Non se leva muito investigado e
escrito sobre esta temática, pero vos podo garantir como veredes neste artigo,
que esta famosa orde militar cristián, deixou muito legado na nosa bisbarra do
Condado.
Para que sexa doado transmitir
millor a información do traballo e que sexa entendible, o faremos por partes,
polo que comezaremos polo que semella o principio.
SAN MIGUEL DE CANEDO
No ano 1211 o rei coa corte en León,
Afonso IX, outorgar a Orde Temple a vila e fortaleza de Ponferrada, o tempo que
concede no territorio galego actual terras en Lemos, A Limia, Cambre e Faro, e
en San Miguel de Canedo.
Dicir que a parte de San Miguel de
Canedo de Ponteareas, existe outro na Pobra de Brollón (Lugo), pero daremos
probas de que se trata do Canedo do Condado.
Actual Convento de Canedo (Ponteareas)
Na actualidade en Canedo se asenta o
Convento Franciscano de San Diego de Canedo, pero o de San Diego e algo máis
actual, pois sabemos que esta edificación cando menos polo século XIV era unha
casa forte ou pazo dos Sarmiento, o cal a comezos do XVI seu señor, Diego de
Soutomaior e Mendoza, dona a orde Franciscana que estaba establecida na histórica
vila cércana de Salvaterra de Miño. Así se funda o actual convento, e como mérito
a doación se nomea de San Diego, nome de seu último propietario.
Dicir que a Orde Franciscana sempre
tivo grande referencia coa extinguida e pugnada Templaria, de aí que a
simboloxía sexa similar, como a “Cruz de Tau” ou as “cinco cruces do Santo
Sepulcro de Xerusalén”, terra onde se fundou a Orde Templaria, a día de hoxe
estes símbolos inda de poden ver no convento de Canedo.
Pero a pregunta neste lugar pode ser,
estivo o antigo mosteiro ou templo templario no lugar do convento? A resposta
pode ser non, senón un pouco máis abaixo, no lugar chamado da “Igrexa Vella”.
Escudo Franciscano, onde se pode ver arriba a dereita, unha cruz templaria con outras catro menores o redor, símbolo do Santo Sepulclo de Xerusalén, gardado polos Templarios.
Cruz de Tao, simboloxía Franciscana moi vinculada a Orde Templaeria, sobre todo a aqueles templarios que protexían e gardaban o Camiño de Santiago.
A IGREXA VELLA DE CANEDO
A uns 200 metros do actual convento,
enclavado na bagoada dun regato que baixa do Monte da Picaraña, nos atopamos co
lugar da Igrexa Vella, que a parte do nome, atopamos máis datos.
Este lugar e case inédito en canto a
investigación, pois sempre estivo moi cerrado e case inaccesible pola
vexetación. Entrando neste neste, a penas vimos nada máis que socalcos máis
modernos e muita vexetación, moi difícil atopar algo a día de hoxe.
Pero falando cos veciños da zona a
cousa cambia, así puiden falar cun señor maior que vive o lado e contoume. “Contaban que nese lugar estaba a igrexa
vella, antes que o convento, pero foise levando todos as pedras co paso do
tempo. Dicían que antigamente cando traballaban esas terras aparecían pedras
talladas e ate lapidas do seu cemiterio”.
Dentro do lugar da Igrexa Vella.
Logo tamén grazas a un bo amigo,
Alberto Morán, o cal parte de súa familia e natural de Canedo, contoume que seu
avó dicíalle que as casas inmediatas a esa zona era a zona máis antiga da
aldea, e que tiñan nelas restos da antiga igrexa. Tanto que me ensinou en casas
dese lugar restos dese templo, os cales preferimos por agora ter discreción con
elas pero vos mostramos algunhas fotos das reliquias pétreas.
Cruces que poden gardar relación nas casas do entorno, as cales din que saíron do lugar da Igrexa Vella.
Nosa conclusión no lugar, e que
aqueles primeiros templarios de San Miguel de Canedo, asentáronse no lugar da
Igrexa Vella, agora desaparecido. Posiblemente eses cabaleiros estaban vinculados
a Encomenda da Orde de Coia (Vigo), e na conclusión final daremos as nosas hipóteses
de por que estaban no lugar. É posible que cando no ano 1307 a orde foi
condenada e perseguida, e todos seus bens requisados pola igrexa, coroa e outras ordes militares, por
supostas “herexías e sodomía contra o cristianismo”, este templo de San Miguel
de Canedo quedara abandonado e prohibido rehabilitalo, polo que os veciños do
lugar co paso dos séculos comezaron a usar súas pedras para súas edificacións,
un reciclaxe moi típico na nosa terra.
Cando voltou a aséntanse no lugar
unha orde relixiosa, a parte moi vinculada o Temple, os Franciscanos, estes
tamén usaran pedras e simboloxía deste para o novo convento máis arriba, sobre
a antiga casa forte ou pazo dos Sarmiento, pero agora co nome de San Diego de
Canedo. Eu persoalmente son dos que penso, que inda a día de hoxe, os
franciscanos de Canedo, seguen sendo descendentes de aqueles templarios como se
pode ver na súa simboloxía no convento.
SAN BREIXO DE ARCOS
Pero estes templarios de canedo non
deixaron só pegada en Canedo, senón que expandíronse polo territorio que rodea
os montes da Picaraña. Así tamén aparecen testemuñas deles nas pedras da igrexa
de San Breixo e Arcos, non lonxe de Canedo.
A actual igrexa de Arcos data do
século XVIII e ten un estilo románico, pero o parecer esta levantada sobre un
antigo mosteiro que puido ter orixe na Orde Templaria, mostra disto e unha cruz
templaria que conserva na súa ábside, a parte dun curioso arco reutilizado nun
pequeno altar, o cal garda similitudes cun doutro lugar. No seu entorno ten
curiosos lugares lendarios como a Pedra dos Namorados ou a famosa Pedra do
Equilibrio.
Cruz templaria na actual igrexa de San Breixo de Arcos
Curioso arco na base dun altar, o cal garda relación con outro vinculado co Temple.
SANTA CRISTINA DE BUGARÍN
Non sabemos muito sobre o orixe
deste templo de estilo románico, pero si súa importancia por súas ricas talladuras
nas súas pedras e sillares, o que nos fai pensar, coa súa simboloxía, nun
templo medieval totalmente vinculado o Temple.
Tamén esta nas lombas do Monte da
Picaraña como Canedo e Arcos, e no cruceiro que se atopa fronte a igrexa, vemos
semi tapada por un altar na base do cruceiro, un claro símbolo dunha cruz
templaria cunha espada, orde relixiosa e militar. A pedra ten eriba unha
talladura cunha data, con muita menos calidade e outra técnica, polo que esta
semella de cando se usou a pedra e construíu o cruceiro.
Cruz templaria acompañada dunha espada, na base do cruceiro da igrexa de Bugarín.
No propio templo, podemos ver na
ábside como e Arcos, pero agora no alto, unha cruz templaria esculpida, a cal
se atopa sobre “un arco” igualiño o que aparece en Arcos, de base do altar,
coincidencia?
Cruz templaria na ábside da igrexa de Bugarín.
Pero isto non e todo, o redor da
igrexa se pode ver restos de pilares aproveitados para outros usos, ou no que
pode ser a “casa da obra” anexa a igrexa, sobre a porta un escudo que semella
militar. Neste aparece unha cruz en forma de “X” elevada por algo que semella
un mastil, que tamén vai aparecer noutro templo que veremos máis abaixo. Tratase da Cruz de Santo André, que tamén pode ter vinculo a Orde Temple, posto que paises con grande tradición con esta orde como Escocia, a levan na súa bandeira, a parte tamén de simbolizar o "martirio". Xunto
elas dous lanzas se cruzan, de novo a simboloxía militar acompaña a cruz, como
no cruceiro, polo que da muito que pensar, posto que claramente vemos un escudo
vinculado a unha orde militar e relixiosa.
Columna antiga que semella labrada xunto a igrexa.
Escudo cunha cruz de San André e dúas lanzas cruzadas, vinculada a unha simboloxía relixiosa e militar.
Non cabe dubida que esta igrexa é
unha reliquia sen case estudar, construído sobre outro templo anterior, que nos
pode aportar muito.
CAPELA DE SAN PEDRO, MONDARIZ
BALNEARIO
Agora sen saír da circunferencia dos
Montes da Picaraña, nos imos máis o norte, a capela de San Pedro, en Mondariz
Balneario. Neste lugar din que naceu a vila, e ten unha rica historia.
Xa a cruz de seu campanario é
curiosa, pero como en Bugarín, no testeiro de súa ábside ten unha cruz, que
semella tamén totalmente templaria, pero iso non e todo. Contan que nesta
capela tivo lugar o matrimonio do rei portugués Don Dinis e Isabel de Aragón (Logo
chamada santa Isabel de Portugal).
Recordar que Portugal é un pais moi
ligado o Temple, sen ir máis lonxe, seu primeiro rei, Afonso Henriques gardaba
muita relación con eles, ate se dí que foi templario na sombra. E máis, seu
descendente don Dinis deu asilo os templarios perseguidos na Francia, e creou a
partir destes a Orde de Cristo, descendente da Templaria, a cal súa cruz
estandarte e practicamente case igual a do Temple, que logo levarían súas carabelas nas velas por medio mundo. Se pode dicir que don Dinis
era un templario tamén na sombra, polo que credes que pode ser casualidade que
se casara nunha capela apartada posiblemente templaria? Sería a voda un rito
totalmente cristián? Din que no interior conserva unha pía inda sede enlace do
século XIII.
Don Dinis de Portugal, e Cruz da Orde de Cristo, descendentes dos templarios e coa mesma forma.
SAN PEDRO DE ANGOARES
A historia desta parroquia e moi
ampla, foi unha vila romana destruída no século V, logo se ergueu un templo no
tempo suevo, pasando a ser mosteiro no século XII.
Se atopa na antiga vía de orixe
romana que remontaba o Tea vindo de Tui cara terras do norte, polo que no
século XII se atoparía no camiño a Portugal e Lazoiro (Salvaterra de Miño),
recordemos o vinculo do reino luso co Temple.
A día de hoxe, Angoares e a única
igrexa con planta de cruz latina cuadrangular na Galiza, xa non conserva súa
fachada románica pero si nos seus capiteis canzorros o estilo gárgolas con
formas de animais curiosas. De seu orixe medieval se atoparon sillares tallados que se atopan expostos fora
ou nos seus propios muros. Destacan para noso estudo, un onde aparece a Flor de
Lis, en heráldica moi vinculada as monarquías francesas e seus estandartes, e
de onde eran a maioría dos templarios e seus grandes mestres? Francia. Outro
dato curioso, e que a Orde de Santiago, que protexía os peregrinos do Camiño de
Santiago como os templarios, e moi arraigada a estes, inspirouse na Flor de Lis
para facer súa Cruz, pois leva esta flor nas súas tres puntas.
Decoración da Flor de Lis en San Pedro de Angoares.
Destacar tamén na parte norte da
ábside, no muro dunha cámara, se pode ver un sillar esculpido, co que semella
unha cruz tipo Santo André, rodeada por un circulo e alzada por un tipo mastil,
moi similar a de Bugarín. Pode ser unha pedra utilizada do anterior templo
xermano, ou tal vez, un símbolo dunha orde militar. Mostro unha foto tomada fai
anos da rede, e unha actual para que vexades o mal estado que se atopa esta
pedra na actualidade, case desaparecido o esculpido.
Arriba estado anterior da pedra tallada, abaixo actual, onde non existe consciencia co patrimonio non se pode pedir máis.
Sillar tallado de Angoares en horizontal e o do escudo de Bugarín, non gardan relación?
Por último neste templo, na súa
fachada conserva unha cruz que ben semella coa do outro San Pedro, o de
Mondariz Balneario. A verdade é que a relación de a abdicación de San Pedro cos
templarios tampouco acho que e casual, só tedes que buscar en internet a de
templos con este santo que foi apóstolo e súa relación co temple. Tamén nun
cruceiro no concello de Padrenda (O Ribeiro) con simboloxía templaria, aparece
a mesma cruz sobre unha templaria.
Cruces similares na fachada de San Pedro de Angoares, capela de San Pedro e cruceiro de Padrenda, todas relacionadas coa Orde Temle.
Desta maneira, do que sabemos do
templo no Condado, sacamos este mapa, por que rodean un monte tan emblemático, místico,
cheo de lendas e túneles.
HIPÓTESE DO SEÑOR JUAN IGLESIAS
FONTELA
Grande amigo meu, co cal compartimos
muitos bos momentos e información, e que agora descansa en paz, contoume que
polos anos 80 estivera con outras persoas investigando os templarios no
Condado. Sacaron a conclusión de que seus asentamentos rodeaban o monte da
Picaraña, como se pode ver no mapa, e sabendo do misticismo e ocultismo de
algunhas das facetas desta orde, como que no templo de Salomón escavaran e
atoparan certas cousas que inda a día de hoxe non sabemos, e que os fixeron moi
poderosos e ricos.
Eles chagaron a conclusión que sendo
a Picaraña, un dos montes máis quentes no campo espiritual, ritualístico e enerxético
do Condado, non se emprazaron nas súas faldas por casualidade. Recordar que
este monte, ten restos dende case a prehistoria ate nosos días, conservando
inda unha romaría nel no mesmo día da festa do Beltaine Celta, que xa falamos
neste blogue. Súas lendas de túneles secretos, penedos encantados, aparicións e
mesmo da famosa lenda do cabaleiro cristián perseguido polos mouros musulmáns
(esta lenda mesmo puido vir de Terra Santa), espertaría curiosidade no Temple.
O enigmático monte da Picaraña nunha noite de lúa chea.
Pero segundo eles o fin, pasaron de
buscar algo no monte, a tentar gardar algo nel, e dicir, na súa rede de túneles
subterráneos que o parecer existe, un dos cales se pode ver perfectamente súa saída
no alto do monte e ten lendas da raíña dona Urraca, eran un lugar seguro para
agochar algo, polo que máis ben gardaban e vixiaban o monte. Hipoteticamente, dicían
que na Picaraña puideran agochar reliquias sagradas que se vinculan que
atoparan os templarios en Xerusalén, como o Santo Grial ou a Arca da Alianza. Sen
quitar nin meter, deixo aquí a hipótese, pois parece que o emprazamento si
puido ser importante para eles.
Penedo do Monxe, A Picaraña
Onde esteas Juan, unha aperta
cariñosa de teu amigo Jhonathan o Meigo do Tea.
HIPOTESE DE MARCO PÉREZ TELLADO
Outro grande amigo meu, e montañeiro
como min, sacou súas hipóteses despois de ler algo relacionado co tema no
bispado de Tui. Segundo Marco, os templarios foron enviados a zona para facer
aquelo que sóenlle encomendar, vixiar os camiños.
Recordar o paso de camiños e veredas
(ou breas) que pasaban pola zona centro do Condado, a vía romana do Tea máis o
camiño que ía da costa cara o interior. Segundo el, estes pasos como o Tea,
eran asaltados por ladróns, polo que enviaron o Temple para limpar estas terras
de maleantes e asaltantes. Disto pode vir a mítica frase de “Ponteareas, deja tu capa donde la veas”.
CONCLUSIÓNS
Con tanto dato e aportado e
investigado, acho que non existe dubida da pegada e legado da Orde Temple no
Condado, a cal semella curta pero intensa. Que vixiaron os camiños e influíron
nos mosteiros e templos do seu tempo, semella claro tamén.
Pero tamén há en todo isto unha
parte máxica, oculta e enigmática, por que se estableceron o redor do Monte
Picaraña? Buscaban algo? Por que a voda de Don Dinis, un protector dos
templarios, en San Pedro? Seguen gardando a zona os Franciscanos de Canedo coa
súa simboloxía herdada deles?
Acho que estas preguntas non se
poden responder a día de hoxe, quedan para cada un e súa interpretación, pero
que tocamos un tema e anaco da nosa historia fascinante e esquecida, non o imos
a por en dubida.
Dende aquí saudar e dar grazas os
que colaborastes neste artigo e seu estudo, Alberto Morán, Ernesto de
Balneario, Tania, Señor Juan e Marco, unha aperta e grazas. Meigo do Tea.
Moi interesante si señor.
ResponderEliminarGrazas! saúdos!
Eliminar