Un ano máis, ben sendo un pracer e
orgullo facer parte da Festa do Ouro, na pequena aldea de Margaride de Lor
(Quiroga). Entre amigos e amigas, o trato e hospitalidade e difícil de expresar
por aquí, pero se pode dicir case que actuamos na casa.
Este ano, xunto a Tania, o durbede
Xavier o Kallaico, o gaiteiro Eloi das Freirias, o guerreiro do clan do Lor,
Macía e case que a aldeia enteira e outros amigos, realizamos nada menos que un
bauticeiro, o do pequeno Mateo, outro colectivo no novo clan dos Pallots, e
cinco vodas con seu ritual e procesión a Poza Sagrada.
A parte, para rematar estreamos novo
ritual da Adusberta protectora, desta vez o “das tres forzas”, implorando e
facendo ofrenda a Auga, Lume e o Ar dos antigos deuses, rematando co conxuro
tradicional.
En festividades así, e moi doado
actuar, así que por todo e un ano máis, GRAZAS MARGARIDE! VIVA A FESTA DO OURO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario