Mostrando entradas con la etiqueta anteriores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta anteriores. Mostrar todas las entradas

martes, 11 de junio de 2019

Galiza destruída, o encoro das Cunchas

Setembro de 1.949, en plena ditadura e represión do xeneral Francisco Franco. visita o sur da provincia de Ourense, máis en concreto a Baixa Limia. Súa visita as terras da Galiza como normalmente sucedía, non é bo para nada, polo menos para os poboadores os que tocaballes como se fora por sorteo unha desgraza moi común por eses tempos, o roubo da terra e vida para a construción dun encoro. Así en setembro de 1.949 inaugurábase o embalse das Cunchas nas terras da Baixa Limia, que afectaba os concellos de Bande, Muiños e Lobeira. 
Construción do encoro das Cunchas.


Ese mesmo día, co ditador presente na inauguración, un valente grupo de veciños vendo a desgraza da que tocaranlles ser vítimas, despregaron unha pancarta que puña, “Franco, el pueblo quiere hablarte”, pero o ditador non fixo caso dela algún.
Arriba, Franco na inauguración da presa. Abaixo, o encoro a pleno rendemento nos primeiros días

As augas do Río Limia subiron rapidamente para inundar os campos, pero non só os campos, senón unhas terras que custodiaban un grande patrimonio. Quedaban así baixo as augas do encoro os restos do campamento romano de Aquis Querquennis, chamado popularmente “A Cidá”, xoia patrimonial romana que nos seus tempos vixiaba a famosa calzada romana Vía XVIII que unía Bracara con Asturica (Braga -Astorga), tamén coñecida como a Vía Nova. Baixo as augas do Limia, os veciños non só perdían súas terras, senón tamén unha parte de si, de seu pasado e historia.
 
Vista o encoro das cunchas, que somerxeu parte do val do Limia. Abaixo, restos do campamento Aquis Querquennis semi cuberto polas augas.

Tamén baixo as augas, quedaron os restos patrimoniais dun monumento que fora nomeado tan só cinco anos antes Monumento Histórico -Artístico. Co mesmo orixe romano, tratábase da Ponte da Pedriña, que tamén formaba parte da Vía Nova romana. Coa seca da presa, aínda se pode ver como unha fantasma os restos que quedan da ponte, que tiña unha fermosa lenda que puiden atopar na rede, a cal o fin, parece que se cumpriu a maldición. Esta di así.


Un mozo de Santa Cruz roldaba unha moza da outra beira do río. Para ir xunta dela tiña que cruzar polas poldras, pero unha enchente de auga que arroiba impediulle atravesar. O mozo botaba xuramentos e maldicións, tantos e tan fortes que se presentou o demo, e propúxolle un trato. Do acordado resultou que o demo comprometíase a traballar toda a noite para construír unha ponte e o mozo, a cambio, tería que entregarlle a alma cando morrese.
   O mozo aceptou o trato e o demo, vindo a noite, púxose a facer a ponte. Traballou e traballou, máis ao mencer aínda lle quedaba unha pedra por colocar. Por unha pedriña non deu rematado a obra.
   Contrariado polo contratempo o demo seica dixo:
   -Por culpa dunha pedriña
     nunca me fuches pagada!
     Vivirás sempre maldita
     e morrerás afogada!
    Aquela maldición deulle nome á ponte. O máis curioso, porén, é que sen a pedra que lle faltaba, a ponte foi de moita utilidade desde tempos romanos ata que os argalleiros e escuros do encoro, cumpriron a maldición.

El non será o demo tamén o que constrúe os encoros?.
A Ponte da Pedriña, foto e inicios do século pasado.

Este artigo o publiquei fai sete anos en:

jueves, 7 de marzo de 2019

Ribadetea quere recuperar as súas «Perriñas» tradicionais do Entroido

De seguro, grande parte das persoas maiores de trinta anos desta parroquia e das dos redores, recorda de neno saír as “perriñas” no entroido, pero o certo é que dende fai muitos anos, as “perriñas” desapareceron das rúas e camiños de Ribadetea. Jhonathan Zúñiga e Alex Álvarez, coa colaboración da AA.VV San Xurxo de Ribadetea, decidiron este ano facer unha pequena saída no domingo de entroido vestidos coa tradicional roupa vella de perriña e percorrer parte da aldea.
“A vestimenta tradicional da perriña consistía en por roupa vella, normalmente de persoas maiores recordando o auxe desta tradición fai muitas décadas atrás, cubrir a identidade cunha máscara, millor se é feita por un mesmo a antiga usanza, ou cando menos tapar o rostro cun pano da cabeza, e como non levar a “vara”, para aqueles que quixeran levantar as máscaras”, comenta Jhonathan Zúñiga.
O rito era similar o truco-trato, íase polas casas en grupo e pedíase “perriñaa, perriñaa”, e os que daban moedas ou de beber e comer, mostrábaselle a identidade, se estes sen dar nada tentaban quitarcha a máscara ou pano dábaselle coa vara. En tempos do franquismo, pola falta de moedas soia darse un ovo, pero o final sempre era o mesmo obxectivo, co xuntado facer unha “merendola” ou pequeno banquete colectivo. Nesta tradición saian saír nenos e rapaces, inda que no pasado tamén os acompañaban adultos igualmente vestidos.
En canto a súa antigüidade desta tradición, “recordar que perriña ven de “perra”, os antigos céntimos das pesetas, que circularon do século XIX os anos corenta”. A día de hoxe inda queda muita xente maior de entre 75 e 85 anos con boa memoria que viviron a festividade na súa esencia máis pura, polo que estase a tempo de recuperar, ate din que os máis enxeñosos facían súas máscaras con osos de animais.
“Para o ano que ben, esperamos traballar máis noso entroido popular e facer unha saída maior, para recuperar e por en valor esta tradición tan nosa que ven directa de nosos avós”, argumenta Jhonathan Zúñiga e engade, “pois non há nada máis tradicional no entroido galego que por unha máscara e roupas vellas, e por un día ser outro, desfrutando do día e da compañía da túa comunidade en complicidade”
Publicado para Comarcas na Rede:

domingo, 27 de enero de 2019

Anteriores, Os clans do Suído que podían facer a choiva.

Vídeo realizado fai uns anos, nas Serras do Suído, onde se contaba de certos clans, que subindo a un lugar secreto do monte, e movendo unhas pedras en círculo, atraían as nubes facendo que chovera.

jueves, 15 de marzo de 2018

Anteriores, as tres cruces, Mondariz-Balneario

No barrio de San Pedro, no pequeno concello de Mondariz-Balneario, moi preto da ribeira do río Xabriña, no lugar coñecido como O Bosque, nos atopamos con este peculiar monumento.

Tratase de As Tres Cruces, o conxunto formado por unha grande pedra granítica apoiada en dous chanzos, que o fan moi similar a un dolmen, polo que há quen pensa que o é. Na súa parte superior foron colocadas tres grandes cruces, tamén en granito sen imaxes que representan o Calvario. Na pedra hai tallada unha data, que marca o ano 1700, seguramente ano no que se colocaron estas tres cruces.

Pero en As Tres cruces hai moito máis, xa que na pedra base tamén existen petroglifos, algúns cristiáns, como representacións de cruces, pero outros parecen moito máis anteriores, así distínguense al menos tres coviñas ou cazeroletas. Tamén na cima, xunto as cruces, hai cavada na pedra unha pequena pía, con forma rectangular (ES-OS) que de seguro tiña un uso relixioso ou ritual.

Este monumento e un claro símbolo de cristianización dun culto pagán, de entrada pode ser que no seu orixe fose un dolmen ou un santurio pagán, o cal tamén tiña petróglifos, polo menos na pedra base. Nos redores tamén se atopa a capela de San Pedro, do século XIII.

Vista os apoios da pedra base, os cales nos recorda os dos dolmens.
Na pedra base podemos ver petróglifos como esta coviña (esquerda) e a outra representación (dereita).
Na cima, xunto as cruces pía rectangular.

FICHA TÉCNICA

CATEGORIA DO BEN: Catalogado (Catálogo da Xunta e do PXOM)
PARROQUIA: Barrio de San Pedro, Mondariz-Balneario
ADSCRIPCIÓN TIPOLÓXICA:  Varios, ben histórico/cultural
DATACIÓN: Descoñecida / Moderna
CLASIFICACIÓN DO SOLO: Protexido
 USO DO SOLO: Público (zona recreativa)
PROPIEDADE: Pública
ESTADO: Bastante bo a que pertence a cronoloxía máis actual, e dicir a cristián, a anterior pagán atopase moi deteriorada.

DEBUXOS DE ALGUNHAS REPRESENTACIÓNS GRÁFICAS DA PEDRA (PETROGLIFOS)
Esta entrada a publiquei o 10 de abril do 2013 no blogue
Ponteareas Historia Viva


lunes, 22 de mayo de 2017

Toponimia e micro-toponimia do Condado

Publicado anteriormente no blogue Ponteareas Historia Viva o mercores, 21 de outubro do 2015
http://ponteareashistoriaviva.blogspot.com.es/2015/10/toponimia-e-micro-toponimia-do-condado.html

Nova sección do blogue dedicado a toponimia ou nomes do lugar tanto maior, como nomes de parroquias ou barrios como menor, como poden ser zonas de cultivo, lindes ou sitios concretos.
Recordar que a toponimia e unha gran pista para procurar patrimonio ou mesmo a historia dun lugar.

Comezamos esta sección co lugar da Croa, no barrio da Barxela na Parroquia de Ribadetea (Ponteareas), onde a partir da nome do Castro que ali existiu sairon o seu redor outros pequenos nomes de lugar ou topónimos.

                                                              RIBADETEA
TOPONIMIA MAIOR                         A BARXELA
                                                              A CROA OU MONTES DA CROA

                                                              GELAS
                                                              MUÍÑO DO RÍO
                                                              POZO OU REMUÍÑO
                                                                   DOS MOUROS
                                                              COROA, COUTO OU
TOPONIMIA MENOR                          CASTRO DA CROA
                                                              RÍO DA CROA
                                                              ILLA DA CROA
                                                              OS PASOS
                                                              MUÍÑOS DA CROA
                                                              CADAVÁS DE ARRIBA
                                                              CAMPO DA BARXELA

O lugar da Croa se atopa no extenso barrio da Barxela na parroquia de Ribadetea. Esta na ribeira do Río Tea e naceu de seguro grazas a mineiría romana, tendo restos dunha mina romana da cal non se conserva topónimo coñecido e un castro vinculada a esta, o castro da Croa.

TOPONIMIA MAIOR

RIBADETEA: Vén de "Ribeira do Tea" de forma abreviada, pois esta parroquia extendese pola marxe do río Tea.

A BARXELA: Nome que vén de Barcia ou Barciela, que son zonas cultivables preto do río. Neste caso o topónimo coincide co lugar perfectamente, á parte A Barxela e o barrio máis extenso e chan de Ribadetea. 

MONTES DA CROA: A Croa e un topónimo céltico que significa "acrópole" ou zona elevada fortificada, neste caso en referencia o asentamento castrexo que temos no lugar. O de montes vén en referencia os montes que rodean este xacemento antigo.

TOPONIMIA MENOR

COROA, COUTO OU CASTRO DA CROA: Os tres nomes refirense o mesmo lugar, os restos do asentamento castrexo da Croa. Esta elevación artificial sobre o terreo en forma defensiva atopase a 40 m sobre o nivel do mar, baixo ela esconde un castro aterrado. Destaca o topónimo "Coroa", pois ten unha planta característica dos asentamentos mineiros onde destaca súa abrupta estructura e alteracións de defensa, estando na parte central a elevación onde viviría a poboación do asentamento, a cal o redor desta meseta circular existiría unha muralla da cal há algúns restos que faría forma de "coroa" a esta parte alta.
Alteracións no terreo en forma de parapetos e elevacións no Castro da Croa.

GELAS: Difícil topónimo, pode ter orixe céltico ou xermano pola raíz GE. E moi probable que pola preto que se atopa o castro da Croa que tamén teña de raíz céltica. Na outra beira do río, na parroquia de Prado se chama "Portagelas".
Entorno da zona de Gelas

O MUÍÑO DO RÍO: Tamén coñecido como "muíño de Gelas" por atoparse nese lugar. O topónimo ben claramente do muíño que atopase a día de hoxe en ruinas na beira do río Tea. Dicir por curiosidade que este muíño tiña cinco moas na mesma estrutura. 

POZO OU REMUÍÑO DOS MOUROS: Curioso lugar no río alterado artificialmente que parece ser que foi no seu tempo o embarcadeiro do castro. Ten forma de pequeno "golfo" no río, polo que coa presión da corrente o caude entra neste e xira facendo un remuíño, súas augas no centro son moi escuras, como ben nos dín os dous topónimos. Conserva lendas dos "mouros" e esta o pe do castro.

RÍO DA CROA: Lugar onde se atopa a praia fluvial da Croa no Tea.

ILLA DA CROA: Illa situada na praia fluvial da Croa no Tea.

MUÍÑOS DA CROA: Sen saír da mesma zona do Río da Croa, atopanse as ruinas dos muíños que alí había.
Ruinas dos muíños da Croa

OS PASOS: Pasos ou poldras antigas que cruzan o Tea e unen a parroquia de Ribadetea coa de Prado. Tratase de pedras chantadas no río nunha zona moi pouco funda.

CADAVÁS DE ARRIBA: (Tamén existe Cadavás de Abaixo) este nome ben de cadavo, que son terras queimadas para o terreo.

CAMPO DA BARXELA: Lugar onde se atopa o campo de fútbol de Ribadetea. Unha curiosidade e que este foi feito sobre o que parece ser a "zona de explotación" ou "embalsamento" do que foron as minas romanas da Croa. E un terreo moi barroso con pouca drenaxe e chea de seixos ou croios de río.

domingo, 12 de febrero de 2017

Galiza paraíso infinito, recordos.

Este o vídeo o publiquei no anterior canal de you tube que tiña, O Meigo do Tea, o 30 de xaneiros do 2014, polo que ten algo máis de 2 anos.

Nel, coa fermosa melodía “A Barroca” mostro paisaxes de viaxes persoais pola nosa insólita e bela terra galaica. Quero adicar por varios motivos este vídeo a memoria de Basilio Juan Iglesias Fontela, do cal a parte de gran amigo muito me ensínache, sen ir máis lonxe esta fermosa musica da Barroca, e destas fotos de viaxes que ambos nos gostaba tanto falar e intercambiar vivenzas. Descansa en paz compañeiro, sei que che vai gostar e prestar este vídeo.


Nos últimos anos foron varios os seres queridos que me se foron, e éstrano, pero cada un coas súas vivenzas e recordos xunto a min, tentarei recordar súa memoria.

miércoles, 21 de septiembre de 2016

Galiza destruída, As Encrobas, un antigo drama





As Encrobas, ano 1976-1977.

O val das Encrobas atopase en Cerceda, onde polos anos do fin da ditadura e comezos da transición, levouse a cabo un dos maiores atentados esta terra e pobo galego, facer unha mina a ceo aberto de carbón no val, acabando así co entorno e vida das aldeas alí asentadas.


Os veciños, cheos de razón, valentía e raiba fixeron fronte as forzas de represión que alí se presentaron, acabando muitos e muitas detidas, un exemplo, a famosa foto da ancián aquí mostrada facéndolle fronte as forzas represivas. O final chegouse un acordo, pero pouco respetado pola empresa responsable da mina, Unión Fenosa, o que fixo que a día de hoxe máis de mil habitantes abandoaron o pequeno val. As fotos o din todo, terra e de quen a traballa.


                                
                                
                                 




sábado, 23 de julio de 2016

Galiza destruída, o encoro de As Portas



Publicado no anterior blogue "Paisaxes e retratos da Galiza", no martes 31 de xaneiro, do 2012

Galiza destruída: O encoro de As Portas

Situámonos cerca das terras máis altas da Galiza oriental ourensán, no concellos de Vilariño de Conso, na bisbarra da Terra de Viana, onde a principios dos setenta construiuse o maior encoro da provincia de Ourense, o de As Portas.

Situase xeograficamete na conca do Río Camba, onde antes de existir esta mostruosa lagoa artificial era un fermoso val de alta montaña. Nese alto val do Río Camba, existían pequenas e fermosas aldeas como a de Veiga de Camba, Campo e Cambalán entre outras, hoxe desaparecidas para sempre baixo as augas do encoro. Nas dúas primeiras fotos podemos ver o gran cambio que sufriu o val do Camba.
O encoro comezouse a construir no 1972, e foi rematado no 1974, a finais do franquismo. Pertence a empresa Iberduero, a cal presume de ecoloxista, pero claro ante os cartos doados e con todo o apoio das autoridades da zona e nacionais, non lle foi dificil evacuar cara outra zona as sesenta familias que vivian no val do Camba. Estas tiveron que trasladarse entre outros sitios a parroquia de Ventas da Capela, sen poider queixarse sequera.


Nas dúas fotos superiores podemos ver dúas imaxes antigas da perdida aldea de Veiga de Camba. Seus veciños, case todos instalados na parroquia de Ventas da Capala, a cal esta dividida entre os concellos de Vilariño e A Gudiña, aínda celebran cada 5 de setembro as festas a San Martín, onde conmemoran o recordo a súa antiga parroquia natal, Veiga de Camba.
Agora xa co paso dos anos, como sempre todo esta en calma. As feridas e augas cubriron as ribeiras do Camba e con elas as leiras, cortes e vivendas dos antigos habitantes do val. Xa son só recordos e historias os que recordan a antiga vida axetreada de aquelas xentes que habiataban aquel val, rodeado de altos cumes e montañas... O máis triste debe ser para os antigos lugareños desas terras, ver o xigantesco muro de formigón que divide dous mundos, un que aínda pervive parte do antigo val a un lado, con seus prados e núcleos de poboación, e outro que xa se perdou no olvido baixo as augas do encoro.
http://paisaxeseretratosdagaliza.blogspot.com.es/2012/01/galiza-destruida-o-encoro-de-as-portas.html

sábado, 2 de julio de 2016

Poboacións da Galiza fotografiadas

Publicado no anterior blogue "Paisaxes e retratos da Galiza", o mércores 27 de marzo do 2013 e martes, 31 de xaneiro de 2012.

Vista a Laxe e seu fermoso entorno na Costa da Morte, A coruña
O pobo de Cortegada (Ourense) atopase no boscoso val do río Miño, que fai de fronteira natural coa provincia de Pontevedra.
Nas terras máis altas da Galiza, sobre o encoro de Prada vista a poboación da Veiga de Valdeorras, Ourense.
Tradicional aldea de Seceda, no concello do Cualedro, Ourense.
Sobre liñas fotos do pobo medieval de Santa Mariña de Augas Santas, no concello de Allariz (Ourense). Esta pequena aldea ten un  importante patrimonio histórico e relixioso, sendo un antigo lugar de culto pagán galaico e cristián, con presenza templaria. Conserva aínda un pintoresco núcleo urbán.
Asentado sobre as augas do rio Ulla no seu tramo final, Pontecesures (Pontevedra) e a capital do seu pequeno propio concello que conta con máis de 3.000 habitantes. Súa enclave na fronteira natural entre as provincias de Pontevedra e a Coruña, así como súa cercania as cidades de Pontevedra e Santiago, fixo que seus redores prosperaran industrialmente.
A pequena aldea de Sabuguido, atopase rodeada dunhas fermosas paisaxes moi preto do parque natural do Invernadoiro. Esta situada os pés do val do río Conso e as espaldas altos cumes do Macizo de San Mamede, pertencendo o concello de Vilariño de Conso, na bisbarra de Viana, Ourense.
 O núcleo urbán de Sarria atopase na zona sur-central da provincia de Lugo, a camiño entre a chaira do Miño e as montañas orientais lucenses.  Este núcleo conta con máis de 9.000 habitantes dos 13.350 que ten o concello, sendo asi unha das principais poboacións da provincia e do interior galego, ademáis de ser tamén o centro industrial e de servizos da súa bisbarra (que ten seu nome) e redores.
Panorámica dende o famoso monte de Santa Tegra, onde se atopa uns dos maiores e máis famosos asentamentos da cultura castrexa do noroeste. Abaixo podemos ver a liña do océano Atlántico coa costa e o núcleo do pobo mariñeiro da Guarda (Pontevedra), con as abruptas montañas da Serra da Groba o fondo. 

miércoles, 15 de junio de 2016

Fauna fotografiada no Brasil

Da miña curta tempada morando no Brasil, vos deixo unhas fotos de parte da fauna que fun fotografiando nas súas matas.
Bem-te-vi (Pintagus sulphuratus)
Abunda en sur América, destaca pola cor amarela no peito o que faino un ave moi fermosa.

Fotografiados na zona da Praia do Forte.

Centopeia ou quilópedes
Artrópodo de gran tamaño que segundo a especie soe ter entre 15 e 191 pares de patas, e alargado e con antenas.

Fotografiado na Reserva Sapiranga (Mata de Sâo Joâo)

Jararaca (Brothrops)
Serpe moi velenosa de pequeno tamaño que abunda no Brasil, ten as escamas con cores acastañadas e soe ser nocturna, estrana de ver recomendase non acercarse muito a ela.
Fotografiada na Reserva Sapiranga (Mata de Sâo Joâo)

Lesma do mar (Aplysia)
Estés animáis sonsimilares as lesmas de terra, cando están ameazadas liberan nubes de tinta para dificultar a vista do atacante. Moi abundantes nos recifes do Brasil.
Fotografiado nos corais de Praia do Forte.

Urubu (Condor) (Cathartidae)
Tamén coñecido como o "buitre do novo mundo" polo seu parecido co buitre, pero non son a mesma especie, aínda que ten muitas similitudes como a alimentación de carroña como animáis mortos.

Fotografiado nas cercanias da Chapada da Diamantina, no interior do estado da Bahía na zona semi-árida ou "Sertao Bahiano".

Tórtolas (neste caso a Stroptopelia Senegalensis)
De familia das pombas, ave migratoria de África cara sur América
Fotografiado en Praia do Forte, Bahía

Marabunta, formiga Guerreira ou Lexionaria 
Tipo de formiga migratoria e agresiva, móvense como auténticos exércitos cazando o seu paso súas vítimas. Algunhas colonias poden ter máis de 2 millóns de formigas, o ser migratorias non constrúen formigueiros e destaca súa forte mandíbula.
Fotografiado na reserva Sapiranga, Bahía

Mico ou Sagui (Callitrichidae) 
Especie de primates de pequeno tamaño expandidos polas zonas tropicais de sur América, tamén coñecidos como titís.
Fotografiados por distintas zonas da Bahía

Chama-maré (Ocypodidae)
Cangrexos atlánticos polo xeral de pequeno tamaño, soen andar en grandes grupos polos areais. destaca no macho por ter unha pinza muito maior e desenvolvida ca outra. 
Fotografiados en distintos areais da Bahía

Calango (Tropidurus oreadicus)
Especie de lagarto que pode chegar os 30 cm, non e agresivo e soe habitar en lugares tranquilos onde abunda a madeira para camuflarse.
Fotografiados en distintas zonas de Praia do Forte, Bahía

Publicado no blogue Ponteareas Historia Viva no venres, 23 de agosto de 2013