lunes, 29 de agosto de 2016

A Serra do Galleiro, introdución

Persoalmente me criei a sombra desta serra, polo que para min e parte de miña identidade e persoa, como unha mai protectora que me miraba dende seus altos cumios. Despois de anos estudando e explorando nela, creo que e o momento de comezar a escribir sobre ela, en diferentes campos, nace este novo tema no blogue, A Serra do Galleiro, para así dar máis a coñecer seus encantos e problemáticas, protexela de forma de máis mediática e tentar pola en valor.

A Serra do Galleiro, introdución

A Serra do Galleiro e unha cadea montañosa que se estende de norte a sur próxima a Ría de Vigo, tendo de vertentes polo oeste o río Louro e polo este o Tea, no suroeste da provincia de Pontevedra, Galiza.

Fai de fronteira natural entre os municipios de Pazos de Borbén, Ponteareas, Mos, O Porriño, e no seu brazo máis baixo do sur Salceda de Caselas e en menos medida Salvaterra de Miño. Seus puntos máis altos se atopan no chamado propiamente Galleiro, no Couto do Lobo ou Cales con 743 m, tamén destacan o Pico Salgueirón 633 m, Alto da Serra 614 m, O Castelo 543 m, e logo no brazo sur inferior no que se estenden montes máis baixos pero abruptos, como o Faro de Budiño 399 m e San Cibrán 449 m.

Nela nacen pequenos ríos ou  regos que van as vertentes do Tea (este) ou do Louro (oeste), destacando no primeiro o río Mouróns e Xinzo, e no segundo o Torroeira ou Nespereira. Nestes pequenos ríos e seus afluentes se fan pequenas bagoadas de flora autóctona como carballeiras e moroteiras.

Etimoloxía

O nome Galleiro parece ter unha procedencia clara, de Galo, Gallo ou Gaio, que na evolución etimolóxica ven do indoeuropeo Kall ou Kel, que ven significando pedra. Coa evolución do latín a K pasou a C, e esta G, chegando a nos Galleiro, sendo unha serra moi balbolítica e pedregosa, e máis, no dicionario galego Galleiro significa cumbre pedregosa ou de acumulación de pedras.

Ten relación co significado de outras serras do entorno como o Galiñeiro, Argallo ou o mesmo nome de Galiza/Galicia, que ven de Gallaecia/Callaecia no latín.

Clima

O seu clima e claramente oceánico atlántico, pois pega co Atlántico na súa cara oeste. Seus invernos son suaves, só chegando a nevar nas súas cumbres nos anos máis fríos. Os veráns son suaves cunha tendenza nos últimos anos cada vez máis cálidos e secos. 

Súa pluviosidade e alta sobre todo nos meses de choivas, facendo que as sequías sexan de carácter baixas nos meses de agosto e setembro, polo que seus regatos son caudalosos.
Destacar nas súas vertentes do val do Louro e Tea a formación de intensas neboas e gran humidade nos meses de inverno, sobre todo no Tea.

Xeoloxía

Destaca súas grandes formacións balbolíticas graníticas, en formas de grandes moas ou bolos. Seus solos dominan os graníticos, de cuarcita, arcillosos e areosos.  

Destaca pola erosión, formas graníticas de curiosas formas, sobre todo as que se parecen a animais, tendo muitas delas nomes. 

Flora
Nas zonas máis altas domina o matorral e monte raso, sendo dominado por xestas, toxeiras e antigos pastizais.

No campo arbóreo, a día de hoxe pola industria madeireira e papeleira destaca as plantacións de eucaliptos e piñeirais sobre todo na vertente este, cunha presenza tamén importante de acacia australiana. Na vertente este, nas zonas altas tamén destaca as plantacións de piñeiros de copa ancha.

Na flora autóctona, nas bagoadas e pequenos vales dispersos podemos atopar carballeiras ou cerdeiras, esta última bastante repoboada. Tamén por zonas podemos aínda atopar con arbores autóctonas máis característicos do mediterráneo, como sobreiras e moroteiras, en liñas xerais.

Fauna
Neste campo a fauna entra no campo atlántico galaico, desminuindo esta claramente nos últimos anos polas repoboacións de eucaliptais ou incendios forestais.
Mesmo así, a día de hoxe no Galleiro fauna que se leva visto nos últimos anos destacariamos por grupos.

Mamíferos, destacan nos pastos aínda a gandeira cabalar, en canto os mamíferos ceibes destacan o xabaril, o corzo, o coello común, a raposa ou restos de cacerías nocturnas da xineta.

Aves, nas rapaces destaca o miñato, podéndose ver tamén ten unha importante poboación de corvos. Nas máis pequenas destaca o merlo común e o pardal. Nas nocturnas ten presenza a curuxa e moucho nas épocas estivais.

Réptiles, o que máis abundan son a lagarta rabilonga e o sardón, podéndose tamén ver o lución ou como chaman aquí, a pasmada. Nas serpes a que máis se pode ver e a serpe de escaleira.

Anfibios, destacar nas abundantes zonas acuíferas e pequenas lagoas a presenza de ras e sapos, así como píntega. Tamén destaca a presenza de caracois e lesmas.

Insectos, neste campo destaca unha importante poboación de saltóns, formigas, bolboretas, escaravellos, abellas ou arácnidos. Pola abundanza de piñeiros, e significativa a presenza da procesionaria nas tempadas reprodutoras destas.

Destaca tamén por tempadas e falta de alimentos noutras serras próximas como O Suído e Couto de Eira, a emigración de paso ou ocasional o Galleiro do lobo ou aves como o voitre leonado, visto aínda este ano na serra.

Cogomelos e fungos

Nas zonas medias e baixas, sobre todo nas bagoadas e pequenos vales de flora autóctona a presenza importante de cogomelos e fungos, como níscalos, peidos de lobo ou as amanitas.

Patrimonio e historia
A Serra do Galleiro ten un importante, ancestral e amplo patrimonio, por ser zona de paso entre a costa e ría de Vigo os vales interiores.

Atopáronse restos de poboadores paleolíticos en Chan das Rozas, preto da cima do Galleiro. No megalítico debeu ter unha presenza humana importante, conservando mámoas nos seus altos e faldas, destacando a do Marco ou Salgueirón, máis a do Carballo Escuro.

Dentro da arte rupestre destaca na propia pedra da cima máis alta, un petróglifo de coviñas dispersas, orientadas a posta de sol. Tamén na pedra do cumio do monte Couto María, temos cazoletas de gran tamaño ou lagares rupestres orientados a posta de sol como os do Galleiro. Nas faldas e cércanas o Galleiro destacan outras zonas de petróglifos como nas zonas do Monte Aberto e O Charco, con clara presenza no lugar de comunidades da idade do bronce.

Da idade de ferro ten unha importante densidade de castros, como entre outros Sarmagoso, monte do Castelo, a Cividade de Louredo, Castrelos, San Cibrán ou o do Faro de Budiño. Estes castros de altura dominaban os vales do Tea e a zona da costa da ría de Vigo e súa comunicación, en algúns se atoparon restos de romanización como tégula romana. E posible que no período romano atravesase unha verea ou vía esta serra, na zona do Paso entre Louredo e Ribadetea, na quebrada entre o Pico Salgueirón e monte do Castelo.

Na época medieval, o igual que na castrexa, a importanza visual da serra sobre as vías de comunicación, fixo que tivera unha importante densidade de castelos, chegando a nos os restos do que existiu no monte do Castelo, e sobre todo no brazo sur e súas faldas, o de Mirabel en Cans, o do Monte da Torre en Nogueira e o do Faro de Budiño. Destaca tamén a capela de San Fíns de Cillarga, de época tardo medieval, ou os restos aínda en estudo da capela de San Matiño, en Couso, que pode datar de época alto medieval.

A partir do século XV destaca a arquitectura popular, como os muíños, cruceiros ou canastros ou capelas como a de San Cibrán. En canto o pastoreo inda se poden ver os antigos muros do pastizal de Sarmagoso, enriba de Mouro. En épocas máis contemporáneas na serra se construíron numerosas casetas de vixilancia contra os incendios, a día de hoxe só activa a do Galleiro.


Paisaxistica

A serra atopase nun enclave privilexiado entre a ría de Vigo e vales dos redores, polo que seu campo visual e incrible. Ten excelentes vistas sobre o val do Condado, o val do Louro e ría de Vigo e illas Cíes. 

Dende ela tamén se poden ver outras serras como a do Suído, Faro de Avión, Montes da Paradanta, San Nomedio, Serra da Peneda  e de Santa Luzia (Portugal), val do Miño, Serra de Argallo, Serra do Galiñeiro, Serra da Groba, Serra do Morrazo e Faro de Domaio, Serra do Cando e ata en día despexados, a Serra do Barbanza na provincia da Coruña.

Folclore e mitoloxía
Conservase na Serra e seus redores unha riquísimo patrimonio oral e tradicións, como seres mitolóxicos, lugares máxicos e sagrados ou tradicións.

Algúns lugares con encantamentos entre outros e o Penedos dos Mouros, A Casa da Moura, O Penedo da Cruz, O Pedra que Tan, O Santo Aparecido ou A Pedra que Fala, nestes lugares consérvanse lendas de aparicións de Mouros e Mouras con grandes riquezas, sendo algunhas cristianizadas con aparicións marianas ou de santos.

Tamén destaca a presenza de seres mitolóxicos da morte como a Cabra do Monte ou Galleira, tardos ou trasnos nos muíños, ou a espectrais como a estantiga.

Algunha das tradicións que había era como a de San Fíns de levar unha tella a súa capela para problemas de cabeza, ou no entroido, en algunhas parroquias dos redores, a corrida do galo.

Problemáticas e destrucións nos últimos anos

Unhas das maiores problemáticas que pasa a serra do Galleiro neste momento, e a industria forestal vinculada a industria do papel. Esta fixo repoboar en gran parte a serra de eucaliptos destruíndo parte da flora e fauna autóctona, e o uso de maquinaria forestal pesada no monte que entre outros destrúe patrimonio. Tamén recordar que a repoboación desta especie fai que os lumes e incendios forestais sexan habituais e un gran problema na actualidade.  

Outro problema son as canteiras de extracción de granito a ceo aberto, as cales muitas delas cerraron pero deixando parte do monte destruído e cheo de residuos. Tamén existe un proxecto da instalación dun parque eólico na mesma.





viernes, 26 de agosto de 2016

Historia no monasterio de Leyre, cando galegos e aragoneses loitamos por...

Estando no mosteiro de Leyre (Yesa-Navarra) recordei este episodio da nosa historia, cando o arzobispo de Compostela Diego Xelmírez e o conde de Traba Pedro Frolaz, despois de nomear o neno Alfonsiño (futuro Alfonso VII) rei da Galiza, tentaron levalo a León para facer o mesmo ali. Pero nesa época turbía, o segundo esposo de súa mai (Urraca), o enerxético rei de Aragón Alfonso I o Batallador, tamén ostentaba o poder de Castela, León e Galiza, ou cando menos ter un novo herdeiro que unise estes reinos co de Aragón. Desta maneira cun exército moi superior embosca os galegos camiño de León, tendo lugar a Batalla de Viadangos ou Fonte de Angos, corría o ano 1111.


Alfonso I o Batallador

Bispo Diego Xelmírez
Alfonso VII


jueves, 25 de agosto de 2016

As Merindades, o difícil inicio de Castela

Nos comezos da existenza de Castela, dende o val do Mena e outros cercáns o sur da Cordillera Cantábrica, comezou unha dificil vida colonizando terras cara a meseta. Así con pasos naturais abertos para os saqueos do emiriato e califato de Cordoba (Al-Andalus) deu comezo unha nova rexión que se fortaleceria co paso do tempo, Castela. Falamos da terra actual das Merindades, no norte de Burgos




martes, 23 de agosto de 2016

Dolmen de Busnela, nas Merindades, unha posible tipoloxía antiga de mega...

Preto do pobo de Busnela atopase este dolmen con nome homónimo, súa tipoloxía e características son diferenciadas as clásicas formas destes monumentos, utilizando unha rocha nai como base. Mesmo así a base e a misma que calquer dolmen ordinario, situación orientada saída-posta de sol, petroglifos en formas de coviñas ou surcos nas edras chantadas da camara, ou pedras dos redores, un pronunciado túmulo... isto me fai recordar como serían os primeiros dolmenes máis tocos e naturais, polo que falo dunha pequena e hipotética teoria persoal do posible orixe deste e outros dolmenes.




lunes, 22 de agosto de 2016

Taranco de Mena, cuna de Castela.

Nesta pequena entidade menor da bisbarra das Merindades, en Burgos, apareceu o primeiro documento onde aparecia o nome de Castela no ano 800. Tratabase dun documento do desaparecido monasterio de San Emeterio que se atopaba no lugar, no cal no proceso de repoboación un notario redacta unhas donacións do abab Vitulo, onde aparece por primeira vez o nome Castela, súa data e do 15 de setembro do 800.





martes, 16 de agosto de 2016

Noite dos Tempos na Festa do Ouro, Margaride de Lor, Quiroga (Lugo)

Sen palabras para describir esta festa do Ouro en Margaride, o sentimento da festividade, a participación da veciñanza desta pequena aldea do Lor, o inmellorable trato familiar, os amigos que voltamos ver e os novos que fixemos... non teño palabras para expresar o ben que o pasamos e o cariño que recibimos, só dicir mil grazas por todo unha vez máis.

A carón das minas romanas do Medo, a festa do Ouro e muito máis que unha festa galaico-romana, ten sentimento, unidade, cultura e tradición dun legado ancestral, nun ambente inmellorable. Unha xornada moi completa, música folk, alfareria, comida xuntos, ruta nas covas, xogos celtas, contos, dúas bodas celtas, ritual da Queimada coa Noite dos Tempos... agora mesmo non podo describir o vivido, polo que vos deixo as fotos para que vexades o gran traballo realizado polos veciños de Margaride de Lor, A Festa do Ouro.

FESTA DO OURO

BODAS CELTAS

NOITE DOS TEMPOS
GUERREIRO KADROLOICO

MEIGO DO TEA

lunes, 8 de agosto de 2016

Pías ritualísticas ancestrais no cumio do Monte Couto María, Ribadetea (...

No cumio dun dos millores miradores naturais sobre o val do Tea, o monte Couto María, en Ribadetea (Ponteareas), aparecen un numero de pías ou lagares rupestres que parece que claramente foron alterados artificialmente. Cinco deles consérvanse moi ben, están orientados a posta do sol, o igual que outros da zona como as da Picaraña, polo que todo parece indicar que no pasado remoto foran cavadas na pedra para rituais de derrames de líquidos ou libacións, algo que parece moi característico en cerimonias primitivas a divindades solares.

Seguimos estudando as antigas costumes e rituais de nosos ancestros, no campo vinculado as postas de sol ou ata a constelacións con traballos rupestres, ben sexan pías ou lagares, ou ben pola contra petróglifos de coviñas ou cazoletas. Nestes últimos meses avanzouse bastante o atopar restos destas características que parece moi similares e cumprindo patróns en cumios como este, no Galleiro, Picaraña, Couto da Pía (Faro de Avión) ou mesmo na emblemática  Cabeza de Manzaneda. Espero pronto sacar algunha hipótese e traballo da relación entre elas e súa posible interpretación. Saudiños!