miércoles, 29 de agosto de 2018

RUTA DA PONTE DO RAMO E PETROGLIFOS DE CEQUERIL (PR-G 123)

Nesta ocasión Tania Bouzas e eu (Jhonathan Meigo do Tea) nos desprazamos as terras pontevedresas do concello de Cuntis, máis precisamente a parroquia de Cequeril na ribeira do río Umía, para realizar a ruta ou sendeiro PR-G 123, Ponte de Ramo-petroglifos de Cequeril, a cal ten un alto valor etnográfico e naturista, cunha dificultade baixa e uns 7 km de recorrido.
Aparcamos e arrancamos da Ponte do Ramo, a cal se atopa moi modernizada actualmente o pasar unha estrada por ela, pero dicir que nela se practicaba unha curiosa e tradicional cerimonia galaica como en outras muitas outras pontes galegas, que ten que ver coa fertilidade e bautismo. A base da cerimonia se repite sempre nestas tradicións, as mulleres as cales custáballe quedar en cinta, esperaban a media noite que alguén cruzase a ponte, o cal pasaría a ser o padriño ou madriña do futuro retoño, tradición cun orixe incerto pero que se perde na noite dos tempos.
Comezamos o roteiro na marxe do Umía, cunha fermosa paisaxe tranquila de ribeira, a pouca distanza, comezan aparecer os muíños, comezando polos de Puntalta, estando algúns restaurados.

Pasados os muíños o roteiro se separado Umía, subindo o Alto da Portela, baixando por unha vía que pode ter orixe romana, para dar nunha zona máis poboada, a aldea Conles, onde atopamos unha fonte. 
Dende este punto, comezaremos a ascender as lombas do Monte Rañadoiro nunha pequena distanza, até uns 400 m máis ou menos, onde nos espera tal vez a xoia desta ruta, o petroglifo da Laxe dos Homes, que se atopa entre outras estacións onde predominan os círculos concéntricos e coviñas.

En canto a Laxe dos Homes, e algo único na Terra, do cal nin se sabe datar moi ben nin seu significado. Se trata do que semella unha muller (por ter unha coviña na zona e xenitais), a cal se atopa con estranas vestimentas e ate unha posible mascara con cornos, a cal ten agarrado o que parece un home, por ter un xenital eréctil, o que semella inmobilizado. Nosa teoría hipotética sobre o que pode representar, o podedes ver explicado no vídeo de abaixo.

Deixados os petroglifos atrás cunha fermosa vista da contorna, comezamos o descenso cara a Cequeril, onde nos metemos en parte do núcleo, onde se pasa por moi cerca da igrexa. Por último se sube un pouco ate o Outeiro da Laxe para voltar descender a Ponte do Ramo.

Tipo de ruta: Circular
Lonxitude: 7 km
Dificultade: Baixa
Valoración: Etnográfica e natural.
Puntuación: 7,5

Vídeo con nosa teoría do significado do petroglifo da Laxe dos Homes.


martes, 21 de agosto de 2018

Actuación Meigo do Tea na Festa do Ouro de Margaride de Lor, incrible!

Un ano máis, ben sendo un pracer e orgullo facer parte da Festa do Ouro, na pequena aldea de Margaride de Lor (Quiroga). Entre amigos e amigas, o trato e hospitalidade e difícil de expresar por aquí, pero se pode dicir case que actuamos na casa.

Este ano, xunto a Tania, o durbede Xavier o Kallaico, o gaiteiro Eloi das Freirias, o guerreiro do clan do Lor, Macía e case que a aldeia enteira e outros amigos, realizamos nada menos que un bauticeiro, o do pequeno Mateo, outro colectivo no novo clan dos Pallots, e cinco vodas con seu ritual e procesión a Poza Sagrada.

A parte, para rematar estreamos novo ritual da Adusberta protectora, desta vez o “das tres forzas”, implorando e facendo ofrenda a Auga, Lume e o Ar dos antigos deuses, rematando co conxuro tradicional.

En festividades así, e moi doado actuar, así que por todo e un ano máis, GRAZAS MARGARIDE! VIVA A FESTA DO OURO!