castela), e foi para Galiza sobre do Vermudo. Pola contra, e Vermudo cando isto oíu, xuntou seu poder de aqueles poderosos da Galiza que o alzaran contra o rei, e foi contra el.

E se toparon e libraron batalla nun lugar que se di Portela d´Arenas, máis non venceron nin un nin outro, máis morreron muitos dunha parte e outra, e partironse así. E durou a guerra entre eles ben dous anos, facendose muito mal uns a outros.

Isto é o que nos contan as crónicas de forma resumida da batalla, onde semella que as forzas estaban moi niveladas, e tanto que na luita campal non tivo gañador nese día, pero si muitos mortos,quedando finalmente en tablas. 

 
Posiblemente, ante a ameaza xeral de ambos por parte de Almanzor o sur, fixo que tampouco arriscasen muito. Logo se di que Ramiro volta para León, e pola contra Vermudo as terras do sur galaico xunto a Menéndez, o castelo do Sobroso (Vilasobroso) en concreto, o que ben sendo tamén a primeira mención e máis antiga a esta fortaleza. 

Pero se buscamos gañadores máis ala da batalla, persoalmente acho que este seria Vermudo, pois conseguiu frear unha invasión a seu novo reino, reivindicando así súa soberanía e poder sobre o mesmo.

Agora pasaremos a analizar a posible ubicación desta batalla.

 

Preto de Monterroso e Antas de Ulla, na zona do monte Farelo

O monte Farelo e un mítico e emblemático monte galego, situado no centro xeográfico de Galicia cunha altitude de 954 metros. Como ben di seu nome se refire a un antigo cumio de alarma, e dicir un faro de terra, no cal en caso unha alarma ou problema, se farían sinais dende el e así se avisaría a súa contorna. Separa as Terras da Ulloa coas do Deza, polo que é un importante paso e porto de montaña, pasando por el a día de hoxe a nacional 640.

Como dato posterior que igual axuda nesta hipótese, dicir que posteriormente, nas guerras do tempo da coñecida e popular raíña dona Urruca, seu segundo marido, Alfonso I o batallador de Aragón, cando entrou na Galiza en prol conquistala, tivo que asediar e tomar Monterroso, polo que súa ben seguro puido ser a mesma de Ramiro partindo de León, sempre e cando o obxectivo de Ramiro fora Compostela, capital do reino de Vermudo, pero na cal este semella que non vivía.

Falta tocar a tradición oral da zona, onde nos redores do Farelo si pode quedar algún substrato de dita luita. O que si atopei nos redores foron lendas dos Mouros na zona do castelo de Amarante. En canto a toponima, inda que tamén falta un estudo maior, o único topónimo que pode gardar relación atopase xusto no alto e pequeno chan do posto de montaña da nacional, Alto Malloco, inda que me da que ten que ver máis co accidente xeográfico. Tamén do lado de Agolada a pouca distanza se atopa a aldea de Romariz, que pode vir de Ramiro, pero son hipóteses.  

 

En Vilasobroso

Na outra hipótese, tras retirarse Vermudo o castelo do Sobroso, e que a batalla dérase no seu entorno mesmo, pois o antigo nome de Vilasobroso era Portela, inda que este sexa un topónimo moi común. Neste caso, Ramiro non se dirixiría cara Compostela, senón contra o centro de poder directo de Vermudo e Menéndez e lugar de residencia, o sur galego e a Portucalense, que pode ser acertado.

Tras a batalla, Vermudo se refuxiaría no Sobroso, que tal vez o tiña como segunda baza, e dicir se era derrotado en luita, protexerse e resistir tras os muros do castelo.

No campo da tradición oral, non atopo sobre esta batalla substrato, pero si doutras como nas luitas posteriores do século XV entre os Soutomaior e Sarmiento neste lugar, como a batalla de Vilaqueimada.

En canto a toponimia, si tal vez se pode atopar algo máis, sempre como hipóteses, pois nesa zona do val medio do río Tea, aparece no parrochiale suevo a parroquia de Aureas, que ven de “aurum” (ouro), posto que o Tea esta cheo destes xacementos e minería romana para súa extracción, existindo inda a día de hoxe a antiga parroquia de Areas (que da nome a PonteArea). E dicir, que Portela de Areas fose en realidade A Porta de Areas, a entrada as terras de Areas. Isto é unha simple e humilde opción, posto que eu non son capaz de decantarme a día de hoxe en por o lugar da luita no Farelo ou en Vilasobroso.

 

CONSECUENCIAS DA LUITA

En canto a Ramiro, morreria en estranas circunstancias só dous anos despois, preto de Astorga, que sería o momento de finalizar este conflicto. Dicir que xa por ese tempo, o condado de Saldaña ou as Terras de Cea en León, pasaranse o bando de Vermudo, o cal mostra a total decadencia de Ramiro.

Pola contra Vermudo, non cesou súa luita en eses dous anos, pedindo axuda ate o propio Almanzor, o cal devolveulle Zamora e mesmo deulle un exercito a cambio dun tributo anual. Se atopaba nun peito no mosteiro de Barbadelo (Portomarín) cando morre Ramiro, sendo proclamado pouco despois rei de León.

Pero seu reinado foi débil, primeiro rompeu seu matrimonio con Velasquita Ramirez, casándose con Elvira García, filla do conde de Castela, García Fernández, o que fixo que se enemistara co que fora seu protector, Gonzalo Menéndez, e comezase a influírse máis polos casteláns (así é a política no poder).

Logo rompeu o pacto con Almanzor, o que fixo unha fortísima e violenta represión de seu reino, as grandes aceifas do caudillo andalusí, arrasando Zamora, Astorga, Coimbra ou a propia capital do reino, León. A situación era de tal medo, que muitos dos condes como en parte galegos ou da zona de Luna, blindasen vasalaxe por súa conta directamente a Almanzor. Por último, tras a mítica e humillante aceifa e saqueo contra a cidade de Compostela, Vermudo non ten máis remedio que voltar pedir a paz e pactar. Dicir que sempre que fuxía de Almanzor, se refuxia na Galiza. Morre no ano 999, enfermo e moi deteriorado pola enfermidade da gota, se di que nos últimos anos de súa vida, nin podía andar polo que era trasladado en padiola.

Por último, o conde Gonzalo Menéndez, inda que se revela xunto a seu fillo a Vermudo e ten conflicto con el, onde desta vez sae derrotado perdendo terras en Portomarín, semella que rapidamente se reconcilian, pois aparece nunha mención como xefe da garda real nos anos 993 e 994. Finalmente morre luitando contra Almanzor no seu feudo e castelo de Guimaraes na campaña deste contra Santiago, no ano 997, polo que non foi dos nobres galaicos que inzaron o xeonllo ante o caudillo de Córdoba.