viernes, 29 de junio de 2018

Ancestral e máxico Solsticio e San Xoán no Castrolandín, Cuntis

O solticio de verán, conmemorado pola humanidade dende o inicio dos tempos, onde o pai Sol esta no seu punto máis alto, e da pe a noite máis curta do ano. Era o símbolo da chegada do bo tempo e verán, da fartura, dos días longos e do comercio e guerra.

Moi celebrado na nosa Terra dende os tempos remotos, sempre tivo os ritos desta celebración un toque ancestral e noso, que se perde nos tempos, que sorprende e namora os visitantes de fora.
Muita tradición inda garda esta noite meiga, a fogueira e fachos as 12 da noite a cal há que saltar tres veces para espantar o “meigallo” e demos do inverno das frías noites, saltar sete veces as ondas da mar, augurio dun mar máis calmo e abundante, coller as coñecidas e florecidas herbas do San Xoán, que tan boas son para o home e a muller, cear as famosas sardiñas... e até as veces segundo a zona, saír os mozos a roubar carros ou portais das “rapazas solteiras” da parroquia, para logo deixalos o mencer na porta da igrexa, parecendo todo un rito de iniciación na mocidade ante súa comunidade...

Co tempo e o “novo mundo cosmopolita”, parte deste legado antigo, foise perdendo ou transformando, muitos deles en macro-festas en praias, pero inda non fai muitas décadas, o lugar onde se celebraba o solsticio ou san Xoán, seguían sendo os mesmos de fai máis de 2000 anos, como en certos castros por todo o pais, como o monte da Peneda (Redondela-Soutomaior) e súa festividade dos maios.

Neste San Xoán ou solsticio do 2018, na noite do 23 de xuño, grazas a Eloi dos Freiría e a Maika, eu e Tania coñecemos unha desas festividades que che fan viaxar no tempo, pero a tempo real, pois non é ningunha recreación histórica, simplemente e unha comunidade que grazas o colectivo Terra Termarum, recuperou súa festividade do pasado e volta a celebrala como a recordan, o que ben sendo un auténtico eslavón galaico no tempo, onde por suposto, o lugar sigue sendo o lugar orixinal, o castro de Castrolandín, no concello de Cuntis.
Recordade que nun antigo castro galaico fai máis de 2000 anos, esta sería unha das súas festividades máis importantes seu calendario, o que tamén celebrarían con lume, banquete, ritos de valentía e danzas. E iso e o que se ve na actualidade en Castrolandín, tal vez os festeiros mudaron de vestimenta e aparenza, pero o sentimento e o mesmo.
Non faltan as sardiñas, os bolos preñados de chourizo, o viño e a cervexa, pero todo de forma tranquila e moderada, en un ambente moi familiar, onde de fondo soan músicas tradicionais da terra e danzas celtas.

Pero o que máis nos sorprendeu nesta festa-ritual, foi o rito das setas piñas, que foi o maior punto de trance histórico da noite. O redor do circular parapeto do castro, están espetadas pequenas ramas de piñeiro en circulo, cada unha con sete piñas (recordade o simbolismo dos números tres e sete no mundo céltico) as cales cada persoa do rito colectivo, cunha antorcha prendida na grande fogueira principal, ten que plantar lume nunha piña para ter un bo augurio e espantar seu meigallo, un auténtico espectáculo, poder ver case centros de antorchas prendidas o redor da fogueira central.
Despois deste viaxe no tempo entre lume e persoas, pouco a pouco a festa foi tranquilizándose e un par de horas despois, entre o son de algunha gaita, pouco a pouco amigos e familia de forma moi tranquila, abandona o lugar.
Tamén nomear o grande traballo da organización, posto que a zona arqueolóxica a tiñan con balizas, as cales retiraron o final da festa, o cal quedou sen un só anaco de lixo, posto que o pouco que quedaba, a propia organización a limpou.

Para os amantes destas festividades de forma ancestral, da tranquilidade e o sentir da Terra, vos recomendo este solsticio no Castrolandín, o cal debe ser un espectáculo tamén velo dende a distanza co anel de lume. Saudar dende aquí a Eloi dos Freirías e Maika, e dar as grazas por darnos a coñecer esta xoia da nosa cultura e folclore. 

sábado, 2 de junio de 2018

Sendeiro de Laxe a Lagoa de Traba (PR-G 114)

As veces a mar e sinónimo de paz e tranquilidade, inda que en certos lares como este leve fama de brava e salvaxe. Mesmo así, nesta ruta, será a protagonista cos seus belísimos paisaxes e recunchos inhóspitos lonxanos do estresante mundo. Tratase do sendeiro PR-G 114, que vai dende a vila mariñeira de Laxe ate a Lagoa de Traba, pasando pola fermosa praia de Soesto e alto do Castrillón, unha fermosa ruta de case 17 km tranquilos lineais ida e volta, coa mar sempre a un lado e seu son de fondo. A duración parando a xantar son 4 horas e media máis menos.
Arrancamos este roteiro e aventura dende a igrexa de Laxe o lado do Paseo Maritimo, onde se ve no alto a capela de Santa Rosa. Son varias ramas que saen das rúas da vila que se van unindo en ascensión doada ate dita capela, onde se pode ver unhas fermosas vistas sobre Laxe e seus arredores. Dende aquí, a ruta esta perfectamente sinalizada e continuamos cara a praia de Soesto pasando polo impoñente Peñon, onde no pasado houbo un antigo castro galaico.
Co impoñente Peñón a esquerda, avistamos a impresionante praia de Soesto na nova vertente que se nos abre, un fermoso areal que forma unha pequena bahía rodeado de montes, lonxe de núcleos de poboación. Descendemos a praia e podemos ver algúns surfistas na auga, que sortean as bravas ondas da mar en pleno mes de maio. Cruzamos un pequeno tramo de area para logo chegar a unhas pasarelas de madeira, que nos fan bordear o monte Castrillón que xunto o Peñón semellan vixiar a praia. 
Pasada Soesto, chagamos o extremo de súa enseada, a Punta Catasol, onde seguimos a liña da costa por un pequeno carreiro con fermosas vistas a pequenos illotes e calas como a de Arnado, bordeando o monte Castrillón. O final deste tramo, adentrámonos nun pequeno piñeiral antes de facer un pequeno descenso a praia e Lagoa de Traba. Dicir que nese piñeiral, chamado A Atalaia, há un pequeno merendeiro a sombra moi xeitoso para almorzar ou xantar, o cal chamase Campo de Almozarro.


 O baixar do merendeiro, chegamos as inmediacións das casas do lugar de Boaño, pertencente a parroquia de Traba, pero tamén xa estamos os pes das dunas do areal da praia de Traba. Seguimos unha pequena estrada cara a praia, onde a ruta se desvia por unha pasarela de madeira entre os areais e o pequeno rego do Val. Seguimos a pasarela ate atoparnos no interior dos areais, onde se atopa a final da ruta, a Lagoa de Traba. Nesta temos un pequeno observatorio de madeira onde puidemos ver grande variedade de aves, como gaivotas, cormoráns, pardais ou tordos. Tamén no camiño vimos unha pequena cobra de colar, pero sen dubida os protagonista do día foron a grande cantidade de enerxéticos lagartos arnaus ou sardóns.
Por último, voltamos polo mesmo camiño de ida, coa diferenza que desta vez en vez de bordear pola costa o monte Castrillón, que esta no medio das praias e enseadas de Traba e Soesto, decidimos subilo por unha variante. A subida ten un desnivel pronunciado pero curto, chegando a seus 88 m directos sobre a mar rápido. Unha vez arriba, un dáse conta que mereceu muito a pena o pequeno esforzo, posto que ten unhas fermosas panorámicas sobre ambas praias e o propio litoral da zona, vendo tamén a ría de Laxe e Corme o norte, e a Serra da Pena Forcada sobre a mar o sur. Unha vez realizado o pequeno descenso deste monte, xa estamos de novo na praia de Soesto, onde só nos queda o camiño a Laxe onde finaliza a ruta.


Dicir que é unha ruta algo longa, entorno os 17 km, pero son moi cómodos de levar e case sen desnivel, posto este acumulado non chega anda nos 400 metros. A fermosa paisaxe costeira, a tranquilidade do entorno e naturalidade, así como o doado aceso a ruta dende Laxe, fan que este roteiro o situemos como un dos millores costeiros que realizamos ate o momento.

Tipo de Ruta: lineal.

Lonxitude: 16,73 Km
Duración: 4 horas e 30 minutos.
Dificultade: Baixa.
Sinalizada: si.
Valoración: de interese paisaxístico e natura.
Puntuación: un 9,5.