Mostrando entradas con la etiqueta mitoloxía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mitoloxía. Mostrar todas las entradas

domingo, 27 de enero de 2019

Anteriores, Os clans do Suído que podían facer a choiva.

Vídeo realizado fai uns anos, nas Serras do Suído, onde se contaba de certos clans, que subindo a un lugar secreto do monte, e movendo unhas pedras en círculo, atraían as nubes facendo que chovera.

miércoles, 28 de noviembre de 2018

A MISA DOS MOUROS E SEUS RITUAIS NO CASTRO DE SAN AMARO

Incrible, fascinante e enigmático, así se pode describir este lugar pouco coñecido, o castro e capela de San Amaro, na parroquia de Lira, no concello de Salvaterra facendo linde co de Ponteareas.

Para a maioría das persoas tratase dunha capela adicada a San Amaro nun pequeno monte, construída sobre un castro galaico onde abunda a cerámica como proba deste, nada novo, pero se nos imos o folclore popular oral e o investigamos máis a fondo, a cousa muda, e muito!

Como describen os arqueólogos José Manuel Hidalgo Cuñarro e Fernando Javier Costas Goberna no seu libro “Prospecciones arqueológicas de los Valles del Tea, Alveosa y Miñor”, publicado nos anos oitenta, “analizaremos un grupo de cazoletas situadas sobre la corona del castro, con diámetros entre 20 y 40 cm, y una profundidad de 11 a 23 cm, con formas cilíndricas e elípticas acompañadas de surcos”. Pero se sorprende esta serie de pequenos lagares e cazoletas sobre unha laxe a ras do chan, máis sorprende as lendas sobre estas mesmas. “El día de la fiesta de San Amaro, se echaba agua sobre ellas y se bendecia, y a continuación se procedía a bendecir los campos circundantes con esta agua. Antes de existir la ermita, la tradición dice que en las pías decían misa os Mouros”


Analizando e estudando o texto rapidamente, pois inda temos máis, na fronte da capela temos unha laxe a ras do chan, que cando menos se localizan dúas pías cavadas de tamaño medio e outra de forma elíptica, acompañadas de tres surcos. Dicir como indican os autores do texto, a laxe esta moi tapada e cuberta por vexetación, sobre todo musgos, estando no mesmo estado a día de hoxe, polo que non se descarta a existenza de máis. Nesas pías, realizábanse inda non fai tanto tempo no día de San Amaro, rituais vinculados a fertilidade da terra, e dicir o campo, cousa que inda a día de hoxe se fai en outros lados da terra galaica como mostrárenmos máis adiante. A parte destacar, que a tradición di que anteriormente a existenza da capela, en tempos posiblemente do castro, “ali facían a misa os mouros”, mouros, os nosos ancestros anteriores o cristianismo.

Engadir, que a uns metros das pías, atopase o final da coroa do castro, exposto e aberto no alto a paisaxe circundante, un incrible altar cavado na rocha nai, con tres escalóns e un par de pías. Non atopamos información deste sorprendente monumento, pero pola orientación o sol nacente co impoñente Monte San Nomedio ou San Mamede na fronte (que algúns aseguran que se trata do enigmático monte Medulio) podemos sacar a hipótese que pode ter seu orixe en tempos do castro, e que estamos ante unha zona ritualística de primeiro orde.


A MISA DOS MOUROS, UNHA POSIBLE FESTIVIDADE ANCESTRAL O SOL
Os datos claves para dar forma a esta hipótese; un castro galaico (xacemento precristián), un santuario e ritual inda conservado en tempo cristián na súa zona máis alta con un altar orientado a saída do sol, e similitude con outros rituais conservados de tempos ancestrais e na mesma data do calendario.

Para entendelo de forma doada, os cristiáns manteñen a tradición dos antigos habitantes do castro (os mouros) e como eles, no día elixido (non por casualidade) de San Amaro, enchen as pías e cazoletas de auga, a bendicen e logo bañan seus campos con ela para que sexan máis produtivos. Isto o fan cando o campo inda non produce, senón que están próximas as colleitas, polo que ben sendo un rito polo bo augurio, posto que San Amaro é o 15 de xaneiro, e isto non coincide con outra grande festividade a nivel galaico coa mesma fin en parte?
O Sol, que da vida a este mundo, comeza a morrer no fin do verán e morre de forma definitiva e renace entre o 22 e o 25 de decembro no solsticio de inverno, onde volta a terra acercarse a el, polo que colle máis forza, quenta máis e os días comezan a medrar. Os romanos o festexaban como ó Sol Invictus, o sol invicto, pois renacía, e nos, co cristianismo co nadal, onde o que nace realmente no ciclo solar e no calendario deste mundo, o deus Sol. Neste ciclo ate a primaveira, o mundo renace e florece, así nacen unha serie de festividades e rituais a nivel europeo vinculadas o crecer do sol, coa busca dun renacer e primaveira fértil. Temos así o noso entroido tradicional, onde se lucen os traxes coloridos representando as cores da inminente primaveira, a saída dos animais que invernan como o oso de Salcedo, o estrondo do son dos tambores e cencerros para espantar as treboadas do inverno, os banquetes simbolizando a chegada da abundanza... e como non, os rituais a fertilidade da terra, como no entroido do Ribeirao en Chantada, onde uns seres con cores moi vivas e estranas formas chamados Volantes, teñen que pisar as terras de cultivo para que estas sexan fértiles meses despois.
Os Volantes no entroido tradicional do Ribeirao, Chantada, os cales teñen que pisar os campos para que logo estes sexan productivos.

No entroido, estamos ante festividades e ritos solares vinculados o renacer da terra e crecemento do Sol, entre os meses de xaneiro, febreiro e marzo. Pois, recordando que o folclore do Castro de San Amaro nos di que se realizaban ritos o campo, no 15 de xaneiro, non terá relación a ser tamén unha festividade solar? O deus supremo celta Lugh, que era o deus Sol (como na maioría de relixións antigas).

De importanza é neste caso o altar tallado na pedra, posto que esta orientado a saída do Sol, tal vez outra pista. Recordar que ate fai ben pouco, nesta bisbarra do Condado, como en grande parte da Europa atlántica, no entroido se realizaban as populares corridas do galo, onde destacaba a satírica, o banquete e o sacrificio dun fermoso galo cun rito que variaba segundo a parroquia, tamén non se podería dar o caso do sacrificio dun galo (animal solar, o primeiro que canta co mencer) nese altar en honra o Sol? Falar de rituais de sangue na antigüidade non era nada estrano, pois era o voto e regalo os deuses en busca do bo augurio e chamar a súa atención, diso temos falado aquí. Con todos os datos e teorías cos que enchemos este saco da Misa dos Mouros de San Amaro, non é de descartar a posibilidade de rituais de sangue ou sacrificios nese altar de pedra o Sol nacente na súa fronte.
Altar rupestre  de San Amaro visto dende arriba.

O CASTRO DE SAN AMARO DE LIRA
Arqueolóxicamente, quitando a prospección de Hidalgo Cuñarro e Costas Goberna, o asentamento etopase inédito.
Visualmente se poden ver perfectamente a coroa do castro onde se atopa a capela, unha terraza e mesmo algúns posibles foxos defensivos. Sobre a súa superficie abundan restos cerámicos, tanto de cerámica común como tégula romana, o que nos indica que cando menos estivo habitado en período romano, sen descartar que posiblemente sexa máis antigo.
Plano do Castro de San Amaro.

Dende el se vixía parte do val do Tea e Miño ate Portugal, así como o monte de San Nomedio ou San Mamede.

Outras lendas recollidas no castro por Hildago Cuñarro e Costas Goberna, así como me contou Juan Carlos Correa, falan da existenza de minas ou túneles debaixo do castro construídos polos antigos mouros. Din que no túnel principal, existe un “becerro douro”, lenda bastante común nesas terras entre o Miño e Tea.
Resto da abundante cerámica visible pola siuperficie.

CONCLUSIÓNS
As conclusións persoais, son o resumo do xa exposto, un castro cristianizado pero non só presencialmente coa capela, senón tamén os ritos que seus habitantes realizaban, conservando estes ata fai só unhas decenas de anos, pero de forma cristianizada.

Mantemos a hipótese que eran ritos vinculados o Sol crecente e nacente nos inicios do ano, xustificando que cristianizalos con San Amaro non foi casualidade, posto que na terra galega este santo ten bastante arraigo, sendo dos principais do mes de xaneiro.

Por último, a situación do altar pétreo inminente as pías, orientado a saída do sol, tamén nos fai pensar que seu orixe se atopa nos tempos do castro. Tal vez cunha intervención arqueolóxica e estudo máis a fondo, nos quitaría de muitas dubidas, cando menos en cronoloxías.

Rematamos esta entrada cun lugar tan especial e enigmático practicamente descoñecido, esperemos que cando menos seu misterio pase a ser seu valor, seu renacer como o inminente Sol Invictos, pois é parte de nosa historia así como conexión coas nosas raíces pasadas, e coa propia Terra. 

martes, 13 de noviembre de 2018

CHEGA O INVERNO, A MORTE DO SOL LUGH E O CICLO DE ANNÛ


Nos atopamos na mudanza do ciclo e estación biolóxica deste mundo, nun cambio de natural do entorno que nos rodea. O pai Sol, inmortalizado no mundo celta co deus supremo Lugh, comeza a morrer, perde forza e chega o frío, a ser os días máis curtos... todo derivado de forma natural polo seu alonxamento do planeta terra até o 21 de decembro, que morre no solticio de inverno e a partir de aí, renace e comeza de novo a acercarse a Terra, traendo de novo a vida.


Todo isto marca e muda o calendario estacional da biodiversidade, coa caída das follas das arbores (claramente cos eucaliptos non se aprecia este trance), a emigración e invernación de parte da fauna, a escaseza de produtividade dos campos de cultivo, o frío, as choivas, a neve, a longa noite, e dicir, o medio morre. E por iso que os nosos ancestros e antergos, no seu calendario, muito máis relacionado co mundo que os rodeaba, era o fin do ano, o tempo escuro da morte e os mortos, como o entorno mesmo.
Se celebran así as antigas festividades dos mortos, dos magosto ou magustos cos poucos froitos que da este período, con lume para espantar os demos do inverno, a morte e malas enerxías, tempo da matanza para poder ter na despensa carne ante a improdutividade das terras.                                                                                                                                                                               Inda en algúns lugares, como no magusto de Pitôes da Júnias, no Gêres portugués, se fan ritos como a queima do sol en forma de palla, pois simboliza ese trance no que o sol e o deus Lugh deixa a terra dos vivos, para dar paso a deusa da mae terra Annû, a cal ten que renacer no ciclo invernal para voltar ser produtiva e viva no seguinte ciclo. Renace e volta morar a terra como unha muller nova, pero escura como a noite, como o inverno, como a propia deusa Morrigan, se no fondo non é a mesma.
Magusto popular e queima do Sol en Pitôes das Júnias.

Tamén e tempo de contos e mitoloxía o calor do lar, que soe voltar florecer por este época, de cogomelos que tamén veñen para limpar e renovar o mundo, e recordar os seres queridos que nos deixaron, posto que o contrario que o sol, nesta estación se acercan máis os vivos, cando menos seu recordo. Dende aquí queremos desexarvos un bon novo ciclo invernal e tempo da deusa Annû.

martes, 6 de marzo de 2018

Festividades e ritos ancestrais no Condado-Paradanta e Baixo Miño

PUBLICADO PARA COMARCAS NA REDE o 2 de marzo do 2018

Nosa terra no sur oeste galaico, inda e moi rica en canto a festividades e ritos que hoxe pasaron a romarías ou peregrinacións, cunha transformación destas polo cristianismo pero que inda conservan na súa base unha forte pisada tradicional ou pagán. Isto nos leva a que súa orixe sexa moi anterior a propia chegada da fe cristián, facendo delas unha conexión cultural milenaria cos nosos antepasados galaicos, con súas crenzas, celebracións e ritos.
Tan forte e seu arraigo, que en tempos da cristianización non se puideron prohibir, como noutros lugares, polo que realmente o que fixeron foi manipulalas ou mudalas, convertendo unha divindade celta nunha romaría a un santo, unha moura a unha virxe, ou un simple rito a un santuario. Inda conservamos muitísimas, case unha por parroquia, e outras xa desapareceron, aquí imos recompilar cinco importantes que inda conservamos e teñen grande devoción, e intentar coñecer seu posible orixe.
Comezaremos tal vez pola máis famosa, a peregrinación a Nosa Señora da Franqueira, no concello da Cañiza. Primeiro dicir que a peregrinación de parroquias ou comunidades a un monte emblemático, onde existe unha grande divindade, nos recorda os tempos dos castros galaicos onde os santuarios era a propia natureza, cando en determinadas épocas do ano peregrinaban xuntos a un monte sagrado nunha grande xuntanza, facendo rituais a unha divindade que os unía, esa non e unha das finalidades da Franqueira? Engadir resumindo outros datos importantes que nos levan esta romaría a tempos moi antigos, a día de hoxe inda e “a Señora”, non virxe nin santa, nome polo que en muitos lugares se coñecen as famosas “mouras”, vestida en branco e subida a un carro tirado por bois. O lugar da aparición tamén nos di cousas, nun cumio pedroso a 926 metros de altitude, chamado “Coto da Vella”, a vella, nome co que se coñecen tamén mouras ou antigas divindades femininas, como a propia nai Terra, e que millor que nun cumio tan espectacular como ese. A día de hoxe se peregrina a Franqueira nas Pascuillas e a principios de setembro.
Sen saír do mundo da peregrinación a Franqueira, nos atopamos con outro punto de encontro entre fieis de diferentes rutas moi peculiar, O Carballo da Armada, en Mondariz. Dicir que o normal sería que nun lugar de cruce de camiños, existise un cruceiro, pero como isto e muito máis ancestral non e o caso, senón que aparece un “carballo sagrado” de grande tamaño. Para os celtas, o carballo era unha árbore sagrada dos druídas, e iso nos conta a lenda do lugar, que foi plantado por “un druída chamado Lambrico, fillo de Mondrico”, recordades a Mondrico? fundador de Mondariz do que xa escribimos del.
Agora seguindo o curso do sagrado río Miño, chegamos o seu fin, onde se xunta cos mares, os pes doutro monte moi coñecido, no cal celebrase outra destas xuntanzas ancestrais entre comunidades, a Festa do Monte no Santa Tegra, na Guarda. Inda que a esta festa ou romaría se atribúe seu orixe a principios do século XX, cun carácter devoto o propio monte e en menor medida a capela cristián, imos pola en contexto histórico. A historia dese monte pola súa situación, e milenaria, dende petroglifos, posiblemente ritualísticos, a asentarse nel o maior castro en terra galega coñecido, con isto non e difícil pensar que en tempos remotos antepasados de tódolos seus redores acudiran a este monte en certas celebracións de seu calendario para facer seus ritos e xuntanza. A día de hoxe esta festividade se fai no mes de Agosto.
Outro monte famoso e de lenda, vixiador da ría de Vigo, conserva unha das máis antigas festividades o solsticio de verán e comezo deste ciclo, A festa dos Fachosno monte da Peneda, Redondela e Soutomaior. Tamén cun castro baixo del, e unha capela enriba, centos de romeiros celebran a chegada do verán co lume, lume que purificaba e daba pe a nova vida, e entre outras cousas, como nas fogueiras de San Xoán, espantan o meigallo e as malas forzas do inverno. Así nace este rito, onde os participantes, centos, prenden os fachos de palla, e suben en procesión a este monte nunha verdadeira fila de lume que se pode ver a quilómetros, unha vez arriba, prenden unha grande fogueira e invocan en ritual a antigas forzas e persoaxes históricos, polo tanto, este rito sigue case intacto a como sería fai 2000 anos. Pese non estar nas bisbarras sinaladas no titulo, esta festividade ben merece ser mencionada, celebrase polas datas do San Xoán.
Por último escribiremos sobre un dos ritos considerado dos máis estranos do mundo, A procesión de ataúdes de Santa Marta de Ribarteme, nas Neves. Recordar o forte arraigo histórico da nosa terra a cultura da morte, e máis, há quen se refire a nos como o pais da morte, unha proba, este peculiar rito onde os vivos se converten en mortos. Nela desfilan en procesión, o que recorda a propia Compaña e súa maldición, vivos en ataúdes os cale fixéranse devotos de Santa Marta e conseguiron vencer a morte, tal vez por unha enfermidade ou a de algún parente, e agora como voto, desfilan como mortos no seu propio enterro. A tradición nos di que Lázaro era irmá de Santa Marta, e este foi resucitado por Xesús, pero de novo se pómolo no noso contexto cultural, e a forte cultura da morte que temos, tamén podemos recordar en tempos célticos a aqueles guerreiros que se facían devotos de poderosos deuses da guerra, e se fracasaban, tiñan que entregar súa propia vida en ritual a estes deuses, polo que neste rito voltase mesturar o cristián co pagán. Celebrase o 29 de xullo.
Este foi só un pequeno resumo, deixamos atrás outras muitas similares como as celebradas en montes míticos como San Fins, Aloia, San Nomedio ou A Picaraña, e outras desaparecidas como a do Galleiro, que tristemente, xa son só recordo.

miércoles, 19 de julio de 2017

jueves, 16 de marzo de 2017

Co fin do entroido, nace a primaveira

Co fin do Entroido comeza a explosión da nai terra co crecemento do Sol, o desfile da natureza, a primaveira. Con estas fotos pódese ver a conexión entre ambos, o Entroido tradicional e unha festividade ancestral do calendario que pode representar o fin do inverno, por iso o escribo con maiúscula Entroido, Entrudo ou Antroido. No ciclo invernal, cos seus demos estaba todo esta morto, ata os días e o propio Sol, polo que celebrase a chegada definitiva do crecemento solar, onde o mundo revive e sobre todo o campo.

Todo comeza a partir do renacemento do Sol ou solsticio de inverno, o 21 de decembro, pasado o 24 posteriormente, onde comezan os primeiros rituais da festividade do Entroido, saen xa a inicios de xaneiro por exemplo os primeiros folións ou danzas ou ranchos de reis, os cales cos seus sons e danzas sinalan o crecemento solar e son previa a grande festividade.

Mirade as cores, a simbolización e ritual da representación deses seres do Entroido, pisando os campos para fertilizalos, seu sarcasmos e satírica dos demos e forzas invernais que marchan e dan seus últimos golpes, a chegada dos banquetes e abundanza... As fotos dos entroidos son sacadas do Ribeirao, de Cobres, Viana e Laza. Benvida primaveira!

Ritual no Entroido do Ribeirao (Chantada) de fertilizar as terras co paso do "volante" co seu cabezón de 40 kg chamado "pucho". Xustamente estamos no ciclo de voltar labrar as terras e fertilizalas.

miércoles, 25 de mayo de 2016

Os "osnis" galegos

Escrito no anterior blogue Galiza Misteriosa o domingo, 8 de xullo do 2014

Os “osnis” galegos

No territorio galaico temos un rico folclore, cheo de lendas neste caso que nos falan de seres estranos, lexendarios ou monstros saídos da mar. Así por exemplo temos a lenda da famosa Coca de Redondela, un dragón mariño que saía das augas para raptar mulleres fermosas. Outros exemplos poden ser os mitolóxicos nigromantes da illa de Ons ou as sireias a rasgos xerais.
Pero remontándonos agora a un pasado máis próximo, imos recordar outro misterio pouco coñecido. Son muitos os mariñeiros das nosas costas que aseguran que viron saír ou entrar na mar, obxetos que non son seres mitolóxicos, senón metálicos ou submarinos non identificados, cunha tecnoloxía non coñecida, tratase dos “osnis”.
Temos decenas de casos que chegan a nos, sobre todo mariñeiros e pescadores das provincias de Pontevedra e A Coruña, os cales nas súas horas de traballo na mar teñen visto estes obxetos pasar moi preto deles, chegando mesmo a asustalos.  Este fenómeno foi tan repetido, que algúns chegan dicir que existe unha base destes "osnis" baixo a mar, preto das illas Cíes e de Ons. 

A maioría dos casos e testemuñas producíronse entre os anos 1975 e 1985, onde os osnis paseábanse polas nosas costas galegas de forma impune. Estes obxetos coinciden na maioría dos casos con características xerais, son esféricos e brancos. 


Un dos casos máis importantes prodúxose o 22 de novembro do 1985, eran as oito da mañá cando as tripulacións de media ducia de embarcacións, como o Audaz II e o Xa me Vedes, observaron algo que os deixou inmobilizados. Atopándose moi preto da Illa de Ons, viron como un enorme obxeto metálico apareceu e sobrevoou a moi baixa altura sobre eles, exhibíndose claramente uns intres para meterse de súpeto nas frías augas galegas. Os mariñeiros aterrorizados e testemuñas de tal exhibición, nunca esqueceron o que alí viron, algúns deles con nomes e apelidos como Emilio Otero ou Carlos Patiño.  
   Este caso ten especial relevancia, pois non se trata de unha testemuña ou ver unhas luces, senón de un caso onde muitas testemuñas teñen unha experiencia que os marca para toda a súa vida. Cústalle explicar o que alí viron esa mañá do 22 de novembro do 1985. 

Engadir tamén a isto, os estranos casos de supostas aparicións de humanoides nas praias das illas Cíes ou en Sada, na A Coruña. De todas un osni ben sendo o mesmo que “ovni”, coa diferenza de que este pode mergullarse na auga, pero dicir que un obxeto non identificado, tampouco ten que ser extraterrestre. 
 Certo ou non, lenda ou realidade, estas historias fan enriquecer noso patrimonio folclórico e misterioso,  fan que siga vivo, pois pasamos da ancestral Coca de Redondela que saía do mar, despois as sireias e os nigromantes, e agora nestes tempos, os osnis. Que terá nosa terra e costas meigas?