Moi triste e frustrante o sucedido
nestes días, con respecto a unha roteiro onde se plaxiou a información a miña
persoa, e despois sen dar practicamente resposta e escusa, me deron a patada no
cu. E lamentable, pero por desgraza e algo que pasa a diario e muitos os compañeir@s
que sofren este tipo de desafortunadas accións aproveitándose de seu traballo.
Pero primeiro comezaremos polo inicio, co lugar, moi achegado a miña historia
persoal e como persoa, onde sucederon os feitos, o Castro da Croa e súa
explotación mineira romana.
O CASTRO DA CROA
Foi ala polo 2003, cando tiña uns 16
anos, cando un veciño me dixo que na nosa parroquia, Ribadetea, existía un
castro no lugar da Croa, o cal aparecía citado na enciclopedia galega. Sen
pensalo, para min, e coas enerxías e entusiasmo dun adolescente, collín a
bicicleta e ala me fun a procuralo. Na primeira vez que fun, nun puiden
atopalo, estaba todo moi abandonado e cuberto pola maleza, pero foi da segunda
vez, onde me atopei con un dos seus incribles parapetos. Non dubidei en
trepalo, por aquelas inda non coñecía a súa porta, inda conservada.
Comeza así a nosa historia, de
visitas constantes o lugar e exploracións con aquel pobre coñecemento que tiña
con esa idade. Teño que recoñecer, que tal vez foi a peza clave que me somerxeu
e espertou en min algo, que me fixo seguir avanzar e converterme no que a día
de hoxe son.
Pouco a pouco fun preguntando os
veciños polo lugar, descubrindo que inda conservaba lendas case extinguidas as
cales tiñan que ver todas co ouro dos mouros, así explorando e explorando,
foron aparecendo máis cousas, un anaco da muralla, a segunda porta cara o río,
a explotación mineira o seguir (por aquelas inda non rexistrada por
patrimonio), o embarcadoiro chamado Remuíño ou Pozo dos Mouros...
Cando comecei a escribir nas redes,
pronto comecei a escribir sobre el, ate o momento atopábase inédito de
información na rede, inda que si existía a súa ficha patrimonial, aquí tedes o
primeiro artigo que escribín sobre el no 2012.
http://ponteareashistoriaviva.blogspot.com/2012/01/cultura-castrexa-o-castro-da-croa.html
Fotos da superficie da croa e entrada do castro, no 2008, por aquelas estaba totalmente marxinado.
Chegou así o ano catastrófico do
2013 para o xacemento, pois sufriu un grandísimo dano por unha trama. Non
entraremos en detalles, pero eu recen chegado do Brasil, cando vin aquilo,
chorei no castro. A reposta foi rápida, chamada a patrimonio e pronto chegou a policía
autonómica, xunto eles levantouse acta do grande dano, e tras ela viu a
denuncia, que barata saiulle os que fixeron tal estrago. Sempre agradecer a
tod@s amigos que por aquelas me axudaran. Aquí un pequeno resumo que publicara
por aquelas. http://ponteareashistoriaviva.blogspot.com/2013/09/sos-castro-da-croa-os-demos-voltaron.html
Escavadora destruíndo un parapeto do castro
O tempo pasou, e as feridas foron
curando, e así comezamos a facer visitas guiadas por min o lugar, o cal comezou a ser moi coñecido e referente no Condado, como legado de aqueles castros
mineiros do Val do Tea.
No ano 2015, despois dunha andaina
guiada por min o castro e minas, o amigo Óscar Franco, propuxo escribir sobre
el en Patrimonio Galego, o cal o vin con moi vos ollos ate o día de hoxe, pois
sempre fun unha persoa construtiva e colaboradora como veremos máis adiante. A
día de hoxe se pode inda ver na páxina de Patrimonio Galego o artigo, no cal
toda a biografía que aparece e escrita por min, dende aqueles anos ata a máis
actual case a día de hoxe, aquí tedes o enlace da páxina. http://ponteareashistoriaviva.blogspot.com/2013/09/sos-castro-da-croa-os-demos-voltaron.html
Así foi miña historia co castro da
Croa e súa mina romana, ate fai pouco máis dunha semana.
A TRAMA DUN PLAXIO POLAS COSTAS
A FEIRA DE MINERAIS
Todo comeza póndose en contacto comigo
un dos coordinadores da Feira de Minerais, realizada no centro cultural de
Guláns (Ponteareas). Deixarei esta persoa no anonimato, pois inda que me doeu
muito o que fixo, acho que non foi querendo.
Como veredes nestas capturas da
conversa, eu non as tiña todas comigo por estar o concello polo medio, pois sei
como as xogan de malas experiencias do pasado. Pero me convence para que axude
na Andaina as minas romanas do Val do Tea, dicindo que era unha actividade
deles, non do concello, e eu, por ser quen era el, me fío e decido como sempre,
colaborar. Son eles quen fan que Óscar Pazos, o plaxiador, se poñe en contacto
comigo.
Despois do grande plaxio, esta e a
resposta que me tirando balóns fora, xa non era problema deles agora, en fin,
isto doeume muito, e máis vindo dunha persoa que tíñalle aprecio e confianza.
OSCAR PAZOS
Este señor, é xeólogo, e escribiu un
libro da minería romana na Gallaecia, ponse en contacto comigo a través da
Feira de Minerais.
Nun primeiro momento, úrxelle
quedar, pois realmente el non coñece ben a zona, pensa facer a andaina na zona
da Moscadeira (cerca do casco de Ponteareas), pois segundo el, a zona da Croa
non cree que sexa unha mina.
Quedamos así o 23 de marzo, sábado
de mañá, e imos a Croa. Quedase abraiado con todo o que esconde o lugar,
claramente é unha mina co castro en conxunto. El que só coñecía o lugar de foto
aérea, me di se e viable que a andaina mude da Moscadeira a Croa, e cos
coñecementos que tiña, se podía axudalo.
Eu inocente, accedo, pois era unha
boa nova para min, poder por unha vez máis o lugar en valor e coñecemento.
Desta maneira quedamos en falar de como organizar, pero eu dígolle que ando moi
liado, polo que ate a última semana non me podo por coa andaina, quen me coñece
sabe de sobra, que eu cando me implico, o dou todo.
Achegámonos a unha semana antes da
andaina, e non da sinais de vida, polo que polo wassap falo con el, e ben sendo
cando me dí que a andaina atopase pechada, agora organiza o concello, irá a
Croa e non conta comigo para nada, non contan comigo para nada en realidade.
Isto me deixa de pedra, pois el, nin
coñecía o lugar! todo o que sabia contarallo eu, e así, polas costas, me
apuñalaban el e meu concello.
Dicirche, que tamén me cóntache de
certo lugar, que eu descoñecía de súa relación coas minas, pero eu non son como
ti, o deixo para ti por se algún día decides investigalo, eso si compañeiro, o
tempo pon todo no seu lugar, e como veremos abaixo, podes roubarme info, pero
non eres eu, e así vos foi.
A CONCELLEIRA DE CULTURA E CONCELLO
Primeiro dicir, que eu con esta
señora, Hortensia Bautista, xa tivera problemas anteriores comigo por mor do
patrimonio do concello e súa falta de colaboración. Por respecto de amigos e grandes
compañeiros, non vou nomear o partido político que pertence, inda que muitos de
seus amiguiños colaborasen nesta triste historia, pero sei que nese colectivo político
non son todos iguais, inda que algúns xoguen co seu cargo como se fora un chiringuito
persoal e mesturen churras con merinas, de forma irresponsable, son os mesmos
compañeiros comprometidos quen deben valorar estas actuacións e o mal que fan,
manchando de esterco o nome de seu partido.
Nunca antes vira tal compromiso do
concello cunha andaina, autobuses, publicidade de seguido como se fora o propio
Corpus, diñeiro para a Feira da Minerais e o propio guía, Óscar Pazos... eu que
estou en colectivos do rural, como no centro cultural de Ribadetea, fago esta
reflexión cos outros colectivos do rural de Ponteareas, algunha vez a vos o
concello vos axudou en tanto e puxo tanto empeño en algunha de nosas
actividades culturais? Sendo os centros, do propio concello pero dirixidos por
voluntarios, pero por que tanto empeño nisto? Mensaxes borrados nas súas redes do plaxio
que se estaba facendo, autobuses que te levaban o propio castro da Croa para
non andar (menos mal que era unha andaina) e o millor, a ruta que nun principio
era “as minas romanas do Tea”, agora era “o Castro da Croa”, que cara dura.
De Hortensia non vou falar máis,
aquí en Ponteareas sabemos de sobra a quen temos, e o de plaxiar, por desgraza
só son un máis, só há que preguntar os da Exposición da Camelia, o festivas das
Brétemas, ata as Jornadas Galaico-Portuguesas de Pitôes das Júnias! Saben de
sobra quen é esta persoa. Todo un mal exemplo para o futuro, do que non há que
facer, cando menos respectar o traballo de persoas e colectivos, súa dignidade,
pois quedarse caladas ou por nas redes simples comentarios cara nos como “que
mal fai a droga”, só retrata a evidencia da falta de respecto, educación e
infantilismo que ten cara as persoas que con ilusións e voluntariado tentamos facer camiño na nosa Terra, quitamos esterco que outros non paran de
tirar sobre ela.
Por último dicir e agradecer, que
cando nas redes do concello persoas comentan por que non contan comigo para actividades
co patrimonio, sempre escriben o mesmo, “temos en conta o traballo de
Jhonathan, e pronto intentaremos contar con el”, dicir que isto e totalmente
falso, nunca ata agora puxéronse en contacto comigo para nada, e máis, non
responden nin meus rexistros de entrada que envíolles con respecto noso
patrimonio.
A ANDAINA
Con tanto medio e bo tempo, non é de
estrañar que esta en participación fora un éxito, 70-80 persoas, que é o único que importalles a eles, o número e a foto. Pero cando
menos me comprace saber que o discurso e organización, non foi así, senón que
desexou muito que desexar, o normal non coñecendo nin o terreo nin súa historia
real.
Algúns compañeiros, moi
comprometidos de verdade co patrimonio, acudiron e tan forme esta rematou, contáronme
a súa desilusión coa actividade, pois quedaron como estaban.
Os que foron a pe, foron dende a
ponte de San Roque (Ponteareas) ate o Castro da Croa, en Ribadetea, case no
linde con Padróns, unha boa tirada. Mostra de non saber a distanza, foi o mal
de tempo que foron e non poder rematar a anadaina, coa visita a Moscadeira, todo por falta de
tempo. Só há que ver a Oscar Pazos vestido de vaqueiros e camisa, para unha
camiñata de máis de 10 km completa. Así oubo xente que quedou atrás, outra que
chegaba a conta gotas os lugares de charla... cando a ruta era moi moi doadiña
de facer e totalmente circular ate a Moscareira se coñeces a zona.
O non coñecer o lugar, nin el nin a
concelleira, entraron no castro da Croa, pois para chegar a única porta
accesible, tes que coñecer os camiños da zona, só o viron o castro dende o río, deixando
atrás súa vista privilexiada sobre o entorno, súa porta, seu anaco de muralla a
vista...
Polo que vin nas fotos, só foron os
lugares que eu ensineille o xeólogo, nada máis, ate me fai graza, pois un lugar
na Barxela, fora xa da Croa e seus xacementos, que a el chamaralle a atención
cando foramos xuntos, e eu dixéralle que esas alteracións no terreo eran froito
de que alí fai anos sacaran xabre, el polo que se ve nas fotos, debeuno
explicar como parte da mina ou castro.
Segundo o que me dixeron, limitouse
a dicir que un par de canles que eu ensinaralle era restos de minas, e unha e
outra vez tentar vender seu libro, o cal non despegou da man e deixou de dar publicidade, cun modélico
prezo de 15 euros, que máis pensabades que ía dicir? Serás moi bo xeólogo, non
o nego, pero no ías a un lugar xeolóxico realmente, senón a uns xacementos históricos
e arqueolóxicos, cheos de lendas, que nos contan unha historia existente ate
fai pouco máis de 70 anos, cando miña avoa de nena ía os muíños da zona (A Croa
e Gelas) e observaba persoas bateando inda no río.
REFLEXIÓN
Case miña única reflexión, e POR
QUE? POR QUE tanto rechazo cara min, se eu, coa consciencia moi tranquila, o único
que fago día a día e explorar e divulgar, a parte de tentar por en valor noso patrimonio día a día, POR QUE? Ninguén pediu desculpas, intentou falar nin fixo critica,
menos a Feira de Minerais que tirou balóns fora, os outros involucrados
simplemente fan que ignoran o que pasou.
O sucedido case se pode resumir así,
“un forasteiro chama a un ponteareán para que infórmelle dun lugar en
Ponteareas, o forasteiro e concello de Ponteareas collen a información e danlle
unha patada no cu, para logo explicarlles o resto de ponteareáns o que temos en
Ponteareas”, acho que pode ser unha boa reflexión, e todo isto gastando diñeiro
dos ponteareáns.
Para rematar, creo que este e un
exemplo de COMO NON SE DEBEN FACER AS COUSAS, pois senón coidamos do que temos
e damos valor, como o van a facer os de fora?
Quero agradecer de todo corazón,
tod@s aquelas persoas que me apoiastes nisto, moitísimas grazas dende todo meu ser que escribe isto coas bágoas case nos ollos, vos estarei sempre
agradecido, inda que isto me fixo muito dano e a ferida tarde en curar, E POR
VOS POLO QUE VOU SEGUIR ADIANTE COMO O FIXEN SEMPRE, fronte moi alta e moral a
tope, seguirei este camiño ATE QUE O CORPO ME AGUANTE! VAI POR VOS! Voso Meigo
do Tea.
Bravo jonha!! Sigue así, todo se acaba sabiendo,no dejes de hacer lo que te gusta!! Apoyote meu!! Dende ourense ��
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarNon eres o único que lle plaxian as ideas eos proxetos... Hai quen se atreve a plaxiar diretamente un proxeto ao 100% e facelo pasar por seu como mérito persoal eo pior manchando o nome dunhas siglas... Sei o que doe que un traballo de 5 anos cho plaxien e se aproveiten del, sufrino na miña propia carne...
ResponderEliminar