miércoles, 18 de octubre de 2017
domingo, 1 de octubre de 2017
jueves, 28 de septiembre de 2017
II Xornada de Irmanamento Ponteareas-Mós-Pazos de Borbén
Por segundo ano consecutivo voltamos a patear a
serra do Galleiro entre veciños, os cales este ano sumase Pazos de Borbén.
Cada un ascende por súa vertente quedando as 9:30 da
mañá, arrancando os de Ponteareas do Teleclube de Cillarga, os de Mós do
Torreiro de Louredo e os de Pazos, dende a escola do Galleiro (Nespereira).
Na xuntaza, xa na zona do cumio do Galleiro, desfrutaremos
e voltaremos dar a coñecer o patrimonio natural e histórico deses montes,
montes que nos unen a tod@s os alí presentes. Xantaremos de novo en armonía e
irmandade para finalmente cara as 17:30 baixar cada grupo cara súas terras como
inicio.
De novo unha grande iniciativa de colectivos dos
tres concellos, os cal ten unha grande importanza non só na irmandade entre
parroquias e municipios veciños, senón tamén pola posta en valor e coñecemento
das riquezas da Serra do Galleiro.
Esperamos que vos animedes e nos vexamos o domingo 8
polas ladeiras do Galleiro J .
viernes, 22 de septiembre de 2017
Petroglifos en Ponteareas I Parte
Intentando seguir pondo en valor e
coñecemento, estes restos patrimoniais prehistóricos de arte o ar libre, imos
amosar a riqueza que noso concello ten neste campo arqueolóxico, posto que é
algo que e pouco coñecido nas nosas terras.
Comezaremos cos últimos publicados e
visitados, os da zona do Monte Aberto, comezando cos coñecidos de Padróns
(Padróns), no linde de esta parroquia con Ribadetea. Polo de agora coñecemos
dúas pedras, unha con círculos concéntricos aliñados o norte en dúas liñas, e
outra cunha coviña solta que descoñecemos súa cronoloxía. Pensamos mesmo así,
que a zona esta pouco explorada e debe haber muitos máis.
Moi cerca e tamén en Padróns, se
atopan os do Charco, que temos constancia polo menos en catro pedras de círculos
concéntricos e coviñas.
Sen saír da mesma zona, pero do lado
de Ribadetea nos atopamos co coñecido como petroglifo do Monte Aberto, unha
pedra con coviñas e talladuras indeterminadas neste momento, polo seu mal
estado de conservación.
Sen saír dos lindes de Padróns, nos
imos agora o punto máis alto do concello, e cando dicimos o punto máis alto, e
o máis alto, pois estas coviñas se atopan na pedra do cumio a 743 m sobre o
nivel do mar, no linde xa con Mos. Este tipo de petroglifos, en cumios e en
formas de coviñas ou pequenos lagares ou pías, orientados sempre o oeste, e
dicir a posta do sol, pode ter un significado ritual solar, pois o sol nestas
sociedades tan antigas soia ser a divindade suprema. Dende el há unhas fermosas
vistas a ría de Vigo e illas Cies.
Para que vexades que este fenómeno do
Galleiro non e inusual, e se da en
grande parte da terra galaica cando menos, imos por outro exemplo, pero
agora no cumio doutro monte coñecido no concello, o Monte Landín, a 459 m de
altitude na parroquia de Pías.
O igual que o do Galleiro, tratase
dunha serie de coviñas e pías de pequeno tamaño nunha pedra preto do cumio,
orientado o oeste (posta de sol) cunha grande vista sobre o val do Tea. Dicir
que este monte esta por un lado sobre o castro de Troña, e polo outro
(Mondariz) sobre o castelo do Sobroso. Esta pedra se atopa en perigo polo avance dun grande viñedo.
Outros petroglifos que se deron a
coñecer fai menos dun ano, foron os da Carreira tamén na parroquia de Pías. Atópanse
o outro lado do Tea dos do Monte Aberto, e teñen a mesma temática base, círculos
concéntricos e coviñas, polo que creemos que os fixeran os mesmos individuos ou
clan. Pese o auxe que tiveron o seu descubrimento, neste momento se atopan de
monte.
Pero se falamos de petroglifos no
concello de Ponteareas, non podemos esquecer da zona reina con máis abundancia no
lado oriental, os pes dos Montes da Paradanta, nas parroquias de Guillade e
Cumiar. Fai uns seis anos, andando pola zona do Pedroso, que ten petroglifos,
atopamos de forma casual estes despois que un lume deixara unhas pedras a
vista. Se repite o patrón xeral do concello e todo o val do Tea, coviñas
dispersas e círculos concéntricos, pero desta vez tamén aparece unha cruz cristianizadora cristián. Que saibamos están sen declarar, pero agora
ben seguro que estarán cubertos polo monte raso o igual que o resto que há na
zona, na parroquia de Guillade.
Por último imos con outro tipo de
petroglifos muitos máis modernos que teñen como función a cristianización do
pagán ou marcar lindes territoriais, as cruces. Neste caso nos situamos na
parroquia de Cristiñade, no coñecido como “Penedo da Sartén”, no linde co
concello de Salceda de Caselas. A curiosa forma do penedo cunha grande pía nun
extremo fai voar a imaxinación a parecerse con unha sartén, nel tamén se atopa
un petroglifo en forma de cruz, que claramente marca o linde nese alto entre os
concellos de Ponteareas e Salceda.
Como vedes dentro dos lindes de noso
concello de Ponteareas, temos unha grandísima riqueza e variedade dentro do
patrimonio de arte rupestre, pero por desgraza des-valorado e marxinado. Aquí
só vai a primeira parte pois temos bastante máis, esperemos que vos gustase e
fixese algún tipo de exame de consciencia, polo seu estado e o pouco valor que dáselle.
miércoles, 13 de septiembre de 2017
Petroglifos do Monte Aberto, un berro desesperado.
Fai máis de catro anos, visitara e publicara no blogue
que escribía antigamente, Ponteareas Historia Viva, sobre os petroglifos
coñecidos como de Padróns e seu entorno, que se atopaban en estado totalmente
marxinal, agochados entre o manto vexetal e case fora deste mundo, pois case
ninguén os recordaba xa.
Enlace antigo.
O certo e que agora, anos despois, situándonos nos
lindes de Ribadetea e Padróns, concello de Ponteareas, a situación do seu
entorno mudou, novos descubrimentos como a necrópole calcolítica do Monte
Aberto a escasos 100 m deles, novos petroglifos na próxima zona do Charco, ou
mesmo o outro lado do Tea, os impresionantes descubertos na Carreira, parroquia
de Pías, os cales son da mesma tipoloxía e características, fan unha nova
visión e plan de estudo de toda a zona do Monte Aberto.
Pero despois de todo isto, a situación mediática e recuperación destes petroglifos, e seu riquísimo entorno mudou algo? Se
rompeu esa marxinación e esquecemento, se pensou en algún plan de posta en
valor? O certo e situación real, e que a necrópole descuberta con tres cistas
funerarias e dúas estelas, se atopan aterradas dentro dun recinto privado dunhas
granxas paradas dende fai uns anos, os petroglifos da Carreira que chamaron
muito a atención fai pouco máis dun ano co seu descubrimento, se atopan de
monte e xa esquecidos, ningunha institución, a nivel local, nin da deputación
ou Xunta deron un peso por eles, só un par de tolos (que se nos pode chamar
así, pero a oídos sordos...) intentamos
algo pero temos o mesmo futuro que estes bens patrimoniais e arqueolóxicos,
marxinación.
Mentres, nestes días grazas a grande axuda e
colaboración do amigo Angel de Prado, membro do colectivo A Rula, voltamos os
petroglifos xa visitados dende facía anos, os de Padróns, os do Charco e Monte
Aberto, todos no lugar do Monte Aberto entre Ribadetea e Padróns. Non nos
atopamos nada novo, a situación era a mesma de facia anos ou pior aínda, pero
agora entraremos un pouco máis en materia e historia, de forma máis interactiva
e simple posible.
QUE HÁ NO MONTE ABERTO?
Para pornos en situación, retrocedamos no tempo uns
3000-4000 anos, nunha terra galaica posiblemente chea de prados e cenegais,
coas pedras a vista E cun ser humán que xa descubrira o bronce e vivía en
campamentos de materiais perecedeiros como barro e vexetais, similares os
posteriores castros. Parece ser que eran sociedades pequenas e bastante
independentes unhas de outras, recolectoras e gandeiras, ritualísticas e
cazadoras, cun coñecer do comerzo xa de tempos anteriores.
E por este tempo do calcolítico, ou idade dos
metais, é cando son famosas as representacións de arte rupestre, e dicir,
tallar con simboloxía, animais ou ritos (en fin o mundo que os rodeaba) as
pedras, sendo coñecido como nosos petroglifos. En canto o mundo funerario, ou
dos mortos (tan arraigado na terra galaica) o tempo das monumentais mámoas e dolmens
en pedra xa pasara facía muitos séculos atrás, estes agora eran de pequeno
tamaño e muito máis simples, colectivos e pouco chamativos no entorno,
coñecidos como cistas funerarias. Pois ben, estes campamentos destes clans, cos
seus petroglifos e cistas, cubrían a terra galaica, e un claro exemplo o temos completo
no Monte Aberto.
Xa que estamos pondo imaxinación, imaxinade neses
tempos un clan que tivo restos de asentamentos ou campamentos na zona do Alto
da Arca e Gíncana ( claves patrimonio GA36042044 e GA36042043) e no Miñoto
(GA36042648), onde apareceron restos de cerámicas decoradas e lisas, xunto
obxectos líticos (de pedra) todos similares entre si, como se do mesmo
colectivo de individuos e individuas estivera nos tres asentamentos.
Dentro de seus territorios, decidiron como en toda a
terra galaica nese momento (era moda) tallar súas pedras, e todas coas mesmas
características e tipoloxía, círculos líticos con coviñas en pedras de pequeno
e medio tamaño, así aparecen os petroglifos coñecidos como de Padróns (GA36042122), O Charco (GA36042042, GA36042103,
GA36042104) e o coñecido como do Monte Aberto (GA36042099). Engadir tamén, por
ter a mesma tipoloxía de círculos concéntricos e coviñas nunha pedra de similar
tamaño, a pouca distanza pero o outro lado do Tea, os da Carreira, que se ben
non foi o mesmo colectivo ou clan, eran moi cercáns.
Por último, sabendo onde moraban e algunhas cousas
que facían, onde morrían? Aparece pois así a necrópole xusto no Alto da Arca,
nome de lugar que xa nos dicía todo, posto recordar que “arca” atribúese a
estes monumentos funerarios prehistóricos, a explicación e que fai un par de
séculos coa febre do libro “O Ciprianillo” entre outros, pensábase que estes
lugares gardaban tesouros e riquezas, o “ouro dos mouros”, polo que
desenterrábanos e abríanlle a pedra de arriba “como arcas”, de aí súa relación.
Voltando o descubrimento fai un par de anos, construíndo no lugar unhas
problemáticas granxas, aparecen tres cistas funerais e dúas estelas de culto,
mostrándonos o final da vida dos nosos amigos e ancestros, despois dunha posible
incineración ritual, pasarían a seu cemiterio para descasar por sempre.
OS PETROGLIFOS DO MONTE ABERTO
O Monte Aberto e un alto entre o río Tea e seu
entorno e as vertentes e da Serra do Galleiro. Dicir que arriba, cara o oeste,
enténdese cara a montana cunha lomba e chans, sempre en sentido de nivel
ascendente. A cortan os lados dous pequenos afluentes do Tea, o sur o río
Mouróns ou Cillarga, e o norte un regato que baixa de máis arriba do barrio do
Castro, en Padróns.
Dicir que as tres zonas ou estacións, moi cercáns
entre si, teñen a mesma tipoloxía e ata os mesmos danos, pois están afectadas pola
antiga cantaría artesanal, parece que os ancestros xa elixían boas pedras para
plasmar súa arte o ar libre.
Engadir que o que no outro tempo puideron ser prados
e pastos verdes, a día de hoxe son plantacións forestais (piñeiro e eucalipto),
monte raso de toxais e algún prado e veiga de cultivo pegadas os regatos, a
pedra abunda pero muita se atopa inaccesible polo monte raso, polo que creemos
que existen inda máis estacións por descubrir ou redescubrir.
PETROGLIFO DE PADRÓNS
Chamado así e descuberto o publico e estudado por Nóvoa
Álvarez no 1985, son os millor conservados e coñecidos. Tratase de dúas pedras
de mediano tamaño elevadas un metro do chan máis ou menos coa superficie plana,
onde aparecen os petroglifos.
Tratase polo que se ve de polo menos dous filas de
círculos concéntricos que parten dunha coviña central en liña, con outras
coviñas dispersas e até pode que algo máis, destacar que unha se parte en dúas
no seu interior. Seu estado e bo e bastante limpo, pero o que máis nos chamou
atención e que están perfectamente orientadas o norte dende seus centros en
liña, e dicir, non foron colocadas así o azar, senón que parte dun motivo que
descoñecemos polo de agora.
O significado dos círculos concéntricos inda e
descoñecido, e simboloxía ancestral pois recordar que o símbolo do circulo en
si e a vida, e o sol, pero neste contexto há quen po hipóteses como reloxos ou
calendarios para medir o tempo ou estacións, ou mesmo que ten que ver coa
fertilidade da terra e os campos, pero bon, ese e un tema para estudar en
outros apartados.
Engadir que no eu entorno, nunha pedra moi danada
pola cantería, atopamos unha coviña solta de orixe incerto.
PETROGLIFOS DO CHARCO
Estes situados nunha zona de pedras de mediano e
pequeno tamaño no lugar do Charco (Padróns), están moi afectadas pola cantaría
tradicional. Isto fai que só consérvense nas partes das pedras que non
romperon.
Temos así ate en catro pedras, círculos concéntricos
que soen partir de coviña central, aínda que algún no seu interior posúa varias
coviñas, mostrando similitude cun taboleiro dos chamados “ de xogo”.
PETROGLIFO DO MONTE ABERTO
Situado do lado de Ribadetea, o pe dun camiño por debaixo
do circuíto da Gíncana, tratase dunha pedra de tamaño medio, na cal consérvanse
unha serie de coviñas claras e algunhas liñas moi deterioradas, pero de seguro
seu deseño orixinal entraría no mesmo patrón que o de seus veciños e irmán
anteriores.
CONCLUSIÓNS E POSIBLE FUTURO
Visto así de forma rápida a riqueza que temos no
Monte Aberto, onde case nos conta a historia, vida e morte dos nosos ancestros
fai máis de 3000 anos, creo que e hora de pórse a traballar, buscar apoios e
reflexionar sobre o estado de noso patrimonio, se fai falta voltar comezar de
cero, pero non deixar que volte o esquecemento destes bens arqueolóxicos.
Incluír a esta zona do Monte Aberto, por seu
parentesco, cercanía e coincidenza temporal os petroglifos da Carreira en Pías,
sen tampouco esquecernos do patrimonio posterior que rodea esta mesma zona que
sempre estivo habitada, como o castro e mina romana da Croa, restos da ponte
das Cons, Cidade de Caneiro ou a antiga Devesa Real de chan da Gándara.
Para min, persoalmente o ser de Ribadetea, o lugar
ten tamén un sentimento especial e vai muito máis ala de ir ver pedras o monte.
Agradecer a persoas como Angel de Prado seu interese e axuda nestes posibles
primeiros pasos, pois fixo resurxir a chama. Esperemos que no futuro, cando
volten a resurxir estes bens, non sexa un llanto de dor e pena por ser
destruídos por unha plantación forestal, camiño ou inmoble, senón un berro de
ledicia por súa posta en valor e coñecemento da sociedade do noso patrimonio e
legado como pobo.
jueves, 7 de septiembre de 2017
Camiñando pola Terra: 3 Ruta Vieiro das Mámoas na serra Leboreiro ourensán
lunes, 4 de septiembre de 2017
Trailer Ruta 3 Camiñando pola Terra, Vieiro das mámoas e Serra Leboreiro ourensán
Desta vez en Camiñando pola Terra, nos desprazamos a unha das zonas menos coñecidas e visitadas da terra galaica, a Serra do Leboreiro ourensán e a ruta Vieiro das mámoas. Aquí vai o Trailer e promo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

































