lunes, 25 de marzo de 2019

Cantos Castelos quedan en pé na provincia de Pontevedra?

Torre do homenaxe do Castelo de Soutomaior, baluarte do famoso Pedro Madruga. No seu tempo din que foi a torre máis alta da terra galaica

Os castelos ou fortalezas, foron o símbolo dun tempo da nosa historia convulso, violento e de clases, o estandarte da clase aristócrata ante o pobo non privilexiado, e inestabilidade política e relixiosa. En resumo, falar de castelos e falar de medievo, guerra e poder.
A simple vista, un castelo polo xeral non deixa de ser un recinto fortificado nun lugar de difícil acceso, controlador e vixiador dun terreo amplo, o cal estaba guarnecido. Pero a historia fixo deles muito máis, eran lugares onde se cobraban impostos, onde se forxaban armas e comercializaba, onde seus moradores viviron historias de amor, enganos, asedios, revoltas, traizóns...
Os galegos medievais, en algúns pareceres non eran tan diferentes de nos, as guerras do minifundismo e marcos, ven de lonxe, e por esta causa que nosa terra era a que maior densidade de castelos tiña da Península, e posiblemente da Europa. No violento século XV, as loitas feudais internas galegas, fixo que se construirán mesmo castelos practicamente o lado doutros, como o caso do Castelo de Soutomaior e o do Monte da Peneda, ou o do Sobroso coa Fortaleza da Picaraña, pero onde fican todos eses castelos desaparecidos?
Tal vez a primeira grande ola de destrución de castelos galegos, foron as Revoltas Irmandiñas do século XV, onde o pobo e baixa nobreza galega sublevouse a alta aristocracia e clero, e destruíu parcial e totalmente, case a totalidade de castelos da provincia. Pouco despois, coa “toma e doma do reino da Galiza”, os reis católicos fixeron pola forza abandonar e demoler en algúns casos, todos aqueles castelos que non foran os principais controladores dun territorio e tiveran un numero mínimo de vasalos.
Así remataba o medievo, e chegaba o tempo dos pazos, a nova clase emerxente, a burguesía, comezou a vivir en cómodos pazos, cousa copiou a nobreza, polo que os castelos superviventes foron paulatinamente abandoados, e ate algúns como a Torre de Tebra, convertidos en pazo. Outros, caso dos fronteirizos ou vixiadores da mar, foron reformados e transformados en fortalezas modernas, por exemplo, As Covas de Dona Urraca en Salvaterra de Miño, que controlaba a fronteira con Portugal.
Os últimos castelos medievais esquecidos, chegaron o século XX practicamente todos en ruínas, outros xa espoliadas súas pedras para novas contraccións nos seus redores, e doutros só quedaban lendas de “mouros”, como se foran soños que nunca existiran. Dicir que algúns, como o caso do Castelo de Cira en Silleda, se atopan en ruínas dentro de terreos privados, polo cal nin se poden visitar, esta é unha realidade que se ten moi calada.

Nesta lista, citase aqueles castelos e fortalezas que chegan en pe, ou parcialmente, en diferentes tipos de estado, sumando uns quince. Pero cada un garda unha historia diferente, vixiadores contra os vikingos, luitas contra o moro Almanzor, cañonazos contra os franceses ou testemuñas da maior revolta popular do seu tempo, os irmandiños.
Castelo de Cira, Silleda (Medieval)
Castelo da Lanzada, Sanxenxo (Medieval)
Castelo das Covas de Dona Urraca, Salvaterra (Medieval/Moderno)
Castelo da Santa Cruz, A Guarda (Moderno)
Castelo de Soutomaior, Soutomaior (Medieval)
Castelo do Sobroso, Mondariz (Medieval)
Castelo de San Sebastián, Vigo (Moderno)
Fortaleza do Monte do Castro, Vigo (Moderno)
Fortaleza de San Lourenzo de Goián, Tomiño (Moderno)
Monterral, Baiona (Medieval/Moderno)
Torre de Fornelos, Crecente (Medieval)
Torre de Guimarei, A Estrada (Medieval)
Torre de San Adurniño, Cambados (Medieval)
Torre de Tebra, Tomiño (Medieval/Moderna)
Torres do Oeste, Catoira (Medieval)
Publicado para Comarcas na Rede o 12 de marzo do 2019

No hay comentarios:

Publicar un comentario