Mes de outubro negro, mes de bagoas
e reflexión para o futuro. Nestes tres vídeos podemos ver o resumo deste triste
comezo do outono.
Neste primeiro video, podemos ver o resultado e estado dunha das vítimas
das brutais vagas de lumes forestais deste mes, o Castro de Troña. Era visto
vir, anos rodeado de eucaliptos, cunha sería invasión dentro do poboado de
mimosas, só era caer a chispa para que sucedera.
Pola contra, o lume o limpar parte
da mimosa, voltou dar a luz partes do poboado case desaparecidas dende os 90, e
triste que esto volta saír a luz despois dunha desgraza.
Cambiando de luga, situámonos agora
nas terras da Serra do Faro, entre Chantada (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra). Seguindo
o “camiño do inverno” nas lombas do monte da Cabeza, há unha pequena necrópole
megalítica, a cal o visitamos levamos esta sorpresa.
Dicir que xa tratamos este tema e informamos,
e que neste momento xa actuouse e esta declarado en patrimonio o dano causado.
Voltando o Condado, veremos un berro
de esperanza a triste situación provocada por anos de mala xestión e intereses
nos nosos montes, ou máis ben hortas forestais. Unha vitoria da natureza, a milagre
natural da nosa terra ante o devastador terror da fecundación do eucalipto,
máis vale un vídeo que mil palabras, agora, reflexionar sobre o futuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario