Antes do
século X.
Posiblemente fose un núcleo co nome
latinizado de Lazoiro, que controlaba unha importante ruta secundaria e seu
comercio no paso do Río Miño.
Século X
No ano 991 aparece nunha doación do
rei Vermudo III a mitra compostelá, nela doa unha pequena vila posiblemente cun
pequeno castelo chamada Lazoiro, xunto o Val de Salvaterra (que sería no futuro
un condado, que daría nome a actual bisbarra).
Século XII
E de supor que no século XI o núcleo
e territorio ten prosperidade, pero cobra verdadeiro protagonismo nas luitas
pola independenza de Portugal.
Na praza e castelo, xuntaron forzas no ano 1121 a raiña dona Urraca máis
o enerxético e ambicioso bispo de Compostela Diego Xelmírez, do que as malas
linguas dicían que era amante desta raíña, todo para ir a fronte contra a prima
da raíña, Tereixa de Portugal, que pretendía a independenza do condado
Portucalense.
Ambos cruzaron o Miño e derrotaron a
Tereixa na batalla de San Mamede, freando así a independenza, inda que esta
sería máis tarde conseguida polo fillo desta, Alfonso Henriques.
Neste período posiblemente Dona
Urraca reside un tempo no lugar, dando nome popular o castelo “as Covas de Dona
Urraca”. Tamén neste tempo e cando seguramente se forxan lendas como a do Pozo
de Dona Urraca, o cal din que esta baixo as covas e ten un pasadizo que leva
baixo o Miño até a vila fronteiriza de Monção.
Século XIII
Durante
este século, o rei Alfonso IX favoreceu a formación desta vila para protexela
dos abusos dos señores feudais locais, inda que se descoñece se chegou recibir
fueros, pero si e un dato da importanza da praza.
Século XIV
Pola
súa estratéxica situación como vixía e paso sobre o río Miño, voltou ser escenario
de luitas co veciño reino de Portugal.
No ano 1337 e tomada o igual que outras prazas e vilas fronteirizas polo
rei portugués Alfonso IV, sendo liberada por o rei Xoán I anos despois
aproveitando as crises monárquicas do reino portugués. Despois da reconquista e
entregada a familia nobiliaria dos Sarmiento, que máis tarde se emparentaran
cos Soutomaior, pertencendo a esta familia emparentada a fortaleza até principios
do século XX.
Século XV
Este
foi un século moi bélico e cheo de conflitos, do que tampouco se librou, tendo
lugar na praza e castelo sucesos de personaxes importantes da época como Pedro
Madruga de Soutomaior, o cal pertencía o lugar.
No
castelo, tivo o Madruga cautivos a García Sarmiento e Fernán Camba. No ano
1479, é cercada por tropas do bispo Fonseca de Compostela máis o conde de
Monterrei, inimigos do Soutomaior os cales conseguen conquistala e liberar os
cautivos. Deste feito inda se conserva un cantar popular.
“Salvaterra, Salvaterra Onde estiven en prisións,
Non
te chaman Salvaterra Que te chaman salva-homes.”
Tamén
e a finais deste século muda de forma definitiva seu nome a Salvaterra,
chegando os nosos dias e deixando o de Lazoiro no seu rico pasado.
Século XVII
Este
e un século moi importante e convulso para a praza, o rei Felipe III concede a
Diego Sarmiento de Soutomaior o titulo de Conde de Salvaterra, nacendo así “O
Condado”.
A
partir de mediados de século, coa restauración do reino de Portugal, revívese
as guerras de fronteira estando Salvaterra en primeira liña.
O conde García Sarmiento de Soutomaior e Salvaterra deixa a fortaleza o
mando do portugués Gregorio Lopés de Puja, o cal tras voltar a proclamación do
reino de Portugal traizoa a seu señor e chama as tropas de João Rodrigo de
Vasconcelos e Sousa, conde de Castel-Melhor (Portugal). Este ocupa a praza e
fortaleza ca pouca resistenza dos veciños, pasando así a pertencer o reino de
Portugal, corría o 15 de agosto do 1643.
Os
portugueses reforman e reforzan a fortaleza facendo destas practicamente
inexpugnables, comeza así unha luita case interminable pola súa
reconquista. A monarquía Hispánica xunto coa Xunta de Guerra do reino da Galiza deciden
construír tres novas forticacións nos redores de Salvaterra para cercala, nace
así o castelo de Santiago de Aitona, a fortaleza de Fillaboa e a atalaia de San
Pablo de Porto.
O pouco de levantalas, a de Fillaboa e San
Pablo de Porto son destruídas por 2000 infantes e 50 xinetes portugueses nunha
táctica e audaz ofensiva, pero rapidamente voltan ser levantadas despois da
retirada dese continxente. Pasan os anos e pouco se avanza, até que se intenta
por en marcha unha ambiciosa ofensiva clave, cruzar o Miño e intentar tomar as
prazas portuguesas de Monção e Lapela, as cales eran a cabeza de ponte da outra
ribeira por onde se subministraba e reforzaba Salvaterra. A ofensiva sobre Monção e cuberta con fogo de artilleria dende o castelo
de Aitona. Despois da caída de Lapela e un duro cerco a Monção, esta cae o 7 de
febreiro do 1659. Salvaterra seguía en poder portugués, pero agora súa sorte
estaba botada, pois soa e rodeada capitula e se rende dez dias despois da toma
de Monção, sendo entregada o Marqués de Viana, era o día 17 de febreiro do
1659.
Foron
16 anos de luitas e sucesos estando a fortificación e praza en mans
portuguesas, de volta a mans galegas, a Xunta de Guerra decide derribar as
fortalezas de Fillaboa e Aitona, pois agora pasan a ser un perigo estratéxico
nos redores de Salvaterra. Si deciden ter inda en pe a de San Pablo de Porto.
Século XX
Neste
século nos anos vinte pasa a pertencer o concello de Salvaterra de Miño, e no
1949 e declarado ben de interés cultural. Neste período sufre un grande deterioro
e mala restauración.
Na
actualidade ben sendo un conxunto de explanadas intra muros para festas e
eventos, con parte do pouco patrimonio que queda mal restaurado o estilo
moderno e outro tanto a caer, apuntalado e marxinado sendo edificacións históricas
e publicas, con mesturas de diferentes pavimentos incluído o asfalto, todo o
contrario e sendo un mal exemplo da conservación dun núcleo histórico tan
importante, o contrario do que se merece tanta historia.
Neste
momento, inverteuse na Casa do Conde con fondos FEDER europeos case 200.000
euros para facer un museo Casa do Viño, o cal esta rematado dende fai anos pero
inda nunca se inaugurou sequera, inda que na súa porta pon ben claro Casa do
Viño e a inversión.
Pero
a cousa non se queda aquí, senón que agora queren facer un Museo do Viño 2 (sen
inaugurar o primeiro) no que queda do histórico castelo das Covas de Dona
Urraca, o cal ten un uso popular para a veciñanza e se fan exposición, mostras,
e até casamentos ou xuntanzas familiares. Non estou en contra dos museos, pero
con tanta historia contada aquí, que pinta un museo do Viño “2” nas Covas? Para
que tirar máis cartos tendo un sen uso, tendo o patrimonio dos redores a caer
ou unha inversión 0 en recordo da rica historia de Salvaterra e seus moradores.
Cada
un que faga a reflexión que queira agora, pero Salvaterra e dos poucos exemplos
galegos que nos quedan de vila amurallada polos conflitos de fronteira con
Portugal, polo que consciencia co que se queira facer e deixar de futuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario