miércoles, 4 de julio de 2018

Megalitos na Terra de Querquenia (A Baixa Limia)

MENHIR DO ALTO DO VIEIRO

Comezamos este pequeno camiño, acompañado por miña namorada Tania Bouzas, máis Xosé Manuel Barbosa e Ro, editores do blogue DTS (Desperta de teu sono), neste peculiar lugar, no linde das Terras da Querquenia. 
Como ben di seu nome, Alto do Vieiro, é un paso de montana ancestral a case 800 metros de altitude, por onde construíronse vías de forma ininterrompidas. Se levantarase o asfalto e pavimentos da estrada actual (OU-540), e posible atopar restos dun camiño real, un medieval, unha calzada romana e como non, unha primaria que se perde nos tempos.
Xusto e neste punto, é onde en tempos galaicos puideron facer fronteira dúas tribos, os Querquenis (actual Baixa Limia) e os Coelernos (Terras de Celanova), e que millor forma que marcar territorio que cun grande monólito, un menhir. Inda que aclarar que este monumento que se atopa inda a día de hoxe o pe da estrada, de seguro que é máis antigo o tempo dos antigos Querquenis da idade de Ferro e Bronce. No seu entorno existen mámoas, polo que o menhir de seguro tivo seu orixe e significado neses tempos prehistóricos e megalíticos, marca que inda non sabemos ben seu signifícao en tan importante paso. 

ANTA CASOLA DO FOXO

Lonxe xa das terras de Bande, os pes da pedregosa Serra do Xurés/Gerês, a día de hoxe bañadas polo artificial encoro de Salas, nos atopamos de novo co posible legado de outra ruta que baixaba das montanas cara os vales en tempos prehistóricos, a proba, unha moi destruída liña de mámoas e antas que no seu tempo estarían o pe dese suposto camiño.
E muito mal fixo ese actual encoro o patrimonio megalítico da zona, posto que parte del atópanse a día de hoxe asolados baixo as augas deste. Outros foron reconstruídos sen muito xeito fora de seu emprazamento orixinal, mentres que outras salváronse en extremis, como neste caso, a fermosa anta da Casola do Foxo.
Dicir que seu nome, ven derivado que no seu entorno, construído moi posterior (milenios), existe un antigo foxo do lobo. Mesmo así este para nada resta beleza e maxía a esta anta, que para min e das máis fermosas da Galiza, pero para gustos cores.

MÁMOA DE MUNIXEITO

Moi preto da Casola, en liña case recta xa camiño dos montes do Xurés/Gerès, nun entorno que parece un pasaxe entre as terras dos vivos e deuses, temos tamén outro monumento funerario megalítico, pero neste caso se trata dunha mámoa o estar a súa estructura inda tapada, a mámoa de Munixeito.
Sobre o terro inda se pode observar a perfección o túmulo que sobresae sobre o terreo, con a parte alta das pedras da cámara o ar no punto alto. Incrible a paisaxe dende este túmulo cara o sur.



A CASIÑA DA MOURA

Esta anta con fermoso nome, inda que a día de hoxe pareza impoñente o lado do dique do encoro de Salas, seu destino e pasado foi moi diferente. Dicir, que esta reconstruída fora de seu emprazamento orixinal, o cal esta baixo as augas do encoro.
Impoñente pero fora de lugar, tal vez esa e súa historia. Engadir que por norma xeral, as portas das cámaras das antas soen estar orientadas o este, o sol nacente, e este monumento o estar reconstruído, esta parcialmente o contrario, sen ningunha orientación realmente, unha mágoa.

MÁMOA DE PORTELA DE PITÔES

Noutro porto ou porta (portela) de montana, noutro linde, neste caso fronteira internacional a día de hoxe, atopamos o último monumento megalítico da ruta. Voltamos a ver unha mámoa, a cal sobre ela, puxeron un marco moderno que fai de fronteira entre a Galiza e Portugal.
Outro exemplo que estes bens patrimoniais prehistóricos, sempre foron aproveitados para marcar lindes ou pasos, signo que esas vías son inda transitadas dende os primeiros homes e mulleres. O fin, tamén vendo estes exemplos, podemos dicir que tamén somos animais de costumes, e sempre deixamos pegada no tempo, ate o próximo camiño!