Nesta pequena entrada non imos
debater se orixe deste porto, e natural ou feito a medida pola man do home, persoalmente
acho que nos atopamos ante unha curiosa forma natural, a cal fai un porto e
refuxio perfecto no punto máis occidental da Península Ibérica, onde se
mesturan o Atlántico máis o Cantábrico.
O que si semella evidente é que as
diferentes culturas que por alí transitaron cos seus barcos, e os propios
indíxenas galaicos, aproveitaron dito refuxio na da costa e mesmo puideron
modificar, co fin de ser no período antigo, da Idade do Ferro (cando menos) o
medievo, como un dos principais portos do norte ibérico e lugar de intercambios
comerciais de diferentes culturas.
Coído de Bares
O Coído de
Bares, que é o nome do porto, ten uns 300 metros de lonxitude e esta formado por pelouros de seixo sen
labrar, de forma esférica, seu nome posiblemte deriba do indoeuropeo, cando
menos a raíz, como “Baroña”, que seguramente ten que ver con formas ou cabos da
costa. O arqueólogo F. Manciñeira atopou unha moedas púnicas que datou do
século VII a.C, polo que estimoulle un orixe fenicio. Outros historiadores pola
contra, danlle un orixe romano, pois na aldea de Bares, apareceu unha necrópole
romana. Este porto seguiu sendo importante no período medieval, sen ir máis
lonxe, a presencia dos Templarios no antigo mosteiro de Illa Coelleira, os cales como sempre, controlaban os camiños así
como certas rutas comerciais.
Bares e seus redores, tampouco
escaparon dos ataques e saqueos dos normandos (vikingos), tanto así, que
posiblemente deixaran súa pegada nun asentamento no xacemento de Moutillós e na propia Illa Coelleira,
sen descartar que puidera ser o revés, un forte dos galegos da zona para
defenderse deles. A partir do século XIII, converteuse nunha importante factoría
baleeira.
Vista do cabo Estaca de Bares dende o Vixiador do Vicedo.
Pero o que imos por ensinar nesta
entrada, é a rica toponimia da zona como testemuña que nos deixou ese importantísimo
transito comercial doutros tempos pasados, un lugar de conexión dende o mundo mediterráneo
e Atlántico sur, coas terras do Atlántico norte das Illas Británicas e Europa
do norte.
Temos así o redor do Cabo Estaca de
Bares e seu Coído ou porte, nomes de montes que servían para facer sinais
visuais con lume e fume, os tradicionais “Fachos”, os antepasados dos tradicionais
faros. Enriba de Bares temos os montes do “Semáforo”
e o “Facho ou Chan da Caldeira”.
O outro lado da recortada Ría do
Barqueiro, na veciña Ría de Viveiro na súa entrada, tamén temos o “Monte do Facho”, sobre o xacemento de
Moutillós, e o outro lado desta ría, o “Monte
do Faro”.
Outros vixiadores do lugar, serían
entre ambas rías os montes da “A Atalaia”
e “O Vixía do Vicedo”. Se pasamos a
outra beira oriental da ría de Viveiro, tamén na súa entrada, aparecen os
castros costeiros do “Castro” e “O Castelo”.
Illa Coelleira
Por último, tampouco podemos
esquecernos da Illa Coelleira, a cal tal vez merecería un estudo máis profundo.
Desta Illa, contounos un veciño do Vicedo.
“Teño ido a
Illa en barca, a cal é enorme, conserva un embarcadoiro de pedra do cal sube un
camiño onde se atopa o actual faro. O máis sorprendente é que ten auga doce,
que sae en grande cantidade dunha fonte que se atopa a metade de camiño entre o
embarcadoiro e o faro, xunto onde se atopan o único par de arbores da Illa,
bota tal cantidade de auga, que ate ten un pilón. Esta toda chea de tobeiras de
coellos de monte, que abundan, e súa terra de cor negra e riquísima, tanto que
non fai tanto no pasado alí plantábase patacas e millor en abundanza, a xente
de antes si traballaba a terra.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario