viernes, 22 de diciembre de 2017

miércoles, 13 de diciembre de 2017

Relato, Terra galaica, o VIII a.C, Quen todo quere, perde a quen quere.

Contan que a tribo dos Grovios das terras quentes da Gallaecia, naceron da unión de terras ou clans que herdaron nomes moi similares no baixo Baina (Miño), Turonio, Torroso, Torroña. Troña e Tegra.

Pero antes desa unión puideron acontecer episodios violentos como este hipotético, ambientado no VIII a.C.
Por aqueles tempos, os pequenos clans do Tena (deusa da abundancia, do que deriva Tea) estaban liderados por a cividade de Troña, a cal tiña como caudillo a Olorko ollos de boi. O outro lado da Serra do Galleiro rivalizaban co outro forte de clan en auxe  de fortes guerreiros, o cal seu caudillo era Elión o alto, e seu centro de poder a cividade de Torroso.
Contan que Olorko ollos de boi tiña unha personalidade enerxética e aloucada, e cruzou a Serra do Galleiro e roubou gando cabalar dos de Torroso, aproveitando que estes estaban en luita cos de Turonio do sur.                                                                                                                                     Isto sentiu tan mal a Elión que pactou unha tregua cos Turonio, e foise as súas terras de novo a devolver a ofensa a Olorko. Xuntou un pequeno pero forte continxente de case setenta guerreiros e partiron cara o Galleiro, entre eles estaban o grande guerreiro Aiko (amigo de fiar) o Oso e seu fillo, Usónos o forte.

Da outra vertente da serra, enterado Olorko ollos de boi da manobra aceptou o reto, xuntou un grupo de case cincuenta guerreiros, entre eles seu fillo, Kórdo, un adolescente de só catorce anos, e tamén foise cara o Galleiro. A luita ía ter lugar nun paso natural da serra, en terras intermedias cando o sol estivera no punto máis alto.                                                                                                                 Pero Olorko, sabendo xa exactamente súa inferioridade e a fortaleza dos guerreiros de Torroso, e que o armamento destes era máis pesado, na noite pasou o pequeno chan do paso onde pactaran a luita.     

A mañá seguinte, Elión o alto tiña noticias de que os guerreiros de Olorko desapareceran na noite, e pese as advertencias de Aiko e seu fillo, este inda moi molesto pola ofensa do roubo do gando, decidiu subir o paso igual, e se non están, saquearemos súas terras e faremos cinzas a propia Troña. Cando seu continxente se atopa no último pero máis duro repecho da subida antes do paso,  cos seus guerreiros máis esparcidos, cansos e coa cabeza máis na subida e o forte sol de fin de verán que pegáballes enriba que de manter a garda, sonou un corno do cal sentiron un escalofrío. De seguido, despois do son da morte, saíron muitos paxaros voando do lugar o mesmo tempo que frechas, lanzas e pedras comezaron a caerlles enriba das partes máis altas do monte pedregoso.
Comezaron así momentos de tensión, adrenalina e berros maldicindo os de Troña, non tedes honra! Covardes! Baixade e luitar como guerreiros! Os confusos guerreiros novos de Torroso escondíanse da choiva de proxectís baixo os escudos no chan, os veteráns sacaban de espada de antenas e lanzas e seguían berrando. Cando Olorko viu o maior desorde entre as filas dos inimigos, mandou caer os seus, muito máis lixeiros para a luitar.                                                                                                      Cando comezou a luita de verdade, os de Torroso mostraron súa bravura, pero xa estaban moi debilitados e espallados, algúns berraban feridos, outros xa estaban mortos pasto dos carroñeiros, pero non retrocedían. Non durou muito o combate, Olorko ollos de boi, mirou o mal que causara entre as filas inimigas que xa se sentían derrotadas e tocou o corno de retirada, pois el non buscaba vencelos, senón simplemente frealos e desmoralizalos para que non chegasen a Troña, e isto xa o conseguira.

Así seus guerreiros por onde viñeron fuxiron, deixando un terzo dos guerreiros inimigos mortos, feridos ou escapados, pero sobre todo humillados ante tal derrota. Pero os  deuses non ían ser de todo xenerosos co Olorko por súa traizoeira e deshonesta forma de luitar, pois seu adolescente fillo, na retirada xunto a un par de seus guerreiros, quedaron atrapados entre guerreiros inimigos. Elión e os seus percataronse rápido do sucedido, e ó perseguiron como lobo que persigue a un xoven corzo.

Pasando o paso, do outro lado da serra, existía un pequeno castro entre terras de uns e outros chamado Brogis (significa Fronteira, a día de hoxe Castro Sarmagoso), o cal vivía do gando da serra, e era tributario de Troña polo que deixaron entrar un escapado e asustado Kórdo e seus tres guerreiros. Elión o puido coller antes, pero este pasou sobre un campo de antigas e sagradas mámoas, e non quixo ofender os deuses derramando sangue sobre estas.

Seus guerreiros rodearon o pequeno castro, moi mal defendido por uns parapetos e pequenos foxos, e na noite caeron a lume e ferro sobre el. Na luita caeron algúns de seus guerreiros, pero pronto tomaron o poboado e capturaron a Kórdo.                                                                                        Elión inda estaba moi alterado pola humillación do roubo de gando e derrota, o igual que seu millor guerreiro Aiko o oso, polo que decidiron cortarlle a cabeza o xoven Kórdo de só catorce anos e mandarlla a seu pai a Troña, e tamén matar a todo habitante de aquel castro. De nada serviu que seu fillo Usonós intentase evitalo, posto que o miraba todo precipitado e sería máis valioso como prisioneiro, pero non serviu de nada. Logo dixo unha frase que o perseguiria toda a súa vida, esperemos que os deuses nos perdoen polo que acabamos de facer, e que non nos concedan unha morte desta maneira. 
Cando a xoven cabeza de Kórdo chegou a seu pai a Troña, este entrou en cólera, era seu único fillo varón. Días despois deu unha orde que sorprendeu a todos, mandou ir buscar seu fillo bastardo, criado en secreto por un vello chaman nos montes da Picaraña, o cal protagonizaría outra historia nestas terras, pero este é outro conto...                

miércoles, 6 de diciembre de 2017

O Camiño do Norte

Máis alá da historia, existe unha conexión cultural e espiritual nas terras do norte, as terras da Britonia, as terras de Mondoñedo.

O monte San Nomedio ou San Mamede, posible mítico Medulio?


Neste outono, muito se menciona o concello das Neves, pero por desgraza esas mencións son polos tristes e destrutivos lumes que devastaron súas terras e vidas. Pero agora, como se fora un toque de levantarlle a moral a eses danados lares veciños, porei meu gran de area recordando seu glorioso pasado, e tal vez un dos feitos que puido marcar máis mella non só nas terras do Condado, senón en toda a antiga Gallaecia e máis alá, pois nun de seus montes máis emblemáticos puido forxarse o mítico lema “denantes mortos que escravos”.
Situado xusto enriba do val do Miño, se levanta unha grande montana que chega os 694 m no seu cumio, como un brazo separado dos Montes da Paradanta, cun porte que impoñente no centro do concello das Neves, tratase do antigo monte de San Mamade, a día de hoxe coñecido como San Nomedio, que no seu cumio ten unha capela no nome do propio San Mamede.
Pero tal vez, esta maxestosa montana esconda algo máis no seu pasado remoto, pois non serei o primeiro nin o último que o poña na mesa, o mítico Monte Medulio, a última resistenza fera no ano 22 a.C dos galaicos contra Roma. Foi épico este mito pois no seu final, os galaicos atrincheirados no monte, famentos e acurralados, deciden matarse con “lume, ferro e veleno de teixo” antes de ser rendidos a Roma, inda que nas crónicas tamén nos falan da presenza de Ástures e Cántabros.
Segundo nos chegan os poucos datos romanos, este monte mítico foi a última resistenza, a cal defenderon miles de galaicos, que foron rodeados e cercados por un foxo de 15 millas o seu redor segundo os historiadores romanos Floro e Paulo Orosio. As lexións romanas as dirixían os cónsules Publio Carisio vido de terras lusitanas, e Caio Furnio, vido de terras da Tarraconense polo norte, que pouco a pouco foron reducindo o cerco, deixando os asediados nunha situación extrema. O parecer cando se ía iniciar a toma final por todos os frontes, os galaicos, nesa noite fan un grande festín e deciden suicidarse, morrendo así de forma heroica e libres antes que entregarse a escravos. No século V d.C o cronista galaico Paulo Orosio nos conta sobre a súa ubicación «minio flumini inminenten», e dicir, nas terras cércanas do río Miño. Isto fixo que muitos historiadores e investigadores situaran este monte en diferentes lugares da xeografía do noroeste peninsular, como en terras galegas o Courel, o Aloia, Cabeza de Meda, no macizo de San Mamede... até o historiador alemá de inicios do século XX, Adolf Schulten, o sitúa no monte Santa Tegra, pero tamén ten indicios dunha posible ubicación nos “montes cércanos a Meder”.
Curioso verdade, Meder-Medulio, o parecido do nome, e cal e o grande monte situado na zona, San Nomedio. Pero que pode ter San Nomedio para ser o emblemático Medulio, pois máis do que pensamos. Dicir que é unha montana soa, sobre o val do propio Miño como dicía Orosio, que no seu cumio tivo un castro e unha capela abdicada a San Mamede, santo que aparece muito en montes referidos o posible Medulio, e que ese xigante foxo que o rodeaba semellen os mesmos vales que rodean a montana. Curiosas tamén son súas lendas e folclore moi bélicos, pois contan que alí habitaron os mouros, neste caso de seguro refírese os pagáns galaicos, e que despois dunha grande luita esconderon súas armas en túneles baixo o monte, así como un grande boi de ouro.
Tamén e curioso o topónimo nos seus redores como «Batalláns», e o lugar da «Batalla», onde tamén se conta que os mouros luitaron nunha grande luita. Outro topónimo curioso do lado de Ribarteme e o da A Muradella, que nos fai pensar en muralla. Tamén debemos engadir as tradicións e romeiras dos redores, como a dos «mortos» en Ribarteme ou a do «medo» a capela de San Bartolomeu de Taboexa, pois todo nos fala de luitas moi antigas, morte e medo... medo e Medulio.
Non imos asegurar que San Nomedio ou San Mamede sexa este fascinante monte, nin muito menos, pero que seu folclore, situación e tradición nos fale que esa montana “algo tivo que pasar en tempos remotos”, case é innegable. Tampouco 'podemos dicir que na terra galaica só se producise unha resistenza heroica no monte Medulio, tal vez foi máis dun, cousa que tal vez nunca coñeceremos, o que fai deste mito algo inmortal e que todos os galegos e galaicos debemos sentirnos orgullosos.
Por último vos deixo con este poema sobre o Medulio que escribiu Ramón Cabanillas no ano 1917, chamado En pé!, o mesmo que dígolles os veciños habitantes das Neves e a nos mesmos, non deixemos asoballarnos de novo polas mafiosas políticas forestais e o conformismo, senón a historia repetirase ano tras ano e con ela a dor e as bagoas.
"O día do Medulio
con sangue quente e roxa
mercámo-lo dereito
á libre honrada chouza!"
Publicado para Comarcas na Rede o 16 de novembro do 2017