martes, 26 de febrero de 2019

Calendario dos Entroidos da antiga Gallaecia

Traballo realizado en conxunto por o autor deste blogue, Jhonathan Zúñiga, e Eloi dos Freiría. Tal vez o publicamos algo tarde, pero o certo e que o mundo do Santo Entroido da antiga Gallaecia, non e doado facer un calendario, posto que dura dende decembro a marzo.


De seguro nos quedaron entroidos atrás, o algún fora de data, pero esperamos que este traballo de 2019, sexa unha premisa para un mellores e máis completas recopilacións de entroidos tradicionais para o 2020. Dende aquí podemos dicir, que é un orgullo ter tanta riqueza viva e poder participar nestas festas ancestrais de inverno.



                             DECEMBRO
DIA
25 -OUSILHÂO (PORTUGAL) SANTO ESTÈVÀO E AS MÁSCARAS

26 -SANZOLES DEL VINO (ZAMORA) SAÍDA DO ZANGARRÓN.
-POZUELO DE TÁBARA (ZAMORA) EL TAFARRÓN Y LA MADAMA
-FERRERAS DE ARRIBA (ZAMORA) LA FILANDORRA, LOS GIROS Y LOS FEIOS
-VILARINO TRAS LA SIERRA (ZAMORA) SALIDA DEL CABALLICO
-VIGO DE SANABRIA (ZAMORA) VISPARRAS Y TALANQUERAS
-POBLADURA DE ALISTE (ZAMORA) MASCARADA DE LA OBISPARRA
-GRIJO DE PARADA (PORTUGAL) OS CARETOS
-REBORDELO (PORUGAL) FESTA DO SAN ESTÊVÂO E OS CARETOS
-OUSILHÂO (PORTUGAL) SANTO ESTÈVÀO E AS MÁSCARAS


27 -CONSTANTÍN (MIRANDA DO DOURO-PORTUGAL) FESTA DO CAROCHO
-TRAVANCA (PORTUGAL) SANTO ESTÊVÂO E AS MÁSCARAS

31 -TRIUNFÉ DE SANABRIA (ZAMORA) O VISPARRO

LA VISPARRA, VIGO DE SANABRIA


XANEIRO
DIA
1 -LAZA (GALIZA) I SAÍDA SÓ CON CHOCAS DOS PELIQUEIROS
-MONTAMARTA (ZAMORA) VISITA DO ZAGARRÓN
-RÍO FRÍO DE ALISTE (ZAMORA) SAÍDAS DOS CAROCHOS
-SARRACÍN DE ALISTE (ZAMORA) SAÍDA DOS DIABLOS
-LA ABEJERA (LEÓN) SAÍDA DOS CENDERRONES
-BEMPOSTA (PORTUGAL) OS CHOCALHEIRO
-TÓ (MOGADOURO-PORTUGAL) O FARANDULO

5 -CUALEDRO (GALIZA) SAÍDA DOS ZARRAMANCULLEIROS
-SAN MARTÍN DE CASTAÑEDA (ZAMORA) A VISPARRA E SAÍDA DA -TALANQUEIRA
   -RARÍS (TEO-A CORUÑA) XERAIS DA ULLA
-A MEZQUITA (FRIEIRAS/GALIZA) O AGUINALDO POLOS ZAMARREIROS

6 -LA VIJANERA (SILIO-CANTABRIA) ZAMARRONES Y EL OSO DE VIJANERA
-SALSAS (BRAGANÇA-PORTUGAL) OS CARETOS
-MONTAMARTA (ZAMORA) VISITA DO ZAGARRÓN
-VALLEDOR (ASTURIES) OS REISES

7 -SALSAS (BRAGANÇA-PORTUGAL) OS CARETOS
        -MACEDA (GALIZA) I SAÍDA DOS FELOS SÓ CON CHOCAS E MÁSCARA

13 -TOMALEO (IBIAS-ASTURIES) OS REISES DE TORMALEO

17 -VALDESOTO (SIERO-ASTURIES) SIDROS Y COMEDIES
-ABEDES (VERÍN-GALIZA) CIGARRÓN NO SAN ANTÓN

19 -PIORNAL (CÁCERES) FIESTA DE JARRAMPLAS

20 -PIORNAL (CÁCERES) FIESTA DE JARRAMPLAS

26 -VIANA DO BOLO (OURENSE) MASCARADA IBÉRICA
-LA CUESTA (ZAMORA) SAÍDA DOS CAMPANEIROS
LOS CAROCHOS, O 1 DE XANEIRO EN RÍO FRÍO DE ALISTE

 FEBREIRO
DIA
2 -O BOLO (GALIZA) FOLIÓN
4 -VIGO (GALIZA) MERDEIRADA CATIVA, OS MERDEIROS
8 -LAZA (GALIZA) I FOLIÓN
9 -SANTIAGO (GALIZA) XERAIS DA ULLA
10 -LAZARÍM (LAMEGO-PORTUGAL) OS CARETOS DE LAZARÍM
-BRAGANÇA (PORTUGAL) CARNAVAL DPOS CARETOS
-XINZO DE LIMIA (GALIZA) GRANDE FARELADA
11 -SELLAÑU (PONGA-ASTURIES) OS COLMEOS E AGUINALDO A CABALLO
-SALCEDA DE CASELAS (GALIZA) RANCHO DE REIS DA FEIRA E CABALEIROS
-VIGO (GALIZA) OS MERDEIROS
13 -AVILÉS (ASTURIES) ANTROXU, DESCENSO DE GALIANA
-LAZARÍM (LAMEGO-PORTUGAL) OS CARETOS DE LAZARÍM
15     -LAZA (GALIZA) II FOLIÓN PEQUENO
16     -CASTIÑEIRIÑO (SANTIAGO/GALIZA) XERAIS DA ULLA

17    -CHANTADA/SANTIAGO DE ARRIBA (GALIZA) DOMINGO LAMBEDOIRO
21     -VERIN (GALIZA) COMPADRES
       -VIANA DO BOLO (GALIZA) COMPADRES
       -MAZANEDA (GALIZA) COMPADRES
       -A POBRA DE TRIVES (GALIZA) COMPADRES
       -MATAMÁ (LAZA/GALIZA) COMPADRES
       -OURENSE (GALIZA) COMPADRES
       -VILARIÑO DE CONSO (GALIZA) COMPADRES
CARETO DE LAZARÍM

22      -LAZA (GALIZA) III FOLIÓN PEQUENO
        -MANZANEDA (GALIZA) CEA DO LARDEIRO
        -VILARIÑO DE CONSO (GALIZA) COMPADRES

23      -BANDE (GALIZA) SÁBADO CORREDOIRO, OS TROTEIROS VISITAN ALDEAS
-ALIJA DEL INFANTADO (LEÓN) EL ANTRUEJO, JURRUS Y BIRRIAS
-PARÉ DE PIASCA (CANTABRIA) ANTRUÍDO, ZAMARRONES
-LAMELA (SILLEDA/GALIZA) XERAIS DA ULLA
-MARROZO (SANTIAGO/GALIZA) XERAIS DA ULLA
-MACEDA (OURENSE/GALIZA) SÁBADO DE DESMADRE

24 -MERZA (VILA DE CRUCES/GALIZA) XERAIS DA ULLA
-ANGROIS (SANTIAGO/GALIZA) XERAIS DA ULLA
  -EIROÁS (GALIZA) DOMINGO OLEIRO
        -POBRA DE TRIVES (GALIZA) CORREDOIRO, SAÍDA DOS FOLIÓNS
        -SEIXALBO (GALIZA) DOMINGO OLEIRO
-VERIN (GALIZA) DOMINGO CORREDOIRO, CIGARRÓNS

26      -REQUEIXO (MANZANEDA/GALIZA) FULIÓN

28 -LAZA (GALIZA) COMADRES E COMADRES
-MATAMÁ (LAZA/GALIZA) COMADRES
-OURENSE (GALIZA) COMADRES
-VIANA DO BOLO (GALIZA) XOVES DE COMADRES
-VILARIÑO DE CONSO (GALIZA) COMADRES
        -ENTRIMO (GALIZA) COMADRES
-MANZANEDA (GALIZA) COMADRES E COMPADRES
-A VEIGA (GALIZA) COMADRES E COMPADRES
        -VILARDEVÓS (GALIZA)COMADRES
        -A POBRA DE TRIVES (GALIZA) COMADRES
TROTEIROS DE BANDE

MARZO
DIA

     -LAZA (GALIZA) GRAN FOLIÓN
        -MACEDA (GALIZA) COMADRES
        -VIANA DO BOLO (GALIZA) FOLIADA E FARIÑA
        -VILARIÑO DE CONSO (GALIZA) COMADRES

2 -RIAÑO (LEÓN) ANTRUIDO DE RIAÑO, ZAMORRONES
        -COBRES (GALIZA) MADAMAS E GALÁNS
-BURBIA (O BIERZO-LEÓN) ENTROIDO DE BURBIA, MARANFALLOS
-SALCEDO (GALIZA) OSO DE SALCEDO
-A CORUÑA (GALIZA) OS CHOQUEIROS
-SAMEDE (PADERNE/GALIZA) MÁSCARAS E VIXIGUEIROS
-ARCOS (A CORUÑA/GALIZA) EXERCITO DOS PANOS, CHOQUEIROS E FARRAPEIROS
-MUÍÑOS (GALIZA) OS CABREIROS
        -ENTRIMO (GALIZA) MADAMITAS E FARRAGULLEIROS
-LAZA (GALIZA) SÁBADO DE CABRITADAS
-CASTRO DE LAZA (GALIZA) PELIQUEIROS
-CAMPOBECERROS (GALIZA) PELIQUEIROS, A VACA O CERVO E OS PARRAFÓNS
-MATAMÁ (LAZA/GALIZA) PELIQUEIROS
-VIANA DO BOLO (GALIZA) FOLIÓNS, BOTEIROS E A MULA
-VILARIÑO DE CONSO (GALIZA) FOLIÓNS E BOTEIROS
-BUXÁN (O BOLO/GALIZA) ENTROIDO DE BUXÁN
-SANDE (CARTELLE/GALIZA) PROCURA DO OSO SALVAXE
-A BANDEIRA (GALIZA) XERAIS DA ULLA
-ARINS (SANTIAGO/GALIZA) XERAIS DA ULLA
-VILANOVA (VEDRA/GALIZA) XERAIS DA ULLA
-XINZO DE LIMIA (GALIZA) PANTALLAS
-VERIN (GALIZA) BAUTIZO DO CIGARRÓN
        -BOBORÁS (GALIZA) SAÍDA DOS FELOS
        -CUALEDRO (GALIZA) SAÍDA DOS ZARRAMONCALLEIROS
        -MACEDA (GALIZA) SAÍDA DOS FELOS POLAS ALDEIAS E BAIXADA DA MARELA
        -MANZANEDA (GALIZA) FULIÓNS
        -PARADA DE SIL (GALIZA) ANXEOS POLAS ALDEIAS
        -A XIRONDA (CUALEDRO/GALIZA) CONSTRUCIÓN DO ENTROIDO DA XIRONDA
DOMINGO LAMBEDOIRO EN SANTIAGO DE ARRIBA, CHANTADA

3 -LLAMAS DE LA RIBERA (LEÓN) ANTRUEJO, GUIRRIOS
-VELILLA DE LA REINA (LEÓN) ANGTRUEJO , GUIRRIOS
-PACIOS DEL PAN (ZAMORA) VAQUILLA Y LOS CENCERROS
-LAGOA (MIRA-PORTUGAL) OS CARETOS
-PODENCE (MACEDO DOS CABALEIROS-PORTUGAL) OS CARETOS
-VILA BOA (PORTUGAL) OS CARETOS
-COBRES (VILABOA-GALIZA) MADAMAS E GALÁNS
-A CORUÑA (GALIZA) CHOQUEIROS
-SAMEDE (PADERNE/GALIZA) MASCARAS E VIXIGUEIROS
-ARCOS (A CORUÑA/GALIZA) EXERCITO DOS PANOSE CHOQUEIROS FARRAPEIROS
-CERQUEDA (A CORUÑA/GALIZA) MADAMITOS E GHUARDINEROS
-SANTIAGO DE ARRIBA (CHANTADA/GALIZA) ENTROIDO RIBEIRAO, VOLANTES E MARAGATOS
-PIONEDO (ANCARES/GALIZA) ENTROIDO DOS FACHUDOS
        -BECERREÁ (GALIZA) CHOQUEIROS
        -SALCEDO (GALIZA) OSO DE SALCEDO
        -A FEIRA E CASTRO BARREIRO (SALCEDA/GALIZA) CARROZAS CENTEARIAS E CABALEIROS
-ESGOS (GALIZA) FELOS E MADAMAS
-BOBORÁS (GALIZA) FELOS E RODOS
-BANDE (GALIZA) COCIDO DON PEDRO E TROTEIROS
-ENTRIMO (GALIZA) MADAMITAS, GALÁNS E FARANDULLEIROS
-A MEZQUITA (A MERCA/GALIZA) OS GALOS
-LAZA (GALIZA) PELIQUEIROS, MARAGATOS E A MORENA
-TAMICEIROS (LAZA/GALIZA) PELIQUEIROS E FARRAPADA
-A XIRONDA (GALIZA) MAZCARAS POLA ALDEA
-MANDIN (VERIN/GALIZA) TOURO DE MANDIN
-CARRECEDO DA SERRA (A GUDIÑA/GALIZA) FOLIÓN E BOTEIROS
-VIANA DO BOLO (GALIZA) FOLIÓNS, BOTEIROS E A MULA
-VILARIÑO DE CONSO (GALIZA) FOLIÓNS E BOTEIROS
-MANZANEDA (GALIZA) FOLIÓNS E MAZCARAS
-BUXÁN (O BOLO/GALIZA) ENTROIDO DE BUXÁN
-O BOLO (GALIZA) MAZCARAS, PUCHOS E FOLIÓN
-CELAVENTE (O BOLO/GALIZA) O BOI E O XIGANTE
-SERGUEDE (BOQUEIXÓN/GALIZA) XERAIS DA ULLA
-O EIXO (SANTIAGO/GALIZA) XERAIS DA ULLA
-SANTA CRISTINA DE VEA (A ESTRADA/GALIZA) XERAIS DA ULLA
-VILARIÑO (TEO/GALIZA) XERAIS DA ULLA
-XINZO DE LIMIA (GALIZA) PANTALLAS
-VERIN (GALIZA) DOMINGO GORDO, CIGARRÓN
-SALCEDA DE CASELAS (GALIZA) RANCHO DE DANZANTES, CABALEIROS E MAMARRACHOS.
        -CUALEDRO (GALIZA) ZARRAMONCALLEIROS
        -MACEDA (GALIZA) FELOS POLAS ALDEAS
        -MASIDE (GALIZA)FELOS A CABALO
        -OIMBRA (GALIZA) ELABORACIÓN DOS FACHUDOS DE PALLA E ADEGAS
        -SANDE (CARTELLE/GALIZA) AS BONITAS
        -SARREAUS (GALIZA) VERGALLEIROS E PELIQUEIROS
        -COVELO (MELÓN/GALIZA) DOMINGO DE ENTROIDO, O REI
        -POMBRIEGO (CABREIRA/LEÓN) MAZCARAS E MADAMAS
        -MORALES DE VALVERDE (ZAMORA) TORO, TORERO, GORDO, BIRRIAS E SEÑORITOS
       -VILLANUEVA DE VALROJO (ZAMORA) LOS CARNAVALES Y EL DEMONIO
       -LALÍN (GALIZA) ENTROIDO DA CACHARELA, O CACHARELO
      -RIBADETEA (PONTEAREAS/GALIZA) AS PERRIÑAS
      -VIGO (GALIZA) OS MERDEIROS
FOLIÓNS DE VIANA DO BOLO

4 -SANTIAGO DE ARRIBA (CHANTADA/GALIZA) ENTROIDO RIBEIRAO, VOLANTES E MARAGATOS
-COBRES (VILABOA-GALIZA) MADAMAS E GALÁNS
-SALCEDO (GALIZA) OSO DE SALCEDO
-AS EIROAS (OURENSE/GALIZA) EIROS E A SEÑORITA
-MASIDE (GALIZA) FELOS A CABALO
-BOBORÁS (GALIZA) FELOS E RODOS
-BANDE (GALIZA) LUNS FEO E RUTA DOS FARRAPEIROS
-TEIXUGUEIRAS (CELANOVA/GALIZA) ENTROIDO DAS TEIXUGUEIRAS, O MECO E PELIQUEIROS
-LAZA (GALIZA) PELIQUEIROS, MARAGATOS E A MORENA
-CASTRO DE LAZA (GALIZA) PELIQUEIROS
-MATAMÁ (LAZA/GALIZA) PELIQUEIROS
-A XIRONDA (GALIZA) MAZCARAS
-OIMBRA (GALIZA) FESTA DAS ADEGAS
-MACEDA (GALIZA) FELOS E FARRAPEIROS
-VIANA DO BOLO (GALIZA) FOLIÓNS, BOTEIROS E A MULA
-VILARIÑO DE CONSO (GALIZA) FOLIÓNS E BOTEIROS
-BUXÁN (O BOLO/GALIZA) ENTROIDO DE BUXÁN
-XINZO DE LIMIA (GALIZA) PANTALLAS
-VERIN (GALIZA) DÍA FARELADA
OSO DE SALCEDO E SEUS SECUACES

5 -VALDEFRANCOS (GALIZA) OS FARELEIROS
        -PODENCE (MACEDO DOS CABALEIROS-PORTUGAL) OS CARETOS
-LAZA (GALIZA) PELIQUEIROS, MARAGATOS E A MORENA
-CASTRO DE LAZA (GALIZA) PELIQUEIROS
-MATAMÁ (LAZA/GALIZA) PELIQUEIROS
-A XIRONDA (GALIZA) MAZCARAS
-TEIXUGUEIRAS (CELANOVA/GALIZA) ENTROIDO DAS TEIXUGUEIRAS, O MECO E PELIQUEIROS
-VIANA DO BOLO (GALIZA) FOLIÓNS, BOTEIROS E A MULA
-VILARIÑO DE CONSO (GALIZA) FOLIÓNS E BOTEIROS
-MANZANEDA (GALIZA) FOLIÓNS E MAZCARAS
-BUXÁN (O BOLO/GALIZA) ENTROIDO DE BUXÁN
-XINZO DE LIMIA (GALIZA) PANTALLAS
-VERIN (GALIZA) CIGARRÓNS
-A VEIGA (GALIZA) OS BOIS E CACHARELOS
-CELAVENTE (O BOLO/GALIZA) O BOI E O XIGANTE
-SANDE (CARTELLE/GALIZA) AS BONITAS E QUEIMA DO MECO
-FEIRA DO 5, FONTE DIAZ (TOURO/GALIZA) XERAIS DA ULLA
-A ESTRADA (GALIZA) ENTROIDO DA ESTRADA, XERAIS DA ULLA
-SAN CIBRAO (GALIZA) SAÍDA DOS FACHOS O CASTRO
-MACEDA (GALIZA) FELOS E FARRAPEIROS
-A CORUÑA (GALIZA) CHOQUEIROS
-ARCOS (A CORUÑA/GALIZA) EXERCITO DOS PANOSE CHOQUEIROS FARRAPEIROS
-COBRES (VILABOA-GALIZA) CORRIDA DO GALO
-SANTIAGO DE ARRIBA (CHANTADA/GALIZA) ENTROIDO RIBEIRAO, VOLANTES E MARAGATOS
-SALCEDO (GALIZA) OSO DE SALCEDO
-SALCEDA DE CASELAS (GALIZA) DESFILE CARROZAS CENTENARIAS
-AS EIROAS (OURENSE/GALIZA) A PITA
-BANDE (GALIZA)TROTEIROS E FARRAPEIROS
-ENTRIMO (GALIZA) MADAMITAS, GALÁNS E FARANDULLEIROS
        -LOBIOS (GALIZA) OS FOLLATEIROS
        -O COVELO (MELÓN/GALIZA) MARTES DE REINADO
        -MUGARES (TOÉN/GALIZA) SEÑORITAS E LABARDEIROS
        -OIMBRA (GALIZA) ADEGAS E FACHUCOS
-VIGO (GALIZA) OS MERDEIROS
MADAMAS E GALÁNS EN COBRES

6 -VINHAIS (PORTUGAL) A MORTE E OS DIABOS
        -BANDE (GALIZA) ENTERRO DA SARDIÑA
        -ENTRIMO (GALIZA) ENTERRO DA SARDIÑA
        -MACEDA (GALIZA) ENTERRO DA SARDIÑA
        -A POBRA DE TRIVES (GALIZA) ENTERRO DA SARDIÑA
        -VIANA DO BOLO (GALIZA) ENTERRO DA SARDIÑA
        -VILARIÑO DE CONSO (GALIZA) ENTERRO DA SARDIÑA

8 -VALTUILLE DE ARRIBA (O BIERZO/LEÓN) ENTROIDO DE VALTUILLE 
9 -POLACIONES (CANTABRIA) LOS ZAMARRONES
-CAMBRE (A CORUÑA) CHOQUEIROS
-SAN XIÁN DE SALES (VEDRA/GALIZA) XERAIS DA ULLA
        -A VEIGA (GALIZA) XUNTANZA DE FULIÓNS
        -VINHAIS (PORTUGAL) MIL DIABOSA SOLTA
-BUÑO (GALIZA) ENTERRO DA SARDIÑA, A MIKAELIÑA
10 -SAMEDE (PADERME/GALIZA) MASCARAS E VIXIGUEIROS
-BOQUEIXÓN (GALIZA) FESTA DA FILLOA, DESFILE GRANDE XERAIS DA ULLA
-SALGUEIROS (VILA DE CRUCES/GALIZA) XERAIS DA ULLA
-TROBE (VEDRA) XERAIS DA ULLA
- CAMBRE (GALIZA) ENTERRO DA SARDIÑA, A MIKAELIÑA
XERAIS DA ULLA

lunes, 18 de febrero de 2019

Domingo Lambedorio en imaxes, Chantada e Santiago de Arriba.

Simplemente dicir, que non se pode explicar con palabras e imaxes o vivido o domingo, Pasarrúas en Chantada.

A tarde en Santiago de Arriba, entroido Lambedoiro Ribeirao.

jueves, 7 de febrero de 2019

O nome de Ponteareas significa «A Ponte do Ouro»?

Comezamos ano con algo que semella interesante e moi pouco coñecido, o significado do topónimo Ponteareas. Claramente a base do asunto, e a antiga Ponte dos Remedios que cruza o Río Tea, medieval de posible orixe romana, pero temos varias hipóteses sobre a mesma ponte. Descartemos totalmente o mito de Ponte Arenas, referido a “area” que non ten pes nin cabeza.
Popularmente, sóese referir o nome composto Ponte Areas ou a Ponte de Areas, e dicir da parroquia de Areas, parroquia que si e muito máis antiga ca propia Ponteareas, e que a propia ponte dos Remedios si estivo en súas terras. Certamente é evidente, pero que significa “Areas”? Para sabelo faremos unha pequena viaxe no tempo moi produtivo o período romano e suevo que vos vai sorprender.
Fai entorno uns 2.000 ou 1.600 anos, en tempo do Imperio Romano, as terras do val do Tea tiñan unha actividade económica moi diferente a que temos hoxe, pois no propio caudal do río existiron unha serie de minas ou explotacións auríferas, e dicir, extraíase ouro do río Tea. O sistema era doado, escavábanse unha serie de canles, coñecidos aquí popularmente como Cobas ou Covas, por esas canles se desviaba o curso fluvial do río cara unha zona embarcadoiro, onde o quitar a auga e quedaba o material pesado, como os seixos e as pepitas de ouro depositadas, a isto chamábase zona de explotación, e era onde os antigos mineiros desta terra removían entre os sedimentos para sacar o apreciado ouro.
Desta maneira, temos só no concello de Ponteareas, restos arqueolóxicos de sete minas deste tipo, A Croa, A Barxamoura, As Cobas da Ponte, As Cobas, As Covas de Moreira, A Moscadeira e a Ribeira, e unha serie de castros inmediatos a elas moi defensivos, pois gardaban nada máis e nada menos, que ouro dentro, onde vivían os mineiros, como o da Croa e o Monte do Castro das Searas. A parte disto en tempo romano, no val do Tea subía unha antiga e importante Vía romana ou calzada, da cal ata inicios do século pasado conservábanse miliarios entre Padróns e Ribadetea. Ata algúns investigadores din que que puidera tratarse da Vía XIX do itinerario de Antonino, pero sen entrar en polémicas, sabemos que si era importante, e situados no corazón desa serie de minas romanas, pode estar a orixe da primeira ponte dos Remedios.
Coa caída do imperio romano, e o fin da explotación das minas, chegan a nosas terras da antiga Gallaecia, a tribo xermana dos Suevos, os cales fundan o primeiro reino do occidente europeo no ano 411, disto xa temos falado nestes artigos. Pero non só iso, senón que os suevos foron os primeiros tamén en declararse como reino cristián católico, e isto e moi importante pois de forma “cristián” por así dicilo, dividiron seu territorio no chamado Parrochiale Suevo, e aquí vai estar a clave da nosa hipótese.
E en tempo do famoso bispo San Matiño de Dume, cando se fai esta división, e o reino se divide en trece dioceses, e estas así mesmo 172 parroquias, que viñan sendo os principais núcleos de cada bisbarra onde existía unha misa fixa, de aí, de 'párroco', parroquia. Así nos aparece, na diocese de Tui, a capital histórica desta terra, a parroquia de 'AUreas', que claramente ven de 'AUrum', e dicir, ouro en latín.
É máis que posible, que esa Aureas sexa a nosa Areas actual, parroquia moi antiga onde se atopaba grande parte das minas de ouro (de aí seu nome) que era a máis importante da marxe oeste do Tea, sendo a máis importante da marxe este, Angoares, que non sabemos seu nome por aquel entón, pero si sabemos que tivo unha vila romana e posteriormente un mosteiro no lugar da igrexa parroquial actual.
Se sabemos que Aureas ou Areas ven de ouro, que estaba totalmente vinculada ao propio Tea, pois recordar os restos da antiga igrexa da Fos se atopan na ribeira do río, e que a Ponte dos Remedios era coñecida como a Ponte de Areas, nos da por lóxica que o significado da mesma ben sendo 'A Ponte do Ouro'.
E unha riqueza que nos conte tanta historia un simple topónimo, que nos recorda noso pasado mineiro dos antigos habitantes do Tea, nosos antepasados que vivían na Croa ou no castro das Searas, que sen sabelo, déronlle nome a principal vila do Tea, Ponteareas. Non é fascinante?!
Publicado para o xornal Comarcas na Rede

martes, 5 de febrero de 2019

Toponimia e etimoloxía do nome das 24 parroquias de Ponteareas


Posible significado dos nomes de nosas 24 parroquias do concello de Ponteareas, os cales algunhas son doadas e fáciles, outras poden ter varias hipóteses e outras son difíciles e con poucas alternativas para relacionalas co seu significado.

Angoares: Tal vez un dos topónimos con etimoloxía máis complexa, acompañada da antigüidade desa parroquia.
Há quen di que deriva de “angustias”, que pode cadrar coa existentaza dunha vila romana que apareceu totalmente destruída e queimada. Tamén do latín “anguis”, que ben sendo serpe, tamén recordando da importanza da serpe na antigüidade nas terras do Tea, onde aparece no mesmo castro de Troña en forma de petroglifo.
Outra hipótese persoal e que veña dun nome galaico indíxena latinizado, recordar o pasado mineiro de extracción de ouro no Tea en tempo romano, o “aurum”. En tempos dos suevos, nas terras de Tui, onde pertencía a antiga Angoares que xa existía, houbo no 466 unha revolta dun pobo chamado “aunonenses”, os cales tal vez poida ter que ver cos “angoarenses”? de ser así, e posible que esa fora a causa do arrasase da vila romana e o aristócrata local que vivía nela.

Areas: Parroquia moi antiga, que semella aparecer no parrochiale suevo do século VI nas terras de Tui co nome de Aureas, que recordando que nesa terra existiron minas de ouro, o aurum, que se extraia do Tea, semella que o nome deriva de aí.

Arcos: Parroquia tamén antiga xa nomeada no ano 991 nunha donación, o máis doado e que veña sendo o plural de “arco”, topónimo que pode dar pe a muitas denominacións. Nela existiu un mosteiro medieval onde estiveron os propios templarios un tempo curto, tal antes existiu algún pequeno templo cristián prerromano que cos seus “arcos” daría nome a parroquia, pero é outra hipótese.
Outra e que veña de “arca” ou “arcas”, que sería referido a lugar onde existiron mámoas ou túmulos megalíticos, pois a forma destas e a suposta crenza que tiñan riquezas no seu intrior, facía que popularmente as chamaran “arcas”.

Arnoso: Tamén pode vir como o anterior de “arcas” ou “arca”, pero parece que pode cadrar millor que pode vir de “areoso”, ou zona areosa, inda que tal vez vendo a zona e terreo non cadre tanto.
Outra hipótese é que sexa similar por exemplo o río “Arnoia”, o cal ten que ver co mundo dos ríos e ven do indoeuropeo.

Bugarín: Pode vir de “bugallo”, e dicir dos bugallos ou cocas dos carballos, pero persoalmente acho que ven de “pumarín”, diminutivo de “pomar”, que ven do latín e ven sendo zona de maceiras.

Celeiros: Case seguro de “celeiro”, lugar onde se garda os gran ou cereais.

Cristiñade: Non e fácil este topónimo, de sinxela maneira semella que ten que ver coa “cristiandade”, lugar onde se agrupan persoas da fe cristián. Tampouco descartar que foran terras propiedade dun tal Cristiniano ou Cristino.

Cumiar: Parroquia en terras altas do concello, e semella vir de aí seu nome, de cumio, “os que viven enriba”.

Fontela: Case seguro que veña do nome composto “fonte-vella”.

Fozara: Outro topónimo que non é doado, pode saír de forma simple que ven de “fozar”, pero persoalmente acho que ven de “foz”, val profundo por onde corre un río, neste caso o Tea, que separa dúas terras, as cales a día de hoxe están unidas pola Ponte Caneira.

Guillade: Parroquia moi antiga, que tivo un mosteiro alto medieval no lugar de Santa Leocadia, e tal vez antes, como e común, unha vila romana, a cal seu nome sería a súa evolución, Vilae, Villade e despois Guillade.

Guláns: Moi complicado, há que asegura que ven do nome Xulián ou os Xuliáns, patrón da mesma, San Xulián. Outra hipótese e que derive de “galo” e similares, referíndose popularmente a grande pedras ou penedos, ou cotos ou cumios pedregosos, de onde saen nomes como “Galleiro ou Galiñeiro”, a contorna desta parroquia ten esas características.

Moreira: De Mouro, Moureira, recordar que os mouros son seres mitolóxicos, e o mesmo tempo se refire os nosos antepasados non cristiáns, que construíron as mámoas, castros e ate castelos e pontes. Recordar que esta parroquia ten cando menos unha mámoa e unha mina romana. Tamén pode vir de que no lugar se plantase “liño mouro”.

Nogueira: De lugar onde había arbores nogueiras.

Padróns: Os “pedróns” ou “padróns” era como se coñecían popularmente os miliarios romanos, e dicir, os monólitos de pedra que marcaban as distanzas nas vías romanas, e recordando que entre esta parroquia e Ribadetea existiron, temos de seguro a etimoloxía de seu nome.

Paredes: Claramente ven de “parede”, tal vez polos socalcos sobre o Tea cara o monte Periquiña, ou polas paredes mesmo das cortes e vivendas tal vez algún día abandonadas.

Pías: De pía, na parroquia na ribeira do Tea existe o lugar “das pías”, onde as pedras no río teñen grande cantidade de pías naturais feitas pola erosión das augas.

Ponteareas:  Da Ponde de Areas, parroquia a cal pertencía a Ponte dos Remedios, que deu nome a Ponteareas.

Prado: De prado ou pradería.

Ribadetea: Do latín ripae, que é ribeira, a ribeira do Tea.

San Lourenzo de Oliveira: Parte da antiga parroquia que aparece na idade media co nome de Ulveira, e dicir, lugar onde abundas as oliveiras. Cando esta parroquia se dividiu, nun principio se fixo en catro, as tres do concello e outra desaparecida chamada Santa Cruz de Oliveira.

San Mateo de Oliveira: Parte da antiga parroquia que aparece na idade media co nome de Ulveira, e dicir, lugar onde abundas as oliveiras. Cando esta parroquia se dividiu, nun principio se fixo en catro, as tres do concello e outra desaparecida chamada Santa Cruz de Oliveira.

Santiago de Oliveria: Parte da antiga parroquia que aparece na idade media co nome de Ulveira, e dicir, lugar onde abundas as oliveiras. Cando esta parroquia se dividiu, nun principio se fixo en catro, as tres do concello e outra desaparecida chamada Santa Cruz de Oliveira.

Xinzo: Derradeiro e último topónimo, de moi difícil en principio tipoloxía, pode vir de “xisto”, que son certo tipo de pedras fáciles de laminar, a parroquia ten muita tradición canteira, pero este topónimo se da en zonas máis pizarreiras.

A verdade este topónimo e tal vez o máis difícil, existen na terra galega máis Xinzos como o da Limia, e soen estar en lugares viarios, pero practicamente non há información de onde pode vir ese nome.