Mostrando entradas con la etiqueta viaxes do autor. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta viaxes do autor. Mostrar todas las entradas

domingo, 26 de abril de 2020

viernes, 27 de septiembre de 2019

A BATALLA DE MONTECUBEIRO, ANOS 774/783, GALAICOS CONTRA O REI SILO


Montecubeiro é un deses lugares da nosa terra cun riquísimo pasado e historia, pero a día de hoxe case esquecida de todo,  pero mesmo así garda curiosidades como que é a maior parroquia do noso país galego.

É de coñecido, que nesas corredoiras e camiños entre pequenos ríos e altos prados con  lombas verdes máis suaves, existiu unha importante camiño medieval. Montecubeiro, que noutro tempo escribíase separado, como di seu nome e se ve a distancia, ten forma de “cubo” alongado dominando os regos de seus redores, e dicir, un importante paso na paisaxe que domina seu entorno. Como legado deste antigo paso, quedan dous cruceiros polos montes coñecidos como “A Corredoira Vella”, topónimo que xa nos di muito, pois recordade que corredoira é un antigo camiño principal. Ese antigo camiño pasa xusto por enriba da actual parroquia, na cal tamén existiu un mosteiro medieval dos séculos XII-XIII.
Vista de Monte Cubeiro con súa forma de "cubo"

ANTECEDENTES A BATALLA

Viaxamos no tempo cara o último cuarto do século VIII, no xoven reino cristián do norte, asentado nas Terras da antiga Gallaecia pero co centro de poder na zona Ástur oriental, nunha monarquía electiva e non herdeira, pero na que só se podía elixir para o trono o entorno directo de sangue real, nomease rei a Silo, tras a morte do anterior soberano Aurelio.
 Silo traslada a capital e corte a Pravia, no centro de Asturies moi cerca do Mar Cantábrico, e mantén a paz en todo seu reinado con o poderoso Emirato de Cordoba en Al-Andalus, o cal gobernaba seu fundador, Alberramán I, mentres que o norte, no reino dos Francos, reinaba o tamén poderoso Carlomagno.

Nos case 10 anos de reinado de Silo, pódense considerar tranquilos, sen ser por un feito que sinalan as crónicas Rotense e Sebastianense, que nos falan dunha grande rebelión dos galegos do oeste directamente contra Silo.

Non sabemos ben o motivo de tal rebelión, as crónicas non nos falan de ningún líder, nobre ou bisbarra en concreto, senón o que semella o conxunto dos galegos da zona “lucense”. O ser inda unha monarquía electiva, tal vez o bando occidental do reino non quería a Silo, ou máis posiblemente, nun mundo que comezaba a ser feudal, os señores e nobres galegos querían máis poder ou tal vez  independenza sobre o poder central asturián da corte en Pravia.

Xa a mediados do mesmo século, co rei Fruela, tamén os galegos do occidente e os vascos no orientes, se rebelaran a corte de Asturies, polo que tal vez o ver en Silo un monarca pouco activo no campo bélico, decidiran voltar levantarse en revolta.
Estátua do rei Silo en Pravia.

O CAMIÑO A BATALLA DE MONTECUBEIRO

Non sabemos tampouco en que ano do reino de Silo foi a batalla, a que sería entre 774 o 783, pero podemos facer hipóteses noutros campos. Un deles foi o camiño empregado para ir dirección a única cidade real do reino por aqueles tempos, Lugo, que parece ser tamén o lugar de reunión das tropas galegas lucenses. Temos a antiga vía romana que ía de Lugo a Lugo de Llanera, no centro da actual Asturies, que despois pasou a ser a vía principal entre Lugo e Oviedo, e despois o propio camiño de Santiago primitivo. Este camiño ía pola Fonsagrada e despois se internaba en terras dos Oscos cara Oviedo, pasando nesa zona que imos estudar por Castroverde, non por Monte Cubeiro que atopase 10 km o norte desa ruta.

Pero recordar que por eses tempos, a capital inda non era Oviedo, senón Pravía, polo que Silo tendo o Cantábrico máis preto, puido elixir unha ruta máis cómoda para súas tropas e ir pola costa ata a desembocadura do río Eu, onde despois se segues polo seu val, te leva directamente a zona do paso de Monte Cubeiro, para logo descender de forma doada cara Castroverde camiño de Lugo, a parte que máis ou menos de Lugo a Monte Cubeiro habría unha xornada de camiño. E por esta causa, vendo a deslocalización de Monte Cubeiro na ruta clásica do camiño primitivo de Lugo a Oviedo, expoñemos a hipótese que que Silo utilizase esta ruta, a cal xa existía, para someter as tropas rebeldes.

Parece evidente, que as tropas dos galegos lucenses, organizaranse dende a propia cidade de Lugo. Dende alí estarían atentos o avance das tropas de Silo, para tentar frealos no paso de Monte Cubeiro, algo típico nas batallas dese tempo Alto Medieval. Dicir que na alta planicie da antiga Montecubeiro, inda existe o topónimo de A Corredoira Vella.
Posible ruta empregada por Silo cara Lugo, pasando por Montecubeiro.
A BATALLA

“ Post Aurelii feinem Silo successit in regnum, eo quod Adosindam Adefonsi principis filiam sortitus esset coniungem. Iste cum Ismahelites pacem habuit, Populos Gallecie contra se rebellantes in monte Cupeiro bello superabit et suo imperio subiugabit.
Reg.an.VIII et decimo uitam finibit era DCCCXXI.”

Tras súa morte, Silo tomou en matrimonio a filla de Alfonso chamada Adosinda, polo que fíxose co trono. Tivo paz cos Ismaelitas. Cando Galiza se rebelou, a venceu tras o combate no Monte Cubeiro e a someteu a seu imperio.

Crónica Rotense onde menciona a batalla de Montecubeiro.

Sobre a hipótese da batalla, temos unha serie de topónimos no lugar que nos poden axudar, como a Fonte Matahomes ou o Rego dos Ósos. De seguro a luita campal deuse no alto do monte, nunha pequena semi chaira onde a cada lado comezan os desniveles para chega a ela.
Panorámica da zona alta de Montecubeiro a día de hoxe.

Sabendo da vitoria das tropas de Silo, os galaicos terían que fuxir en desbandada cara a súa vertente do este, polas lombas abaixo cara Lugo, que foi onde se puido producir a grande matanza, de aí que nesa vertente aparezan os topónimos de Fonte Matahomes e Rego dos Ósos.

Non esquecer que por aqueles, había máis matanza cando un exercito rompia formación e fuxía de forma desorganizada, que na propia luita. Os fuxidos da luita, correrían costa abaixo, posiblemente sufrindo chuvia de frechas e cargas de cabalaria, a tal punto que deixaría a día de hoxe eses dous topónimos no lugar.

A vitoria de Silo debeu ser clara, pois nas crónicas non se fala de pactos nin nada polo estilo, só desta luita armada. E posible que os líderes galegos caerían mortos ou presos na luita, pois non se fala máis da rebelión nin da entrada en Lugo de Silo. Ata supomos, que cos superviventes tal vez se chegara a algún pacto co vencedor.
Posible hipótese da batalla.

Tamén existe outra versión da batalla, na cal di que esta comezou no lugar do Campo da Matanza, no outro paso de montaña non lonxe no actual concello de Baleira. Pero nos xa estudamos tamén esta posible luita, e cal relacionamos con unha emboscada ano 795 a un exercito andalusí que saqueara parte da Galiza, a cal nos parece máis correcta, pois nesta versión se dí que a matanza chegou dende ese lugar a Montecubeiro, algo moi improbable pois a crónica nos di claramente que a luita foi no lugar que tratamos desta vez. Para ver o estudo desa batalla, pomos aquí seu enlace.
Zona do Rego dos Ósos 

Con estes datos expostos, damos por terminada a primeira hipótese persoal desta batalla, pero a seguiremos estudando xunto con outros compañeir@s desa zona, os cales saudamos dende aquí e damos as grazas de corazón  polo aportado.

martes, 27 de agosto de 2019

Rutas por Galicia, de Monforte a Ponte Navea, dos Canóns do Sil as calzadas romanas.

Percorremos nesta nova viaxe e sección en coche, unha ruta moi pintoresca e chea de patrimonio milenario. Arrancamos da cidade de Monforte, collendo a estrada LU-903, dirección castro Caldelas.
Pouco a pouco a paisaxe da chaira de Lemos vai mudando por unha máis abrupta, pois nos achegamos os Canóns do Sil. Pasando a parroquia de Eirexe, no alto da Xesteda, vemos unha sinal que nos indica a esquerda “MIRADOIRO DO DUQUE”, polo cal nos desviamos camiño da aldea de Vilar de Mouros. Esta estrada atopase en mal estado, muito buratos, polo que compre ir de vagar, máis adiante veremos outro desvío, o cal debe collerse e nos leva directos a área recreativa do miradoiro.

Dende este lugar, recentemente acondicionado, podemos desfrutar dunhas das máis fermosas vistas do Canón do Sil. Na abrupta paisaxe, vemos no noso entorno, na nosa ribeira, parte dos viñedos de doado en caída libre o río, da famosa denominación Ribeira Sacra. Fronte a nos, na outra ribeira, vemos as terras de Caldelas coa propia vila no alto, a cal no fondo como horizonte, corta a liña da terra co ceo o monte de Cabeza de Manzaneda.

Baixo nos, temos o embarcadoiro de Doade, lugar onde se colle uns dos famosos “catamaráns” que navegan polos canóns do Sil ateigados de turistas.

Cruzamos o río pola pequena ponte e nos atopamos agora en terras ourensáns de Castro Caldelas, comezando a ascender a pequena serpentiforme estrada chea de curvas.

As primeiras parroquias que aparecen no primeiro altiplán ou varcia, son moi interesantes, as parroquias de A ABELEDA e ALAIS. A primeira, tivo un importantísimo mosteiro medieval, dos máis importantes da provincia no seu tempo, contan que seu abade era como un pequeno bispo. Posuíu grandes posesións ate que no 1872, o duque de Alba fíxose dona delas. A día de hoxe conserva o amplo templo románico pero en estado ruinoso.

A parroquia de Alais, emprazase nun balcón natural sobre o Sil. E moi curioso a posible citación deste lugar no “cronicón de Idacio da Lima” no século V, en pleno reino suevo. Segundo Fr. Martín Sarmiento, este é o antigo concello de Alais que o narrador e bispo da Gallaecia conta esta incrible feito:

No río Miño (Sil) a unhas cinco millas do concello de Alais, apareceron catro peixes de figura xamais vistas, con sinais consistentes en letras gregas e hebreas, e números romanos.

Este é un dos famosos textos onde o bispo Idacio, daba supostos agoiros de desgrazas que se aveciñaban.

Seguimos ascendendo ate o final da OU-903, na coñecida vila de CASTRO CALDELAS. Sitiada na antiga vía e calzada romana XVIII, que ía de Braga a Astorga, pode ter a hipótese que fose a mansión Praesidium. Aparece por primeira vez na historia escrita cos reis galegos Fernando II e Alfonso IX, este último en galego concedendo un foro o burgo medieval. O rei Alfonso XI e quen concede a vila e castelo os poderosos condes de Lemos.

Os Irmandiños destruíron parte da fortificación, pero foron logo os veciños obrigados a reconstruíla con grandes cargas fiscais sobre eles, das cales foron ceibados por o rei Carlos I no ano 1534.
Na guerra de Independencia, o xeral francés Loisón prende lume a vila, o parecer pola represalia de que gandeiros da zona, matara un batallón francés que fuxía das tropas do Marques de Romana. E por esta causa que aparece no escudo da vila unhas labaradas. Un persoeiro famoso desta vila, e O Irrio, un personaxe máscarado similar o peliqueiro típico do entroido, con súa mesma sátira e trasnadas, pero que pola contra sae no mes de setembro coa festa da virxe dos Remedios.

Agora collemos a OU 536 dirección a Pobra de Trives, estrada que no pasado era a vía romana XVIII e posteriormente foi camiño real e nacional. Envoltos nunha paisaxe máis montañosa, comezamos a subir o porto de montaña do ALTO DE CERDEIRA. Este antigo paso a 935 m de altitude, xa existía na vía romana, e proba delo eran os catro miliarios viarios que aquí se atopaban fincados, os cales foron movidos por motivos políticos e non éticos (como sempre) a área de descanso de Guístolas, que se atopa máis abaixo os pes da estrada.
Foto antiga cos miliarios inda en situ no Alto da Cerdeira.
O fondo, Cabeza de Manzaneda.

Dous destes miliarios teñen inscricións ben conservadas, un dedicado o emperador Constantino Augusto, e o outro a Flavio Claudio Juliano, sendo neste caso a única dedicación a este emperador no estado. 

Descendemos pola estrada cara o río Navea, e a moi pouca distanza a dereita vemos unha desviación para PONTE NAVEA pola estrada vella. Nos metemos nesta, que esta de forma regular conservada e moi cuberta pola vexetación, e nos leva a un miradoiro sobre a antiga aldea e ponte abandonada de Ponte Navea, pero do cal practicamente non se ve nada polo crecemento das árbores. Isto fai que a millor opción, sexa baixar por un profundo e xeitoso camiño ate a propia aldea, uns 300/400 metros de percorrido.

Entre o silenzo humano das estruturas abandonadas, e o son de fondo do río Navea que baixa de terras de Chandrexa e os pequenos paxaros cantando, impón ver a antiga ponte de orixe romana, a cal foi reconstruída en período medieval, co seu grande arco apuntalado sobre río e vexetación. Preto desta, atopouse outro miliario romano dedicado o emperador Vespiano do ano 80 d.C, xustamente na mesma data do remate da calzada romana XVIII.

Xusto o pasar a ponte, nos atopamos coa capela da Encarnación, destacando na súa portada unha Cruz de Malta, evidencia de que no pasado pertenceu a Orde militar dos cabaleiros de San Xoán de Xerusalén, tamén coñecida como Orde de Malta, os cales contan que protexían os peregrinos que por aquí pasaban camiño de Compostela. Tamén há quen di que no seu orixe foi un antigo templo romano viario.

O resto da aldea atopase en ruínas e moi marxinada, case todas as casas conservan balcóns de madeira, tan típicos do rural da montaña galega.


E neste fermoso paraxe, pero demasiado esquecido polas administracións, rematamos a ruta. Esperamos que vos goste, pois percorremos nosa meiga Terra de diferentes maneiras para admirala e mostrala, neste caso en coche, o que a fai moi asumible para todos os públicos.