viernes, 25 de octubre de 2019

MAMÍFEROS NO VAL MEDIO DO TEA


Nesta entrada de fauna, queremos facer un pequeno inventario dos mamíferos, tanto grandes como menores, que temos visto ou cando menos, existen datos de súa presenza nos últimos anos.
A área xeográfica sobre a que recollemos os datos, ben sendo o concello de Ponteareas, dende a ribeira do Tea, ate as serras que rodean o seu val, a do Galleiro e Montes da Picaraña. Tratase dunha zona peri-urbán satélite da cidade de Vigo, moi poboada maiormente por aldeas grandes dispersas polo val e muita infraestrutura viaria, nestes espazos urbáns e rurais tamén son abundantes as veigas e terreos de cultivo, a maioría en estado de abandono. O mesmo tempo existe un sotobosque de ribeira bastante ben conservado no Tea e seus afluentes menores. Nas zonas altas dos outeiros, chas elevados e as serras, dominan as repoboacións forestais, maioritariamente de eucalipto e piñeiro.
Nos últimos anos esta zona en concreto, sufriu o igual que a maioría da terra galaica, un forte incremento de destrución e contaminación, repoboacións forestais e humanización dos espazos naturais, incluído o propio río Tea, o cal esta protexido pola Rede Natura 2000. Mesmo así, sorprendentemente, parte da fauna resiste e se vai adaptando a un cambio forzado. Todas as fotos son da zona que describimos anteriormente.

Cabalo de monte galego (Equus caballus) Tamén chamado cabalo de “pura raza galega”, cabalo de pequeno tamaño e grande resistenza física, seos cores soen ir de castaño a negro, como nativo esta totalmente adaptado a nosa terra e súa xeografía accidentada. Na Serra do Galleiro seguen existindo varias manadas desta equino, os cales teñen dono. Tamén actualmente na serra, existe a existenza de cachenas, pero a difenza do cabalo monte, non son orixinarias do lugar.

Coello de Monte (Oryctolagus cuniculus) Orixinado da Península Ibérica, cada vez máis difícil velos en estado salvaxe, tamén é afectado por epidemias que reducen gravemente súas poboacións. Soen habitar nesta zona tanto en lugares rurais como boscosos e montañosos.

Corzo ou cabra (Capreolus capreolus) É o cérvido destas terras, moi discreto pero soe deixarse ver polas noitiñas ou mañás temperáns. Nos últimos anos por mor da humanización da ribeira do Tea, deixouse case de ver polo sotobosque de ribeira, pero inda abunda nas zonas de outeiro e montes máis altos. Totalmente herbívoros, e común velos en parellas ou as veces tamén solitarios, tamén en ocasións se poden ver coas crías.

 Denociña ou Donicela (Mustela nivales) Un dos depredares máis abundantes e pequenos da terra galega, inda que súa poboación semella abundante, é moi discreta a hora de verse. Pode verse nas zonas agrícolas. 



Esquío (Sciurus vulgaris) Era máis doado velos fai décadas atrás saltar polas arbores, fai anos practicamente desaparecera da zona, pero nos últimos anos semella que súa poboación cando menos aumentou un pouco. Gusta das zonas de piñeiro, para saber se unha piña a comeu un rato ou un esquío, dicir que o primeiro a come enteira deixando só o pau base do medio, mentres que o esquío, como o colle coas mans, deixa os vértices enteiros. Grazas a isto, sabemos que inda temos esquíos nesta zona.

Lontra (Lutra lutra) O máis emblemático mamífero do Tea, tras o declive da poboación dos aguaneiróns (rato de río). Por épocas pode verse con facilidade no río, como nos meses de setembro e outubro. Realmente é unha pequena mostra da calidade das augas, por iso e máis doada de ver de Ponteareas río arriba. Ultimamente ate foi vítima de atropelos, de seguro por subir por regatos secundarios, vendo as zonas accidentadas.

Morcego (Corynorhinus townsendii) Único mamífero voador da zona, inda que súa poboación foi maior, inda se pode ver con facilidade nas noites, sobre todo nas zonas rurais.

Ourizo Cacheiro (Erinaceus europaeus) Abondoso por norma xeral, moi común velo nas hortas. Seu peor a día de hoxe son as estradas, pois tamén é moi común velos atropelados. 

Porco Bravo ou xabaril (Sus scrofa) A día de hoxe abondoso, duro, corredor e come practicamente de todo. Ultimamente e máis doado velos pola noite, pero tamén se pode ver polo día, pero normalmente tirando máis o mecer ou tardiña. Súa presenza esta practicamente en todos os hábitats.

Raposa (Vulpes vulpes) A día de hoxe abondoso, un dos emblemas de nosas fragas, nocturno, fino e áxil, é un gran predador. Moi sociable e se achega con facilidade as zonas de casas, tamén se pode ver polo día. Atopase en todo tipo de hábitats.

Rato de Campo (Apodemus sylvaticus) Moi abundante en todos os terreos, ten un grande potencial reprodutor, o cal e contrarrestado pola grande cantidade de depredadores que ten.

Teixugo ou Porco Teixo (Meles meles) De aparenza tirando a pequena pero forte, nocturno e rutinario. O máis claro de súa notable presenza son seus buratos e tobeiras cavados, sobre todo en zonas de carballeira. E doado preto das casas do rural, seu crecemento nos últimos anos fai que sexa tamén vítima de atropelos nas estradas, como mostramos na foto. Como curiosidade tamén gusta de cavar en zonas arqueolóxicas, unha mostra nos propios castros do Tea.

Toupa ou Toupeira (Talpa occidentalis) Moi común, pódese ver en todos os hábitats, pero moi abondosa nos prados, veigas e hortas. Seus túneles soen ser longos e abondosos, é como unha pequena escavadora grazas as súas mans, é practicamente cega.   

Tourón ou furón (Mustela putorius) Antigamente máis común e abondoso, cazábase por súa pel, a día de hoxe moi escaso. É un depredador que soe roldar as ribeiras dos ríos, invadindo as tobeiras doutros animais.

Xineta ou xeneta (genetta genetta) Fermosa, nocturna e voraz depredador, nocturna e moi áxil, pode trepar arbores. Chegou a ser escasa, inda que parece que se recupera, na zona media do Tea inda é discreta, pero esta presente. Din que foi introducida na Iberia ou polos fenicios ou os musulmáns.  

Neste momentos nos faltan datos para dar evidencia da presencia doutros mamíferos que antes si había, os cales si sabemos de súa presenza noutras zonas do Tea ou bisbarras como a Paradanta. Podemos nomear así a lebre, gato do monte, aguaneirón ou o mesmo lobo, do cal non temos notizas de seu paso dende fai unha década, pero mostramos este vídeo. Tampouco sabemos a ciencia certa, da presencia neste momento de visón americano. 

COLABORA

jueves, 17 de octubre de 2019

A lenda dun guerreiro, Hermegario o Suevo



Corría o anos 401, cando no centro da Europa un moi xoven guerreiro de só dezasete anos, concedíaselle o privilexio de levar sempre cinto e espada ala onde fose, un privilexio que non todos os guerreiros de seu pobo podían contar, e menos tan novos.

Era tal súa fereza na luita e valentía, que pronto comezou a acompañar o príncipe Hermerico ala onde fose, forxando así unha grande amizade entre eles. Dicían que era o primeiro en entrar na luita e o último en abandonala, e que unha das súas claves de súa destreza coa espada e escudo, é que era zurdo. Seu nome ate era similar o do seu señor, Hermegario.

Cando Hermerico subiu o trono dos Suevos, pasou a ser seus ollos na luita e fiel home de confianza, e certo que non eran tempos doados na ribeira norte do río Rin, pois o pobo estepario dos Hunos, apertaban e sembraban o pánico con só nomealos. Ata había quen dicía que non eran homes, que eran medio home e cabalo, vidos de outro mundo.

Por esa causa, Hermerico, xunto co rei Gunderico dos Vandalos e Atax dos Alanos, decidiron cruzar o río Rin conxelado, e así entrar sen permiso nas terras do Imperio Romano. Tras pasar a fronteira, o pobo federado dos Francos intentaron frealos, pero despois de luitas conseguiron rexeitalos. Logo tamén nesta fuxida quixeron cruzar en barco as que semellaban as terras máis seguras, a Illa de Britania, pero apareceu un exercito romano o cal tamén rexeitaron pero fíxolles imposible zarpar, polo que tiveron que internarse nas Galias rumbo o sur, o descoñecido, na procura de futuro. En todas esas luitas, se un guerreiro resaltou por parte dos suevos, ese foi Hermegario.
Así o destino os trouxo as afastadas e antigas terras dos Galaicos, no fin do mundo, a Gallaeccia. Alí se asentaron, e pronto cambiaron as espadas por arados, e Hermerico, foi nomeado rei dos suevos na parte occidental da Gallaecia. Pero no oriente da mesma provincia romana, asentouse Gunterico e seus vándalos Asdingos, muito máis agresivos e activos, polo que non tardaron en chegar as hostilidades cos suevos. A situación foi tal, que vendo a ameaza dos vándalos e seu  poder, Hermerico tras pactar coas autoridades romanas, xuntou seu exercito e partiron dende Astúrica Augusta (Astorga) cara as terras de Gunderico, e o seu carón como sempre, Hermegario.
Cruzaron un porto de montaña para meterse nun profundo val, entre altas montañas, as cales chamaban os Montes dos Nerbasos, pobo que habitaba o lugar. Era o mencer do 5 outubro do ano 419, cando despois de montar campamento nese val, espertaron nun pesadelo, o exercito vándalo de Gunderico, máis numeroso que o suevo, como saído da nada, apareceu e os atacou brutalmente. Pouco puideron facer máis que atrincheirarse no seu propio campamento. Mesmo así, os guerreiros suevos souberon luitar con valentía, e os rexeitaron, pero quedaron presos no seu propio campamento. Gunterico, o cal sairalle todo ben, contaba cunha vitoria rápida, pero agora, pese ter os suevos e o propio Hermerico cercado, era incapaz de cruzar as liñas inimigas.


Pasaron días e escaramuzas, pero a situación non mudaba, entón foi o propio Gunterico, que na luita inda tiña honor, quen propuxo resolver a liorta da maneira antiga, unha luita entre os dous millores guerreiros de cada bando, que dous paladíns resolveran o problema. De seguro, sabía que tras os suevos virían outros enviados por Roma contra el, os Godos e propias tropas romanas que xa foran mobilizadas, era consciente que para o poder imperial el e os seus sobraban en Hispania, por iso intentara rematar cos suevos de forma rápida para non perder guerreiros. A parte tiña outra  baza para este trato, un temido guerreiro, seu propio sobriño, Gelimer.

Hermerico e os seus, atrincheirados, non tiñan muitas máis posibilidades que aceptar o reto. Pero quen se enfrontaría o temido Gelimer? Era un guerreiro xoven, moi forte e alto, destro e cruel, parecía que nacera simplemente para luitar e matar. Primeiro ofreceuse seu xoven e enerxético fillo, o príncipe Reckila, pero o viron demasiado arriscado pese que el quería luitar. Foi entón, cando nesa asemblea, levantouse o veterano máis coñecido, Hermegario. Respectados por todos, xa non era novo, as canas da súa cabelo e barba daban fe diso, tal vez xa nin era o que foi, pero quería servir o seu rei e amigo unha vez máis, o cal ante esas palabras, non puido dicir que non.


Na seguinte mañá suevos e vándalos xuntáronse, fixeron un circulo e comezaron a tocar nos escudos, parecían estar máis nunha festividade que nunha luita de inimigos. Hermario quedou un tempo só na súa tenda, tiña que saber cando usar súa experiencia e estratexia ante tan formidable guerreiro, pois sabia que era unha luita a morte. Primeiro chegou o circulo Gelimer cos seus berrando, era impoñente, viña case espido, berrando, desafiando e insultando os suevos, pouco despois, coas súas mellores vestimentas, Hermegario acompañado de seu señor e amigo, Hermerico, muito máis tranquilo e calado.

Espiuse tamén da parte de arriba e acercouse o centro do circulo xunto a Gelimer, mentres un ancián vándalo recordáballes as regras, que disporían de dous escudos e o gañador sería o que acabase coa vida do outro, Gelimer non deixaba de insultar e humillar o veterano Hermegario, - vello castrón! Arrincareiche o cranio e esta noite emborrachareime con el!-  ate ensinoulle o cu mentres os vándalos rían, o tempo Hermegario miraba calado. A sorte está botada.
Cando comezou a luita, Gelimer foise por Hermegario como un trono, era muito máis alto, polo que soltoulle varios espadazos mentres o veterano retrocedía, berraba como un cervo en celo cada vez que golpeaba o escudo do suevo. Tan forte foi un de seus impactos, que resonou en todo o val e partiu o escudo de Hermegario, os vándalos berraban e celebraban mentres Hermegario, dorido collía seu segundo e último escudo. Saíu de novo o rondo con intención de golpear con súa espada o xigante vándalo, pero este rapidamente revolveuse, neutralizouno e deulle un frote cabezazo que tirou a Hermegario o chan partindolle o nariz. Gelimer berraba como un tolo e miraba agora para Hermerico, semellaba que todo remataría pronto, os suevos tiñan agora compaixón de seu veterano compañeiro. Pero contra todo o que os homes coñecen, Hermagario co rostro cheo de sangue levantouse rapidamente, sen dar respiro a Gelimer lanzoulle seu escudo contra el, o cal sorprendido cubriuse, o tempo que lanzoulle coa esquerda un forte espadazo coa súa esquerda, que o xigante apenas puido rexeitar deixando o seu rostro o descuberto, o que aproveitou Hermegario para dar un forte puñetazo que case o tira, Gelimer entón o empurrou co seu escudo fortemente votándose a separar. A este comezoulle a caer un chorro de sangue polo seu pómulo tras o forte golpe do veterano, o cal miraba fixamente, mentres agora os suevos berraban e aclamaban a seu paladín, o tempo que Hermerico dicíalle a seu fillo, Reckila, que ese era co guerreiro que crecera, ese!
Gelimer voltou berrar como un tolo da raiba, tirou seu escudo, voltando entaboar a luita ambos so coa espada. Fortes foron os golpes, muitas as feridas, pero Gelimer parecía ter menos meia do esgotamento, polo que pouco a pouco foi acurralando a Hermegario. Foi nun espadazo rápido e forte, cando o vándalo fixo caer o veterano o chan, o cal tentou levantarse pero cando estaba de xeonllos, outro espadazo fixo que súa espada voara polo ar, entón miráronse só un segundo, Gelimer coa vitoria na man, berrou moi forte mentres levantaba súa espada, o tempo que Hermegario cerraba os ollos e lembraba aquel día, facía dezaoito anos atrás, cando seu rei, pai de Hermerico, tras unha luita similar dáballe o seu cinto, que inda portaba con orgullo, e foi cando nun rápido movemento antes de seu final, sacou seu coitelo e con Gelimer desprevido ante súa eminente vitoria, cravoullo nos testículos. O xigante retorceuse berrando ante Hermegario! o cal levantouse e coa propia espada do vándalo que inda portaba na man, cravoulla na súa gorxa, caendo o chan sobre este. Gelimer pese as feridas mortais, inda tentabase revolver con Hermegario enriba, o cal esgotado, agarrando deste, buscou coa súa man unha pedra, conseguindo collela, e comezou a golpear con esta a cabeza de Gelimer, a sangue saía polo ar, unha e outra vez, berraba e golpeaba coa pedra, ata que Gelimer deixou de moverse. Coas poucas forzas que tiña, como grande guerreiro que era, púxose en pe só, mirou a Gunderico e mostroulle a pedra chea de sangue. O rei vándalo asentiu coa cabeza e os suevos comezaron a berrar e rapidamente foron axudar o moi danado Hermegario.


Aquela mañá, nacía a lenda dun guerreiro o cal seu nome chegou os nosos días sen ser rei, Hermegario o Suevo.

“Historia basada na crónica de Gregorio de Tours segundo a Batalla dos Montes Nervasos”.