Vídeo realizado fai uns anos, nas Serras do Suído, onde se contaba de certos clans, que subindo a un lugar secreto do monte, e movendo unhas pedras en círculo, atraían as nubes facendo que chovera.
domingo, 27 de enero de 2019
jueves, 24 de enero de 2019
O RAPOSO GALAICO, LEMBRANZA DUNHA VIDA
Vello e enfermo, tirado sobre un feixe de palla e
unha humildes peles, agonizaba en silenzo vendo para un lume que tiña na fronte
del. Era unha mañá moi cedo, as súas mans tremían apoiadas nunha profunda
ferida sángrante no seu ventre. O redor del, dous xovenes corpos tirados no
chan mortos, mentres os corvos cantaban fora da ruinosa vivenda daquel
esquecido castro, presaxio dun grande banquete.
Miraba fixamente entre o son da morte corvida aquel
pousado lume, e un recordo, en forma de visión comezou a pasar por diante de
súa vista nos últimos intres de vida.
Mirábase de neno, correndo con seus catro irmáns,
dos cales era o menor, polas verdes pradarías que rodeaban o castro de Troña, tirándolle
pedras a outros nenos, e de repente o son de súa mae, un son cariñoso e cheo de
saudades chamando por eles. Tamén recordaba de adolescente, na primeira cacearía,
que cazara un porco bravo el só, toda unha fazaña recoñecida no seu poboado.
Por ser o máis pequeno dos irmáns, non puido herdar
nin iniciarse como guerreiro, polo que como muitos xovenes galaicos desherdados,
decidiu marchar de Troña para buscar seu propio camiño e honra, e podía sentir
inda aquela triste despedida de súa mae, aquel último abrazo que púñalle a pel
de galiña e os ollos con bagoas, “onde estarás agora, miña maiciña”.
Pouco despois, xuntouse con outros tres xovenes, e
xuntos buscáronse a vida a aventura e rapiña, e así pouco a pouco, sumáronse
máis desherdados, os cales, por súa astucia e ferocidade pronto o elixiron seu líder.
Entraban nos poboados, e roubaban os cabalos para logo marcalos co seu símbolo
en propiedade deles, aquelas primeiras marcas a lume sen practica, aquela
deformada serpe tentado imitar o estandarte de Troña que o vira nacer.
Era tal súa destreza, que pronto o alcumarían “A
Raposa”, tivo a visión inda naquel lume, doutro lume onde entre brincarías e
risas cos seus irmáns de pillaxe, festexaban e bebían polas honras conseguidas.
Unha autentica banda que pronto correría a terra galaica enteira, dende a terra
dos Ártabros ate a dos Bracaros, silenciosos, rápidos e audaces como as
raposas.
Pero tamén se acordaba de algunhas penas, como cando
perseguidos polos guerreiros Bracaros, perdendo muitos amigos, tiveron que
refuxiarse un duro inverno enteiro na inhóspita Serra da Estrela en terras dos
Lusitanos. Sorpresa levara, cando na súa discreta volta, centos de xovenes o
buscaban para unirse a el, súa fama xa era grande.
Sentíase tan forte como un rei, polo que decidiu
emprender o que el pensaba que sería a campaña de súa vida, con máis de
catrocentos guerreiros e guerreiras, saquear a terra do pobo dos Vettóns. De
sorpresa e desprevidos, caeron sobre eles como demos nunha noite, tanto que achegáronse
o grande poboado de Ulaca, onde seu caudillo, Ebiartolo, os esperaba porta a
fora cun exercito superior, pero a astucia do “Raposo”, foi tal que os venceron
en loita aberta de forma humillante, polo que Ulaca tivo que pagar unha grande
riqueza para que estes marcharan de súas terras, “¡que grande gloria que os
deuses concedéronme!”, recordaba soltando un forzado sorriso.
Tamén en ese tempo de esplendor, mirou o que sería o
amor único de súa vida, Euma, aquela fermosa xoven e feroz guerreira Ártabra, de
longos cabelos vermellos, sentía seu calor, súa esencia e cariño, a podía ver e
inda amar. Froito dela, nacería seu único fillo, Ukel, seu raposiño, eran
tempos felices e nostálxicos. Pero cando regresaban a terra galaica cheos de botín
e vitorias, chegou a dolorosa traizón, o que como un espasmo non puido frear
dicir “traidor, que os deuses che castiguen traidor!, o mesmo que súa faciana reflexaba
profundo odio, unha espiña cravada que parecía eterna. Un moi achegado, o traizoaría
e fixo que un grande continxente de caudillos Vettóns caeran sobre eles as
portas da terra galaica, fuxindo moi poucos e perdendo seu botín, e o pior de
todo, seu amor. Foi nun pequeno castro dos Querquenos, onde chegou mal ferida,
e morreu entre penas e dor. Dor, que se fixo inesquecible o ter que deixar
naquel pequeno poboado seu raposiño, por non poder darlle unha vida millor, “a
vida errante non é para unha crianza”, pensaba o tempo que a saudade facíalle
caer bagoas por seu rostro vendo aquel lume, “Miña Euma e meu raposiño, nunca
vos voltarei ver”.
Pero os deuses inda tíñanlle preparado algo grande
para esta raposa, a cal nunca se imaxinaria. Un afamado rei púnico, chamado Aníbal
Barca, estaba reunindo mercenarios para unha grande campaña na outra punta da Iberia.
Cuns trinta guerreiros, acudiron o encontro. Nunca vira nada igual nin en
soños, un campamento xigantesco, guerreiros de todas as tribos, pobos e razas,
bestas xigantes que nin se imaxinaba da súa existenza a non ser en contos, un
novo mundo se abría os seus ollos. Cando chegou o lugar do campamento onde se
concentraban outros galaicos, ástures e lusitanos, o entrar cos seus
guerreiros, todos quedaron observando, ata que comezaron a bater nas súas
caetras e berrar, “Raposo! Raposo! Raposo!”, foi o momento da súa vida que tal
vez máis grande se sentiu.
Partiron co seu novo grande líder daquel campamento
en terras quentes do Mediterráneo, ían a campaña de guerra xamais realizada,
nada menos que a conquistar o país das Aguías de Bronce, Roma. Tiveran que
cruzar con aquelas grandes bestas en pleno inverno unhas xigantes montañas, o
cal lembraba aquel duro tempo agochados na Serra da Estrela. O pisar pe en
terra de Roma, venceron un xigante exercito de romanos coa grande astucia e
estratexia de Aníbal, “que tempos aqueles! Que tempos aqueles! Podiamos haber
conquistado o mundo enteiro! murmuraba apertando os dentes véndose naquel lume
cheo de sangue tras a luita.
O sol quentaba ben aquelas ricas terras, que
saqueaban e desfrutaban das vitorias, tiña trinta e seis primaveras por aquel
tempo, era libre, feliz e tiña ambición, xa case non recordaba súas penas. Pero
o tempo foi pasando, e a chama de seu líder foise apagando o non haber atacado
a tempo a grande cidade de Roma, tanto que comezou a decadencia, e anos
despois, en terra hostil, xa non sabían nin quen eran.
A derrota os perseguía, a vellez chegaba e sentíase canso,
sentía morriña de súa terra, sentía que a vida escapábaselle lonxe dela, polo
que decidiu voltar. Un longo camiño, con máis penas que gloria, pobre e buscándose
a vida, pero xa non era un rapaz. Agora sentiase coitado e só, toda aquela
forza esfumaráselle, e estando un tempo en terra dos Vacceos, xunto a vellez a
enfermidade o invadía. Polo que decidiu voltar o val que o vira nacer para
deixar este mundo.
Cando chegou, como un vello mendigo, ninguén o coñecía
nin coñecía a ninguén, polo que retirouse a un abandoado castro nun monte
solitario, dende onde podía ver o val enteiro.
Foi alí, onde o camiño da vida volteóuselle de volta,
como se dunha lección tratarase dos deuses, esa mesma noite, dous xovenes
salteadores, os que se recordaba a si mesmo con seu tempo, asaltaron o castro
onde se atopaba esperado a morte. Vello, pero inda veterán na luita, deulle morte
a ambos, pero causáronlle a ferida polo que agora se atopaba moribundo tirado e
recordando a vida, a historia de súa vida, a do Raposo de Troña.
Tal vez foran enviados polo propio deus Bândua para
vir buscarme, a Compaña peta na miña porta, o paxaro da morte esta aquí, morrerei
só, ninguén festexara miña morte, emocionouse. Xa sen forzas e moi canso, ate a
dor da ferida, das feridas da vida cesaran, e viu de novo algo, como unha grande
sombra achegarse, o tempo que sentía un novo son, que ía máis dentro de súa
cabeza, son de caetras de guerra petando! Escoitaba, con voces claras e fortes
que berraban “Raposo! Raposo! Raposo!”, mentres sentía unha agradable nova
forza e felicidade que o invadía de pes a cabeza, “todo guerreiro morre polo
ferro ou lume, polo ferro ou lume...” Coas súas últimas forzas da vida
estirouse e colleu un pau ardendo do lume, o mirou só un intre e puido ver nas
chama o rostro de súa mae, de Euma, seu raposiño e todos aqueles que xa non
estaban e o quixeron, o que fixo que unha grande felicidade o invadira, xa non
estaba só, realmente entendeu que nunca o estivera, agarrou forte cunha man súa
vella espada de antenas e deixou caer o lume sobre as peles e palla que o rodeaban,
“un guerreiro morre polo ferro ou polo lume”.
martes, 15 de enero de 2019
Ascenso o Cornón (2188 m) e seu entorno en pleno xaneiro do 2019
Comezar dicindo que era un cumio o
cal, eu persoalmente tiña muitas gañas, pois familia miña vive nesas terras de
Laciana (León) e me falaban desta montaña, polo que por fin puiden desfrutalo e
vivilo en primeira persoa, magoa que non me puideran acompañar.
O Cornón cos seus 2188 metros,
tratase do maior cumio das escarpadas montañas da Laciana, dentro da parte
occidental da Cordilleira Cantábrica.
Partimos nesta aventura dende a
localidade de Lumajo/LLumaxo, no municipio de Villablino, onde esta sinalizado
seu ascenso, cunha distanza total duns 16 km. Dicir que pese a falta de choiva
e neve, polo intenso frío este pico atopábase inda con bastante neve, e máis,
con esta practicamente conxelada, polo que sen crampóns seu ascenso sería muito
máis complicado e perigoso.
Arrancamos e primeiro cruzamos o
alto Valle de la Mozarra, con vistas fermosas cara o Muxivén (2027 m), unha
mole de pedra e neve que a medida que nos aproximamos a el, semalla crecer.
Muxivén
Comezo da ruta dende Llumaxo/Lumajo
Despois chegamos o fermoso refuxio
de Las Brañas Viejas de Navariego, moi acondicionado e acolledor. Seguimos
ascendendo e a ruta nos fai pasar entre os picos de La Regada (1954 m) e o
Aspía (1972 m), os cales tamén teñen forma de cornos moi escarpados.
Refuxío de Las Brañas Viejas de Navariego
Pico La Regada
Chegamos así o Collado de los Picos
(1848 m), onde temos unha panorámica espectacular do Cornón e seu pequeno
macizo ate o Pena Furada (1928 m). Dende aquí xa abunda os neveiros, coa neve
xeada e dura que case nin marca a pegada.
O fondo o Cornón e seu entorno.
E neste tramo, nunha pequena subida
dun neveiro, onde podemos ver as fermosiñas pegadas dun oso pardo, e no meu
caso en dous meses, xa van dúas coas do pasado mes de decembro no Pena Rubia
(Ancares).
Pegadas de oso.
Seguindo o ascenso, antes nos atopase
o tramo tal vez máis complicado da ruta, a subida dunha longa canaleta ou
canalón cuberta pola neve e xeo, moi esvaradiza, polo que para non expoñernos a
un compromiso, poñemos nosos crampóns e comezamos seu ascenso, escoitando no
contacto das puntas de ferro co xeo, un son como se estiveramos pisando
cristais. No final desta, chegamos a unha portilla a cal nos mostra as
primeiras incribles panorámicas e vistas do entorno, nos atopamos a 2063
metros, e xa se mostra o Macizo das Ubiñas o este, pasando por Peña Ortiz, pero
cara o norte, o cantábrico como soe pasar, nos contempla totalmente nubroso,
polo que só observamos parte dos belos vales de Somido e Narcea, xa en terra
Astúr.
Ascenso pola caneleta ou canalón.
Vista dende a portilla cara o Macizo das Ubiñas.
Agora xa só queda o último ataque a
cumio, o cal é o que maior desnivel ten, moi escarpado, entre pequenos neveiros
e senda pouco visible pedregosa, que nos deixa no cumio, cumio que facía
escasos 20 minuto mirabamos dous montañeiros que subiran pola vertente ástur.
Así chegamos o solitario e pequeno
cumio do Cornón, cun vento polar pero que non nubra a incrible fermosa panorámica
nun día de xaneiro soleado e fermoso. Dende Trevinca ate Os Ancares, do Teleno
os Aquilanos pasando polo Gistredo e Serra de Degaña, as serras ástures dende a
Serratina ou Somiedo, ate as Ubiñas e o fondo destas, lonxe como fantasmas
aparecidos nun mar de bruma, sacan cabeza os maiores picos de Picos de Europa.
Tamén podemos ver fermosos e profundos vales como o de Sosas ou o do Puerto de
Somiedo, un mundo os nosos pes.
Cumio do Cornón
Vista cara Degaña e Leitariegos.
Vista cara o Muxivén e Babia.
Vista cara Somiedo e as Ubiñas e Fontáns
Valle de Las Sosas e o fondo o Gistredo.
O descenso o facemos con coidado, cruzándonos
na baixada cun veterán montañeiro coruñés que
subía en solitario dende o Puerto de Somiedo. E desta maneira remata
esta pequena pero intensa aventura invernal, a cal inda nos mostra pese a falta
de precipitacións, unha cordilleira que se resiste a perder seu manto branco,
conservando así súa rudeza, fortaleza e beleza en estado puro.
Xaneiro de 2019, Montañeiros Malucos.
lunes, 31 de diciembre de 2018
Bo ano novo 2019 e solsticio de Inverno
Esta foto corresponde o 5 de xaneiro do ano 1926, e
tratase do Rancho ou Danza de Reises da miña parroquia, Ribadetea. Nela aparece
ate un familiar meu, o fondo baixo o arco, tratase de meu tío-bisavó, Braselino
Gómez Domínguez.
Pero a foto ten outros tras fondo, a simbolización
das festas do Rei Sol nacente, que tanto falamos aquí, e súa cristianización.
Recordar que agora en xaneiro, tamén saen as grandes tamboriladas e inicios do
Entroido tradicional que inda sigue vivo na nosa Terra. Coa mesma festividade,
pero levada a outro contexto, sexan os ranchos ou danzas de Reis, só há que
fixarse nas cores vivas en parte de súa vestimenta, e comparalas con outras do
entroido tradicional, para ver que son as mesmas simbolizando a primaveira, nos
ritos o Sol crecente, que nestes próximos meses despois de renacer o 23 de
decembro, vai ir crecendo, collendo forza e medrando os días.
Similitude entre as cores dos traxes , e temática dos ranchos de reis e entroido ourensán.
No pasado entroido no Condado/Paradanta, logo virían
as “Perriñas” dos cativos, similares o truco-trato, para rematar coa populares
Corridas do Galo e fin do inverno, coas coplas satiricas e burlonas do Galo, e
seu banquete final. Unha mágoa que só queden recordos destas cousas, e as que
quedan, estean totalmente fora de contexto do que foran en outro tempo.
lunes, 24 de diciembre de 2018
O relato do guerreiro de Bastos, aquí basto eu!
Terra Galaica, ano 137 a.C, Terras de Bastos.
Relato
baseado na lenda do Basto, nas terras de Bastos.
Coa recente derrota da batalla do Río Douro contra
Roma, onde nela caeran grandes guerreiros galaicos como o Kadroloico, un
pequeno grupo da tribo dos Querquenos intenta fuxir co seu príncipe ferido,
perseguidos por unha centuria romana.
A luita fora encarnizada, unha masacre pola mala
estratexia dos galaicos ante os implacables escudos das aguias de bronce
(romanos), mesmo así a grande maioría dos galaicos, polo seu orgullo guerreiro,
preferiron a morte a fuxir ou ser escravos.
Pola súa parte, a tribo dos Querquenos, levaban como
caudillo seu recen nomeado xoven príncipe, o cal foi nomeado despois dunha
grande guerra civil tribal. Luitou pese a súa xuventude como un touro, até que
caeu ferido por arma romana, entón seus homes sen que el quixese, decidiron
sacalo do campo de batalla e levalo a Querquenia para non sufrir outra guerra
interna entre eles, e centrarse no novo mal que aveciñábase polo sur.
Foron cinco dos seus millores guerreiros, os
encargados de levalo as súas terras, o resto decidiron luitar ate o fin como os
miles de galaicos alí finados, a morte semellaba un mal menor. Pero un
centurión romano, viu como estes abandonaban o campo de batalla, vendo que tratábase
dun caudillo, polo que decidiu co permiso de Decimo Bruto seguilos e
capturalos.
Os Querquenos, co seu líder nunha padiola de
madeira, sabendo que uns oitenta lexionarios o perseguían de preto, coñecedores
do terreo, decidiron meterse por camiños difíciles e angostos, así tres
xornadas case sen parar. Ata que as aguias de bronce reduciron a distanza
notablemente, tanto que ate podían escoitar súas voces.
Foi entón cando o guerreiro coñecido como Antrolo o
Oso, no paso dun pequeno río, que consistía nunhas poldras ou pasos de pedra e
uns tablóns de madeira estreitos, onde só se podía pasar de un en un, separarse
de seus compañeiros e facerlles fronte os oitenta lexionarios el só.
Antolo non era un guerreiro calquera, era maduro e case
tan grande como dous homes, forte e duro, no seu ritual de iniciación fora quen
de cazar un oso só polos seus medios, era tal vez o guerreiro máis forte e
temido de toda a Querquenia. Moi devoto de seu caudillo que sempre lealmente
axudara, e da súa tribo, comprendeu que non había máis gloria como guerreiro que
aquel sacrificio ante un inimigo tan forte, non temía a morte, e tal vez toda
súa vida estaba esperando aquel momento.
Quitouse toda a súa roupa, deixando só súa vella
capa de oso sobre seus ombreiros e seu cinto coa espada de antenas, fixo un
corte no brazo e coa súa sangue manchou seu rostro, implorando a seu deus
Bândua para que estivera presente en aquel momento, e situouse no centro da
ponte coa súa caetra e lanza. Os romanos o outro lado, co seu centurión
observaban o que para eles semellaba un bárbaro tolo, no momento que Ambolo
lanzou un fortísimo berro que os estremeceu para retalos.
O centurión chamou a seu millor lexionario, un tal Quintus Marius, e díxolle, acaba con el. O lexionario, grande con
bo porte, acercouse o Querqueno, pisou os tablóns naquel estreito paso, e
lanzoulle dous lanzazos, os cales o Oso
parou con súa caetra, era moi rápido pese seu tamaño. O terceiro foi rexeitado
con muita forza o tempo que Ambolo lanzaba unha lanzada e cravaba súa lanza no
ventre do lexionario, o cal soltou un lamento, soltou súas armas e agarrou o
pau la lanza coas dúas mans, comezando a saír unha sangue vermella escura pola
ferida que se deslizaba pola lanza.
Ambolo, cunha grande bravura e adrenalina,
colleu a lanza coas dúas mans e comezou a berrar, o tanto que a levantaba no ar
co lexionario cravado, mesmo así este, este aguantaba a dor e lamento en
silenzo, ante a mirada aterradora de seus compañeiros.
O centurión romano estremeceuse, o tempo que Ambolo
tiraba súa lanza con Quintus Marius cravado e berraba nunha fala que les non
podían entender; aquí basto eu! Aquí basto
eu!.
Entón mandou a dez de seus homes que o atacasen,
sacando o Querqueno súa espada do cinto, pero o chegar o estreito paso, o tiñan
que facer de un en un, os cales con muita violenza e forza eran derribados entre
berros e maldicións. As feridas parecía que non facían dor en aquel xigante,
polo que ningún lexionario quería acercarse a el, pese que seu centurión
berraba que cargasen.
Entón este comprendeu, vendo que seus homes non querían
combatelo corpo a corpo, xunto a tres cadáveres tirados nas frías augas do bravo
río e varios feridos, matalo dende a distanza. Ordenou a dez lanzadores de xavelinas
e dez arqueiros que a súa orde lanzaran sobre aquel oso seus proxectís, o cal
Ambolo vendo esa covardía tapouse con súa pequena caetra.
Muito foi o dano que fixeron e tan grande corpo,
sentiuse atravesado por tantos sitios que nin sabía onde realmente o ferirán,
mesmo así, contra todo prognostico que obedecen as leis deste mundo, coas súas
últimas forzas, voltouse levantar totalmente cheo de sangue para berrar por
última vez, ante as sorprendidas aguias de bronce, aquí basto eu!!
De novo o centurión estremecéuselle todo o corpo, e
moi alterado voltou mandar unha carga de frechas e xavelinas sobre Ambolo, que
sentiu caer seu pesado corpo nas augas, nun grande silenzo o invadía, vendo por última vez
aquel ceo gris que o vira nacer facía varias décadas atrás.
Unha vez morto, o centurión mandou cortarlle a cabeza
e colgala naquel paso no río como advertencia, pasando a chamarse aquel lugar
como Cabeceiras de Basto. Decidiu non seguir na persecución dos Querquenos e
regresou xunto o groso do exercito nas ribeiras do Douro.
Os habitantes do lugar, tempo despois tallaron unha
grande estatua en pedra de Ambolo, para que seu espírito, forza e valor gardase
seus poboados, o cal pasaría a chamarse O
Basto, e súa lenda a eternidade como o guerreiro
que bastou só.
sábado, 15 de diciembre de 2018
Consejos para hacer el Camino de Santiago en invierno
Consejos para hacer el Camino de Santiago en invierno, en 2017 lo realice en enero desde Burgos hasta Fisterra. Para ver el vídeo documental de esta aventura y camino en solitario invernal https://www.youtube.com/watch?v=JJIK_...
lunes, 3 de diciembre de 2018
Fermosos Ancares outoñais-invernais e as pegadas do oso (Trekking a Golada de Valango)
Trekking ou travesía que tiña como destino chegar en solitario os
cumios de Tres Bispos e Penarrubia, nos Ancares, saíndo da pequena aldeia de
Deva. O final pola inclemencia do clima, néboa espesa, e unha neve abundante
que non contaba con ela, fixo que antes de chegar a Golada de Valongo, decidise
parar, admirar a paisaxe e dar a volta.
Dicir que era a primeira vez
que facía a ruta, a falta de compañeiros que subiran ese día que deixaran
pegadas, e a neve que tapara e fixera desaparecer o sendeiro entre a néboa,
fixo que non dubidara en parar.
Pero levei outra grata sorpresa
que o compensou todo, a parte do fermosísimo paisaxe de outono case tirando o
inverno, atopeime con pisadas de oso marcadas na neve, toda unha sorte poder
contemplalas en vivo nun entorno tan salvaxe e aillado.
Pegadas de oso na neve, incrible o tamaño.
Fermosas cores no camiño sobre o val do río Brego
Refuxío de Brego e seu entorno
Neve en abundanza por debaixo da Golada de Valongo
Entorno da aldeia de Deva.
O Sempre espectacular Castelo de Doiras.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











































