lunes, 25 de marzo de 2019

Atopados os petroglifos da Picaraña, Ponteareas.

Comezar esta entrada dicindo, que o posible re-descubrimento destes petroglifos, foi algo totalmente casual, pois fai anos no pasado, si tentara buscalos e non atopara nada, pero desta vez parece que a simple sorte estivo comigo, pero quen o intenta e non desespera, sempre terá súa recompensa.

No libro de Mariano Piñeiro Groba e Claudio González Pérez, Historia de Puenteareas publicado no ano 1983, pero que ten estudos do primeiro, antigo párroco da parroquia de Angoares, de inicios do século XX, fala que na Picaraña cando menos antes de seus escritos, existían petroglifos. Escribiu que o último que sabia deles, e que seu estado era moi gastados, polo que nin el mesmo foi capaz de voltar atopalos.

O que máis me chamou a atención, e que se atopen en pedras situadas no propio merendeiro de Chan das Carballas, o máis coñecido e transitado. Non sei se mirei eu esas dúas pedras,ou elas a min, o certo é que foi casual que fora xustamente a primeira a ollar por ollar e rapidamente identificara case a primeira tres coviñas.

Nesta primeira pedra, esas tres coviñas son moi claras e definidas, logo pode ser que existan outras menos marcadas, pois a pedra atopase moi gastada.
Na outra pedra, inda máis gastada e erosionada, foi onde me chamou despois da primeira para ir ollala, o que non contaba e que semella polo menos ter unha dezaseis coviñas moi gastadas sobre a superficie da laxe granítica, e ate algunhas que puideron estar unidas por canles. A pedra ten unha orientación cara o oeste, polo que na caída do sol, pódese ver a perfección marcados os surcos.
Inda e moi cedo para sacar conclusións, pero semellan moi antigos e estar vinculados a rituais a caída do sol, recordando que a Picaraña e un monte moi místico e espiritual, así como enerxético. Súa romaría cristianizada, pero sen ter ningún santo atribuído, inda se fai o 1 de maio, día propio da festividade celta do Beltaine, onde se subía os montes para festexar a chegada do verán.
Por último antes de mostrar o vídeo resumo, dicir que nas outras pedras dos redores, en principios non atopouse nada, pero todas, incluídas a das coviñas, atópanse en estado erosionado, gastadas e afectadas en pequena medida por cantaría tradicional antiga, pois recordar que atopanse entre dous castros e un posterior castelo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario