Son varias as festividades e romarías na terra galaica
entre o 1 e o 3 de maio, sen ir más lonxe os coñecidos maios. Estas festividades,
gardan no fondo unha tradición e historia máis profunda, pois son as herdeiras
da antiga celebración do Beltaine celta, e dicir, a festa de cambio de ciclo ou
estación no antigo calendario celta, que coincide nos mesmos días.
O Beltaine era unha festividade estacionaria, chegaba
o bo tempo, as terras volvían ser produtivas e o gando era subido a pastar en
terras máis altas ou montañas. Beltaine, significa “o bo lume”, pois este era
un dos protagonista destes ritos, un exemplo os fachos de nosos tempos, pois queimábanse
os campos improdutivos do inverno para dar paso a nova vida, a fertilidade da
Terra coa primavera.
Era tradición subir os antigos santuarios dos cumios
dos montes, e facer súas celebracións e rituais, co lume como protagonista,
queimar os demos do inverno para un novo ciclo.
A Picaraña, e un dos muitos montes galaicos emblemáticos,
cunha rica historia dende a idade de bronce, co seu castro e restos do castelo
medieval, todo ponteareán garda un arraigo e simbolismo con este monte. Os
antigos moradores destas terras, que tamén viviron na Picaraña, nos deixaron a
parte de seu patrimonio, ricas lendas de mouros e penedos máxicos, pero sobre
todo esta festividade que a conservamos viva, que aínda que sexa cristianizada
a día de hoxe, seu legado e sentir segue sendo o Beltaine.
Este ano, a romaría ven cargada de actividades e
actos, entre e elas, eu mesmo farei de guía nunha ruta interactiva polo seu
patrimonio e falando disto mesmo, de forma máis profunda, da conexión cos nosos
antergos a través desta festividade. Vémonos na Picaraña o día 1 as 16:00 horas
da tarde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario