jueves, 31 de mayo de 2018

Tres castelos esquecidos nas terras da antiga Celanova, Torre de Sande, Castelo de Milmanda e Torre de Fornelos.

Se noutra entrada falamos de tres castelos esquecidos, marxinados e con estado ruinoso no interior galego, desta vez falaremos doutros tres en terras máis o sur, os cales xiran o redor das antigas pertenzas de Celanova e seu importantísimo mosteiro medieval de San Rosendo. Tratase dos restos da torre de Sande, en Cartelle, o castelo de Milmanda (Celanova) e a torre de Fornelos, o outro lado do Miño, no concello de Crecente xa na provincia de Pontevedra.

A TORRE DE SANDE

Comezaremos cos restos deste espectacular castelo, nos situamos en terras do concello de Cartelle, e sobre un escarpado e abrupto outeiro rochoso, a 507 m de altitude sobre o nivel do mar, sobresaen e se alzan os restos aínda en pe da Torre de Sande.

Esta impoñente torre e o único que fica do antigo castelo doado por Alfonso VII o mosteiro de Celanova, no século XII. O abade do mosteiro levaba o título de “Conde de Sande”, exercendo xurisdición das terras dos redores dende o castelo. A día de hoxe e tan abrupta súa situación, que acceder a el non e doado, e até pode ser perigoso coa pedra mollada pola chuvia, posto que case se debe trepar.


O CASTELO DE MILMANDA

Agora pasamos a parroquia de Milmanda, no concello de Celanova. Este lugar ten algo peculiar, súa igrexa parroquial, situada nun alto outeiro chamado “o Alcazar”, rodeado de antigas casas e estreitas rúas, esta reconstruída sobre un antigo castelo.

O castelo de Milmanda, e coñecido de antigo, posto que no século X xa é citado nun documento como posesión do mosteiro de Celanova. No século XII, o igual que a Torre de Sande, Alfonso VII o doa, desta vez a Sancho Eanes, para defender a recen nacida fronteira co reino de Portugal.
No século XIV pertencía o conde de Benavente, e no XV e derrubado polos irmandiños. Posteriormente e reconstruído para vixiar os lindes con Portugal, sendo abandonado definitivamente no XVIII. Foi nese tempo cando se aproveitan seus restos, para construír sobre el a igrexa parroquial, a cal por exemplo o torreón pasou a ser a espadana.

Se un visita o lugar, sentira rapidamente en situ un ar moi medieval, comezando polas antigas casas que suben cara o castelo, con estreitas rúas empedradas e balcóns de estructura do medievo. 


A TORRE DE FORNELOS

Por último cruzamos o Miño e cambiamos de provincia, para situarnos no concello de Crecente, onde cunha historia moi similar os outros dous e moi preto da capital municipal, se atopan os restos da Torre de Fornelos, rodeadas por grande viñedo.

O que queda do antigo castelo, son as ruínas dunha impoñente torre de case 20 metros, a cal nun principio posiblemente vixiaría unha antiga ruta que unía Tui con Ribadavia. Contan que foi levantada sobre os restos dun antigo mosteiro templario no século XI, pero disto só contan, posto que realmente non temos notizas del ate o ano 1158, onde foi protagonista das luitas do rei Alfonso VII, que como vemos estaba moi vencellado a estas terras, co seu curmán Alfonso Henriques, primeiro rei de Portugal.

No século XV foi destruída polos Irmandiños, pero pouco despois Pedro Madruga de Soutomaior a volta levantar para voltar ser protagonista de bélicas luitas feudais. Foi situada por un de seus inimigos, o bispo de Tui, Diego de Muros, o cal chega a sitiar a fortaleza con 400 homes que son rexeitados heroicamente por 15. Coa caída de Pedro Madruga ante o centralismo dos reis católicos, o castelo foi doado por Sancho I de Portugal a Dona Aldonza Vázquez de Fornelos e a Fernán Pérez de Castro, que fundaran a Casa dos Fornelos, para posteriormente ser abandoada ate nosos días.


Dende esta publicación queremos reivindicar unha vez máis, o estado de abandono e marxinación de noso rico non, RIQUISIMO patrimonio histórico, e como muito del pasou e sigue derrumbandose ou en mans privadas, para perderse e morrer no olvido.






No hay comentarios:

Publicar un comentario