jueves, 7 de marzo de 2019

Ribadetea quere recuperar as súas «Perriñas» tradicionais do Entroido

De seguro, grande parte das persoas maiores de trinta anos desta parroquia e das dos redores, recorda de neno saír as “perriñas” no entroido, pero o certo é que dende fai muitos anos, as “perriñas” desapareceron das rúas e camiños de Ribadetea. Jhonathan Zúñiga e Alex Álvarez, coa colaboración da AA.VV San Xurxo de Ribadetea, decidiron este ano facer unha pequena saída no domingo de entroido vestidos coa tradicional roupa vella de perriña e percorrer parte da aldea.
“A vestimenta tradicional da perriña consistía en por roupa vella, normalmente de persoas maiores recordando o auxe desta tradición fai muitas décadas atrás, cubrir a identidade cunha máscara, millor se é feita por un mesmo a antiga usanza, ou cando menos tapar o rostro cun pano da cabeza, e como non levar a “vara”, para aqueles que quixeran levantar as máscaras”, comenta Jhonathan Zúñiga.
O rito era similar o truco-trato, íase polas casas en grupo e pedíase “perriñaa, perriñaa”, e os que daban moedas ou de beber e comer, mostrábaselle a identidade, se estes sen dar nada tentaban quitarcha a máscara ou pano dábaselle coa vara. En tempos do franquismo, pola falta de moedas soia darse un ovo, pero o final sempre era o mesmo obxectivo, co xuntado facer unha “merendola” ou pequeno banquete colectivo. Nesta tradición saian saír nenos e rapaces, inda que no pasado tamén os acompañaban adultos igualmente vestidos.
En canto a súa antigüidade desta tradición, “recordar que perriña ven de “perra”, os antigos céntimos das pesetas, que circularon do século XIX os anos corenta”. A día de hoxe inda queda muita xente maior de entre 75 e 85 anos con boa memoria que viviron a festividade na súa esencia máis pura, polo que estase a tempo de recuperar, ate din que os máis enxeñosos facían súas máscaras con osos de animais.
“Para o ano que ben, esperamos traballar máis noso entroido popular e facer unha saída maior, para recuperar e por en valor esta tradición tan nosa que ven directa de nosos avós”, argumenta Jhonathan Zúñiga e engade, “pois non há nada máis tradicional no entroido galego que por unha máscara e roupas vellas, e por un día ser outro, desfrutando do día e da compañía da túa comunidade en complicidade”
Publicado para Comarcas na Rede:

No hay comentarios:

Publicar un comentario