viernes, 28 de junio de 2019

San Xoán de Callobre, o lumeiro da raíña celta Alda

Interativo San Xoán da parroquia de Callobre, na Estrada. Este comeza no día do Solsticio prendendo a chama do lumeiro no sagrado Pico Sacro, para despois, na noite do San Xoán, comezar o rito no propio castro da Fervenza, na propia Callobre. Comeza cunha procesión co sequito da raíña alda, e súas doce damas, cada unha por un mes do ano. Portan a chama do lumeiro ate o interior do castro, onde as esperan a garda de guerreiros para escoltalas e logo o rei da tribú, Kallius. Unha vez arriba, comeza unha danza antes de prantar lume a grande cacharela, onde cada ano se queima a Meiga Kalistea, para así espantar o seu meigallo, as malas enerxías e ter un bo augurio.

martes, 25 de junio de 2019

O San Xoán de Callobre, o rito do Lumeiro dende a aldea o seu propio castro

Un rito, unha parroquia e o grande traballo de querer recuperar as antigas tradicións desta terra, segundo o noso antigo legado celta.

Todo comeza no propio solpor da noite de San Xoán, no camiño da raíña Alda (que significa a máis bela) polas rúas e camiños de Callobre (A Estrada) ate o monte do Castro da Fervenza. Este camiño o fai acompañada polas súas doce damas, unha por cada mes do ano, as cales portan a chama do lumeiro ate o poboado galaico, onde as esperan os guerreiros e súa tribo.

Neste non falta o son das gaitas máis da percusión tradicional, un pracer e toda vivenza que nos deixaran acompañar o séquito, iluminando co lume novo do verán as escuras corredoiras.

Unha vez chegado o castro da Fervenza, de Callobre, que pode vir de Kallo-Bre (Castro de Kallaicos ou Keltaes), saen os guerreiros do poboado a recibir e escoltar a comitiva feminina ate dentro, onde a raíña Alda, da un discurso para o bo ciclo do verán.

Despois, o rei ou corono do castro e tribo, Kallusbre, tamén saúda a seu clan para desexar o bo augurio. Por último tamén aparece Calistea, a bruxa expulsada de Avalón que merodea as terras de Callobre, e será queimada na cacharela, e con ela se liberara das malas enerxía e escuras forzas.

Xa dous días antes, o Druída ou Durbede local, prendera a chama do lumeiro no alto do Pico Sacro, o cal marcaba o comezo do solsticio de verán e San Xoán. Logo na troula, o son da música tradicional galega, o carón da cacharela, non faltaron as danzas, o banquete e a queimada.

Pronto faremos un vídeo reportaxe, posto que o san Xoán de Callobre, non se pode resumir en palabras nin fotos, nin sequera en vídeo, posto a única maneira de vivir a experiencia, e sentila no lugar. Bo ciclo de verán do deus Lugh, e noraboa a organización e participantes deste fermoso San Xoán.



martes, 11 de junio de 2019

Galiza destruída, o encoro das Cunchas

Setembro de 1.949, en plena ditadura e represión do xeneral Francisco Franco. visita o sur da provincia de Ourense, máis en concreto a Baixa Limia. Súa visita as terras da Galiza como normalmente sucedía, non é bo para nada, polo menos para os poboadores os que tocaballes como se fora por sorteo unha desgraza moi común por eses tempos, o roubo da terra e vida para a construción dun encoro. Así en setembro de 1.949 inaugurábase o embalse das Cunchas nas terras da Baixa Limia, que afectaba os concellos de Bande, Muiños e Lobeira. 
Construción do encoro das Cunchas.


Ese mesmo día, co ditador presente na inauguración, un valente grupo de veciños vendo a desgraza da que tocaranlles ser vítimas, despregaron unha pancarta que puña, “Franco, el pueblo quiere hablarte”, pero o ditador non fixo caso dela algún.
Arriba, Franco na inauguración da presa. Abaixo, o encoro a pleno rendemento nos primeiros días

As augas do Río Limia subiron rapidamente para inundar os campos, pero non só os campos, senón unhas terras que custodiaban un grande patrimonio. Quedaban así baixo as augas do encoro os restos do campamento romano de Aquis Querquennis, chamado popularmente “A Cidá”, xoia patrimonial romana que nos seus tempos vixiaba a famosa calzada romana Vía XVIII que unía Bracara con Asturica (Braga -Astorga), tamén coñecida como a Vía Nova. Baixo as augas do Limia, os veciños non só perdían súas terras, senón tamén unha parte de si, de seu pasado e historia.
 
Vista o encoro das cunchas, que somerxeu parte do val do Limia. Abaixo, restos do campamento Aquis Querquennis semi cuberto polas augas.

Tamén baixo as augas, quedaron os restos patrimoniais dun monumento que fora nomeado tan só cinco anos antes Monumento Histórico -Artístico. Co mesmo orixe romano, tratábase da Ponte da Pedriña, que tamén formaba parte da Vía Nova romana. Coa seca da presa, aínda se pode ver como unha fantasma os restos que quedan da ponte, que tiña unha fermosa lenda que puiden atopar na rede, a cal o fin, parece que se cumpriu a maldición. Esta di así.


Un mozo de Santa Cruz roldaba unha moza da outra beira do río. Para ir xunta dela tiña que cruzar polas poldras, pero unha enchente de auga que arroiba impediulle atravesar. O mozo botaba xuramentos e maldicións, tantos e tan fortes que se presentou o demo, e propúxolle un trato. Do acordado resultou que o demo comprometíase a traballar toda a noite para construír unha ponte e o mozo, a cambio, tería que entregarlle a alma cando morrese.
   O mozo aceptou o trato e o demo, vindo a noite, púxose a facer a ponte. Traballou e traballou, máis ao mencer aínda lle quedaba unha pedra por colocar. Por unha pedriña non deu rematado a obra.
   Contrariado polo contratempo o demo seica dixo:
   -Por culpa dunha pedriña
     nunca me fuches pagada!
     Vivirás sempre maldita
     e morrerás afogada!
    Aquela maldición deulle nome á ponte. O máis curioso, porén, é que sen a pedra que lle faltaba, a ponte foi de moita utilidade desde tempos romanos ata que os argalleiros e escuros do encoro, cumpriron a maldición.

El non será o demo tamén o que constrúe os encoros?.
A Ponte da Pedriña, foto e inicios do século pasado.

Este artigo o publiquei fai sete anos en: