miércoles, 28 de diciembre de 2016

Altar solar e antas de Alperiz, Lalín

Aproveitando a data da antiga divinizade “Sol Invictus” ou Sol Renacido, o 25 de decembro, solsticio de inverno, día sagrado por o emperador romano Aureliano, me desprazo a un dos altares solares a divindades ancestrais galaicas. Nos situamos en terras do interior da terra galaica, máis detalladamente na aldeia de Alperiz, na parroquia de Parada, concello de Lalín. Nos redores desta aldeia que ten unha capela adicada a San Pedro, dirección norte atópanse dúas antas ou dolmens en dúas pequenas Lombas. Unha delas, chamémoslle a “anta principal de Alperiz” a parte do monumento funerario megalítico, posteriormente segundo parece foi un altar adicado a principal divinizade solar, que non sería máis que o propio sol que en tempos posteriores, xa máis na época castrexa sería representado polo deus supremo Lugh, que tan rica toponimia nos deixou na terra galaica.


Pero millor vaiamos por partes, primero analicemos por enriba y ver que hipoteses saen da primeira anta principal onde se atopa o altar, e despois nos encargaremos da segunda, que conserva decoración moi importante nas súas pedras, e por último no lugar onde se atopa e entorno.

ALTAR DO SOL

Con ese nome chamaban os veciños de Alperiz dende tempos antigos o lugar onde se empraza esta anta, no medio dun prado verde. Xa un paisano meu de Ponteareas que en muita paz descanse, escribira en 1953 “o coñecido polos veciños de Alpariz como altar do sol”, como non ese gran mestre e investigador non era outro que Fermín Bouza Brey.

Como vedes na foto tratase dunha anta ou dolmen máis o descuberto, e dicir un monumento megalítico funerario que pode ter unha antiguedade que vai dos 6000 os 4000 anos, pero neste caso e algo máis que iso. A anta conserva restos de decoración de cor vermella, logo varias talladuras, unha en forma de lagar pero en horizontal na pedra que fixeron o altar, que dubido que fora tallado na anta orixinal, si que non poño en dubida que o os restos de pintura vermella si fosen orixinais.

Destaca nesa pedra principal estar rota en forma de altar na parte superior, claramente orientada a posta de sol a terra do occidente, o océano e lugar de posta, pero nisto entraremos máis adiante. No meu punto de vista amateur e hipotético, sabendo que as mámoas e antas durante e despois de ser construídas, eran lugares de culto, este altar cunha clara orientación ritual o deus supremo solar na súa posta de sol, fora feito en tempos posteriores o uso da mámoa, de aí que romperan a pedra, que posiblemente sobresaíse na superficie, para facer o altar para rituais.

POSIBLES RITUAIS
O estudo dos posibles rituais, foi o que me levou a visitar o lugar no pleno día do solsticio de inverno, o 25 de decembro, o día se Sol Invictus. Ante a falta de saber que restos materiais como cerámicas atoparon os arqueólogos no lugar, quería ver os diferentes efectos solares segundo o calendario e así poder aproximar unha época de ritualismos no lugar.

O ver que o altar a simple vista parece que foi cortado e modificado en algún período posterior a anta, e utilizado con ese fin para unha divindade solar, me recordou como non a Sol Invictus ou Sol Renacido en tempo do período romano, recordar que o emperador Aureliano “o soldado-emperador”, no século III d.C inda nunha Roma precristián, polo seu carácter guerreiro fortaleceu o culto relixioso o deus “Sol”, pondo súa festividade principal o día que “renace”, e dicir no calendario o día a partir de que os días voltan a crecer e ser máis longos no inverno, falamos do solsticio ancestral de inverno. Iso fixo que os rituais e cultos o sol nese período aumentasen no imperio a partir dese momento. O que non sabia Aureliano e sen querer, e que estaba fortalecendo o culto e crenza nun só deus supremo, que ben logo aproveitarían os cristiáns para seu monoteísmo, copiando a figura de “Sol Invictus” e súa data de 25 de decembro, por Xesus ou Cristo. Voltando o noso, sabendo isto, cheguei a pensar que en Alperiz se puideran practicar ritos no altar o Sol Invictos no solsticio de inverno, modificando a propia pedra sagrada da anta a un altar, pero parece que non, o sol no solsticio de inverno non se pon sobre o altar alienado, senón polo seu lado sur-oeste, polo que esta teoría persoal perde forza.

Pero si pode ser que cadre nun tipo de ritual anterior e máis estendido na terra galaica, e moi moi antigo, o culto o deus supremo Sol na súa posta, sobre todo nos solsticios e equinocios, tendo súa gran festividade no solsticio de verán, no actual día do San Xoán. No lugar vendo a orientación do altar co sol, puiden ver que o sol pondriase sobre el cando crecese o seu máximo estado, e dicir no solsticio de verán, descartando o de inverno. Isto me recordou o efecto solar no solsticio de verán sobre dúas mámoas que estudei en Mondariz, as da Armada. No caso das da Armada, o sol no solsticio estival ponse xusto no medio das dúas facendo un efecto solar visual entre ambas, o que parece ademais pola tradición e folclore do lugar que fora un antigo lugar de culto tamén.

A parte disto, se tedes seguido meus vídeos e publicacións veredes as continuas visitas a lugares de cultos ancestrais a posta de sol, santuarios como Rodas ou a Picaraña, ou pequenos altares rupestres con simples coviñas e desaugues en cumios de emblemáticos de montes galegos orientados a posta solar e terra de occidente, como Cabeza de Manzaneda, Faro de Avión, O Galleiro...

Isto me di, hipoteticamente que pode ser unha evolución o culto o Sol caínte, que xa se realizaba en tempo das mámoas e proseguiu ate tempos castrexos con cultos en antigos lugares sagrados, como cumios dos montes ou antigos monumentos dos tamén caíntes “mortos”. Isto podería dar pe que co paso dos séculos foran tallando a pedra ata facer un pequeno altar, de seguro utilizado para o que pode parecer pequenos sacrificios ou derramamentos de líquidos (libacións), costume que continuou dende tempos megalíticos. Todo isto e un pequeno estudo persoal hipotético.

ANTA CON DECORACION

Xusto no cruce de estradas xunto o altar, se atopa a outra anta. Esta foi moi danada pola estrada e acceso a Alperiz, sendo rachada. Tan só se conservan catro pedras principais da cámara do monumento funerario, e todas rachadas sen ser a principal. Pero nesta destaca a gran riqueza de decoración que conserva.
Tratase dunha decoración moi típica en estes monumentos megalíticos na cornixa atlántica, liñas paralelas en forma de zig zag, con restos de pinturas vermellas. Non e doado que se conserven tan ben estas decoracións na nosa terra galaica debido sobre todo as humidades e solos acidosos.
Vendo esta decoración tan clara, me recordou a da anta das Antelas, no centro de Portugal, onde aparecen case os mesmos zig zag con cores vermellas, pero ademais aparece, que non ben sendo éstrano en este tipo de decoracións, a figura do heroe ou guerreiro, ou mesmo chaman, que de seguro son as representacións antepasadas das estelas pétreas posteriores a ídolos e heroes. Non sabemos se nesta anta de Altariz tamén tivo no seu pasado esa figura, pero si conserva a perfección as características liñas. Dicir que na do altar, tamén se distinguía moi ben a antiga decoración en cor vermella.

ALPERIZ

Esta pequena aldea duns 50 habitantes actualmente, moi arraigada a gandería, pertence a parroquia de Parada, situada nas terras do noreste de Lalín, dirección o veciño concello da Agorada.

Seu nome parece que deriva claramente dunha raíz xermana, co remate –RIZ, como Mondariz, 
Allariz ou ben Guitiriz, o que decanta a antiguedade do lugar. Chamoume a atención nos seus redores máis nomes de aldeias que tamén poden ter raíz xermana, como Gurgueiro ou Axiaz. Recordar que en tempo dos xermanos Suevos, durante o reino da Gallaecia foi a primeira gran represión cristian contra o mundo pagán, e tal vez tamén puido ser contra o antigo Altar o Sol.

No núcleo conservase unha capela-igrexa do século XIII, polo que nos comezos da baixa idade media, o núcleo xa estaba ben asentado. 

UBICACIÓN

Moi doado, collendo en Lalín a nacional N-640 dirección Lalín-Agolada, a metade de camiño nun crce a dereita xa nos indica Parada-Alperiz. Seguir esa estrada ata o cruce coa aldea de Alperiz, xusto no cruce, están as antas e altar, como referencia há unha granxa de porcos no seu entorno.

VIDEO RELACIONADO DAS MAMOAS DA ARMADA EN MONDARIZ

miércoles, 14 de diciembre de 2016

A BATALLA DE VILA QUEIMADA, SOBROSO ANO 1477

A batalla de Vila Queimada, Sobroso ano 1477
Cantas veces pasamos pola estrada N-120 e a altura de Vilasobroso (Mondariz), e vemos no alto, maxestoso e impoñente, unha das fortificacións medievais máis antigas da terra galaica conservadas, o castelo do Sobroso. Pero esta edificación fortificada medieval, e muito máis que un reduto inexpugnable de pedra, pois nel en tempos pasados, a sombra do monte Landín viviron, creceron e ata morreron persoas na súa longa historia.
Tal vez un dos feitos máis relevante, triste, e esquecido alí sucedido, tendo como protagonista o coñecido Pedro Madruga, sucedeu no ano 1477, e nos chega a través do cronista da época Vasco da Ponte, a batalla da Vila Queimada.
Antes desta batalla, o castelo do Sobroso e súas terras eran propiedade da familia nobiliar dos Sarmiento, orixinarios do burgo de Ribadavia. Despois do val do Tea facían fronteira coas terras dos Soutomaior, onde gobernaba o enerxético señor e conde de Caminha (Portugal), Pedro Álvarez de Soutomaior, máis coñecido como Pedro Madruga.
Contan que estando o señor do Sobroso, da familia Sarmiento, cabalgando con varios vasalos polos lindes de súas terras cos Soutomaior, foi sorprendido e prendido polo astuto Pedro Madruga. Logo o levou ata varias veces as portas do castelo do Sobroso, dicíndolle a seus defensores.
─¿Vedes a voso amo e señor? Se non entregades a fortaleza córtolle aquí a cabeza. ─Daillo! Daillo e non morrerei!─ Berraba o Sarmiento.
─Xa lla podes cortar, máis aquí non entrades!─ Contestaba Lope de Aballe, alcaide e cuñado do Sarmiento dende dentro do castelo.
Pedro Madruga non conseguía desta maneira a fortaleza, pero pronto voltaria. Con axuda de Don Alonso de Portugal, Pedro de Mendaña e outros nobres, cun exercito galaico-'portugués de cinco mil home a pe e mil cabaleiros, pon sitio e en asedio o castelo do Sobroso.
Para elo levanta unha gran empalizada de madeira que rodea a fortificación, e tamén a pequena “vila” que estaba asentada os pes do castelo, onde vivían os vasalos directos desta, dentro do cerco, tamén monta seu campamento. Pero ante a ambición e crecente poder do Soutomaior, o arcebispo de Santiago, o conde de Monterrei e outros cabaleiros galegos, deciden axudar o preso Sarmiento e romper o cerco do castelo, levando de sorpresa un exercito contra as posicións das confiadas forzas de Pedro Madruga.
Deu comezo así a batalla da Vila Queimada, onde o exercito de Pedro Madruga e seus aliados foron sorprendidos e sufriron unha importante derrota, tendo que abandoar a batalla e o sitio do castelo. Foi tan violento o choque, que a empalizada e campamento do Soutomaior foron queimados.
Nese lume foi onde se produciu a maior traxedia, pois no medio da loita e lume estaba a primitiva Vila que alí se asentaba, a cal ardeu coa empalizada e campamento, quedando muitos de seus habitantes atrapados nela.
Din que ata non fai muito, os vellos de Vilasobroso contaban, que na antiga “Vila” nunha traxedia “as casiñas de aqueles viláns todas foron queimadas con seus filliños dentro”, dando así nome a batalla, A Vila Queimada.
Tamén no lugar da “Fonte da Vila”, que recorda aínda este asentamento, quedou esta pequena lenda sobre o Pedro Madruga, “na fonte da Vila, inda hai auga a correr, foi Pedro Madruga quen a quixo beber”.
Pero o Soutomaior non desistiu, un ano despois, no 1478 voltou e conquistou a primitiva fortaleza da Picaraña, a cal defendía Álvaro da Barca e estaba construída sobre un castro. Logo edificou sobre esta pequena fortificación un castelo de vixía e posto avanzado sobre o Sobroso e as terras dos Sarmiento. Dicir que a trama e loitas nobiliarias seguiron. Fai pouco, andando polos redores dos restos da fortaleza da Picaraña, atopei marcas de muros sobre un penedo e anacos de tella medieval, o que nos indicaría que este castelo foi máis grande e importante do que parece, pero esa historia queda para outra, apertas a tod@s!


jueves, 8 de diciembre de 2016

Subida o Teleno e Pico Palo

Sábado, 12 de novembro do 2016

Antigo deus e lugar de culto, despois vixiante da maior infraestrutura de explotacións mineiras romanas de ouro que se coñece, monte de mitos e lendas, así e o Teleno, coñecido antigamente como Picu Tilenus, pois cos seus 2.188 m e o cumio máis alto dos montes galaico-leoneses-portugueses.


Por eses motivos, e polas gañas de aventura e desligarnos do mundo urban que nos rodea, alá nos imos con muitas gañas de facer esta mítica montaña das terras do noroeste. Partimos como sempre as 07:00 da mañá de Ponteareas, esta vez imos os compañeiros Tiago, Nelson e o Meigo, e dicir eu. O camiño faise longo, case catro horas de carro ata o pobo de partida, Molinaferrera, entre as terras da Maragateria (Astorga) e A Cabreira, en León. Dicir que o chegar o pobo, sabiamos tiñamos que facer 2 km por unha pista de terra ata o punto de partida, e nos enganamos, polo que nos retrasa uns 40 minutos, pero atopada de novo a ruta chegamos o punto de partida, deixado atrás a fermosa aldeia de Molinaferrera, e así comezamos o ascenso as 12:00 pasadas.

A ruta comeza cun ancho camiño ata unha pequena central eléctrica, logo comeza a subir e as zonas de arborada baixa van mudando a pradería e vexetación rasa máis de montana. O fondo xa vemos impoñente o Teleno, co cumio nubrado sobresaíndo sobre outros altos, coa mesma o camiño se vai estreitando ata converterse nun carreiro cada vez con máis desnivel. A ruta se desvía do Teleno, pois primeiro temos que subir o Pico Palo, no cal a metade de subida podemos ver o lonxe unha manada de rebecos, nos alegra súa visita e sentirnos rodeados de natureza e en silenzo, pero nos comeza a preocupar que a parte alta do Teleno mude de tempo cada media hora cunha néboa moi espesa, pero seguimos ascendendo a bo paso cara a cumio do Pico Palo.
Pico Palo

Cunhas vistas incribles a nosas costas coas terras chans da meseta o fondo, despois de subir por unha ladeira sen carreiro marcado, máis ben campo a través, chegamos o pequeno cumio do Pico Palo, a 2.031 m. Na cima ten unha pequena cruz metálica, con outra estrutura de ferro tombada que aínda a día de hoxe, non sabemos moi ben cal seria súa función. A temperatura e agradable, o tempo de nubes e claros, dicir que apenas nos choveu unha choiva fina o comezo da ruta. Pero comeza a facer cada vez máis vento, levantandose e soprando do norte, o coñecido vento do cantábrico na nosa terra coa expresión “sopra do norte”, sendo preludio de tempestade.

Agora si o temos con todo seu esplendor, fronte a nos separado por un cordón sen néboa, o Teleno, a unha distanza duns 2 km, cun pequeno descenso primeiro e logo cunha forte subida. Pero o comezar a descender polo cordón co cal deixamos atrás o Pico Palo, comeza a soprar ese vento do norte con forza e vemos como a ambos lados do monte, sube unha espesa néboa que pouco a pouco invade as ladeiras. O vemos moi claro, a néboa tamén nos tragara a nos, pero seguiremos ata o cumio, a ilusións e adrenalina nunca se perden de primeiras.

Comezamos a subida pola inclinada pendente, e a néboa nos invade, e tal súa espesura que nos cega, pois non nos deixa ver máis alá de 5 m o noso redor. Tanto que nos desvía do carreiro e nos metemos nas pedras.                                                                                              Unha auténtica cascada de pedras, esvaladizas como xeo e abruptas como cráteres, pegadiños os tres ascendemos solos, a cada alto que chegamos pensamos que o cumio, pero non e así, e sempre aparece outro como un mostro entre a tenebra. O vento sopra, pero nos respeta dentro do que cabe, mesmo así esvarar ou estar o limite de caer faise algo normal, polo que nos damos ánimos de seguido e imos advertindo con precaución do que nos imos topando, un bo traballo en equipa.

Ata que por fin cunha dor nos pes polas duras pedras importante, vemos o cumio co seu punto xeodésico e unhas bandeiriñas o puro estilo Himalaia, isto fai que todas as dores se nos quiten e a moral volta cargarnos as pilas. Apuntar que coa difícil subida, xa non estabamos pendentes do cansancio sequera, senón só de seguir subindo e non esvarar.
No pequeno cumio pedroso, o vento non nos da tregua e por mor da néboa non se mira paisaxe ningún, só a sensación de estar nunha pequena cresta de pedra a 2.188 m rodeados dun mar nubes, como un barco en alta mar, nada máis. Mesmo así  a ledicia e tal por chegar a arriba e facer cima despois dun esforzo tan grande, que todas as hostilidades que nos rodean se voltan febles, sentimos ese ben estar e sensación de felicidade que nos sae de dentro cando conseguimos un reto persoal, non se pode describir moi ben esa sensación, tal vez tamén iso sexa o fermoso deste mundo das montanas, que cada un interprete a súa maneira esa sensación felicidade e sentimento nun cumio.

Pese o ambente agradable que se atopaba nosas mentes, o forte vento e cada vez máis frío o puro estilo ventisca, pronto nos volta a realidade. Debemos xantar canto antes e baixar, antes de que nos colla de verdade o frío. No cumio há feito con pedras, similar a vivenda dun castro, un corta-ventos onde comemos. A sensación térmica o sentarnos e perder calor cae, sentimos muito frío sobre todo nas mans e pes, temos que descender canto antes. Como anécdota dicir que no pequeno refuxio corta-ventos, vimos un rato de campo que alí moraba e sacaba a cabeza de cando en vez, sorprendente e mai natureza, que no lugar menos pensado se poida atopar vida roedora a máis de 2000 metros.

Antes de descender, como non, deixo na cima un desexo persoal e outro de meu pai nun papel, cando menos, se en tempos remotos Tilenus foi un deus con devoción, o recordar o traballo, sacrificio e dureza que foi chegar arriba, nos dea forzas para seguir loitando polos nosos soños. Atrás deixamos o cumio e baixamos por un carreiro, pero nos sorprende o que empeorou o tempo, a parte da néboa espesa, o vento convertido en ventisca conxelada e moi forte, nos da na cara e custa avanzar pese ser costa abaixo, agora si sentimos o verdadeiro frío por todo o corpo.

A situación vai a pior, e decidimos parar xunto a risco que corta o vento, rodeados dunha caída da cal non se ve o fin, pois nos damos conta que nos perdemos da ruta subida, non se ve absolutamente nada, voltamos a meternos nas esbaladizas e duras pedras, a parte de que temos que cargarnos de roupa para poder vencer o frío vento. Grazas a que como sempre o compañeiro Nelson precavido, foi marcando a ruta na aplicación para o telemobil endomondo, así podemos ver onde nos atopamos e por onde subimos. Arrancamos con novas forzas, máis preparados e orientados, e o descenso mellora.
Agora máis centrados e axudándonos, e pensando e traballando en equipo máis para orientarnos, atopamos o sendeiro de baixada e pouco a pouco, a medida que baixamos o vento vai facéndose máis suave e a néboa menos cargada. Chegamos o cordón que nos une co Pico Palo, e súa suave subida que nos ven moi ben para entrar en calor. No cumio do Pico Palo de novo, a situación e muito millor e climatoloxía máis agradable, a néboa non escampou de todo, pero o vento xa é unha pequena brisa. Paramos un pouco, contemplamos por última vez, polo menos por un tempo, o Teleno mentras comentamos o difícil que foi súa ascensión e pior aínda, o seu descenso, e o rápido que muda o clima na montana, o rápido que pode mudar ata a vida nunha situación así, e de tantos que pereceron pola indomable mai natureza.
Baixando xa con tranquilidade e fora de perigos serios, o baixar máis ou menos dos 1.800 metros a néboa xa vai desaparecendo por tramos. Xa imos con calma parándonos máis e observando o fermoso entorno que nos rodea, pois imos moi ben de tempo, o non poder estar muito no cumio e facer apurados o descenso, agora temos tempo para disfrutar da montana e paisaxe que volta a verse o noso redor.
Imos atravesando os cómodas praderías, o sendeiro se ensancha e nos sorprende ver unha bandada de perdices, as cales saen voando e “zumbando” tan forme decatan nosa presenza. Entorno as 18:00 chegamos o carro, e en total, 5 horas e 38 segundos andados, 1128 metros subidos e 1106 baixados, a unha velocidade medía 2,88 km por hora, e 14,41 km realizados.

Así remata nosa aventura no Teleno, a cal pese ter seus contratempos como a vida mesma, nos segue a namorando e crece nosa afección e cariño a montana, pero sempre co seu debido respecto, tanto o seu medio natural como a perigos que poida esconder. Nos vemos proximamente subindo novos picos e montanas, un saúdo dos que vivimos esta aventura, por 1000 montanas máis!