Mostrando entradas con la etiqueta estación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta estación. Mostrar todas las entradas

martes, 17 de diciembre de 2019

CALENDARIO DOS RANCHOS DE REIS NO CONDADO


O sol morre no solsticio de inverno para voltar nacer, coller forza e facer crecer os días. No noso calendario actual isto é entre o 21 e o 23 de decembro, polo que comeza o ciclo invernal e súas festas e rituais solares, danzas e mascaradas, máis coñecidas como festas de Entroido.

Na nosa terra do Condado, gardamos un importantísimo e riquísimo legado, pouco coñecido e valorado, pero totalmente relacionado con estas festas e ritos. Pero non só O Condado e terra de Ranchos de Reis, tamén existen noutros muitos lugares do noroeste e Europa nas mesmas datas de inverno, pero aquí vos imos mostrar as datas nas que actúan os sete ranchos que actualmente inda tocan e bailan na bisbarra, inda que no pasado chegou a haber ate varios por parroquia.

Este é o preludio e anticipo dun traballo máis amplo que estamos desenrolando e facendo dende a Asociación Patrimonial e Cultural Val do Tea, esperemos que sexan muitos os visitantes que veñan e coñezan estas antigas danzas e tradición.

DECEMBRO


DÍA

22 - PONTEAREAS, II FESTIVAL DANZA DE REIS INTERNACIONAL(AS 17:00)
     RANCHO DE OLIVEIRA
     RANCHO DE FOZARA
     RANCHO DE GULANS
     RANCHO DE RÍO FRÍO
     GF BARCELINHOS (PORTUGAL)
29 - RIBADETEA (PONTEAREAS), DESPOIS DA MISA (13:00)
     RANCHO DE FOZARA
Foto do Rancho de Reis o 5 de xaneiro do ano 1926.

    - SALCEDA, XUNTANZA DE RANCHOS DE REIS
     RANCHO DE REIS SANTA MARÍA DE SALCEDA
    RANCHO DE REIS DE GULÁNS
Rancho de Reis de Santa María de Salceda


XANEIRO
  
DÍA

5 - PONTEAREAS, DESFILE CABALGATA DE REIS
     RANCHO DE FOZARA
     RANCHO DE OLIVEIRA
     RANCHO DE GULÁNS
Rancho de Reis de Fozara


   -  MONDARIZ, DESFILE CABALGATA DE REIS
    RANCHO DE RÍO FRÍO
Rancho de Río Frío

     LOURIDO (SALVATERRA)
     RANCHO DE REIS DE LOURIDO

     FORNELOS DA RIBEIRA (SALVATERRA)
    RANCHO DE REIS DE LOURIDO
    
     VILACOBA (SALVATERRA)
     RANCHO DE REIS DE LOURIDO

    MOREIRA (PONTEAREAS)

    RANCHO DE REIS DE LOURIDO

6 -  REDONDELA, POLA MAÑÁ, RANCHO DE CORTELLAS
       GULÁNS (PONTEAREAS), RANCHO DE GULÁNS
       CORTELLAS (PONTEAREAS), RANCHO DAS CORTELLAS
       FOZARA (PONTEAREAS), RANCHO DE FOZARA
      OLIVEIRA (PONTEAREAS) RANCHO DE OLIVEIRA
      RÍO FRÍO (MONDARIZ), RANCHO DE RÍO FRIO
      LIRA (SALVATERRA), RANCHO DE LIRA
Rancho das Cortellas

7 - GULÁNS (PONTEAREAS), SAN JUALIÁN, RANCHO DE GULÁNS
Rancho de Reis de Guláns

martes, 25 de junio de 2019

O San Xoán de Callobre, o rito do Lumeiro dende a aldea o seu propio castro

Un rito, unha parroquia e o grande traballo de querer recuperar as antigas tradicións desta terra, segundo o noso antigo legado celta.

Todo comeza no propio solpor da noite de San Xoán, no camiño da raíña Alda (que significa a máis bela) polas rúas e camiños de Callobre (A Estrada) ate o monte do Castro da Fervenza. Este camiño o fai acompañada polas súas doce damas, unha por cada mes do ano, as cales portan a chama do lumeiro ate o poboado galaico, onde as esperan os guerreiros e súa tribo.

Neste non falta o son das gaitas máis da percusión tradicional, un pracer e toda vivenza que nos deixaran acompañar o séquito, iluminando co lume novo do verán as escuras corredoiras.

Unha vez chegado o castro da Fervenza, de Callobre, que pode vir de Kallo-Bre (Castro de Kallaicos ou Keltaes), saen os guerreiros do poboado a recibir e escoltar a comitiva feminina ate dentro, onde a raíña Alda, da un discurso para o bo ciclo do verán.

Despois, o rei ou corono do castro e tribo, Kallusbre, tamén saúda a seu clan para desexar o bo augurio. Por último tamén aparece Calistea, a bruxa expulsada de Avalón que merodea as terras de Callobre, e será queimada na cacharela, e con ela se liberara das malas enerxía e escuras forzas.

Xa dous días antes, o Druída ou Durbede local, prendera a chama do lumeiro no alto do Pico Sacro, o cal marcaba o comezo do solsticio de verán e San Xoán. Logo na troula, o son da música tradicional galega, o carón da cacharela, non faltaron as danzas, o banquete e a queimada.

Pronto faremos un vídeo reportaxe, posto que o san Xoán de Callobre, non se pode resumir en palabras nin fotos, nin sequera en vídeo, posto a única maneira de vivir a experiencia, e sentila no lugar. Bo ciclo de verán do deus Lugh, e noraboa a organización e participantes deste fermoso San Xoán.



viernes, 26 de abril de 2019

A Romaría da Picaraña, un legado do Beltaine Celta


Son varias as festividades e romarías na terra galaica entre o 1 e o 3 de maio, sen ir más lonxe os coñecidos maios. Estas festividades, gardan no fondo unha tradición e historia máis profunda, pois son as herdeiras da antiga celebración do Beltaine celta, e dicir, a festa de cambio de ciclo ou estación no antigo calendario celta, que coincide nos mesmos días.
O Beltaine era unha festividade estacionaria, chegaba o bo tempo, as terras volvían ser produtivas e o gando era subido a pastar en terras máis altas ou montañas. Beltaine, significa “o bo lume”, pois este era un dos protagonista destes ritos, un exemplo os fachos de nosos tempos, pois queimábanse os campos improdutivos do inverno para dar paso a nova vida, a fertilidade da Terra coa primavera.
Era tradición subir os antigos santuarios dos cumios dos montes, e facer súas celebracións e rituais, co lume como protagonista, queimar os demos do inverno para un novo ciclo.


A Picaraña, e un dos muitos montes galaicos emblemáticos, cunha rica historia dende a idade de bronce, co seu castro e restos do castelo medieval, todo ponteareán garda un arraigo e simbolismo con este monte. Os antigos moradores destas terras, que tamén viviron na Picaraña, nos deixaron a parte de seu patrimonio, ricas lendas de mouros e penedos máxicos, pero sobre todo esta festividade que a conservamos viva, que aínda que sexa cristianizada a día de hoxe, seu legado e sentir segue sendo o Beltaine.

Este ano, a romaría ven cargada de actividades e actos, entre e elas, eu mesmo farei de guía nunha ruta interactiva polo seu patrimonio e falando disto mesmo, de forma máis profunda, da conexión cos nosos antergos a través desta festividade. Vémonos na Picaraña o día 1 as 16:00 horas da tarde.