Nos achegamos as terras máis
setentrionais da Península Ibérica, moi preto do cabo de Estaca de Bares. Nos
atopamos en terras da mariña lucense, onde realizamos a ruta da Costa do Vicedo
e Illa Coelleira, un fermoso roteiro que sería de dez, sen ser por varias
detalles que contaremos o final.
Arrancamos do porto do Vicedo e o
pouco pasamos polas fermosísimas praias do chamado “Caribe Galego”, onde
destaca a pequena Praia do Caolín, con claras augas e translucidas coa area, na
fronte vemos a península de Estaca de Bares e o cabo, punto máis setentrional
da Iberia. Case os pes da praia, tamén se poden observar as ruínas dunha antiga
fabrica de salazón.
Seguimos camiñando nos primeiros quilómetros,
sempre tendo a costa moi preto bordeando o Monte da Atalaia, onde temos unha
das poucas subidas algo longas, o camiño é sempre unha ancha pista de terra. Pese estar case en liña de costa, a mar case
non se ve pola cantidade de montes de eucaliptos, que chegan mesmo a beira dos
acantilados, de vez en cando se ve algún “oasis” entre a masa forestal, onde
vemos incribles paisaxes.
Seguimos camiñando nos primeiros quilómetros,
sempre tendo a costa moi preto bordeando o Monte da Atalaia, onde temos unha
das poucas subidas algo longas. Pese estar case en liña de costa, a mar case
non se ve pola cantidade de montes de eucaliptos, que chegan mesmo a beira dos
acantilados, de vez en cando se ve algún “oasis” entre a masa forestal, onde
vemos incribles paisaxes.
O pouco chegamos a outra bela praia,
a de Xilloi, a cal ten un paseo onde temos unha fonte, importante para esta camiñada
en verán, pois é a única en ruta. Deixamos atrás esta praia e nos voltamos a somerxer
nos montes de eucaliptos, pero pouco a pouco nos pegamos máis a liña de costa,
de maneira que comezamos a ver o lonxe a impoñente Illa Coelleira.
Este tramo ate a Illa, a parte do
valor paisaxístico, e moi importante pola riqueza da súa fauna voadora, e
morada e ruta de paso de muitas especies de aves, as cales algunhas se deixan
ver. A parte das gaivotas e pequenos paxaros, puidemos ver un pagalo parasito,
ave escura mariña de grande tamaño.
Entretidos por ver aves, chagamos o
miradoiro de Illa Coelleira, onde podemos vela nun día tan aberto e despexado
con todo seu esplendor. Esta illa ten unha rica historia, tivo un mosteiro
medieval que fora atacado polos normandos (vikingos), logo este chegou a estar
mandado pola Orden Templaria, posiblemente para vixiar a importante ruta marítima
e portos da zona, e quen sabe, ate tal vez para algo máis. Xa no pasado máis
recente, se construíu o faro e ate segundo veciños da zona, aproveitando que a
illa ten auga doce en abundanza, se plantaban cae na súa totalidade patacas e
trigo.
Neste miradoiro, nos atopamos un
pouco máis adiante na metade do camiño de ida, polo que é un bo punto para
tomar un descanso e relaxarse, beber e comer algo desfrutando da paisaxe e súas
aves mariñas.
Retomamos marcha cara San Román,
para meternos noutra fraga de eucaliptos, agora temos por diante un tramo máis
poboado, onde por zonas camiñas por estradas pouco transitadas e aldeas, tal
vez a parte máis monótona da ruta.
Pasando o miradoiro da abrupta e
acantilada praia de Tixoso, a cal ten unha vertixinosa visión dende arriba,
chegamos as aldeas de Moreiras e Vilela. Ollo aquí a ruta esta moi mal
sinalizada e algúns pasos cerrados, polo que aconsellamos seguir pola pequena
estrada contigua a estrada comarcal C-642.
Pasado a zona de casas, cruzamos a
estrada comarcal en entrados de novo nun camiño de terra que xa nos levara en
nun quilometro a Praia de Area Longa ou San Román.
Ante nos temos a última grande e
xeitosa paisaxe da ruta, pois a praia de San Román semella sacado dun conto ou película
paradisíaca. Abrupta e suave a vez, insólita e transitada o mesmo tempo, con
esta fermosa paisaxe de fondo, despois de 13 quilómetros, decidimos xantar un
menú sendeirista/montañeiro, destes que cortas sobre o pan coa navalla o rico
embutido e queixo, non há deuses que o paguen.
Agora toca a volta de novo andando,
a ruta e doada pero se a fas desta maneira, son aproximadamente un 25 km, polo
que é importante ter unha forma media para realizala con tranquilidade sen
contratempos, pois o fin se queres desfrutala e vivila, son unhas 7 horas.
Dicir, que esta ruta é de 10, pero
por mor da cantidade de quilómetros metidos en montes de eucaliptos, que tapan
toda paisaxe, a parte que muitos tramos, polo paso de maquinaria para as talas
forestais atópanse en mal estado, lamentos e desfeitos, unha mágoa pois o lugar
o vale todo, mesmo así quen vai, queda abraiado pola beleza.
Tipo de ruta: Lineal
Lonxitude: 13 km (ida e volta uns 25 km)
Dificultade: Media (pola distanza)
Valoración: Paisaxística e natural.
Puntuación: 8,5 (inda que a
ruta sería de 10, ler arriba)
No hay comentarios:
Publicar un comentario