viernes, 23 de marzo de 2018

Relatos Atlantes: Balám e Farabrás, os atlantes caídos


Antes de que Kerua a vermella, se enfrontase o poderoso feiticeiro e escuro Kelcebú o mouro, o fixeron seu irmá maior Ferabrás o belo, e seu pai Balám o forte.
Dos atlantes que quedaban na Illa, Balám e seu liñaxe eran dos pouco de sangue real escapados da Atlántica, el mesmo, fora dos que fuxira sendo moi novo, pois eran seres que vivían longuísimos períodos de tempo.

Cando Kelcebú raptara súa filla maior, Karope a do cabelo peiteado, e a sacrificara nun ritual de sangue no solsticio de inverno para transformarse no ser escuro que se converteu, el non puidera facer nada, pero agora tocáballes combatelo, pois Kelcebú destruiría todo aquilo que para el fose unha ameaza.

Sabia que el só non o podía vencer, polo que agardaba enfrontalo xunto a seu fillo maior, Farabrás o belo, que era tamén xa moi poderoso. Pero este xoven príncipe atlante, iluso por súa xuventude, confiado do seu nacente poder e obsesionado con unha vitoria épica ante o mal, foise só sen avisar a seu pai a luitar contra Kelcebú o mouro.

Cruzouse con súa fermosa egua branca no camiño no maligno atlante, e desafiouno. Era moi 
branco, co cabelo dourado e esvelto, co seu grande e porte e xuventude, díxolle a Kelcebú que seu camiño remataba alí. Este mentres o observaba, con súa áurea escura e mirada penetrante.


Entón Farabrás, para mostrar seu grande poder e impresionar a seu inimigo, sacou seu bastón de carballo decorado en ouro relucinte, e comezou a xuntar súas forzas. Tiña poder extraordinario, até saía resplandor de seu corpo e as copas dos arbores axitábanse, quen o vira pensaría que xa superara a seu pai.


Unha vez mostrado seu poder, miraba a Kelcebú sorrinte preparado para atacarlle, pero este, comezou a rir tamén, e díxolle;

Es moi poderoso, e incrédulo, pero inda che queda muito que aprender, pero mágoa que túa vida remate aquí.

Nisto, a maza de Kelcebú comezouse a escurecer, e el mesmo a crecer soltando un estrano fume negro, e moi rapidamente Farabrás decidiu atacalo con seu poder máis puro, cunha rapidez incrible, pero con certa facilidade, Kelcebu o freou con súa maza, para finalmente rechazar o príncipe atlante.

Voltaron estar un fronte do outro, pero agora Farabrás estaba paralizado do terror, non daba crédito, nin no pior de seus pesadelos imaxinara ter un rival tan poderoso. Pero o tempo rematábaselle, como un lostrego, con todo aquel poder escuro, ca súa maza Kelcebú golpeouno, este a penas puido frear seu ataque e saíu polo ar. Logo Kelcebú acercouse a seu moribundo corpo, viu a cara dun xoven impotente e derrotado, que o miraba fixamente, entón súa maza voltouse de novo máis escura e saír fume dela, mesmo así o príncipe atlante levantouse coas poucas forzas que tiña, e cos ollos cheos de bágoas só puido dicir moi débil a sua fermosa egua branca, Asunla, sae de aquí...


Balám e o resto de atlantes percatáronse da triste notiza o ver chegar a egua soa e nervosa, polo que este non podía agardar máis, sabía de súas nulas posibilidades, pero non podía perder esperanzas. Despediuse da súa familia e comunidade, e foise o encontro de seu destino.


O veterán Balám atopouse con Kelcebú, o cal o agardaba, sabia que era o máis poderoso da Illa, sen contarse a si mesmo. Apenas houbo nada que dicir, Balám sabia millor co resto o que tiña enfronte, que matara a dous de seus fillos, pero gardaba a tranquilidade.

Comezou así un épico combate, pese súa idade, Balám demostrou ter máis poder que ningún outro, con seu bastón de carballo nativo da Atlántida freou un forte ataque do escuro, pero co acabou arrastrando finalmente. Sen aparentemente estar moi prexudicado, voltou levantarse, o que impresionou a Kelcebú, pero sabía que este non mostrara inda súa verdadeira forza.     

 O maligno voltou cargar súa maza de poder da que saía fume escuro, e nese intre o sabio Balám atacouno con todas súas forzas tendo este a garda baixa, pero Kerlcebu tiña tanto poder en aquela maza, que conseguiu, cun grande esforzo, rexeitar aquel ataque.

Balam quedouse entón moi desmoralizado por dentro, mentres que Kelcebú, impresionado, posto que nunca ninguén conseguira ate o momento danalo. Entón dixolle:

Me impresionas Balam, xamais imaxinaria que foras tan forte, teu fillo non te chegaba nin os pes.

O que este contestou;
 
Estou seguro que meu fillo, o que non supo foi combaterte, pero agora todo iso xa da igual, todos acabaremos sendo po.                                              


Balam dixo isto, sabendo que quedáballe moi pouco de vida en este mundo, polo que seu corpo percorríano inquietudes.

Kelcebú preparou un novo ataque poderosísimo, e díxolle a Balám antes de atacalo, acabarei con todos Balam, con todos. O ataque foi brutal e pese que Balám intentou frealo, saíu disparado a muita distanza, caendo seu corpo case inerte o solo.                                                                                      

Kelcebú, despois do ataque, deu a Balam por morto e sentíase canso, e co corpo dorido, soltou un sorriso e deu as costas o corpo de Balam, dicindo coa súa forte voz, outro iluso.
Pero nisto cando se marchaba, sentiu algo detrás del, virou e dixo, non pode ser!                             

Era Balám, levantado, o cal apenas podía sosterse sobre seu bastón, estaba todo ensanguentado dunha sangue de cor azulada, moi mal ferido, e mirando os ollos do maligno, cunha voz inda poderosa, que impoña un grande respecto, contestoulle:

Como vas vencer a todos, se inda non acábache nin comigo!

Entón Kelcebú, cheo de odio e resentimento, tivo que lanzar seu último ataque cun forte berro, o cal o debilitou muito nos seguintes días. Foi o fin de Balam o forte.

Contan que logo súa filla mediana, Kambela a feble, morreu de pena, súa filla menor Kerua a vermella, o enfrontou pero saíu tamén derrotada. Mentres seu fillo do medio, Floripás do bastón, pasou un tempo buscando un novo bastón de poder para enfrontalo, pero cando pensou que o atopara, tamén Kelcebú o derrotou e deu morte, a escuridade tinguise sobre a Illa.

SIGUE A SEGUINTE HISTORIA:
KERUA, A ESPADA DA LUZ

Terra galega invernal a vista de páxaro

Vista das última nevadas do inverno 2018 dende o grande miradoiro do Faro de Avión, na divisoria Pontevedra e Ourense, onde se pode mirar dende o mar ate as principais cadeas montañosas do pais nevadas.

jueves, 15 de marzo de 2018

Anteriores, as tres cruces, Mondariz-Balneario

No barrio de San Pedro, no pequeno concello de Mondariz-Balneario, moi preto da ribeira do río Xabriña, no lugar coñecido como O Bosque, nos atopamos con este peculiar monumento.

Tratase de As Tres Cruces, o conxunto formado por unha grande pedra granítica apoiada en dous chanzos, que o fan moi similar a un dolmen, polo que há quen pensa que o é. Na súa parte superior foron colocadas tres grandes cruces, tamén en granito sen imaxes que representan o Calvario. Na pedra hai tallada unha data, que marca o ano 1700, seguramente ano no que se colocaron estas tres cruces.

Pero en As Tres cruces hai moito máis, xa que na pedra base tamén existen petroglifos, algúns cristiáns, como representacións de cruces, pero outros parecen moito máis anteriores, así distínguense al menos tres coviñas ou cazeroletas. Tamén na cima, xunto as cruces, hai cavada na pedra unha pequena pía, con forma rectangular (ES-OS) que de seguro tiña un uso relixioso ou ritual.

Este monumento e un claro símbolo de cristianización dun culto pagán, de entrada pode ser que no seu orixe fose un dolmen ou un santurio pagán, o cal tamén tiña petróglifos, polo menos na pedra base. Nos redores tamén se atopa a capela de San Pedro, do século XIII.

Vista os apoios da pedra base, os cales nos recorda os dos dolmens.
Na pedra base podemos ver petróglifos como esta coviña (esquerda) e a outra representación (dereita).
Na cima, xunto as cruces pía rectangular.

FICHA TÉCNICA

CATEGORIA DO BEN: Catalogado (Catálogo da Xunta e do PXOM)
PARROQUIA: Barrio de San Pedro, Mondariz-Balneario
ADSCRIPCIÓN TIPOLÓXICA:  Varios, ben histórico/cultural
DATACIÓN: Descoñecida / Moderna
CLASIFICACIÓN DO SOLO: Protexido
 USO DO SOLO: Público (zona recreativa)
PROPIEDADE: Pública
ESTADO: Bastante bo a que pertence a cronoloxía máis actual, e dicir a cristián, a anterior pagán atopase moi deteriorada.

DEBUXOS DE ALGUNHAS REPRESENTACIÓNS GRÁFICAS DA PEDRA (PETROGLIFOS)
Esta entrada a publiquei o 10 de abril do 2013 no blogue
Ponteareas Historia Viva


sábado, 10 de marzo de 2018

San Xes de Francelos, un templo de posible orixe suevo

 
Moi próxima a vila histórica de Ribadavia, se atopa a parroquia de Francelos, sobre o val inmediato do río Miño. Saíndo de súas rúas estreitas e prazas, camiño do Miño, se atopa a capela de San Xes Francelos, a cal se engloba no campo do arte prerromano, pero no lugar, se pode ver que seu orixe vai muito atrás.

Pese que foi moi modificada co avance da historia, se pode ver na fachada o abrigo dun atrio, na porta un arco de ferradura, inda que esta teña o arco arriba tapiado. Tamén no muro do lado direito, unha pedra que foi alí posta cun decorado entrelazado, o que claramente nos fai pensar nun orixe en tempo dos xermanos na Gallaecia.

Non se pode saber se ese templo primario estaba nese lugar emprazo ou nos seus redores, pero si parece evidente que foi construído en tempo dos suevos ou visigodos, e que eses restos perviviron no tempo e no lugar. Temos datos posteriores, aparecendo en documentos do mosteiro de Celanova e bispado de Tui no século IX, da existenza dun mosteiro onde se denotan restos de arquitectura prerromana, moi similares a arte chamada “asturiana ou ramirense”, moi reflexada nas columnas onde se apoian o arco.

Deste período máis medieval, destacan dous relevos a cada lado da porta principal onde aparecen un personaxe aureado montado nun asno cun ramo, que e recibido por outros a pe con túnicas tamén con ramos, o que recorda a chegada de Xesús a Xerusalén.

Co paso dos séculos, cando menos o tempo seguiu activo co nome de Santa María, inda que o mosteiro pasou a Celanova. Chega os nosos días moi remodelada, cunha estrutura inda moi tradicional, e co nome de San Xes de Francelos.

Entorno e paroquia de Francelos.

jueves, 8 de marzo de 2018

Relatos Atlántes: Kerua, a espada da Luz


Nun pasado moi moi remoto, existía unha illa no medio do Atlántico, na cal habitaban unha antiguísima raza, os últimos da súa especie, posto que súa poderosa terra mai, fora somerxida por unha maldición baixo as augas dos océanos.

Os que conseguiron escapar, non muitos, a maioría acabaron nesta Illa, dos outros escapados non se sabe nada. Se facían chamar Atlantes, e eran grandes e poderosos, sabían dominar as forzas da natureza, gardaban riquezas da súa desaparecida patria como reliquias e amaban as terras que poboaban.

Pero algo ía romper súa tranquilidade, un poderoso chaman e feiticeiro, que aprendera a usar artes escuras, comezou a absorber enerxías negras e negativas en toda a Illa, seu nome era Kelcebú o mouro, e chegou un momento que seu poder era tal, que estas enerxías o posuíron.

Raptou a unha fermosa atlante, das poucas que quedaban de sangue de liña real, a subiu a un lugar sagrado e secreto no alto dos montes da Pancosa, e a caída do sol do solsticio de inverno, nun grande ritual de sangue a sacrificou e verteu a súa sangue sobre si, nese momento un lostrego o atravesou. Nunca máis sería o mesmo, o mal posuíuno, e comezaba un ciclo escuro. Kelcebú mudou ate súa aparecienza, saíndolle uns cornos, crecendo en tamaño e cunha áurea escura que cubría todo por onde pasaba. 
O mouro montaba un oso cavernario xigante, súa arma era do único elemento que coñecían, o ouro, pero negro en forma de grande maza.  

Todos os grandes guerreiros atlantes que quedaban, se enfrontaron a el, e todos caeron con facilidade, incluídos os de liña de sangue real, como o grande Balám o forte, pai da princesa secuestrada e sacrificada, o cal tal vez era o máis poderoso de todos.                                           

Pero antes caera seu fillo maior, o xoven Serión o belo, o cal pese seu pai sabendo dos grandes poderes de Kelcebú, quería que fosen os dous xuntos pero este marchou só contra el. Serión despregou ante o maligno uns extraordinarios poderes pese súa xuventude, pero para súa desgraza moi lonxe dos de seu inimigo.                                                                                

Despois tocoulle a seu pai, Balám, que despediuse dos seus e foi o encontro do seu destino. Este pese súa madurez, mostrou que era o máis enerxético de todos, pero de novo non estaba a altura, acabou con el nun épico enfrontamento.

Desta forma Kelcebú o mouro fíxose co control case total da Illa, rodeábase de seres sátiros e maléficos, trasnos do maldicir, tardos e outras alimañas.

Entre os poucos que resistían, atopábase a filla menor de Balám, Kerua e vermella. Chamábanlle a vermella por que a difenza do resto de Atlantes, que eran moi loiros, ela tiña os cabelos louros e vermellos, dicían que era un presaxio dos deuses. Ela mesma era diferente, dicía que non valía para princesa, para iso estaban súas irmáns. Con seu coraxe salvaxe, tamén se enfrontara a Kelcebú o mouro despois de matar a seu irmá e pai, pero este con facilidade a derrotara, pero non a matou, senón que a deixou moribunda.

Na desesperación, tivera un soño,  din que foron os propios deuses, soñando con forxar unha nova arma. Con axuda da moi ancián chaman e feiticeira, Eabeca da árbore, foron o enorme Carballo sagrado da Vida que se atopaba no centro da Illa, segundo o soño alí tiñan que mesturar e forxar uns novos elementos e no solsticio de verán, baixo un ritual usando de molde unha raíz da propia árbore.

A raíz iña forma de espada, forma que non coñecida até agora, súa mestura era cobre, bronce e volframio. Tan forme saíu o sol co mencer do solsticio, Kerua sacouna do molde e esta comezou a brilar, tanto como o propio deus sol. Ese brilo era última esperanza dun novo mencer da vida.

Con aquela nova arma, foi o encontro de Belcebú, que moraba no monte máis alto da Pancosa. Este nun principio, cando viu a Kerua riuse, pero inda vives, pensou, pero cando sacou súa espada e comezou a brilar, este incomodouse, posto que sentiu un grandísimo poder e algo que nunca vira, superior a todos aqueles que antes enfrontaranse a el.

Estaba a piques de comezar a luita, moi diferente a como a coñecen os humáns, pois eran seres con poderes, e por iso nin coñecían as armas, posto que non facíanlles falta.

O mazou de Kercebú o mouro, escuro, que por onde pasaba morría todo, comezou a soltar unha forte enerxía cun fume negro, mentres que a espada de Kerua, comezou a brilar máis e máis mentres ela sentía unha agradable enerxía forza que a invadía. Nun rápido movemento ambas chocaron con todas as súas forzas, e no ceo se escoitou un forte estrondo que se oíu en toda a Illa.

As forzas do ben e do mal bicábanse naquel choque, ambos puxaban súa arma contra o outro, durante moitísimo tempo, e a cousa estaba moi igualada. Pero chegou un momento, que Kelcebú cos ollos en branco comezou a recuperar enerxía, o ceo cubriuse de nubes negras e comezou a trona. Pouco a pouco Kerua perdía terreo, súa espada perdía brilo e poder, tanto que xa podía sentía o calor da próxima maza no seu rostro.

Nisto Kelcebú, que acariciaba a vitoria e era moi cruel, mandou a seu xigante oso devorar a vella Eabeca da árbore, que tamén estaba presente. O oso golpeouna, e esta coas súas poucas e vellas forzas que quedábanlle subiuse a unha grande pedra, a cal o oso intentaba subir, esa pedra sería coñecida ate os tempos recentes como o Penedo da Vella.

Entón Kerua impotente por non poder axudala, comezou a chorar, posto que non tiña suficiente poder para vencer o maligno, que se ría e ela berráballe, deixa en paz covarde!, mentres pensaba entre bágoas, se portara esta arma dos deuses meu pai Balám, de seguro o vencería, só necesito un pouco máis de forzas, non podo deixar que mate tamén a Eabeca.

Recordaba a seu pai caído, seus irmás e irmáns, a tod@s os que o mal vencera, sentíase entre bagoas ferida moralmente por non poder vingalos... Foi entón cando Kerua berrou moi forte; 

Que a deixes en paz!


Entre as escuras nubes comezaron a saír raios do sol, e a espada comezou de novo a brilar, e Kerua a sentir forzas, o deus Sol acabou saíndo de todo entre a escuridade, e a mai terra recuperar a cor. Kerua sentía como as forzas voltaban a ela, tanto que fixo un último intento con todo o poder que quedáballe, con a vella Eabeca na cabeza comezou a gañar terreo.

Kelcebú agora sufría, e de súpeto, cun gran raio do sol, o maligno chaman partíuselle o mazo e foi golpeado pola espada da luz, saíndo este disparado cun grande corte de onde saía fume escuro. O seu corpo caeu o chan morto e cada vez saía máis e máis fume escuro, até que estalou nunha grande explosión na que a propia Kerua saíu polo ar.

Mal ferida e moribunda, a recolleu Eabeca o da árbore, posto que o grande oso tamén caeu morto o faltar Kelcebú. Kerua vendo o grande poder da arma que portaba, mandoulle a vella que a cravara nunha pedra nun lugar secreto a Illa, cun encantamento de que só podería sacala de alí un ser de mente pura e limpa, en caso de que algún día o poder escuro de Kelcebú voltase reencarnado.

Kerua a da Luz, morreu despois nos seus brazos, nun día en que o Sol saíu por completo e a vida voltou a Illa. Seu corpo, foi depositado no grande Carballo Sagrado, para que súa enerxía se conservase de forma eterna, como protectora da Illa. 

Nese mesmo día, cos atlantes moi debilitados, chagaban as costas, o pequeno illote da Arribada, unha nova raza. Eran os humáns, e liderados por un caudillo chamado Kossobreo, rei dos Oestrominios, os cal soñara tamén nun soño cunha Illa chea de tesouros e riquezas. Pero esa e outra historia.

martes, 6 de marzo de 2018

Festividades e ritos ancestrais no Condado-Paradanta e Baixo Miño

PUBLICADO PARA COMARCAS NA REDE o 2 de marzo do 2018

Nosa terra no sur oeste galaico, inda e moi rica en canto a festividades e ritos que hoxe pasaron a romarías ou peregrinacións, cunha transformación destas polo cristianismo pero que inda conservan na súa base unha forte pisada tradicional ou pagán. Isto nos leva a que súa orixe sexa moi anterior a propia chegada da fe cristián, facendo delas unha conexión cultural milenaria cos nosos antepasados galaicos, con súas crenzas, celebracións e ritos.
Tan forte e seu arraigo, que en tempos da cristianización non se puideron prohibir, como noutros lugares, polo que realmente o que fixeron foi manipulalas ou mudalas, convertendo unha divindade celta nunha romaría a un santo, unha moura a unha virxe, ou un simple rito a un santuario. Inda conservamos muitísimas, case unha por parroquia, e outras xa desapareceron, aquí imos recompilar cinco importantes que inda conservamos e teñen grande devoción, e intentar coñecer seu posible orixe.
Comezaremos tal vez pola máis famosa, a peregrinación a Nosa Señora da Franqueira, no concello da Cañiza. Primeiro dicir que a peregrinación de parroquias ou comunidades a un monte emblemático, onde existe unha grande divindade, nos recorda os tempos dos castros galaicos onde os santuarios era a propia natureza, cando en determinadas épocas do ano peregrinaban xuntos a un monte sagrado nunha grande xuntanza, facendo rituais a unha divindade que os unía, esa non e unha das finalidades da Franqueira? Engadir resumindo outros datos importantes que nos levan esta romaría a tempos moi antigos, a día de hoxe inda e “a Señora”, non virxe nin santa, nome polo que en muitos lugares se coñecen as famosas “mouras”, vestida en branco e subida a un carro tirado por bois. O lugar da aparición tamén nos di cousas, nun cumio pedroso a 926 metros de altitude, chamado “Coto da Vella”, a vella, nome co que se coñecen tamén mouras ou antigas divindades femininas, como a propia nai Terra, e que millor que nun cumio tan espectacular como ese. A día de hoxe se peregrina a Franqueira nas Pascuillas e a principios de setembro.
Sen saír do mundo da peregrinación a Franqueira, nos atopamos con outro punto de encontro entre fieis de diferentes rutas moi peculiar, O Carballo da Armada, en Mondariz. Dicir que o normal sería que nun lugar de cruce de camiños, existise un cruceiro, pero como isto e muito máis ancestral non e o caso, senón que aparece un “carballo sagrado” de grande tamaño. Para os celtas, o carballo era unha árbore sagrada dos druídas, e iso nos conta a lenda do lugar, que foi plantado por “un druída chamado Lambrico, fillo de Mondrico”, recordades a Mondrico? fundador de Mondariz do que xa escribimos del.
Agora seguindo o curso do sagrado río Miño, chegamos o seu fin, onde se xunta cos mares, os pes doutro monte moi coñecido, no cal celebrase outra destas xuntanzas ancestrais entre comunidades, a Festa do Monte no Santa Tegra, na Guarda. Inda que a esta festa ou romaría se atribúe seu orixe a principios do século XX, cun carácter devoto o propio monte e en menor medida a capela cristián, imos pola en contexto histórico. A historia dese monte pola súa situación, e milenaria, dende petroglifos, posiblemente ritualísticos, a asentarse nel o maior castro en terra galega coñecido, con isto non e difícil pensar que en tempos remotos antepasados de tódolos seus redores acudiran a este monte en certas celebracións de seu calendario para facer seus ritos e xuntanza. A día de hoxe esta festividade se fai no mes de Agosto.
Outro monte famoso e de lenda, vixiador da ría de Vigo, conserva unha das máis antigas festividades o solsticio de verán e comezo deste ciclo, A festa dos Fachosno monte da Peneda, Redondela e Soutomaior. Tamén cun castro baixo del, e unha capela enriba, centos de romeiros celebran a chegada do verán co lume, lume que purificaba e daba pe a nova vida, e entre outras cousas, como nas fogueiras de San Xoán, espantan o meigallo e as malas forzas do inverno. Así nace este rito, onde os participantes, centos, prenden os fachos de palla, e suben en procesión a este monte nunha verdadeira fila de lume que se pode ver a quilómetros, unha vez arriba, prenden unha grande fogueira e invocan en ritual a antigas forzas e persoaxes históricos, polo tanto, este rito sigue case intacto a como sería fai 2000 anos. Pese non estar nas bisbarras sinaladas no titulo, esta festividade ben merece ser mencionada, celebrase polas datas do San Xoán.
Por último escribiremos sobre un dos ritos considerado dos máis estranos do mundo, A procesión de ataúdes de Santa Marta de Ribarteme, nas Neves. Recordar o forte arraigo histórico da nosa terra a cultura da morte, e máis, há quen se refire a nos como o pais da morte, unha proba, este peculiar rito onde os vivos se converten en mortos. Nela desfilan en procesión, o que recorda a propia Compaña e súa maldición, vivos en ataúdes os cale fixéranse devotos de Santa Marta e conseguiron vencer a morte, tal vez por unha enfermidade ou a de algún parente, e agora como voto, desfilan como mortos no seu propio enterro. A tradición nos di que Lázaro era irmá de Santa Marta, e este foi resucitado por Xesús, pero de novo se pómolo no noso contexto cultural, e a forte cultura da morte que temos, tamén podemos recordar en tempos célticos a aqueles guerreiros que se facían devotos de poderosos deuses da guerra, e se fracasaban, tiñan que entregar súa propia vida en ritual a estes deuses, polo que neste rito voltase mesturar o cristián co pagán. Celebrase o 29 de xullo.
Este foi só un pequeno resumo, deixamos atrás outras muitas similares como as celebradas en montes míticos como San Fins, Aloia, San Nomedio ou A Picaraña, e outras desaparecidas como a do Galleiro, que tristemente, xa son só recordo.