martes, 21 de noviembre de 2017

A outra cara da emigración, o legado indiano nas terras do Suído, Gaxate.

Recordo estando no Brasil un domingo, na Praia do Forte no estado da Bahía, un señor duns cincuenta e poucos anos, pola seu vestir de boa condición económica e con rasgos brasileiros pero poucos acentuados, preguntarme nun “brasileiro-bahiano” similar o “portugués” continental, - voçe é espanhol?, o cal eu respondín, - eu sou galego, en nese momento puiden ver como mudoulle a faciana, pois me dixo, - minha avoa era da Galiza, era de Gaxate.

Nese intre, víuseme unha grande saudade coa sorpresa da súa resposta, pois coñezo ben esas terras da cara oeste da Serra do Suído, con súas maxestosas parroquias con grandes igrexas e casonas espalladas polos vales do Oitavén e do Verdugo entre montanas, con verdes prados cheos de vacas rubias salpicados polo medio de hortas dos invasores eucaliptos, pequenas aldeas lonxanas nos altos montes, estradas e regatos ateigados de vellos carballos como oasis entre os invasores cultivos forestais...

A verdade que nesas terras, muitas persoas das cidades de Vigo e Pontevedra e seus redores, buscan a desconexión e ar da montana, facendo que inda quede economía e estabilidade actualmente. Mesmo así, en tempos non tan remotos, pola súa lexanía, mala comunicación e marxinación, foron lugares onde a emigración fixo muita mella e forma de buscarse a vida, sobre todo “As Américas” xunto cos veciños ourensáns da cara oeste do Suído, os concellos de Avión e Beariz.                                            Muitas historias e mitos fixeron persoas destas terras nas Américas, como o veciño de Avión, Ildefonso Graña Cortizo, chamado o “último rei galego” co nome Alfonso I, rei dos Jíbaros (tribo do Amazonas) ou Alfonso I da Amazonia.     
                                                                    
Este feito fixo que pasear a día de hoxe polas terras do Suído, nótese esa pegada cando menos dos “retornados” adiñeirados, aqueles que conseguiron fortuna e bo vivir no estranxeiro e na volta, trouxeron con eles parte do legado do “novo mundo”, como por exemplo a arquitectura “indiana ou colonial” das vivendas moi típica dos anos de bonanza en centro e sur América a  de finais do século XIX e até a metade XX.

Un exemplo desta arquitectura, e museo o ar libre vivo, e a parroquia de Gaxate, que tanto me viu a cabeza aquel día no Brasil con aquel señor, o cal sen estar nunca nesa parroquia natal da súa avoa, coñecía pola tradición oral familiar contos e historias dela, algo incrible, e que non morrería sen visitala. Tamén contoume que súa avoa, cando chegou soa o Brasil, sabia que era de Gaxate, de Fornelos de Montes e “galega”, e “nada máis que iso”. Por último, para rematar este pequeno recordo e relato, que millor que mostrarvos Gaxate, e seu vivo pasado cercan coas súas maxestuosas casas indianas, as cales, estando tan tan lonxe, viñéronme a cabeza no primeiro momento que aquel señor me dixo “minha avoa era da Galiza, era de Gaxate”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario