sábado, 14 de marzo de 2020

Carta de dimisión da Aso.Patrimonial e Cultural Val do Tea


Carta de dimisión da presidencia da Aso. Patrimonial e Cultural Val do Tea.

Ponteareas, 12 de marzo do 2020.

Os señores membros da directiva da asociación.
Estimados compañeiros:
Todo ten un comezo e un fin, e este chegou, pero lamento é que non fora antes. A base de toda democracia perfecta, é o asemblearismo, acción onde tod@s os individuos teñen voz e voto propio e se fai o que a maioría decida despois de escoitar a aquel que wuixo dar súa opinión, e se de algo carece esta asociación, e de asemblearismo.
Toda asociación que se considere como tal, ten que ter independenza e ser soberana de súa asemblea, non unha sucursal dunha entidade maior, ter súa voz propia, accións propias, cousa que este colectivo roubáronlle Miña persoa, ten un curriculum neste campo impoluto a nivel galego, sempre fun fiel e devoto do asemblearismo, indo en contra das accións persoais en nome dun colectivo, muitas delas máis alá das leis que poden danar a propia asociación e a imaxe de seus membros directivos. Din muitas oportunidades, pero nunca quixen ser un presidente títere, que se entera de acto desta asociación pola prensa, e muito menos que se presenten escusas onde directamente se rían de min. Por estes motivos e entre outros, presento miña dimisión como presidente, membro e socio desta asociación, a cal algúns xa alcuman a “sucursal”.

O meu nome sempre será sinónimo de defensa da nosa cultura, historia e patrimonio ala onde me leve o destino. Isto non é un paso atrás, isto é saltar unha pedra no camiño, pedra que infecta os camiños para gañar votos e disfrazar de hipocrisía a realidade de noso marxinado, esquecido e desamparado patrimonio local.

Sen máis, un atento saúdo de Jhonathan Zúñiga Puga, alias O Meigo do Tea.