miércoles, 26 de octubre de 2016

SUBIDA O MUSTALLAR (1.935 m) E PICO LAGOS (1.866 m), PRIMEIRA RUTA NOS ANCARES.

Sábado, 8 de outubro do 2016.

Desta vez, o contrario de outras subidas que sempre fixen en plan individual, esta foi traballada e realizada en equipa. Xa dende semanas antes, estivemos organizando todo, a ruta, a subida, os horarios, e dicir, tiñamos unhas incribles gañas de subir os cumios da serra dos Ancares e de aventuras.

Finalmente decidiuse subir un dos picos con millor fama desa serra, o Mustallar, que pese non ser o máis alto, algúns si din que é o máis fermoso. Despois, en ruta tentaríase subir algún máis dependendo do desenrolo do día. O equipo, que en principio iamos ser cinco, quedouse reducido en catro, pois o compañeiro Abel, o único que xa subira a este monte do grupo, non puído vir por un contra tempo. Quedamos así dous de Ponteareas, Nelson e eu, un compañeiro do Covelo, Tiago, e por último outro da outra punta da Galiza, David, da Fonsagrada.


Con todo listo, quedamos entorno as 10 da mañá en Cacabelos (O Bierzo), saíndo nos de Ponteareas as 7:00 e David dende a Fonsagrada. Xa en xuntos en Cacabelos, subimos en carro a Burbia, no Bierzo, de onde comezaria nosa ruta e aventura. Eliximos esta ruta por ser máis longa e tal vez completa.

Arrancamos entorno as 11 da mañá, e o primeiro tramo duns 4 km dirección o Mustallar, faise moi cómoda e con pouca inclinación. Polo camiño imos vendo feces de lobo, raposo, xineta... polo que se fai entretido este tramo.

Cando comezamos a ver o impoñente Mustallar, comezamos unha subida empinada no medio dunha fermosa carballeira con muito castiñeiro tamén, esta ascende por un carreiro estreito en zig-zag, chegando as veces a inclinacións considerables. Unha vez pasada esta, a paisaxe se abre e rematan os carballos, e podemos ver a abrupta e escarpada cara oriente do Mustallar. Aquí comeza un novo camiño, onde por veces há que subir por zonas cheas de pedras sen apenas indicacións, rodeados de pradeiras en gran pendente.

Nunha destas, o lonxe podemos ver un rabaño de rebecos, que o lonxe, desconfiados, tamén nos observan.
Comezamos subindo para chegar a unha quebrada entre os Picos Mustallar e Penalonga, dende a cal, se ve unha lomba ou rampa moi empinada ata o cumio do Mustallar. Xa na quebrada, a 1700 metros, se mira unha valla que separa Galiza de Castela León, si, unha desas que máis que parecen da vergoña que outra cousa. A cruzamos e comezamos o ascenso de máis de 200 metros pola inclinada lomba, onde se ven máis montañeiros subir.
A lomba faise pesada e longa, nos seus puntos máis inclinados dar catro pasos seguidos sen parar uns segundos faise moi difícil, e despois de toda a subida anterior a moi bo ritmo, as pernas comezan a sentir esta montaña, que se fai máis dura que Trevinca por exemplo. O primeiro en facer cumio e o compañeiro Tiago, pois os outros tres paramos un tempo maior a tentar fotografiar os rebecos anteriormente. Con muito esforzo e suor, nun explendido día con nubes pero soleado, os outros tres tamén chegamos o cumio.

Corría as 14:10 cando chegamos arriba, máis de 30 minutos nos levou facer a última lomba, sen dubida algunha, a máis dura. No cumio há máis montañeir@s, e da a casualidade que algúns coñecidos de nosa terra, así son esas grandes sorpresas da aventura as veces. Grazas o bo día bastante claro, a vista e fermosa, dende o pico se poden ver a parte da propia serra dos Ancares cos seus picos máis emblemáticos, se mira o Courel, Trevinca, O Teleno, Manzaneda, a Cordilleira Cantábrica, ata cara o mar Cantábrico podemos ver a Serra do Xistral. Indo moi ben de tempo, con tranquilidade xantamos antes de descender.

Antes de descender pola vertente sur, planificamos subir tamén o Pico Lagos e logo, no descenso circular cara Burbia, pasar polos lagos de Vilouso. Comezamos así a baixar con muito ánimo e humor, o pouco nos desviamos da ruta para subir e crestear unha pequena cima moi pedrosa e esporada na cara sur, un pouco de aventura e adrenalina sempre sinte ben o corpo en momentos así.



Logo baixamos cara á quebrada que fai o Mustallar co Pico Lagos, mirando unha vez máis atrás, o fermoso Mustallar e seus fortes desniveis. Tamén nesa quebrada, vemos outro rebaño de rebecos que nos visitan o lonxe. Comezamos a subir o Pico Lagos, o cal facemos con facilidade o vir dun cumio máis alto. Chegamos arriba as 15:45 a 1.866 metros, e sen perder muito tempo comezamos a descender por un cordón longo que une este monte coa quebrada do pico Corno Maldito.
Dicir, que nese cordón, entre a Galiza e o Bierzo, nos sorprende unha forte rafaga de vento que parecía saída da nada, pero que nos fai por as chaquetas, o que para nos foi case unha anécdota, pois o clima estaba sendo moi agradable todo o día. Unha vez na quebrada co Corno Maldito, vemos que podemos descender ata un sendeiro que se mira máis abaixo que vai directo os lagos. Estando os pes do ascenso o pico Corno Maldito, nos entra unha gran ambición de subilo, que nos tenta e comezamos a falalo, pero finalmente, non decidimos arriesgar por se na baixada, non coñecendo a ruta nin a distanza a Burbia, nos collese a noite.

Descendemos por un semi sendeiro improvisado e nos imos orientando ata dar co camiño que baixa os lagos de Vilouso, os cales o chegar, vemos que a seca do verán inda fai meia neles. Continuamos baixando e imos deixando o paisaxe de praderías de montaña, para irnos adentrarnos nunha incrible fraga de acivros, a verdade que nunca na vida viramos ningún dos catro tanto acivro xunto. Tamén pasamos polo refuxio de montana de Acebalin, o cal atopase nun estado moi bo, o que nos fai pensar en futuras rutas de máis dun día.
O carón do arroio Vilouso paramos a merendar con muita tranquilidade, para facer o último tramo máis suave e doado. De vez en cando vemos atrás para ver como muda o tempo na montana coa chegada da tardiña, aparecendo nubes e pequenas néboas. Así chegamos a Burbia, a fermosa aldeia do punto de partida, nos mudamos e tomamos algo en situ falando da fermosa ruta e seus millores momentos e curiosidades.

Por último, dicir que esta foi a montana que máis me sorprendeu ata agora na terra galaica, tanto en dificultade e desnivel, que contaba con menos, como en fermosura e variedade, pois dende alí tes pe a muitas máis rutas e máis montanas da zona, polo que acho volver algún día.

Como curiosidade, miña nota na cima foi que seguría sen fumar, ese era o día 6 sen facelo, e hoxe sigo cumprindo ese desafío con 24 días sen fumar e subindo. Pronto, este novo equipiño que acabamos de comezar a disfrutar xuntos das rutas, montañas e a propia natureza e seus encantos,  subiremos outro cumio mítico do noroeste, polo que até a próxima aventura e cumio!
Algús datos:
Distancia: 21 Km                     
Altitude máxima: 1.935 m
Altitude mínima: 887 m
Desnivel:1.141 m

Tempo total: 7 horas 30 minutos máis-menos.
Ritmo: Subida forte con baixada tranquila, co muitas paradas.
Tipo de ruta: Circular.

miércoles, 12 de octubre de 2016

Petroglifos da Carreira, novo arte rupestre en Ponteareas

Novos petróglifos atopados no lugar
da Carreira, no barrio de Puntacóns na parroquia de Pías, Ponteareas. O seu
estudo foi realizado recentemente por Julio Fernández Pintos, tratase dunha tipoloxía
moi común na comarca e Rías Baixas, representacións maioritariamente circulares
e con abundantes coviñas. Moi pronto tentarei facer un pequeno estudo persoal
deles.



martes, 4 de octubre de 2016

Manifesto da primeira irmandade Ponteareas&Mos na mámoa do Salgueirón

Con un primeiro claro obxetivo, protexer, recuperar e por en valor a mámoa do Salgueirón, colectivos e persoas a nivel individual de Ponteareas e Mos xuntanse na Serra do Galleiro, que unha vez máis deixa de ser fronteira para se un punto de unión e fraternidade, xa tirou a primeira pedra, detrás irán as seguintes!