martes, 28 de marzo de 2017

A chegada da primaveira, nos deixas as estampas máis invernais do sur da terra Galaica

Inda que o ciclo primaveiral entrou na nosa terra, neste momento estamos vendo as estampas máis invernais no sur da terra galaica. Debaixo, no norte de Portugal fotos da Serra da Penedae e parte de seus encantos cubertos pola neve.


Nesta foto, dende o monte da Picaraña en Ponteareas, vista o fondo da Serra da Peneda nevada.
Por último vista da Serra do Faro de Avión nestes días, os montes máis altos da provincia de Pontevedra.

jueves, 16 de marzo de 2017

Co fin do entroido, nace a primaveira

Co fin do Entroido comeza a explosión da nai terra co crecemento do Sol, o desfile da natureza, a primaveira. Con estas fotos pódese ver a conexión entre ambos, o Entroido tradicional e unha festividade ancestral do calendario que pode representar o fin do inverno, por iso o escribo con maiúscula Entroido, Entrudo ou Antroido. No ciclo invernal, cos seus demos estaba todo esta morto, ata os días e o propio Sol, polo que celebrase a chegada definitiva do crecemento solar, onde o mundo revive e sobre todo o campo.

Todo comeza a partir do renacemento do Sol ou solsticio de inverno, o 21 de decembro, pasado o 24 posteriormente, onde comezan os primeiros rituais da festividade do Entroido, saen xa a inicios de xaneiro por exemplo os primeiros folións ou danzas ou ranchos de reis, os cales cos seus sons e danzas sinalan o crecemento solar e son previa a grande festividade.

Mirade as cores, a simbolización e ritual da representación deses seres do Entroido, pisando os campos para fertilizalos, seu sarcasmos e satírica dos demos e forzas invernais que marchan e dan seus últimos golpes, a chegada dos banquetes e abundanza... As fotos dos entroidos son sacadas do Ribeirao, de Cobres, Viana e Laza. Benvida primaveira!

Ritual no Entroido do Ribeirao (Chantada) de fertilizar as terras co paso do "volante" co seu cabezón de 40 kg chamado "pucho". Xustamente estamos no ciclo de voltar labrar as terras e fertilizalas.

lunes, 6 de marzo de 2017

Resumo de actividades que realizamos este pasado 2016 a AA.VV de Ribadetea

XII Festa gastronómica da Tortilla e actividades




Corpus Christi Ribadetea 2016




I Roteiro Irmandade Mos-Ponteareas pola mámoa do Salgueirón




I Eco-Feirón Saudable Ribadetea




Recollida de alimentos e roupa para Siria



Exposición de Centros Culturais 2016 na Praza Maior


Obras fosa séptica no Centro Cultural


Notas de prensa varios

Vídeos