Son recordos, aqueles prósperos anos onde no corazón
da Serra no Candán, alborotaba a tranquilidade coa súa mina de estaño, xunto
coa venta de carbón vexetal de carballo, a pequena aldea das Grobas e seus
veciños, que gozaba dunha de grande vida e ruído. Seu muíño, traballaba a reo
no río que leva seu nome, das Groba, onde se xunta con varios brazos no lugar,
nunha fermosa ribeira empedrada.
Inda que son terras pertencentes o concello de
Forcarei, realmente as Grobas e un antigo recordo dun núcleo rural no Candán,
pero foi esa situación tan remota, a que fixo seu abandono, pois a esta nunca
chegou ningunha estrada nin a luz eléctrica, sendo abandoada seus últimos moradores
no ano 1969.
A día de hoxe, os seus solitarios restos, son un
pequeno recuncho, onde o visitante e camiñante, busca a desconexión e
tranquilidade. No lugar habilitouse unha vivenda como refuxio, que luce unha rechamante
bandeira amarela.
Nesta ruta, imos improvisar un percorrido circular polos
carreiros do lugar, duns case 12 km e catro horas e corenta minutos con
paradas, incluído o almorzo nas Grobas. Arrancamos da aldea de Ameixedo,
pertencente a parroquia de Zobra no concello de Lalín, seguindo un pequeno
carreiro que sae da aldea e pouco a pouco entra no pechado val do río das
Grobas. Unha vez chegado a un alto, chamado Porto do Frade, xunto a unha
torreta de corrente, comeza un forte desnivel ate un rego afluínte do río
principal, neste forte descenso, aconsellamos facelo de vagar e estremando
precaucións. Unha vez cruzado o pequeno rego, o cruzamos por un pequeno paso de
rochas, e seguimos outro carreiro dende o cal se poden ver o fondo do val. os
restos das antigas vivendas das Grobas.
Aldea de Ameixedo.
Xa preto desta, podemos ver os antigos socalcos
entre unha grande carballeira, até chegar a unha fermosa paraxe, cos restos dun
muíño incluído, onde se pode cruzar o río por unha ampla ponte. Unha vez
cruzada a ponte, nos atopamos nos restos da antiga aldea, cos muros das antigas
vivendas como xigantes semi-cubertas pola vexetación nun lugar inhóspito. Na parte
máis alta, atopase a vivenda que a día de hoxe e refuxio, o cal ten sobre o
tellado unha bandeira amarela. Debaixo deste, un fermoso espazo o lado do río
cunha pequena ponte, onde se improvisou uns fermosos bancos con troncos para lecer
a sombra, onde almorzamos.
Saímos das Grobas pola ruta máis clásica, o carreiro
empedrado antigo que leva a aldea de Bustelos, a máis transitada. Este sendeiro
discorre por a outra beira do camiño de ida, polo lugar do canón chamado a
Costa, tendo unha suave pendente ascendente, cunha grande caída cara o río fora
do camiño, polo que tamén recomendamos precaución.
Unha vez discorrido este fermoso tramo, duns 4 km,
chegamos a un grande cruce moi próximo a aldea de Bustelos, no tal vez punto
máis alto do percorrido a uns 700 m de altitude, cunhas marabillosas vistas
sobre o entorno. Dende este punto alto, voltamos a descender por un amplo
camiño en zig-zag cara o río, este camiño esta sinalizado como unha PR-G
(sendeiro de pequeno percorrido galego), polo que só há que seguir as sinais e
marcas.
O chegar o río, chegamos a unha das zonas máis belas
da ruta a parte das Grobas, pois no lugar de cruce do río, que ben sendo unha
pedra pousada sobre outras dúas, poderiámolo chamar un “recuncho máxico”. Os
verdes e antigos carballos cheos de musgos, o ruxir das augas do río xunto
outro regato que se mestura no lugar, e os restos dun muíño cun camiño
empedrado, recorda os vellos contos da infanza.
Seguindo o camiño empedrado, que no pasado levaba os
muíños, ascenderemos ate chagar a aldea de Ameixido de onde partimos, rematando
a fermosa e xeitosa ruta circular.
Tipo de Ruta: circular.
Lonxitude: 11,75 Km
Duración: 4 horas e 40 minutos.
Dificultade: Media.
Sinalizada: Por etapas.
Valoración: de interese etnográfico e paisaxístico,
un 9.
No hay comentarios:
Publicar un comentario