Nesta ocasión Tania Bouzas e eu
(Jhonathan Meigo do Tea) nos desprazamos as terras pontevedresas do concello de
Cuntis, máis precisamente a parroquia de Cequeril na ribeira do río Umía, para
realizar a ruta ou sendeiro PR-G 123, Ponte de Ramo-petroglifos de Cequeril, a
cal ten un alto valor etnográfico e naturista, cunha dificultade baixa e uns 7
km de recorrido.
Aparcamos e arrancamos da Ponte do
Ramo, a cal se atopa moi modernizada actualmente o pasar unha estrada por ela,
pero dicir que nela se practicaba unha curiosa e tradicional cerimonia galaica
como en outras muitas outras pontes galegas, que ten que ver coa fertilidade e
bautismo. A base da cerimonia se repite sempre nestas tradicións, as mulleres
as cales custáballe quedar en cinta, esperaban a media noite que alguén cruzase
a ponte, o cal pasaría a ser o padriño ou madriña do futuro retoño, tradición
cun orixe incerto pero que se perde na noite dos tempos.
Comezamos o roteiro na marxe do
Umía, cunha fermosa paisaxe tranquila de ribeira, a pouca distanza, comezan
aparecer os muíños, comezando polos de Puntalta, estando algúns restaurados.
Pasados os muíños o roteiro se separado
Umía, subindo o Alto da Portela, baixando por unha vía que pode ter orixe
romana, para dar nunha zona máis poboada, a aldea Conles, onde atopamos unha
fonte.
Dende este punto, comezaremos a
ascender as lombas do Monte Rañadoiro nunha pequena distanza, até uns 400 m
máis ou menos, onde nos espera tal vez a xoia desta ruta, o petroglifo da Laxe
dos Homes, que se atopa entre outras estacións onde predominan os círculos concéntricos
e coviñas.
En canto a Laxe dos Homes, e algo
único na Terra, do cal nin se sabe datar moi ben nin seu significado. Se trata
do que semella unha muller (por ter unha coviña na zona e xenitais), a cal se
atopa con estranas vestimentas e ate unha posible mascara con cornos, a cal ten
agarrado o que parece un home, por ter un xenital eréctil, o que semella inmobilizado.
Nosa teoría hipotética sobre o que pode representar, o podedes ver explicado no
vídeo de abaixo.
Deixados os petroglifos atrás cunha
fermosa vista da contorna, comezamos o descenso cara a Cequeril, onde nos metemos
en parte do núcleo, onde se pasa por moi cerca da igrexa. Por último se sube un
pouco ate o Outeiro da Laxe para voltar descender a Ponte do Ramo.
Tipo de
ruta: Circular
Lonxitude: 7 km
Dificultade:
Baixa
Valoración: Etnográfica
e natural.
Puntuación: 7,5
Vídeo con nosa teoría do significado do petroglifo da Laxe dos Homes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario