Intentando seguir pondo en valor e
coñecemento, estes restos patrimoniais prehistóricos de arte o ar libre, imos
amosar a riqueza que noso concello ten neste campo arqueolóxico, posto que é
algo que e pouco coñecido nas nosas terras.
Comezaremos cos últimos publicados e
visitados, os da zona do Monte Aberto, comezando cos coñecidos de Padróns
(Padróns), no linde de esta parroquia con Ribadetea. Polo de agora coñecemos
dúas pedras, unha con círculos concéntricos aliñados o norte en dúas liñas, e
outra cunha coviña solta que descoñecemos súa cronoloxía. Pensamos mesmo así,
que a zona esta pouco explorada e debe haber muitos máis.
Moi cerca e tamén en Padróns, se
atopan os do Charco, que temos constancia polo menos en catro pedras de círculos
concéntricos e coviñas.
Sen saír da mesma zona, pero do lado
de Ribadetea nos atopamos co coñecido como petroglifo do Monte Aberto, unha
pedra con coviñas e talladuras indeterminadas neste momento, polo seu mal
estado de conservación.
Sen saír dos lindes de Padróns, nos
imos agora o punto máis alto do concello, e cando dicimos o punto máis alto, e
o máis alto, pois estas coviñas se atopan na pedra do cumio a 743 m sobre o
nivel do mar, no linde xa con Mos. Este tipo de petroglifos, en cumios e en
formas de coviñas ou pequenos lagares ou pías, orientados sempre o oeste, e
dicir a posta do sol, pode ter un significado ritual solar, pois o sol nestas
sociedades tan antigas soia ser a divindade suprema. Dende el há unhas fermosas
vistas a ría de Vigo e illas Cies.
Para que vexades que este fenómeno do
Galleiro non e inusual, e se da en
grande parte da terra galaica cando menos, imos por outro exemplo, pero
agora no cumio doutro monte coñecido no concello, o Monte Landín, a 459 m de
altitude na parroquia de Pías.
O igual que o do Galleiro, tratase
dunha serie de coviñas e pías de pequeno tamaño nunha pedra preto do cumio,
orientado o oeste (posta de sol) cunha grande vista sobre o val do Tea. Dicir
que este monte esta por un lado sobre o castro de Troña, e polo outro
(Mondariz) sobre o castelo do Sobroso. Esta pedra se atopa en perigo polo avance dun grande viñedo.
Outros petroglifos que se deron a
coñecer fai menos dun ano, foron os da Carreira tamén na parroquia de Pías. Atópanse
o outro lado do Tea dos do Monte Aberto, e teñen a mesma temática base, círculos
concéntricos e coviñas, polo que creemos que os fixeran os mesmos individuos ou
clan. Pese o auxe que tiveron o seu descubrimento, neste momento se atopan de
monte.
Pero se falamos de petroglifos no
concello de Ponteareas, non podemos esquecer da zona reina con máis abundancia no
lado oriental, os pes dos Montes da Paradanta, nas parroquias de Guillade e
Cumiar. Fai uns seis anos, andando pola zona do Pedroso, que ten petroglifos,
atopamos de forma casual estes despois que un lume deixara unhas pedras a
vista. Se repite o patrón xeral do concello e todo o val do Tea, coviñas
dispersas e círculos concéntricos, pero desta vez tamén aparece unha cruz cristianizadora cristián. Que saibamos están sen declarar, pero agora
ben seguro que estarán cubertos polo monte raso o igual que o resto que há na
zona, na parroquia de Guillade.
Por último imos con outro tipo de
petroglifos muitos máis modernos que teñen como función a cristianización do
pagán ou marcar lindes territoriais, as cruces. Neste caso nos situamos na
parroquia de Cristiñade, no coñecido como “Penedo da Sartén”, no linde co
concello de Salceda de Caselas. A curiosa forma do penedo cunha grande pía nun
extremo fai voar a imaxinación a parecerse con unha sartén, nel tamén se atopa
un petroglifo en forma de cruz, que claramente marca o linde nese alto entre os
concellos de Ponteareas e Salceda.
Como vedes dentro dos lindes de noso
concello de Ponteareas, temos unha grandísima riqueza e variedade dentro do
patrimonio de arte rupestre, pero por desgraza des-valorado e marxinado. Aquí
só vai a primeira parte pois temos bastante máis, esperemos que vos gustase e
fixese algún tipo de exame de consciencia, polo seu estado e o pouco valor que dáselle.
No hay comentarios:
Publicar un comentario