jueves, 26 de abril de 2018

Éxito de concursantes na XIV edición da Festa da Tortilla en Ribadetea


O pasado 22 de abril celebrouse cunha grande afluencia no centro cultural de Ribadetea, a XIV Festa da Tortilla, no día do patrón da parroquia, San Xurxo, organizada pola asociación veciñal.

O evento gastronómico estivo acompañado de outras actividades, como unha exposición do patrimonio relixioso e amenizada polo grupo de folk Naiama. Nesta XIV edición participaron no concurso de tortillas un total de 68 participantes, cunha grande asistencia de público, tal vez a maior nestes catorce anos de Festa da Tortilla.

A gañadora deste ano, foi Uxía Gómez, quedando segunda a de Manuel Álvarez (Mae) e terceira a de  María de los Ángeles de Alxén. Nas tortillas innovadoras, o gañador foi Javier González, veciño natural da Rioxa que fixo unha tortilla o estilo de súa terra. Por último entre todas as participantes sorteou un novo premio, chamado cariñosamente “dos desconsolados”, sendo a afortunada Noelia Lorenzo. O xurado destacou o bo nivel gastronómico dos participantes.

Na entrega de premios estiveron presentes o alcalde, Xosé Represas, a tenente alcaldesa Chus Garrote e a concelleira Vanesa Seone. O remate da entrega, como todos os anos, os asistentes puideron degustar as tortillas dos participantes totalmente de balde.

Dende a asociación veciñal organizadora, se agradece os participantes e asistentes, así como os colaboradores e patrocinadores.

1º Premio e gañadora
2º Premio 
3º Premio
 Gañadora das innovadoras

 

viernes, 13 de abril de 2018

O nubeiro, mitoloxía galega


Ultreia!! Documental Camino de Santiago invernal, Burgos-Fisterra, (Enero 2018)

Camino de Santiago realizado en el mes de enero, desde Burgos a Fisterra, en unas fechas donde no hay mucho transito y parte de los albergues están cerrados, a esto sumar el duro clima, la soledad de hacerlo solo y como no, tambien los buenos momentos, las grandes personas que conoces y la solidariedad entre peregrinos, toda una aventura.

martes, 3 de abril de 2018

Relatos atlantes: A ARRIBADA DE KOSSOBREO, REI DOS OESTROMINIOS


No mundo gobernado polos humáns, na terra onde o deus Sol se pon por última vez, onde habitan os Oestrominios, reinaba un forte clan fundado polo grande rei Maël.
Descendente directo de sangue dese clan, era Kossobreo, terceiro irmá do rei Bregón o grosso. Era un poderoso caudillo e guerreiro, recoñecido e temido en todo o reino, pero sempre a sombra de seu irmá maior e soberano, súas terras estaban aló onde remata o mundo, onde dende un alto monte vixiaba.


Tan forme espertou, o primeiro que fixo foi convocar seu chaman, xa que non facía nada, nin na guerra, sen que antes este consultara os deuses. O chaman chamábase Kelt dos ósos, e escoitado o soño do seu señor, botou seus ósos, os cales se contaba que eran de súa propia avoa, para ver o augurio do soño. Segundo a interpretación de Kelt, dixo que o soño era certo, que existían esas Illas máis ala das terras que coñecían.

Kossobreo non só pensou, preparou unha pequena flota de tres barcos, recrutou un pequeno grupo de fortes guerreiros onde se atopaba seu propio irmá menor, Artaim o novo, e seu irmá de lei, Milt o desafortunado. Embarcaron e arribaron cara un destiño incerto nos mares sen dicir nada a seu irmá o rei. 


No quinto día sufriron unha grande treboada, onde muitos morreron, incluído Milt, de aí seu pseudónimo o desafortunado, que encabezaba un barco. Kelt dos ósos, mirou un mal augurio en tirar os corpos o mar, pois súa misión era encontrar terra, polo que deberían ser enterrados nesta para cumprir seu propósito cos deuses. Kossobreo, que nunca se despegaba de seu chaman, obedeceu, e levaron consigo os mortos dirección o camiño do solpor.

O sétimo día, avistaron unha verde terra, con costas pedrosas e montanosas. Penetraron nunha ampla baía, que pasaría a ser coñecida como a Baía de Kossobreo, e nun illote de area que se atopaba no centro, montaron un campamento provisional. Kelt dos ósos dixo que para non molestar os deuses, debíase enterrar e dar culto primeiro os caídos na travesía, polo que Kossobreo mandou ir a terra, traer laxas de pedras e construír unha grande anta para darlle culto e honra os caídos, polo que pasaría a ser coñecido o illote como o Santuario da Arribada.

Pouco a pouco comezaron a entrar e explorar as terras, viron como máis no interior, había un grande monte de carballos cun manancial de auga boa. Así Kossobreo decidiu montar un campamento en terra, pero Kelt alertoulle da presenza de poderosas enerxías no lugar, polo que deixou os barcos en retagarda, no illote o cargo duns homes, por se tiñan que fuxir. A caza abundaba, porcos bravos, corzos e coellos, pero polo de agora inda non había rastro de cabalos. Vendo a tranquilidade do lugar, Kossobreo decidiu facer unha grande expedición o interior.

Mentres os atlantes, que inda choraban a Kerua espada de luz, pronto se decataron desa estrana visita, polo que os observaban. Nun principio non os vían como unha ameaza, pero pronto, cando estes comezaron a montar o campamento en terra, a talar árbores e cazar sen control, o seu presentimento mudou. Moi debilitados por súa luita contra Kelcebú o mouro, un atlante menor, chamado Tuatha o lostrego, decidiu que era hora de actuar. 

Kossobreo e seus curtidos homes camiñaron un día enteiro, eran vinte sete, e contra o fin do día, os primeiros do grupo viron nun prado o lonxe, as siluetas similares a uns cabalos, polo que correron tras destes, para ver de repente o lonxe, un grande outeiro verde con algo que sobresaia no cumio, como un corno en pedra. Entón antes da caída da noite achegáronse a este.

Cando chegaron o pequeno cumio, quedaron abraiados, sobre este había un xigante menhir, coa altura de seis homes, grande con antiquísimos símbolos tallados. A maioría pensaron que era unha obra dos deuses, que estaban na terra dos propios deuses, polo que algúns prostráronse ante o menhir. O propio Kossobreo nun principio pensou o mesmo, quen senón podería levantar semellante pedra sen rompela e esculpila? Pero Kelt dos ósos, pronto díxolles que seus ósos dicíanlle outra cousa, que quen fixeron iso, non eran os deuses, cando menos seus deuses, pero si seres moi poderosos.
Decidiron montar un pequeno campamento no lugar para pasar a noite, pero na metade desta, todos espertaron, escoitábase o redor deles como susurros que os penetraban, como o son das serpes, ptssss, ptssss... o mesmo tempo que unha especie de fala que parecía vir de outro mundo. Aterrados algúns guerreiros, berraban quen estaba aí fora na escuridade. Nisto escoitouse de forma alarmante un guerreiro chamar; Señor!! Señor!! Mire xunto o menhir!!

Kossobreo e o resto entón viraron cara o menhir, e co resplandor do lume das chasqueiras xunto a sombra deste, distinguíase tres formas como de homes, pero xigantes. Os guerreiros estaban arrepiábanse pero non perdían a compostura, algúns seguían pensando que eran deuses, pero entón Kossobreo cunha valentía que non parecía dos homes, xunto a Kelt dos ósos, que o invadía a curiosidade,  sacou súa espada de antenas en bronce e acercouse a eles. Cando estaban na fronte destes, de súpeto as tres sombras se iluminaron dunha cor verdosa, asustando todos os guerreiros, sen ser o caudillo e seu chaman que os miraban abraiados. Estes estranos seres nun principio non parecían realmente hostís, senón que semellaba que querían comunicarse, e a través da mente, comezaron a facelo con Kelt dos ósos, o cal mandou a seu señor gardar a espada, e que escoitara o que estábanlle dicindo, o cal sorprendera a todos.


PARTE I, CONTINUARA...




Cando os vikingos arrasaron Tui

Publicado para Comarcas na rede o 23 de marzo do 2018
Noutras ocasións xa falamos da riquísima historia e grandeza da cidade de Tui, pero desta vez imos falar de algo diferente, un feito moi triste e desolador, que a piques estivo de acabar coa propia cidade fai pouco máis de 1000 anos atrás. Cando se fala de vikingos, ou normandos millor dito (xente do norte), e de seus saqueos, se soen cualificar de «malos ou menos malos», pois ben, desta vez a Tui tocoulles os «moi malos».
Corría o ano 1014 de nosa era, e un xovencisimo caudillo escandinavo, neste caso noruegués, chamado Olaf Haraldsson, de apenas vinte anos, xunto un grande continxente de barcos e feros guerreiros pagáns que adoraban a Thor e Odín, entraban na ría de Ribadeo e a desolaban, seus habitantes intentaron resistir pero de pouco valeulles. Despois, seguiron e se volta ter notizas deles en Betanzos, onde se conta nas sagas escandinavas; "o rei (Olaf) tinxiu Betanzos de sangue con dentes de lobo, alí pereceron muitos homes". Devastada Betanzos, voltaron embarcar camiño do sur, o tempo que toda a «Jakobsland», «ou terra de Santiago» que era como eles chamaban a Galiza, tremía de medo de ser os seguintes.
Estes parece que pasaron de longo as Rías Baixas, o que foi un grande alivio para seus habitantes, pero de súpeto, deron a sorpresa, posto que na altura da desembocadura do río Miño, na Guarda, cambiaron de rumbo e seus barcos con pouco calado, comezaron a remontar o Miño cun claro obxectivo premeditado, a cidade e sé episcopal de Tui, a que estes chamaban «Gunnvaldsbord», ou «cidade de Gonzalo».
Tui e súas terras xa sufriran ataques de pirataría e intentos de saqueo antes, levados a cabo polos sarracenos ou musulmáns da Al-Andalus, pero nada que ver co que víñaselle enriba. De seguro o ver o rápido perigo inminente dos barcos subindo Miño arriba, prenderon as fogueiras de alarmas que ían dende o Santa Tegra ou Domaio, o Faro de Budiño e dende alí a outros como o Faro de Avión, pero non debeu dar tempo a muito para xuntar forzas de resistenza. Olaf, que era por aquelas totalmente pagán, pouco importáballe que a cidade fora bispado, máis ben o contrario, sabía que escondería grandes riquezas e reliquias cristiáns.
O asalto debeu ser multitudinario e brutal, e acho que os habitantes de Tui, pese estar aterrados, presentaron resistenza, pois o parecer na cidade había cando menos algún nobre, e a desproporcionada represión posterior dos nórdicos, non se entende sen luita previa. Tan rápido debeu suceder todo, que nin o bispo, Afonso, conseguiu fuxir e foi capturado.
A antiga cidade, que o parecer estaba máis preto do río para un mellor comerzo, e totalmente arrasada, destrúen todos os templos cristiáns, e a represión contra a poboación segundo as sagas escandinavas, arrepía. Ben seguro deberon matar practicamente todos os homes tras ser torturados, a grande parte das mulleres despois de ser violadas, e os nenos levados presos para logo ser vendidos como escravos nos mercados da Europa.
O bispo, sabendo do seu valor, deciden pórlle prezo a súa cabeza, polo que a coroa e a igrexa galega pagarlles 12.000 pezas de ouro para que o entreguen. Unha vez rematado o saqueo de Tui, deciden incendiar o que queda da cidade, polo que practicamente desaparece do mapa. Liberado o bispo Afonso, tras o terror que tivo que ver, este fuxe cara a cidade de Compostela.
Non contentos co feito, e de seguro vendo o pouco defendido que estaba o Miño, decidiron seguir navegando río arriba, chagando a cidade de Ourense. Non sabemos realmente que pasou alí, se conseguiron entrar na cidade ou non, nas sagas falan doutra vitoria pero de seguro non foi tan brutal como Tui, seguindo río arriba. Tanto, que a seguinte batalla en ten lugar en Ribas de Sil, moi preto de Quiroga! Se colledes un mapa podedes ver a distancia. Alí nun primeiro momento voltan vencer e saquear, pero o parecer o pouco chega o rei dende León, Afonso V, e os vence.
Non sabemos moi ben como foi esa suposta vitoria, pero cando menos si parece que consigue frealos e que Olaf, despois duns grandes saqueos e botín, cunha conseguida reputación de fero guerreiro e sanguinario, decide marchar e voltar por onde viu antes de perder máis homes.
Agora, voltando os anteriores feitos, foi tal o terror causado por este vikingo en Tui, que nove anos despois pese os intentos de repoboala por Afonso V, a cidade seguía deshabitada e en ruínas, nin o propio bispo quería voltar, polo que tivo o monarca que agregar a sé do bispado de Tui o de Compostela, e establecerse na cidade do apóstolo. Foi case sesenta anos despois! no reinado de García da Galiza, cando no ano 1071 restaura a sé episcopal e reconstrúe a cidade de novo, que pasaría a edificarse e fortificarse agora no outeiro que actualmente se atopa, máis lonxe da beira do Miño por precaución, unha mostra que tanto tempo despois, inda había moitísimo medo. Máis tarde cando no alto se constrúe a actual catedral, tamén se fortifica.
Pero agora ven o millor de todo, posto que a historia de Olaf non remata, pois despois destes brutais saqueos, e seguramente por ambición política, bautizase e faise cristián! Así sube o trono de Noruega no 1018, sendo o primeiro rei cristián desa nación, polo que pasa a chamarse Olaf «O Santo», e a día de hoxe inda e venerado como tal e patrón santo de Noruega! cousas do cristianismo. O certo, e que na memoria de Tui e tódolos pobos que saqueou (Francia, Alemaña, Suecia...) e sembrou o terror, como un brutal guerreiro pagán, non creo que na súa memoria o consideren un santo nin muito menos.