domingo, 19 de mayo de 2019

Os Templarios no Condado e súas pegadas


Non se leva muito investigado e escrito sobre esta temática, pero vos podo garantir como veredes neste artigo, que esta famosa orde militar cristián, deixou muito legado na nosa bisbarra do Condado.

Para que sexa doado transmitir millor a información do traballo e que sexa entendible, o faremos por partes, polo que comezaremos polo que semella o principio.

SAN MIGUEL DE CANEDO


No ano 1211 o rei coa corte en León, Afonso IX, outorgar a Orde Temple a vila e fortaleza de Ponferrada, o tempo que concede no territorio galego actual terras en Lemos, A Limia, Cambre e Faro, e en San Miguel de Canedo.

Dicir que a parte de San Miguel de Canedo de Ponteareas, existe outro na Pobra de Brollón (Lugo), pero daremos probas de que se trata do Canedo do Condado.

Actual Convento de Canedo (Ponteareas)

Na actualidade en Canedo se asenta o Convento Franciscano de San Diego de Canedo, pero o de San Diego e algo máis actual, pois sabemos que esta edificación cando menos polo século XIV era unha casa forte ou pazo dos Sarmiento, o cal a comezos do XVI seu señor, Diego de Soutomaior e Mendoza, dona a orde Franciscana que estaba establecida na histórica vila cércana de Salvaterra de Miño. Así se funda o actual convento, e como mérito a doación se nomea de San Diego, nome de seu último propietario.


Dicir que a Orde Franciscana sempre tivo grande referencia coa extinguida e pugnada Templaria, de aí que a simboloxía sexa similar, como a “Cruz de Tau” ou as “cinco cruces do Santo Sepulcro de Xerusalén”, terra onde se fundou a Orde Templaria, a día de hoxe estes símbolos inda de poden ver no convento de Canedo.

Pero a pregunta neste lugar pode ser, estivo o antigo mosteiro ou templo templario no lugar do convento? A resposta pode ser non, senón un pouco máis abaixo, no lugar chamado da “Igrexa Vella”.
Escudo Franciscano, onde se pode ver arriba a dereita, unha cruz templaria con outras catro menores o redor, símbolo do Santo Sepulclo de Xerusalén, gardado polos Templarios.

Cruz de Tao, simboloxía Franciscana moi vinculada a Orde Templaeria, sobre todo a aqueles templarios que protexían e gardaban o Camiño de Santiago.

A IGREXA VELLA DE CANEDO

A uns 200 metros do actual convento, enclavado na bagoada dun regato que baixa do Monte da Picaraña, nos atopamos co lugar da Igrexa Vella, que a parte do nome, atopamos máis datos.

Este lugar e case inédito en canto a investigación, pois sempre estivo moi cerrado e case inaccesible pola vexetación. Entrando neste neste, a penas vimos nada máis que socalcos máis modernos e muita vexetación, moi difícil atopar algo a día de hoxe.

Pero falando cos veciños da zona a cousa cambia, así puiden falar cun señor maior que vive o lado e contoume. “Contaban que nese lugar estaba a igrexa vella, antes que o convento, pero foise levando todos as pedras co paso do tempo. Dicían que antigamente cando traballaban esas terras aparecían pedras talladas e ate lapidas do seu cemiterio”.
Dentro do lugar da Igrexa Vella.

Logo tamén grazas a un bo amigo, Alberto Morán, o cal parte de súa familia e natural de Canedo, contoume que seu avó dicíalle que as casas inmediatas a esa zona era a zona máis antiga da aldea, e que tiñan nelas restos da antiga igrexa. Tanto que me ensinou en casas dese lugar restos dese templo, os cales preferimos por agora ter discreción con elas pero vos mostramos algunhas fotos das reliquias pétreas.
Cruces que poden gardar relación nas casas do entorno, as cales din que saíron do lugar da Igrexa Vella.

Nosa conclusión no lugar, e que aqueles primeiros templarios de San Miguel de Canedo, asentáronse no lugar da Igrexa Vella, agora desaparecido. Posiblemente eses cabaleiros estaban vinculados a Encomenda da Orde de Coia (Vigo), e na conclusión final daremos as nosas hipóteses de por que estaban no lugar. É posible que cando no ano 1307 a orde foi condenada e perseguida, e todos seus bens requisados pola igrexa, coroa e outras ordes militares, por supostas “herexías e sodomía contra o cristianismo”, este templo de San Miguel de Canedo quedara abandonado e prohibido rehabilitalo, polo que os veciños do lugar co paso dos séculos comezaron a usar súas pedras para súas edificacións, un reciclaxe moi típico na nosa terra.


Cando voltou a aséntanse no lugar unha orde relixiosa, a parte moi vinculada o Temple, os Franciscanos, estes tamén usaran pedras e simboloxía deste para o novo convento máis arriba, sobre a antiga casa forte ou pazo dos Sarmiento, pero agora co nome de San Diego de Canedo. Eu persoalmente son dos que penso, que inda a día de hoxe, os franciscanos de Canedo, seguen sendo descendentes de aqueles templarios como se pode ver na súa simboloxía no convento.


SAN BREIXO DE ARCOS

Pero estes templarios de canedo non deixaron só pegada en Canedo, senón que expandíronse polo territorio que rodea os montes da Picaraña. Así tamén aparecen testemuñas deles nas pedras da igrexa de San Breixo e Arcos, non lonxe de Canedo.

A actual igrexa de Arcos data do século XVIII e ten un estilo románico, pero o parecer esta levantada sobre un antigo mosteiro que puido ter orixe na Orde Templaria, mostra disto e unha cruz templaria que conserva na súa ábside, a parte dun curioso arco reutilizado nun pequeno altar, o cal garda similitudes cun doutro lugar. No seu entorno ten curiosos lugares lendarios como a Pedra dos Namorados ou a famosa Pedra do Equilibrio.
Cruz templaria na actual igrexa de San Breixo de Arcos

Curioso arco na base dun altar, o cal garda relación con outro vinculado co Temple.

SANTA CRISTINA DE BUGARÍN

Non sabemos muito sobre o orixe deste templo de estilo románico, pero si súa importancia por súas ricas talladuras nas súas pedras e sillares, o que nos fai pensar, coa súa simboloxía, nun templo medieval totalmente vinculado o Temple.

Tamén esta nas lombas do Monte da Picaraña como Canedo e Arcos, e no cruceiro que se atopa fronte a igrexa, vemos semi tapada por un altar na base do cruceiro, un claro símbolo dunha cruz templaria cunha espada, orde relixiosa e militar. A pedra ten eriba unha talladura cunha data, con muita menos calidade e outra técnica, polo que esta semella de cando se usou a pedra e construíu o cruceiro.
Cruz templaria acompañada dunha espada, na base do cruceiro da igrexa de Bugarín.

No propio templo, podemos ver na ábside como e Arcos, pero agora no alto, unha cruz templaria esculpida, a cal se atopa sobre “un arco” igualiño o que aparece en Arcos, de base do altar, coincidencia? 
Cruz templaria na ábside da igrexa de Bugarín.

Pero isto non e todo, o redor da igrexa se pode ver restos de pilares aproveitados para outros usos, ou no que pode ser a “casa da obra” anexa a igrexa, sobre a porta un escudo que semella militar. Neste aparece unha cruz en forma de “X” elevada por algo que semella un mastil, que tamén vai aparecer noutro templo que veremos máis abaixo. Tratase da Cruz de Santo André, que tamén pode ter vinculo a Orde Temple, posto que paises con grande tradición con esta orde como Escocia, a levan na súa bandeira, a parte tamén de simbolizar o "martirio". Xunto elas dous lanzas se cruzan, de novo a simboloxía militar acompaña a cruz, como no cruceiro, polo que da muito que pensar, posto que claramente vemos un escudo vinculado a unha orde militar e relixiosa.
Columna antiga que semella labrada xunto a igrexa.

Escudo cunha cruz de San André e dúas lanzas cruzadas, vinculada a unha simboloxía relixiosa e militar.

Non cabe dubida que esta igrexa é unha reliquia sen case estudar, construído sobre outro templo anterior, que nos pode aportar muito.

CAPELA DE SAN PEDRO, MONDARIZ BALNEARIO
Agora sen saír da circunferencia dos Montes da Picaraña, nos imos máis o norte, a capela de San Pedro, en Mondariz Balneario. Neste lugar din que naceu a vila, e ten unha rica historia.
Xa a cruz de seu campanario é curiosa, pero como en Bugarín, no testeiro de súa ábside ten unha cruz, que semella tamén totalmente templaria, pero iso non e todo. Contan que nesta capela tivo lugar o matrimonio do rei portugués Don Dinis e Isabel de Aragón (Logo chamada santa Isabel de Portugal).
Recordar que Portugal é un pais moi ligado o Temple, sen ir máis lonxe, seu primeiro rei, Afonso Henriques gardaba muita relación con eles, ate se dí que foi templario na sombra. E máis, seu descendente don Dinis deu asilo os templarios perseguidos na Francia, e creou a partir destes a Orde de Cristo, descendente da Templaria, a cal súa cruz estandarte e practicamente case igual a do Temple, que logo levarían súas carabelas nas velas por medio mundo. Se pode dicir que don Dinis era un templario tamén na sombra, polo que credes que pode ser casualidade que se casara nunha capela apartada posiblemente templaria? Sería a voda un rito totalmente cristián? Din que no interior conserva unha pía inda sede enlace do século XIII.
Don Dinis de Portugal, e Cruz da Orde de Cristo, descendentes dos templarios e coa mesma forma.

SAN PEDRO DE ANGOARES

A historia desta parroquia e moi ampla, foi unha vila romana destruída no século V, logo se ergueu un templo no tempo suevo, pasando a ser mosteiro no século XII.

Se atopa na antiga vía de orixe romana que remontaba o Tea vindo de Tui cara terras do norte, polo que no século XII se atoparía no camiño a Portugal e Lazoiro (Salvaterra de Miño), recordemos o vinculo do reino luso co Temple.
A día de hoxe, Angoares e a única igrexa con planta de cruz latina cuadrangular na Galiza, xa non conserva súa fachada románica pero si nos seus capiteis canzorros o estilo gárgolas con formas de animais curiosas. De seu orixe medieval se atoparon  sillares tallados que se atopan expostos fora ou nos seus propios muros. Destacan para noso estudo, un onde aparece a Flor de Lis, en heráldica moi vinculada as monarquías francesas e seus estandartes, e de onde eran a maioría dos templarios e seus grandes mestres? Francia. Outro dato curioso, e que a Orde de Santiago, que protexía os peregrinos do Camiño de Santiago como os templarios, e moi arraigada a estes, inspirouse na Flor de Lis para facer súa Cruz, pois leva esta flor nas súas tres puntas.
Decoración da Flor de Lis en San Pedro de Angoares.

Destacar tamén na parte norte da ábside, no muro dunha cámara, se pode ver un sillar esculpido, co que semella unha cruz tipo Santo André, rodeada por un circulo e alzada por un tipo mastil, moi similar a de Bugarín. Pode ser unha pedra utilizada do anterior templo xermano, ou tal vez, un símbolo dunha orde militar. Mostro unha foto tomada fai anos da rede, e unha actual para que vexades o mal estado que se atopa esta pedra na actualidade, case desaparecido o esculpido. 
Arriba estado anterior da pedra tallada, abaixo actual, onde non existe consciencia co patrimonio non se pode pedir máis.

Sillar tallado de Angoares en horizontal e o do escudo de Bugarín, non gardan relación?

Por último neste templo, na súa fachada conserva unha cruz que ben semella coa do outro San Pedro, o de Mondariz Balneario. A verdade é que a relación de a abdicación de San Pedro cos templarios tampouco acho que e casual, só tedes que buscar en internet a de templos con este santo que foi apóstolo e súa relación co temple. Tamén nun cruceiro no concello de Padrenda (O Ribeiro) con simboloxía templaria, aparece a mesma cruz sobre unha templaria.
Cruces similares na fachada de San Pedro de Angoares, capela de San Pedro e cruceiro de Padrenda, todas relacionadas coa Orde Temle.

Desta maneira, do que sabemos do templo no Condado, sacamos este mapa, por que rodean un monte tan emblemático, místico, cheo de lendas e túneles.

HIPÓTESE DO SEÑOR JUAN IGLESIAS FONTELA
Grande amigo meu, co cal compartimos muitos bos momentos e información, e que agora descansa en paz, contoume que polos anos 80 estivera con outras persoas investigando os templarios no Condado. Sacaron a conclusión de que seus asentamentos rodeaban o monte da Picaraña, como se pode ver no mapa, e sabendo do misticismo e ocultismo de algunhas das facetas desta orde, como que no templo de Salomón escavaran e atoparan certas cousas que inda a día de hoxe non sabemos, e que os fixeron moi poderosos e ricos.
Eles chagaron a conclusión que sendo a Picaraña, un dos montes máis quentes no campo espiritual, ritualístico e enerxético do Condado, non se emprazaron nas súas faldas por casualidade. Recordar que este monte, ten restos dende case a prehistoria ate nosos días, conservando inda unha romaría nel no mesmo día da festa do Beltaine Celta, que xa falamos neste blogue. Súas lendas de túneles secretos, penedos encantados, aparicións e mesmo da famosa lenda do cabaleiro cristián perseguido polos mouros musulmáns (esta lenda mesmo puido vir de Terra Santa), espertaría curiosidade no Temple.
O enigmático monte da Picaraña nunha noite de lúa chea.

Pero segundo eles o fin, pasaron de buscar algo no monte, a tentar gardar algo nel, e dicir, na súa rede de túneles subterráneos que o parecer existe, un dos cales se pode ver perfectamente súa saída no alto do monte e ten lendas da raíña dona Urraca, eran un lugar seguro para agochar algo, polo que máis ben gardaban e vixiaban o monte. Hipoteticamente, dicían que na Picaraña puideran agochar reliquias sagradas que se vinculan que atoparan os templarios en Xerusalén, como o Santo Grial ou a Arca da Alianza. Sen quitar nin meter, deixo aquí a hipótese, pois parece que o emprazamento si puido ser importante para eles.
Penedo do Monxe, A Picaraña

Onde esteas Juan, unha aperta cariñosa de teu amigo Jhonathan o Meigo do Tea.

HIPOTESE DE MARCO PÉREZ TELLADO

Outro grande amigo meu, e montañeiro como min, sacou súas hipóteses despois de ler algo relacionado co tema no bispado de Tui. Segundo Marco, os templarios foron enviados a zona para facer aquelo que sóenlle encomendar, vixiar os camiños.

Recordar o paso de camiños e veredas (ou breas) que pasaban pola zona centro do Condado, a vía romana do Tea máis o camiño que ía da costa cara o interior. Segundo el, estes pasos como o Tea, eran asaltados por ladróns, polo que enviaron o Temple para limpar estas terras de maleantes e asaltantes. Disto pode vir a mítica frase de “Ponteareas, deja tu capa donde la veas”.

CONCLUSIÓNS

Con tanto dato e aportado e investigado, acho que non existe dubida da pegada e legado da Orde Temple no Condado, a cal semella curta pero intensa. Que vixiaron os camiños e influíron nos mosteiros e templos do seu tempo, semella claro tamén.

Pero tamén há en todo isto unha parte máxica, oculta e enigmática, por que se estableceron o redor do Monte Picaraña? Buscaban algo? Por que a voda de Don Dinis, un protector dos templarios, en San Pedro? Seguen gardando a zona os Franciscanos de Canedo coa súa simboloxía herdada deles?
Acho que estas preguntas non se poden responder a día de hoxe, quedan para cada un e súa interpretación, pero que tocamos un tema e anaco da nosa historia fascinante e esquecida, non o imos a por en dubida.

Dende aquí saudar e dar grazas os que colaborastes neste artigo e seu estudo, Alberto Morán, Ernesto de Balneario, Tania, Señor Juan e Marco, unha aperta e grazas. Meigo do Tea.

jueves, 16 de mayo de 2019

Ruta da Costa do Vicedo e Illa Coelleira (PR-G 156)

Nos achegamos as terras máis setentrionais da Península Ibérica, moi preto do cabo de Estaca de Bares. Nos atopamos en terras da mariña lucense, onde realizamos a ruta da Costa do Vicedo e Illa Coelleira, un fermoso roteiro que sería de dez, sen ser por varias detalles que contaremos o final.

Este sendeiro arranca do mesmo porto da vila do Vicedo, e nos levara pola ribeira da costa ate a praia de Area Longa ou San Román percorrendo uns 13 km, pasando polo miradoiro de Illa Coelleira e paisaxes moi exóticos, dende as praias chamadas do “Caribe galego” a outras que contrastan, pois ter máis similitude con terras de Irlanda.
Arrancamos do porto do Vicedo e o pouco pasamos polas fermosísimas praias do chamado “Caribe Galego”, onde destaca a pequena Praia do Caolín, con claras augas e translucidas coa area, na fronte vemos a península de Estaca de Bares e o cabo, punto máis setentrional da Iberia. Case os pes da praia, tamén se poden observar as ruínas dunha antiga fabrica de salazón.

Seguimos camiñando nos primeiros quilómetros, sempre tendo a costa moi preto bordeando o Monte da Atalaia, onde temos unha das poucas subidas algo longas, o camiño é sempre unha ancha pista de terra. Pese estar case en liña de costa, a mar case non se ve pola cantidade de montes de eucaliptos, que chegan mesmo a beira dos acantilados, de vez en cando se ve algún “oasis” entre a masa forestal, onde vemos incribles paisaxes.
Seguimos camiñando nos primeiros quilómetros, sempre tendo a costa moi preto bordeando o Monte da Atalaia, onde temos unha das poucas subidas algo longas. Pese estar case en liña de costa, a mar case non se ve pola cantidade de montes de eucaliptos, que chegan mesmo a beira dos acantilados, de vez en cando se ve algún “oasis” entre a masa forestal, onde vemos incribles paisaxes.

O pouco chegamos a outra bela praia, a de Xilloi, a cal ten un paseo onde temos unha fonte, importante para esta camiñada en verán, pois é a única en ruta. Deixamos atrás esta praia e nos voltamos a somerxer nos montes de eucaliptos, pero pouco a pouco nos pegamos máis a liña de costa, de maneira que comezamos a ver o lonxe a impoñente Illa Coelleira.
Este tramo ate a Illa, a parte do valor paisaxístico, e moi importante pola riqueza da súa fauna voadora, e morada e ruta de paso de muitas especies de aves, as cales algunhas se deixan ver. A parte das gaivotas e pequenos paxaros, puidemos ver un pagalo parasito, ave escura mariña de grande tamaño.

Entretidos por ver aves, chagamos o miradoiro de Illa Coelleira, onde podemos vela nun día tan aberto e despexado con todo seu esplendor. Esta illa ten unha rica historia, tivo un mosteiro medieval que fora atacado polos normandos (vikingos), logo este chegou a estar mandado pola Orden Templaria, posiblemente para vixiar a importante ruta marítima e portos da zona, e quen sabe, ate tal vez para algo máis. Xa no pasado máis recente, se construíu o faro e ate segundo veciños da zona, aproveitando que a illa ten auga doce en abundanza, se plantaban cae na súa totalidade patacas e trigo.

Neste miradoiro, nos atopamos un pouco máis adiante na metade do camiño de ida, polo que é un bo punto para tomar un descanso e relaxarse, beber e comer algo desfrutando da paisaxe e súas aves mariñas.
Retomamos marcha cara San Román, para meternos noutra fraga de eucaliptos, agora temos por diante un tramo máis poboado, onde por zonas camiñas por estradas pouco transitadas e aldeas, tal vez a parte máis monótona da ruta.

Pasando o miradoiro da abrupta e acantilada praia de Tixoso, a cal ten unha vertixinosa visión dende arriba, chegamos as aldeas de Moreiras e Vilela. Ollo aquí a ruta esta moi mal sinalizada e algúns pasos cerrados, polo que aconsellamos seguir pola pequena estrada contigua a estrada comarcal C-642.

Pasado a zona de casas, cruzamos a estrada comarcal en entrados de novo nun camiño de terra que xa nos levara en nun quilometro a Praia de Area Longa ou San Román. 
Ante nos temos a última grande e xeitosa paisaxe da ruta, pois a praia de San Román semella sacado dun conto ou película paradisíaca. Abrupta e suave a vez, insólita e transitada o mesmo tempo, con esta fermosa paisaxe de fondo, despois de 13 quilómetros, decidimos xantar un menú sendeirista/montañeiro, destes que cortas sobre o pan coa navalla o rico embutido e queixo, non há deuses que o paguen.


Agora toca a volta de novo andando, a ruta e doada pero se a fas desta maneira, son aproximadamente un 25 km, polo que é importante ter unha forma media para realizala con tranquilidade sen contratempos, pois o fin se queres desfrutala e vivila, son unhas 7 horas.
Dicir, que esta ruta é de 10, pero por mor da cantidade de quilómetros metidos en montes de eucaliptos, que tapan toda paisaxe, a parte que muitos tramos, polo paso de maquinaria para as talas forestais atópanse en mal estado, lamentos e desfeitos, unha mágoa pois o lugar o vale todo, mesmo así quen vai, queda abraiado pola beleza.

Tipo de ruta: Lineal

Lonxitude: 13 km (ida e volta uns 25 km)

Dificultade: Media (pola distanza)

Valoración: Paisaxística e natural.

Puntuación: 8,5 (inda que a 
ruta sería de 10, ler arriba)