O pasado 22 de abril celebrouse cunha
grande afluencia no centro cultural de Ribadetea, a XIV Festa da Tortilla, no
día do patrón da parroquia, San Xurxo, organizada pola asociación veciñal.
O evento gastronómico estivo
acompañado de outras actividades, como unha exposición do patrimonio relixioso
e amenizada polo grupo de folk Naiama. Nesta XIV edición participaron no
concurso de tortillas un total de 68 participantes, cunha grande asistencia de
público, tal vez a maior nestes catorce anos de Festa da Tortilla.
A gañadora deste ano, foi Uxía Gómez,
quedando segunda a de Manuel Álvarez (Mae) e terceira a de María de los Ángeles de Alxén. Nas tortillas
innovadoras, o gañador foi Javier González, veciño natural da Rioxa que fixo
unha tortilla o estilo de súa terra. Por último entre todas as participantes
sorteou un novo premio, chamado cariñosamente “dos desconsolados”, sendo a
afortunada Noelia Lorenzo. O xurado destacou o bo nivel gastronómico dos
participantes.
Na entrega de premios estiveron
presentes o alcalde, Xosé Represas, a tenente alcaldesa Chus Garrote e a
concelleira Vanesa Seone. O remate da entrega, como todos os anos, os
asistentes puideron degustar as tortillas dos participantes totalmente de
balde.
Dende a asociación veciñal
organizadora, se agradece os participantes e asistentes, así como os
colaboradores e patrocinadores.
1º Premio e gañadora
2º Premio
3º Premio
Gañadora das innovadoras
No hay comentarios:
Publicar un comentario