No mundo gobernado polos humáns, na terra onde o
deus Sol se pon por última vez, onde habitan os Oestrominios, reinaba un forte
clan fundado polo grande rei Maël.
Descendente directo de sangue dese clan, era
Kossobreo, terceiro irmá do rei Bregón o
grosso. Era un poderoso caudillo e guerreiro, recoñecido e temido en todo o
reino, pero sempre a sombra de seu irmá maior e soberano, súas terras estaban
aló onde remata o mundo, onde dende un alto monte vixiaba.
Tan forme espertou, o primeiro que fixo foi convocar seu chaman, xa que non facía nada, nin na guerra, sen que antes este consultara os deuses. O chaman chamábase Kelt dos ósos, e escoitado o soño do seu señor, botou seus ósos, os cales se contaba que eran de súa propia avoa, para ver o augurio do soño. Segundo a interpretación de Kelt, dixo que o soño era certo, que existían esas Illas máis ala das terras que coñecían.
Kossobreo non só pensou, preparou unha pequena flota de tres barcos, recrutou un pequeno grupo de fortes guerreiros onde se atopaba seu propio irmá menor, Artaim o novo, e seu irmá de lei, Milt o desafortunado. Embarcaron e arribaron cara un destiño incerto nos mares sen dicir nada a seu irmá o rei.
No quinto día sufriron unha grande treboada, onde
muitos morreron, incluído Milt, de aí seu pseudónimo o desafortunado, que encabezaba un barco. Kelt dos ósos, mirou un mal augurio en tirar os corpos o mar, pois súa
misión era encontrar terra, polo que deberían ser enterrados nesta para cumprir
seu propósito cos deuses. Kossobreo, que nunca se despegaba de seu chaman,
obedeceu, e levaron consigo os mortos dirección o camiño do solpor.
O sétimo día, avistaron unha verde terra, con costas
pedrosas e montanosas. Penetraron nunha ampla baía, que pasaría a ser coñecida
como a Baía de Kossobreo, e nun illote de area que se atopaba no centro, montaron
un campamento provisional. Kelt dos ósos dixo
que para non molestar os deuses, debíase enterrar e dar culto primeiro os
caídos na travesía, polo que Kossobreo mandou ir a terra, traer laxas de pedras
e construír unha grande anta para darlle culto e honra os caídos, polo que
pasaría a ser coñecido o illote como o Santuario da Arribada.
Pouco a pouco comezaron a entrar e explorar as
terras, viron como máis no interior, había un grande monte de carballos cun manancial
de auga boa. Así Kossobreo decidiu montar un campamento en terra, pero Kelt
alertoulle da presenza de poderosas enerxías no lugar, polo que deixou os
barcos en retagarda, no illote o cargo duns homes, por se tiñan que fuxir. A
caza abundaba, porcos bravos, corzos e coellos, pero polo de agora inda non
había rastro de cabalos. Vendo a tranquilidade do lugar, Kossobreo decidiu
facer unha grande expedición o interior.
Mentres os atlantes, que inda choraban a Kerua espada de luz, pronto se decataron desa
estrana visita, polo que os observaban. Nun principio non os vían como unha
ameaza, pero pronto, cando estes comezaron a montar o campamento en terra, a
talar árbores e cazar sen control, o seu presentimento mudou. Moi debilitados
por súa luita contra Kelcebú o mouro, un
atlante menor, chamado Tuatha o lostrego,
decidiu que era hora de actuar.
Kossobreo e seus curtidos homes camiñaron un día
enteiro, eran vinte sete, e contra o fin do día, os primeiros do grupo viron
nun prado o lonxe, as siluetas similares a uns cabalos, polo que correron tras
destes, para ver de repente o lonxe, un grande outeiro verde con algo que sobresaia
no cumio, como un corno en pedra. Entón antes da caída da noite achegáronse a
este.
Cando chegaron o pequeno cumio, quedaron abraiados,
sobre este había un xigante menhir, coa altura de seis homes, grande con antiquísimos
símbolos tallados. A maioría pensaron que era unha obra dos deuses, que estaban
na terra dos propios deuses, polo que algúns prostráronse ante o menhir. O
propio Kossobreo nun principio pensou o mesmo, quen senón podería levantar
semellante pedra sen rompela e esculpila? Pero Kelt dos ósos, pronto díxolles que seus ósos dicíanlle outra cousa, que
quen fixeron iso, non eran os deuses, cando menos seus deuses, pero si seres
moi poderosos.
Decidiron montar un pequeno campamento no lugar para
pasar a noite, pero na metade desta, todos espertaron, escoitábase o redor
deles como susurros que os penetraban, como o son das serpes, ptssss, ptssss... o mesmo tempo que unha
especie de fala que parecía vir de outro mundo. Aterrados algúns guerreiros,
berraban quen estaba aí fora na escuridade. Nisto escoitouse de forma alarmante
un guerreiro chamar; Señor!! Señor!! Mire
xunto o menhir!!
Kossobreo e o resto entón viraron cara o menhir, e
co resplandor do lume das chasqueiras xunto a sombra deste, distinguíase tres
formas como de homes, pero xigantes. Os guerreiros estaban arrepiábanse pero
non perdían a compostura, algúns seguían pensando que eran deuses, pero entón
Kossobreo cunha valentía que non parecía dos homes, xunto a Kelt dos ósos, que o invadía a curiosidade, sacou súa espada de antenas en bronce e
acercouse a eles. Cando estaban na fronte destes, de súpeto as tres sombras se
iluminaron dunha cor verdosa, asustando todos os guerreiros, sen ser o caudillo
e seu chaman que os miraban abraiados. Estes estranos seres nun principio non parecían
realmente hostís, senón que semellaba que querían comunicarse, e a través da
mente, comezaron a facelo con Kelt dos
ósos, o cal mandou a seu señor gardar a espada, e que escoitara o que estábanlle
dicindo, o cal sorprendera a todos.
PARTE I, CONTINUARA...
No hay comentarios:
Publicar un comentario