sábado, 24 de octubre de 2020

Aspidio, o caudillo que se enfrontou o rei godo Leovixildo. Relato, I Parte

 Relato recreado nas luitas suevas e godas do ano 575da nosa era, a resistencia do caudillo dos Auregenses, Aspidio.

O exercito do poderoso rei de Toledo, o godo Leovixildo, o máis grandes entre os seus, se achega a cidade de Bergido (O Bierzo) sen apenas resistenza. Era parte das represalias do ano anterior coas guerras contra o rei suevo Mirón (Mirón), polas terras dos Runcóns (Cantabria?), onde este último saíra derrotado pola poderosa cabalería goda. 

 Leovixildo, vestido como un auténtico monarca que se direferenza a simple vista do resto de seus mandos, pon en asedio a Bergido, cidade que era tributaria do conde dos Auregenses, chamado Aspidio, vasalo do rei suevo Mirón. Antes do asedio, parte de seus habitantes fuxen como refuxiados cara terras interiores máis abruptas do río Sil, cara o Val dos Gigurros (Valdeorras), onde tiña seu centro de poder Aspido.

En Bergido, resiste case un mes Recimiro, lugartenente de Aspidio na cidade. Xusto antes do asalto final, este consegue escapar cunha pequena milicia, dirixíndose tamén cara o Val dos Gigurros. Gañar tempo era moi importante, sabían que Leovixildo tiña máis inimigos activos no seu reino, e chegado o outono, marcharía tivera éxito ou non.


Leovixildo asalta, toma e saquea Bergido, e colga seu estandarte na cidade, inda que esta tardou muito máis en caer do que pensaba. Decide calcular súa estratexia uns días na cidade, para da paso a seu próximo avance, entrar nas terras Auregenses de Aspido pola vía romana XIX, e intentar penetrar ate a capital do reino, Bracara (Braga), ou cando menos causar o maior dano posible as terras do reino de Miro.

 

XUNTANZA DE ASPIDIO EN CASSAVIO

Mentres Aspidio, chamados polos seus “o Palido”, abandona coa súa familia a cidá os pes do Sil da Cigarrosa (A Rúa), a cal custodia o importante ponte sobre o Sil, e se dirixe a parroquia montañeira de Cassavio (Casaio), onde mandou reunir todos os seus vasalos. Alí baixo a sombra dos montes Auregenses e de Trevinca, se xuntan caudillos locais, dos cales chamaba a atención seus chalecos feitos de lan de ovella e reforzados en coiro, o propio Recimiro que traia os homes escapados de Bergido, e un xeral chamado Saxildo, mandado polo rei Mirón dende a capital, para reforzar as posicións de defensa. Este traia consigo 150 espadas e lanzas os cales deixara no Lor (Quiroga), a espera de ordes. Dicir que pese que Aspidio acompañara o rei Mirón na campaña do ano anterior contra as terras dos Runcóns, e logo contra o propio godo Leovixildo, o rei non se fiaba muito deste, nunca negou ser vasalo del, pero como seus antepasados, os cales un século atrás estiveran en luita contra a propia coroa de Bracara, sempre quixeron vivir o marxe e coas súas leis, lonxe das intrigas e ordes da corte do reino.

Todos agardaban o conde, ate que chegou montado a cabalo cos seus a Cassavio, incluída súa familia, composta por súa muller, dúas fillas e un fillo máis pequeno, o cal sería seu herdeiro. Tamén estaba seu irmá menor, Osario “o Cazador”, que como di seu alcume, era un grande cazador e tirador co arco. Viña vestido en coiro, cun saio simple de verán tamén de lan pero escuro, era un home de mediana idade, máis ben baixo de estatura, fraco pero esvelto, con sombreiros anchos, tiña unha pel pálida tapada no rostro en parte por unha barba fina castaña clara. Como todo caudillo suevo, levaba unha coleta o lado esquerdo na cabeza, no seu pescozo colgaba unha cadea de ouro, o símbolo de súa aristocracia e nobreza. Falaba en ton baixo, pero cunha voz os cales todos prestaban atención. Tiña uns ollos pequenos, pálidos pero penetrantes, era raro velo soltar un sorriso, realmente era unha persoa que pese non ser corpulento, impuña respeto.

 
 

Primeiro deixou que todos falasen para ver a situación, era moi observador, cousa que inquietaba o xeral vido de Bracara, Saxildo, chamado o Louro polos seu cabelo e barbas vermellas. Logo, cando falou, todos se deron conta que xa traia a estratexia feita, simplemente quería ver a visión dos demais, cousa que inda incomodou máis a Saxildo, pero non sorprendeu a seus homes que xa o coñecían. O propio xeral de Bracara dicíase para si mesmo retorcéndose sabendo que tiña que obedecelo, “acho que coñezo millor a Leovixildo que a este señor das cabras”.

Seu plan xa estaba iniciado, o primeiro, abandonar a cidá de Cigarrosa, que Leovilxildo a tomase sen resistenza para que non danase as defensas da mesma. Logo, que todos os refuxiados abandonasen a vía XIX, desvialos máis ala do Pico de San Amaro (Maluro), para que as tropas dos godos non puidesen abastecerse destes. Todos escoitaban en silenzo a frouxa voz de Aspido, naquela fresca sala de pedra e teito de escura lousa.

“Despois deixaremos a Leovixildo avanzar ate a Ponte Bulbal (Ponte do Bibei), onde no estreito e cerrado val, sen capacidade de manobrar con súa cabalería, o atacaremos dende os outeiros, asaltaran en vangarda, os homes das montañas. Sabía que eses guerreiros, pese ser menos disciplinados, eran moi efectivos luitando en terreos con caídas tan pronunciadas, a parte de ser rudos e non faltarlles valor. “Os sorprenderemos e cortaremos a ponte xusto antes da emboscada, nos moveremos sen que nos vexan polo val do Bubal, teñen que pensar que nos agochamos para non presentar luita”. A Saxildo, comezáballe a ter sentido a estratexia, semella que non xulgara ben a aquel home que el chamaba “o señor das cabras”, pero miraba que non o mencionaban para nada, nin a el nin os seus homes. Até que mirou para este con aqueles ollos pálidos penetrantes e díxolle con muita educación.

 

Vostede, xeral Saxildo, vai esperar no Lor cos seus homes, na noite antes da luita avanzara pola outra ribeira do Sil e tomara por sorpresa a Cigarrosa co seu ponte, alí inda temos homes fieis finxindo estar o mando do godo, lle vai axudar meu irmá Osario, o cal asentiu cun sorriso cara Saxildo, que coñece perfectamente a cidá.

Saxildo asentiu coa cabeza, certamente parecíalle unha boa estratexia e moi eficaz se saía ben. “Se conseguimos noso propósito, conseguiremos que Leovixildo quede atrapado encaixado cunha gran hoste entre a ponte Bulbal e a da Cigarrosa, polo que de seguro retirarase cara Larouco, onde a terra ten un descanso máis chan. Alí o seguiremos hostigando ate que achegado o outono, co frío, vento e choiva, decida por como único propósito marchar.” A xuntanza rematou e cada un marchou o seu deber, contaban cunha forza dunhas 400 espadas, 150 arqueiros, 80 cabaleiros máis as tropas de Bracara de Saxildo. Pola contra, o exercito godo os superaba en máis de 20 homes a 1.

BRANDEN AS ESPADAS DENDE BUBAL ATE CIGARROSA

Leovixildo avanzou cara a Cigarrosa pola ribeira do Sil, polos seus exploradores sabia que diante levaba unha pequena milicia fuxida de Bergido, o que non sabia e que seu caudillo, Recimiro, abandonara esta para xuntarse con Aspidio en Cassavio. O chegar as inmediacións de Cigarrosa, perderon a pista deste continxente, que era duns 70 homes.

Chegaron a unha cidá case totalmente baleira, só un par de familias permanecían dentro por ser moi humildes e non ter onde ir, os cales pasaron a servir a tropa goda. Leovixildo dicíase, “semella que o can pálido auregense tras ver o acontecido en Bergido, se agocha nas súas montañas, unha cabra máis da paisaxe”. Pero sabia que non se podía confiar ante un montañés que xogaba na casa, polo que incrementou o número de exploradores en todos os pasos. Deixou unha milicia de 100 homes na Cigarrosa, e partiu cara a Ponte Bubal. Cada pouco seus exploradores a cabalo voltaban o groso da tropa para dicir que a vía estaba totalmente despexada. Pasaron noite na aldea de Larauco antes de que o día seguinte pasaran a cruzar a Ponte Bubal.

 

Foi preto do medio día do día seguinte, uns 15 cabaleiros exploradores godos controlaban o paso da ponte, mentres no estreito e encaixado val xa se miraba achegarse o groso do exercito. Nisto no camiño, fronte a eles pareceu un porco bravo correndo como se a raiba o levara cara eles, se soprenderon, entraron en confusión e conseguiron finalmente darlle morte entre risas, ate que viron que este xa viña ferido, cazadores? preguntáronse, e cando se quixeron dar conta, da nada apareceran 30 homes. Con peles de ovella o lombo e paus longos, intentaban derribalos mentres caian frechas ben dirixidas, deixando só escapar un cabaleiro que tocaba un corno. A última vez que este mirou atrás, viu un grupo de salvaxes que berraban e maldicían, mentres intentaban cortar o paso da ponte cos propios paus.

Iso foi o que contou o xinete cando a 400 metros atopouse coa vangarda do exercito godo, o cal seu xeral dixo, 30 cabras cortando o paso o exercito real? Isto é un insulto, avancemos e saquémolos do medio. Craso erro, cando o exercito achegouse a ponte, esta xa estaba cortada con grandes lousas, chuvias de frechas e pedras caian sobre eles, ate plantáronlle lume na retagarda de Leovixildo os montes, entre fume, sen sitio para manobrar e confusión, Leovixildo, que tampouco tiña muitas baixas, pero vendo que aquilo era unha trampa que podía ser unha tumba, da orde de retirada cara Larouco de novo.

 

Os godos montaron campamento nesa aldea, estaban freados, e pronto chega outra mala nova o lugar. Durante a noite, a Cigarrosa foi asaltada, traidores que se atopaban dentro  abriron as portas, e súa ponte sobre o Sil esta tamén cortada e vixiada por uns 200 homes baixo o estandarte do rei Mirón e de Aspidio.

Leovixildo quixo pasar o resto do día só na súa tenda, estaba de mal humor, frustrado e atrapado, vencera os suevos de Mirón, os bizantinos, o seu propio irmá godo, e agora estaba contra as cordas nunha terra abrupta e inóspita, sen saber nin o numero de homes a cal se enfrontaba. Pero era un home astuto, grande comandante, esperaría, inda tiña un poderoso exercito, seus inimigos tiñan que ter un punto fraco tamén.